viernes, 17 de abril de 2020

Un asasinato na festa da Coca

1922, 16 de xuño. Nas festas da Coca o mozo de Lavadores, José Pérez Rodríguez, coñecido como "Moreno", estaba bailando cunha moza. De súpeto, acercóuselle José Cajarville Mareque, de Vigo e casado, e quitoulle a parella. Ofendido " Moreno" chamoulle a atención e o outro deulle unha labazada. Cando ía devolverlla o vigués sacou un revólver e deulle un tiro no estómago, que lle provocou a morte. O asasino foi detido pola Garda Civil.
O día do traslado do cadáver dende o depósito do cemiterio de Redondela ata o cemiterio de Lavadores, por iniciativa do director de Ecos del Distrito, Fernando González, organizouse unha manifestación de duelo que acompañou ao finado ata o convento de Vilavella. A comitiva ía encabezada polo alcalde, concelleiros e director da graduada. Sobre o cadaleito colocouse unha coroa que rezaba "Recuerdo póstumo del pueblo de Redondela". Esta sería a primeira e única vítima mortal dunhas festas que se caracterizan pola súa tranquilidade.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galiciana => La Integridad, El Compostelano, El Ideal Gallego, El Progreso

No hay comentarios:

Publicar un comentario