lunes, 4 de enero de 2021

Salóns de peiteado e barberías.

 

A dos Lagos. Foto compartida por José Francisco Lago Otero


Antigamente os salóns de peiteado eran barberías, tendencia que se recuperou nos derradeiros anos grazas ao movemento hipster. Ata mediados do século XX estes negocios son puntos de reunión onde se fala de política, se fan coplas e ata se aprende a tocar a bandurria.

A primeira referencia de salóns de peiteado femininos a atopo nun anuncio de 1948. Nos 70-80 é cando se abren os primeiros a pé de rúa, porque os que había eran en pisos. O motivo podería ser a tradición de “peitear na casa” como un ingreso extra, pero sen un oficio recoñecido. Tamén hai que ter en conta que tralo peche da empresa Regojo tamén agromaron numerosos salóns de peiteado femininos “en negro”.

Anuncio 1948

Agustín Sanchez: Perruqueiro cando menos entre 1884 e 1887.

Domingo Sánchez: Perruqueiro cando menos entre 1894 e 1910. Probablemente fillo do anterior.

Antonio Crespo Otero: Perruqueiro cando menos entre 1879 e 1899.

Juan Crespo Otero: Perruqueiro cando menos entre 1899 e 1910. A este o sucedería Juan Crespo Alonso “Bisbís”, que se estableceu como mestre barbeiro en 1905, na rúa Alfonso XII seguindo a tradición do seu pai. Faleceu en 1935, tomando o relevo o seu fillo Juan Crespo Fernández “Padilla”. Á súa vez o seu fillo Juan Crespo, tamén chamado “Padilla”, seguiu a saga que actualmente (2020) é atendida pola 5ª xeración.

Foto cedida pola Barbería Juan Crespo
Foto cedida pola Barbería Juan Crespo
 
Juan Crespo. 1º no Campionato Provincial de 1981. Foto Llanos
Juan Crespo. 1º no Campionato Provincial de 1981. Foto Llanos

Ismael Gómez Rivas: Perruqueiro cando menos entre 1899 e 1910.

Porfirio Gómez Figueroa: Fillo do anterior. Na Praza Constitución 2. Perruqueiro cando menos entre 1925 e 1943. Persoa moi popular en Redondela por protagonizar numerosas anécdotas divertidas co seu amigo e tamén perruqueiro César “Pisquito”.

 

Porfirio e Pisquito. Foto publicada en

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro).

Abelardo Soto: Perruqueiro cando menos entre 1902 e 1905.

Manuel Crespo: Perruqueiro cando menos entre 1905 e 1908.

César Martínez: Perruqueiro en 1910.

Secundino Martínez: Na Ribeira en 1921.

Juan Muíños: Na rúa Alfonso XII. Perruqueiro cando menos entre 1910 e1932.

 

Anuncio, 1921

Cándido Paradela. Perruqueiro cando menos entre 1925 e 1932.

Antonio Lago Araújo Polisía”. Perruqueiro cando menos entre 1925 e 1932. Actualmente a Peluquería Lago’s anúnciase co slogan “desde 1920”.

Barbería dos Lagos ou Chicha, anos 40. Foto cedida por Antonio Ricón
Barbería dos Lagos ou Chicha, anos 40. Foto cedida por Antonio Ricón

 

José Villar Mínguez Carracha”. Perruqueiro cando menos en1932.

Perruquería de Antonio Villar Mínguez Nicha”. Na Rúa Fermín Galán nos anos 30. Irmán do anterior e como el futbolista, xogando moitos anos no Celta. Nun dos seus contratos a súa ficha era de 1.000 pesetas, un soldo ao mes de 300 e, a conta do club, un substituto que atendera a súa barbería os días que houbera desprazamento. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-os-precursores-futbolistas-da.html )

Anuncio 1932
 

A de “Pisquito”. César Pazos Comesaña perruqueiro na Ribeira desde os anos 20 ao que citamos ao falar de Porfirio. Tamén era pintor e especialista en divertidas coplas. O seu fillo seguiría coa profesión de barbeiro e coa paixón polas coplas, ademais de ser o autor dos primeiros carteis da Festa do Choco. Hoxe en día (2020) é atendida polo neto, despois de que a súa irmá se independizara e abrira unha barbería na Praza Ribadavia.

Peluquería Villaverde. De Leopoldo Villaverde, na rúa Alfonso XII nos anos 40.

Anuncio 1948

 

Vicente Martínez. En 1958.

Bernardino Otero (Tito). En 1958.

Peluquería Toñita. Desde os anos 60. Antonia Crespo Fernández comezou na barbería familiar, sendo a primeira muller de Redondela en afeitar aos homes. Co tempo pasou a chamarse Rosas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-primeira-barbeira.html )

Anuncio 1965

 

A de Beloso. Na rúa Padre Crespo (enriba do Bar Niza). Anos 60-70.

Peluquería ¿? Dúas irmás na rúa Alfonso XII enriba da Imprenta Amador e anteriormente do outro lado da rúa. Eran coñecidas como “As Anuncias” porque che contaban a vida de todo o mundo.

Peluquería Filo. No Adro. Nos anos 70-80.

Peluquería Imagen. Abriu na Rúa Xeneral Rubín en 1980.

Anuncio 1986

 

Peluquería Alfredo. Na R. Reveriano Soutullo, 7. Salón de peiteado no que se deu a coñecer Jorge Rubín a principios dos 80. ( Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/rubin-jorge-redondela-empresario.html )

 

Faro de Vigo 1982
Jorge Rubín, 1982. Foto: Llanos
Jorge Rubín, 1982. Foto: Llanos
 

Garby, gabinete de belleza. En Reveriano Soutullo 3, nos anos 80.

Marilola. Na rúa Loureiro. Despois trocaría de local e de nome, pasando a chamarse Elas.

Peluquería Rulos. Na Praza Ponteareas desde finais dos anos 80.


CESANTES

A Barbería de “Caruco”. Natural do Porriño, estableceuse no Pereiro alá polos anos 40-50 do pasado século.

Barbería de “Manolo do Cura”

 

Barbería de "Manolo do Cura" Foto cedida por Maruchi Reigosa ao Obradoiro Fernando Monroy
Barbería de "Manolo do Cura" Foto cedida por Maruchi Reigosa ao Obradoiro Fernando Monroy

A de Manola. Na Avd.Mendiño (debaixo abriría co tempo o Bar Mapache)

A de Muchita. Fronte ao Bar Tranquilo.


CHAPELA

Peluquería de Carlos, en Chapela. Nela celébrase en 1951 o sorteo da Copa José Ríos a celebrarse en Domaio e con participación de D. Chapela e Copiba F.C.


NEGROS

A do Bicas. A carón do Bar Rosi.


REBOREDA

Manolo Perillán (“Que Burro É”). Pasando a rotonda, nunha casa que foi expropiada polo AVE.

A de Puri.



CHAPELA

Peluquería de Carlos, en Chapela. Nela celébrase en 1951 o sorteo da Copa José Ríos a celebrarse en Domaio e con participación de D. Chapela e Copiba F.C.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro (1939-1989).

Arquivo do Concello de Redondela =>Matrícula Industrial: 1885-86, 1886-87,1887-88, 1889-90.

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración, Anuario regional descriptivo, informativo y seleccionado de la industria, comercio, agricultura, profesiones, arte y turismo del Norte de España...

Faro de Vigo.

Xornais locais=> LA IDEA, El Soplete, La Opinión, Terra!...

Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Correo de Galicia, El Correo de Lugo, El Pueblo Gallego, Hoja Oficial del Lunes, El Progreso, La Noche...

Programas da Agrupación Artística Redondela e das Festas da Coca.

Programas Festas da Coca

Aportes Gonzalo Amoedo, Marcos Muíños, Antonio Cobián, Olga Rodríguez, Laura Riveiro, Rosa Míguez, Carlos Couñago, Manuel Seijas, Mª Teresa Pérez, Jose Antonio Figueroa, Gonzalo Figueroa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario