domingo, 21 de junio de 2020

Cantantes solistas e outros. Historia da música de Redondela.

         En Redondela a pesares de contar con orfeóns e masas corais, sempre se soubo apreciar as boas voces en solitario. Mostra disto o dan noticias como as seguintes: O baile de entroido do Casino de 1910 foi amenizado polo mestre Sotomayor, cantando tamén Antonio Garrido Pardo unha romanza italiana e un número de “La viúda alegre” e Eduardo Cuntín que interpretou “Dous amores”. Un domingo de maio de 1923 organizouse un baile que estivo moi concorrido. Accedendo á petición do público cantaron as señoritas María Tomé, que interpretou entre outras “Meus Amores”, e Pilar Pastor. No apartado adicado ás orquestras tamén citamos a voces como “Llan”.

         Outros intérpretes máis recentes serían:

Catina
Dúo formado polas irmás Carmina e Tina Pena Soto. Interpretan temas populares, tendo participado en varios programas de televisión e, en Redondela, no Festival da S. A. R. e Sons de Redondela.
Dúo Catina. Sons de Redondela, 2005. Foto cedida por Xesús C. Ben
Bernardino Vidal Puertas "Ducho Vidal"
Harmónica. Interpreta dende habaneras ata tangos, boleros, pasodobres... Con 3 anos regaláronlle a súa primeira harmónica e aos 9 gañou o seu primeiro concurso, "Coser y cantar" en Radio Vigo. Ten nove discos no mercado ademais de ter colaborado con Xil Ríos.
Ducho Vidal. Cartel, 2019.

Enrique Tuche Crespo
Cantante lírico, actuou en varios programas da RTVG e no Festival da S.A.R. Auto-editouse un CD.


Enrique Tuche acompañado por Alejo Amoedo  Festival SAR, 1985. Foto cedida por A. Amoedo


Ogalí
           Cantante afeccionado, con algún tema propio como “Llueve”, que actuaba sempre nos festivais da S.A.R.
Ogalí e Xesús C. Ben. Foto cedida por X. C. Ben

Xulia María
Escritora, compositora e cantante nada en Redondela. Ten actuado en moitas cidades, tanto españolas como estranxeiras, especialmente en Sudamérica. Escribiu o libro “Carne y ceniza” que tivo moi boa acollida no Festival de Poesía da Habana. O seu traballo discográfico en galego e español chámase “A porta aberta”.

Xulia María. Café Jam Session, 2014. Foto: Sheila González

Alfonso Blanco Puga
          Despois de xubilarse actuou en varias ocasións en Redondela.
Alfonso Blanco, 2014. Concerto solidario con Senegal-Da Man.  Foto: Atlántico diario

Charo Martínez
         Participou en 2017 no concurso Recantos da TVG, repetindo actuacións nesta canle nos seguintes anos.
Charo Martínez. Facebook

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Galiciana=>El Pueblo Gallego, La Noche, La Integridad

No hay comentarios:

Publicar un comentario