martes, 20 de octubre de 2020

Cargos públicos. Sanidade


 

(Ver tamén> Cargos públicos. Hospital de Redondela > https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/cargos-publicos-hospital-de-redondela.html)

 

Realizando unha autopsia en Estacas en 1931. El Pueblo Gallego
Realizando unha autopsia en Estacas en 1931. El Pueblo Gallego.

Médicos de Redondela

Médicos S. XVII

Abuin, Domingo de. Cirurxián, veciño de Redondela. Falecido en 1705.

Giráldez, Francisco. Cirurxián, veciño de Redondela en 1681.

Pazos, Jacinto de. Cirurxián veciño de Redondela en 1667.

Soto, Blas de. Cirurxián, veciño de Vilavella cara 1628.


Médicos S. XVIII

Avalle, José. Cirurxián no catastro de Reboreda de 1752.

Barro, Domingo Antonio. Cirurxián no catastro de Redondela de 1752.

Bouzón, Marcelo. Cirurxián no catastro de Reboreda de 1752.

Docampo, José. Cirurxián no catastro de Cesantes de 1752.

García, Pedro. Cirurxián no catastro de Negros de 1752.

González Carballo, Pablo Antonio. Médico titular de Redondela en 1752. Veciño de Vilavella en 1762.

Lago, Jose Antonio do. Cirurxián no catastro de Redondela 1752.

Mera, Pedro de. Cirurxián no catastro de Redondela de 1752.

Míguez Blanco, Juan. Cirurxián en Vilavella en 1762.

Milijosa, Miguel de. Cirurxián no catastro de Redondela de 1752.

Morales. Cirurxián que vivía en Redondela cara a 1722.

Villar, Pedro Antonio del. Cirurxián no catastro de Trasmañó de 1752.

Manuel Antonio Alfaro. Médico titular de Redondela ao que se concede aumento de soldo en 1789. Seguía no cargo cando faleceu en xullo de 1809.


Médicos S. XIX


Alfaya Martínez, Fermín (Redondela). Médico titular de Redondela cando menos dende 1898. Médico da prisión cara a 1910. Xunto con Manuel Amoedo Acuña en 1919 reclamaban que o Concello levaba sen pagarlle os seus honorarios dende 1901. Faleceu en maio de 1921 e a débeda sería pagada ao ano seguinte.

Amoedo Acuña, Manuel (Cesantes). En 1885 xa tiña consulta na R. Ribero (actual Reveriano Soutullo). Subdelegado de Menciña de Redondela cando menos entre 1906-1911. Médico forense do partido cara a 1910. Foi destituído como médico municipal en 1919, sen conseguir que o Concello lle abonara os atrasos que acumulaba dende 1901. Coma Fermín Alfaya faleceu en 1921, solucionándose a débeda ao ano seguinte.

Bernárdez Santomé, José (Redondela). Faleceu en 1899 ao pouco de licenciarse. Irmán de Telmo.

Casal de Anido, Manuel Antonio (Redondela, 1781). En 1801 se converte nun dos 15 alumnos do Primeiro Curso de Menciña da historia de Arxentina.

Cordero Escalona, Felipe B. (Redondela). En 1896 era médico provisional de Sanidade Militar con destino ao exército de Puerto Rico.

Figueroa, José. Cirurxián que atendía aos presos do cárcere en 1858.

Figueroa Pereira, Andrés. Cirurxián cara a 1879.

Gándara, Miguel de la. Médico titular cando menos entre 1837 e1845.

Hermida, José. Cirurxián en Trasmañó cara a 1879.

Lago, Manuel. Cirurxián que realizou o recoñecemento físico da quinta de 1850.

Enrique Lanzós. Foto: drlancina.blogspot
E. Lanzós. Foto: drlancina.blogspot



Lanzós Sánchez, Enrique (Santiago). Era natural de Santiago e fillo dun reputado médico do Gran Hospital. Posuía un chalé en Redondela onde falecería en 1930, despois de 40 anos de profesión. O seu prestixio estendeuse fóra de Galicia, sendo recoñecido pola crítica médica. Exerceu en Vigo e durante varios anos foi director do Hospital desa cidade. Tamén era subdelegado de Menciña e médico ciruxián da Compañía de ferrocarrís de Vigo a Monforte. Na nosa vila practicou unha complicada operación en 1911, asistido por Juan Otero Milleiro.

 

Mos de la Rosa, José María (Cesantes). Estudou sen apenas medios na Universidade de Santiago, chegando os seus compañeiros a ofrecer unha obra teatral para que puidera cubrir os seus gastos. Logo acadaría o mérito na Universidade de Narbona (Francia), establecéndose finalmente na Habana (Cuba), onde acadaría gran reputación como médico.

Ocampo Martínez de Meneses, Manuel. Cirurxián do Viso que atendeu o primeiro caso de cólera en Redondela en 1854, tendo que enfrontarse ás Xuntas municipais de Redondela e Vigo que pretendían defender a eficacia do Lazareto de San Simón, feitos que relataría nun libro.

Ocampo Pereira, Simón José. Era médico municipal en 1872. Seguiu exercendo en Redondela cando menos ata 1884.

J. M. Otero. Foto: Bodas de Oro Antonio Ocampo
J. M. Otero.


Otero Milleiro, Juan Manuel (Redondela, 1863-1929). Nomeado médico forense e do cárcere de Redondela en febreiro de 1906. Subdelegado de Menciña de Redondela, nun principio con carácter interino e, dende novembro de 1912, en propiedade. Seguía no cargo en 1914. Médico municipal cando menos entre 1914 e 1926. Alcalde en 1895.

 

 

 Foto: Bodas de Oro Antonio Ocampo

Pérez, Eusebio. En 1916 falece en Redondela a súa viúva, Mariana Pérez Costas.

Pérez Burgos, Ramón. Médico municipal con consulta na Riveira. Exerceu ata o seu falecemento en 1885.

I. Queimaliños. Foto: A Prensa en Redondela
I. Queimaliños. Foto: A Prensa en Redondela

Queimaliños Queimaliños, Isidoro (Redondela). Era Subdelegado de menciña de Redondela en 1884. Nomeado médico do cárcere de Redondela en outubro de 1888. Alcalde. Unha rúa leva o seu nome. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/isidoro-queimalinos-queimalinos.html )

 

 

 

Rodríguez Bouzón, Juan (Cesantes). Nomeado alcalde de Redondela en 1885. Faleceu en Cesantes en 1909.

Rodríguez, Luis. Practicante de cirurxía menor falecido en Saxamonde en 1902.

Rubín, Onofre. Asistiu ao recoñecemento da quinta de 1852.

Testa. Cirurxián en Cesantes en 1835.

Ventin y Baqueiro, Jose María. Médico de Redondela en 1858.Nomeado médico forense do xulgado de Redondela en setembro de 1863.


NOTA

Médico e ciruxán dos pobres (cargos creados en xuño de 1861)


Médicos. Primeira metade do S. XX


Acuña Mos, Daniel. Médico no Viso cando menos entre 1916 e 1926.

Amoedo Seoane, Manuel. Fillo de Manuel Amoedo Acuña. Irmán de Juan (Ver Persoeiros>Política) e descendente de John O’Dogherty (Ver Persoeiros O). Estudou a carreira de menciña con Castelao. Redactor en Redondela do xornal “La Idea” (Ver Empresas>Xornais). Especializado en cirurxía, estableceuse en Vigo no 1914. Nesta cidade xestionou, xunto a Cesáreo Corbal, o Sanatorio Santa Cristina e máis tarde dirixiu o Hospital Municipal. Faleceu en outubro de 1966.

Arruti, Modesto. Era Subdelegado de Sanidade en Redondela en 1909.

Barros Sanroman, José (Redondela). Licenciado en Menciña pola Universidade de Santiago no curso 1910-1911. Ingresou na Academia Médico Militar del Rey en 1912. En 1915 exercía no Reximento de Murcia e en 1918 como Capitán médico no Rexemento das Palmas. En decembro de 1930 aparece nunha relación dun curso de preparación de ascenso, como capitán médico do rexemento de Artillería Lixeira, 8. Nunha foto datada en 1932 aparece entre outros Castelao, na porta da súa consulta situada en Santiago.

J. Beamud no centro. El Pueblo Gallego
J. Beamud no centro. El Pueblo Gallego

Beamud González, Jesús.
(Redondela). Destinado en Mieres (Asturias) ata o seu nomeamento como médico forense e do cárcere de Redondela o 5 de xullo de 1930. Na nosa vila militou no Partido Radical, sendo elixido o primeiro presidente do Centro Republicano Radical en outubro de 1931. En xullo de 1933, nomeado médico titular de Pazos de Borbén. Cesaría no cargo de médico do cárcere de Redondela o 4-12-1933 por ser ascendido ese ano ao Xulgado de Instrución de Noia.

 

Bernárdez Santomé, Luis Telmo (Redondela, 1885). En novembro de 1922 nomeado médico municipal de Redondela. Foi alcalde e unha rúa leva o seu nome. 

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/bernardez-santome-telmo-redondela-10-04.html )

A. Bouzón. Foto: Santiso-La Noche
A. Bouzón. Foto: Santiso-La Noche
Bouzón Cancelo, Alfonso. (Redondela). Acadou o título en Santiago en 1934. Médico interino en Redondela en 1938. En 1966 o Concello de Santiago acorda solicitar o seu ingreso na Orden Civil de Beneficiencia, e ofrécelle unha homenaxe popular.

Bouzón Cancelo, Eduardo. Nomeado médico municipal de Lavadores en 1923, e pouco despois de Bembrive. Cuñado de Alejandro Otero Fernández.

Bugallo Gamallo, José. En outubro de 1940 foi nomeado médico da a zona primeira de Redondela.

Carrera Lorenzo, Jesús. Médico de Vigo nomeado forense e do cárcere de Redondela en 1939. Deixou o cargo o 9-12-1941, cando pediu a excedencia. A praza sairía a concurso en febreiro de 1942.

Carrera Ramilo, Ricardo. Médico municipal de Redondela cara a 1909. Casou en 1910 coa tamén redondelá María Alfaya Pérez, sendo daquela médico municipal do Porriño, cargo que ocupou ata o seu falecemento en 1929.

Corbal Lema, César. Comezou a exercer en Chapela en xaneiro de 1909. Tan só dous meses despois practicou con éxito unha traqueotomía a unha nena de dous anos.

Cunqueiro Montenegro, Francisco (Santiago, 1894 / Redondela, 1978) Xa exercía en Redondela en 1919. Alcalde e deputado provincial.

Francisco Cunqueiro. Foto: familia de Dula Reboredo.
Francisco Cunqueiro. Foto: familia de Dula Reboredo.

 Durán Troncoso, Jesús. En decembro de 1940 por oposición é nomeado médico da zona terceira. Despois de moitos anos exercendo en Chapela, parroquia da que era defensor dos seus intereses, en 1969 recibiu a homenaxe do Círculo Cultural de Chapela. Unha rúa desta parroquia leva o seu nome.

Fernández López, Bernardo (Redondela). Acadou o título de doutor en menciña en 1915 en Arxentina. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/fernandez-lopez-bernardo-redondela-1852.html )

García, Benito. Ante o seu nomeamento como médico municipal en outubro de 1924, o delegado gobernativo, Sr. Del Río, presentou denuncia ao fiscal da Audiencia de Pontevedra sobre falsidade en documento público e falsificación de firma no acta levantada no Concello de Redondela.

Martínez Arnaud, Manuel. En decembro de 1919 foi nomeado médico forense e do cárcere de Redondela. Foi promovido, atopándose a praza vacante en febreiro de 1921.

Martínez Malvar, Serafín. O primeiro dato que atopo del é como médico interino en Redondela en 1938. Concelleiro nos 40, 50 e 60, chegando a desempeñar en varias ocasións o cargo de primeiro tenente alcalde. Vicepresidente da primeira xunta local da Asociación Española contra o Cancro.

Martínez Pedrayo, Eladio (Reboreda, 1882/ León 1967). Fillo dos propietarios do Pazo de Reboreda. Casou en 1914 cunha irmá do tamén médico Manuel Amoedo Seoane. Cando menos médico en Redondela dende 1918 é municipal en 1923. A mediados dos anos 20 nomeado médico municipal de León. Foi presidente do Casino e, en León, vicepresidente de Lar Gallego.

Ocampo Fraga, Antonio (Soutomaior, 1882). Despois de exercer brevemente na súa vila natal, foi nomeado Médico municipal de Redondela en 1914. Continuaba no cargo en 1938.

Ocampo Otero, Antonio. Fillo e neto de médicos. Tiña consulta na Rúa Alfonso XII. Foi médico de empresa en Regojo e Pontesa. Presidente do C. D. Redondela e da xunta local da Asociación Española contra o Cancro.

Orge Alonso, Francisco. Elixido vocal da Xunta Médica de Redondela en 1918.

Otero Fernández, Alejandro (Redondela). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/otero-fernandez-alejandro-redondela-14.html )

Otero Rey, Pedro (Redondela). Médico. Deputado Provincial. Nomeado Alcalde en 1966. Fillo do tamén alcalde Pedro Otero Sestelo, farmacéutico.

Otero Sestelo, Augusto (Redondela). Fillo do farmacéutico Pedro Otero Milleiro, faleceu con tan só 41 anos.

Otero Soto, José. (Redondela). Licenciado en Xinecoloxía na Universidade de Santiago e exercendo como profesor axudante desta disciplina, en novembro de 1949 acadou o primeiro posto nas oposicións para o Premio Extraordinario da Licenciatura. Fillo de José Otero Fernández, daquela rexistrador da propiedade de Compostela.

Paz Varela, Manuel. Cando menos dende 1919 xefe da Xunta médica do Partido de Redondela, cargo no que seguía en 1926. Médico titular de Mos e, dende 1925, de Porriño.

Pérez Colomer, Alejandro. Aprobou as oposicións en Madrid en 1936. En agosto de 1937, foi nomeado provisionalmente médico forense de Redondela.

Pereira Míguez, José Enrique (Redondela, 1884). Licenciado en Santiago en 1907, exerceu en Redondela. Nomeado Médico municipal de Redondela en outubro de 1924. Cesado como substituto do médico forense o 31 de xullo de 1936 coa entrada do primeiro alcalde franquista, o tamén médico Francisco Cunqueiro.

Sánchez Alonso, José. Médico de Beneficencia municipal de Madrid. Pasaba todos os veráns en Redondela alá polos anos 20 e primeiros 30. Atendía en Madrid a todos os redondeláns que o necesitaran, polo que en 1929 foi obsequiado cun banquete nunha finca de Santa Mariña coincidindo coas festas de San Roque.

Torrado André, José (Redondela). Médico de Chapela en xaneiro de 1921, cando a Xunta de Médicos de Redondela decide illalo profesionalmente por falta grave de consideración cos seus compañeiros da xunta. Nomeado médico forense e do cárcere o 9 de abril de 1930. Recorre o acordo do Concello de nomear médico tocólogo a Francisco Cunqueiro Montenegro, dándolle a razón o Tribunal provincial en 1935 que ordena o seu nomeamento, e quitándolla en 1940 o Supremo que declara firme e subsistente o acordo do Concello nomeando al Sr. Cunqueiro. Co inicio da guerra é nomeado substituto do médico forense de Redondela. Pouco despois convértese en Delegado comarcal de Sanidade de Falange. En novembro de 1942 volta a ser nomeado médico forense de Redondela, cargo no que permanecerá ata a súa xubilación en novembro de 1963.

Vicente Álvarez, Ramón B. En maio de 1956, ratifícase a resolución do seu nomeamento para cubrir a vacante de médico da zona de Chapela.



Practicantes

Lago Garrido, Tomás. Faleceu en 1930 aos 58 anos, despois de moitos anos no cargo de practicante municipal, cando menos dende 1904.

Moreno Lira, Ramiro. En 1980 recibiu a Cruz da Orde Civil da Sanidade por máis de 40 anos de actividade profesional, dos que 36 transcorreron en Redondela e Chapela.

Riveiro Lago, Basilio. Atópoo como practicante de Chapela cando menos dende 1910 e da beneficencia municipal en 1936.

Rivero, José. Na matrícula industrial de 1889-90, practicante en Saxamonde, Chapela e Vigo. O día 23-10-1949 faleceu en Chapela, aos 94 anos, a súa viúva.

Rodríguez Lorenzo, Luis. Na matrícula industrial de 1889-90, practicante en Saxamonde. Continuaba en 1902.


Outros practicantes

Lago Riveiro, Eliseo (Chapela). Sobriño de Basilio Riveiro Lago, anteriormente citado.

Rubín de Santa Cruz, José. Veciño de Redondela que en maio de 1939 é nomeado practicante da Beneficencia municipal de Soutomaior.

Tellería Ayuso, Ángel. Practicante veciño de Reboreda que comezou a exercer a finais dos anos 40 e continuaba a finais dos 50.

Ata finais do s. XX calquera cunha agulla podía exercer de practicante. Sempre era a mesma e simplemente se lle pasaba un pouco de alcohol. En todas as parroquias había un veciño ou veciña en cada barrio ou zona ao que a xente acudía a poñer a inxección. Como exemplo disto na moblería Almacenes Fernández, na praza Ribadavia, gardaba a súa agulla “Riquitolas”. A xente agardaba por el e cando pasaba pinchaba a catro ou cinco.

 

Veterinarios (Albéitar) S. XIX

Valenzuela, Manuel. Veterinario cara a 1880-85 na Praza Constitución.


Veterinarios S. XX

Alfaya Míguez, Juan. En agosto de 1956 exercía como veterinario en Salvaterra do Miño. En 1961 era Veterinario municipal de Redondela.

Carballeira Fernández, Gonzalo. Inspector Municipal Veterinario de Redondela en 1954. Dous anos despois ocupaba o mesmo cargo en Pazos de Borbén.

Carreira, Antonio. En 1925.

Carreira Rodríguez, José. Exerceu en Redondela cando menos dende 1905. Nomeado subdelegado de veterinaria en xuño de 1911. En novembro de 1914 nomeado subsecretario de veterinaria para o partido de Redondela. Veterinario municipal e Inspector de Hixiene e Sanidade pecuaria de Redondela cando menos dende 1922. En sesión celebrada no Concello o 2-12-1957 acórdase xubilalo de oficio.

Castro Pais, Manuel. Tiña consulta na rúa Alfonso XII en 1902.

Diego Pérez, Ramón. Veterinario de Redondela en 1966.

Fernández Fernández, Serafín. Inspector veterinario de Redondela cando menos a mediados dos anos 60.

Gómez Ferrer, Juan. Nomeado interinamente Subdelegado de veterinaria do partido de Redondela, en outubro de 1902, por renuncia do titular, e posteriormente en propiedade en xaneiro de 1904.

Méndez, Ángel. Subdelegado de veterinaria en 1910. Para o ano seguinte foi nomeado veterinario da Estrada.

Ocampo Otero, Nicanor. No BOE do día 11-07-1942 publícase o seu aprobado na oposición para a praza de veterinario municipal de Redondela. Deixa o cargo en febreiro de 1947, cando tomou posesión do cargo de veterinario municipal do distrito de Porriño.

Pino Casqueiro, Benito. Nomeado Subdelegado de Veterinaria do partido de Redondela en setembro de 1901, por renuncia do anterior. Renunciou en setembro de 1902. Tiña consulta na rúa Alfonso XII.

Reboredo Fernández, Isaac. O 12 de marzo de 1935, acórdase o seu nomeamento como veterinario municipal interino de Redondela. Continuaba no cargo a mediados de 1936.

Sánchez Mateos, Gabriel. Inspector municipal veterinario de Redondela, ata que en novembro de 1958 foi nomeado en propiedade para inspector da primeira zona de Santiago de Compostela.




Boticario S. XVII

López Carvajal, Juan. Boticario no Real Hospital de Santiago de Compostela no s. XVII.


Farmacéuticos S. XVIII

Monroy, Pedro Benito. Natural da provincia de Ourense. Casou con Josefa María del Pilar Correa, natural de Redondela, onde se estableceron.

Domingo San Pedro y Costal. Boticario en Vilavella en 1762.


Farmacéuticos S. XIX

Ardove, José. Abriu farmacia en Redondela cara a 1888.

Bernárdez Otero, Basilio (Vilavella-Redondela). Déronlle o seu nome ao lugar onde tiña a súa farmacia, a actual “Calella de don Basilio”. Farmacia cando menos dende 1879. Faleceu antes de 1910 continuando coa farmacia a súa viúva e posteriormente os seus fillos, cando menos ata 1925. Pai do médico Telmo Bernárdez Santomé.

Córdoba Gándara, José. Farmacia na praza Constitución cara a 1885.

Escarpizo, Augusto. Tiña farmacia cando menos entre 1879 e 1886. Tamén exerceu como secretario do Concello.

Irribarren, Agustín. Cando menos tiña farmacia en Redondela dende 1879 e ata 1882. Volta a ter farmacia en Redondela cara a 1894 e seguía aberta en 1899. En 1898 acada unha prórroga de 5 anos das subministracións do lazareto de San Simón.

Monroy, Fermín (1802, Redondela). No cargo en 1857-58. Fillo do tamén farmacéutico Pedro Benito Monroy.

Pedro Otero Milleiro Foto: Ernestina Otero Sestelo pedagoga
Pedro Otero Milleiro 

Otero Milleiro, Pedro
(Redondela). Tivo farmacia na rúa Alfonso XII cando menos dende 1898. En 1927 ocupaba o cargo de Subdelegado de Farmacia de Redondela. Foi alcalde e deputado provincial. Faleceu en 1941 aos 75.

Pereira Iglesias, Antonio (Redondela). Farmacéutico en Paisandú (Uruguai), onde faleceu en 1903.


 

 

 Foto Ernestina Otero Sestelo pedagoga

 

Farmacéuticos S. XX

Álvarez. Farmacéutico de Chapela a mediados dos anos 40.

Amaro de Velo, María del Pilar. Farmacia e laboratorio na Praza Figueroa nos anos 50.

Arruty Hermida, Modesto. En abril de 1906, nomeado subdelegado de farmacia de Redondela, cargo ao que renunciou en 1910.

Carnero, Santos. Licenciado en Farmacia que faleceu en Redondela en 1915.

Fernández Míguez, Honorato. Farmacéutico de Vigo casado con Blanca Feijoo Alfaya, do Pazo de Pousadouro.

Fontenla Pardo, Pedro. Tiña farmacia na rúa Ribero (actual Reveriano Soutullo), cando menos dende 1902. En novembro de 1905, nomeado subdelegado de farmacia de Redondela.

González Ávila, Florián. Ocupou o cargo de inspector farmacéutico de Redondela, polo que en 1960 lle conceden pensión á súa viúva.

Pedro Otero Sestelo Foto Redondela, crónica dun tempo pasado
Pedro Otero Sestelo   

Otero Sestelo, Pedro
(Redondela). Primeiro alcalde republicano de Redondela. Recibiu o título de licenciado en febreiro de 1924. Abriu farmacia na rúa Alfonso XII o 21 de decembro de 1926. Nomeado inspector farmacéutico en xullo de 1932. Faleceu en decembro de 1936.

Pastora, José de. Farmacéutico de Chapela cara a 1946.

Pereira Iglesias, Antonio (Redondela). Farmacéutico falecido en Paisandú (Uruguai) en 1903.

 

Foto: Redondela, crónica dun tempo pasado

Pereira Míguez, Luis Juan (Redondela). Abriu farmacia na rúa Alfonso XII cara a 1911. Foi o último alcalde da dictadura de Primo de Rivera. Esposo de Ernestina Otero Sestelo (Ver Persoeiros O). Nomeado inspector farmacéutico en xullo de 1932. Faleceu o 6 de xuño de 1937, por mor das torturas recibidas tralo inicio da Guerra Civil.

Pereira Otero, Luis (Redondela). Nun anuncio de 1948 aparece como sucesor de Astray Núñez. Tralo seu falecemento continuou coa botica a súa esposa Rita Lima Díaz, tamén licenciada en Farmacia.

Rodelgo y Díaz, Felipe. En marzo de 1910 nomeado subdelegado de farmacia de Redondela.

Sáez Losada, Jose Ramón. Farmacia e laboratorio na Rúa Alfonso XII, nº 12, cara a 1944.


Comadronas

María Novás. Cara a 1910.

Juana Novás. Cara a 1925.

Evelia Pereira. Cara a 1925.


Autor: Juan Migueles

 

BIBLIOGRAFÍA

Redondeláns=>Celso Milleiro e Xosé Docampo

(A. H. P. PO. Hospital de Redondela. Leg. 2.168. Núm. 12 =>(Redondela y Vigo frente a la luctuosa y el diezmo eclesíastico: la sentencia arbitral de 1494. José Martínez Crespo. Cuadernos de Estudios Gallegos. Nº 113 (2000). )

SEREN Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro

SEREN Nº0, pax. 102. Resposta do alcalde Pantoja a Francisco Moreda.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, Diario de Pontevedra, Boletín Oficial de Médicos de la Provincia de Pontevedra, El Compostelano, La Correspondencia Gallega...

Boletín de la Academia Nacional de Medicina de Buenos Aires, Volumen 71. Academia Nacional de Medicina de Buenos Aires. -Casal Anido

Bibliografía médica gallega del S XIX. Carlos González Guitián. Universitat de Vàlencia. Servei de Publicacions, 2008.

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Diario oficial de avisos de Madrid, La Correspondencia de España...

Matrícula Industrial de 1885-86, 1889-90 e 1902. Arquivo do Concello de Redondela

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925.

Los Canónigos de Santiago [Segundo apéndice a Linajes Galicianos]: Ramos Solís.

Boletín Real Academia Galega nº 157 - (Pérez Costanti, Pablo.)

Juan López Carvajal, boticario (1659) Signatura: H.R. GENERAL, LEG. 52, Exp. 1.678
Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela.

(USC>Registro casados>1856A.M. 339/Libro de Actas)

(xenealoxía.org>foro>Pousada)

Pares http://pares.mcu.es

>Archivo Histórico Nacional>Convento de Nuestra Señora de la Cerca (Santiago ))

1762. Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.

Boletin Oficial del Estado. http://www.boe.es/

http://prensahistorica.mcu.es => La Correspondencia de España

Aportes X. M. Moreira Docampo, Celso Milleiro Sánchez e Manuel Migueles

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra. Poder outorgado para cobrar unha débeda (1667). Obriga de pagamento (1628). Venda dunha casa de soto e sobrado sita xunto á carnicería vella en Redondela (1681).

Faro de Vigo

Anales de la Academia de ciencias medicas, físicas y naturales de ..., Volumen 1-GoogleBooks

Publicaciones del Archivo Nacional de Cuba. Archivo Nacional de Cuba, 1952.-GoogleBooks

BOE > www.boe.es

Deputación de Pontevedra=> www.atopo.depo.gal>Contas municipais. Concello de Redondela (1856)(1858)





No hay comentarios:

Publicar un comentario