Río Alvedosa. Foto: J. Migueles |
Continuación de Toponimia de Reboreda (1 de 3) e (2 de 3)
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/05/toponimia-de-reboreda-1-de-3_15.html )
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/05/toponimia-de-reboreda-3-de-3.html )
Fonte de Saavedra (A Quintana). Por aportes orais o antigo propietario da fonte apelidábase Saavedra, sendo esta familia relevante na parroquia a mediados do S. XX. Non aparece no Catastro de Ensenada (1752), pero si o apelido entre os propietarios da parroquia.
Sallueiras (Asnelle de Arriba). Tipo de árbore, en castelán sauce. Recollido no Catastro actual.
O Santo / Fonte dos Santos (Sto. Paio de Arriba). Fai referencia ao Santo Paio venerado na capela próxima. No Catastro de Ensenada (1752) aparece sitio do Santo e sitio da Fonte do Santo. Aparece no Catastro actual como O Santo / Fonte dos Santos. No rueiro Camiño da Fonte do Santo.
O Seixal (Sto. Paio de Abaixo). Lugar onde hai abundantes seixos, tipo de mineral. No Catastro de Ensenada (1752) aparece o sitio do Seixal. No Catastro actual aparece O Seixal. No rueiro Camiño do Seixal.
As Sobreiras (Sto. Paio de Arriba): Lugar onde abunda esta árbore. Nun documento de 1785 aparece Sobreiral. Na guía escolar O monte de Reboreda, Redondela. Ed. Comunidade de Montes de Reboreda, 1993; tamén aparece O Sobreiral. Recollido no Catastro actual. No rueiro Camiño do Sobreiro do Carboeiro.
Camiño do Souto (Sto. Paio de Abaixo). Bosque de castiñeiros. No Fondo Casto Sampedro aparece heredad do Soto, nun documento de 1705.No Catastro de Ensenada (1752), o sitio do Souto.
O Souto / Fonte do Souto (A Quintana). Bosque de Castiñeiros. No Catastro de Ensenada (1752) aparece sitio do Souto. Tamén aparece Fonte do Cocho do Souto, pero non sabemos se é a mesma fonte. No rueiro Camiño do Souto de Reboreda.
Camiño do Tarrastal (A Quintana). Lugar de onde extraía a madeira para construír pipas ou cubas para o viño. Non aparece no Catastro de Ensenada (1752), pero si se emprega a palabra terrestal en varias ocasión, dando a explicación terrestal que produce varas o arcos para pipas. No rueiro Camiño do Tarrastal.
Tol
do Rego
(Sto.
Paio de Abaixo). Tol
pode
ser unha
presa
ou unha levada.
Recollido
no Catastro actual.
Torrade (A Quintana). Pode facer referencia a un terreo con moito sol, torrado. O nome Torrado, aínda que hoxe en día exista como apelido, tradicionalmente se empregaba como alcume co significado de moreno. No Catastro de Ensenada (1752) aparece sitio de Torrade ou Torrad, e o tramo do río próximo Río de Torrade, onde se atopaban os Muíños de Torrade. Nun documento de 1877 atopei Torrade de Abajo. No Catastro actual Torrade e Torrade de Arriba. No rueiro Camiño de Torrade.
O Toureiro (A Quintana). Pode estar relacionado coa raíz prerromana tor- co significado de monte ou lugar pedregoso. No Catastro de Ensenada (1752) aparece sitio do Toureiro.
Tras da Penela (Sto. Paio de Arriba). Penela é un diminutivo de pena. Recollido no Catastro actual.
O Valado (Asnelle de Arriba). Terreo cercado. Recollido no Catastro actual.
A Vasca (Asnelle de Arriba). Leito pedregoso e pendente onde un curso de auga se convulsiona formando unha fervenza. Outra explicación sería a dunha persoa procedente do País Vasco. Recollido no Catastro actual.
Veigas, As. Veiga é un terreo cultivado á beira dun río ou regato. Recollido no Catastro actual.
A Veiga Longa (Asnelle de Abaixo). Longa describe o seu gran tamaño. No rueiro Camiño da Veiga Longa.
Camiño da Veiga da Porta (Asnelle de Arriba). Como xa explicamos Veiga é un terreo cultivado á beira dun río ou regato e Porta sería unha entrada, cancela ou paso de acceso. No Catastro de Ensenada (1752) aparece sitio da Veiga da Porta, e localízanse nel terreos de regadío de primeira e segunda calidade. No Catastro actual aparece A Veiga da Porta (Asnelle de Arriba) e Veiga da Porta e Veigas da Porta (A Quintana). No rueiro Camiño da Veiga da Porta de Reboreda.
A Veiga do Río (Asnelle de Arriba) Recollido no Catastro actual.
Veigas da Horta. Recollido no Catastro actual.
Veigas da Igrexa (A Quintana) Terras pertencentes á Igrexa. Recollido no Catastro actual, Veigas da Iglesia.
O Camiño Vello (Sto. Paio de Abaixo). Aparece xa nun documento de 1506 “que vay de dita vila de Redondela para donde vive Jose Ricon”, polo que debe ser moi anterior.
Camiño Vello, Camiño do Regueiro (Asnelle de Arriba). Nomes de diferentes tramos do antigo camiño que conducía de Reboreda a Amoedo. Outro treito é o Camiño do Recanto, que vimos anteriormente. No rueiro Camiño Vello de Reboreda.
Vinculeiro (Sto. Paio de Arriba). Vinculeiro é o primoxénito dunha familia, o que herda o vínculo, bens que non poden ser divididos nin vendidos. Recollido no Catastro actual.
A Viña da Abaixo (A Quintana) No Fondo Casto Sampedro do Museo de Pontevedra aparece en 1667, Bina de Riba herdade sita en San Paio. Recollido no Catastro actual A Viña da Abaixo.
Viña de Lume (Sto. Paio de Abaixo) Recollido no Catastro actual.
A Viña Nova (A Quintana)Recollido no Catastro actual.
As Viñas (Asnelle de Arriba) Recollido no Catastro actual, A Viñas.
As Xanicas. Probablemente é un alcume, fillas de Xoana. Recollido no Catastro actual.
Xestal (Sto. Paio de Arriba). Lugar poboado de xestas. Recollido no Catastro actual.
Xesteira (Asnelle de Arriba). Lugar poboado de xestas. Recollido no Catastro actual.
O Xogo dos Bolos (Asnelle de Abaixo). Lugar onde se xogou aos bolos.(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/deporte-xogos-tradicionais.html )
Outros topónimos recollidos no Rueiro (2010)
Rúa da Canteira (Redondela/Reboreda): Lugar onde se extraía pedra (granito).
Camiño do Carreiro da Auga (Santo Paio de Abaixo): Tramo da Senda da Auga, chamado así para distinguilo no rueiro da Senda da Auga, en Chapela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/senda-da-auga.html )
Camiño dos Cocheiros (Asnelle de Arriba): Pode derivar de cocho ou referirse aos condutores de carruaxes ou carretas.
Camiño das Colmeas (Ventosela/Reboreda)
Camiño da Galana. Probablemente sexa o alcume dalgunha veciña, pero ata o de agora non o puiden confirmar. Podería ser adxectivo ou derivar do apelido Galán.
Estrada a Pazos de Borbén. Antes de 2010 Estrada a Pazos.
Camiño da Ponte (Asnelle de Arriba): Camiño que leva á ponte de San Garrido, que cruza o Rego do Campelo.
Camiño Real de Reboreda (Santo Paio de Arriba): Son chamados de forma xeral Camiños Reais aos camiños medievais, romanos ou prerromanos.
Reboreda, Cño. de (Asnelle de Abaixo): Antes do 2010 era parte do Cño. de Agrelo.
Salvador, Cño. do (Santo Paio de Abaixo): Propietario do Muíño de Salvador.
Torres Agrelo, Cño. de (Asnelle de Abaixo): Fai referencia ao Pazo de Torres Agrelo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html )
Varredoura, Cño. da (Asnelle de Abaixo): Variante de varredoira, escobón de ramas.
Ventosela, Estrada de (Reboreda/Ventosela): conduce á veciña parroquia de Ventosela.
Outros topónimos recollidos no Catastro actual.
Dichova (Sto. Paio de Abaixo). Recollido no Catastro actual.
Dubillanos (Sto. Paio de Arriba). Recollido no Catastro actual.
Fenduxe (Asnelle de Arriba): Pode derivar de fenda, greta ou fisura no terreo. Isto pode facer referencia ao paso dun regato por estes terreos. Recollido no Catastro actual.
Hogar de San Antonio (Sto. Paio de Abaixo). Recollido no Catastro actual.
O Padriño (Asnelle de Arriba) Recollido no Catastro actual.
Reviside / Revisede (Sto. Paio de Abaixo) Recollido no Catastro actual.
As Ridosas (Sto. Paio de Arriba) Recollido no Catastro actual.
As Rinas (Asnelle de Arriba). Pode ser un nome de muller, unha variación de raíña ou unha interxección para chamar ás ovellas. Recollido no Catastro actual.
Roufes (Ventosela/Reboreda(Asnelle de Abaixo)) Recollido no Catastro actual.
Rustilleira (A Quintana) Recollido no Catastro actual.
A Tallarina (Asnelle de Arriba) Recollido no Catastro actual.
Vilaflores (Redondela/Reboreda(Asnelle de Abaixo)) Recollido no Catastro actual. No rueiro Rúa de Vilaflores.
Vilurica (Asnelle de Abaixo) Recollido no Catastro actual.
Ríos
Río Alvedosa. Alvedosa procede de Erbedosa, lugar onde prolifera o érbedo, en castelán madroño, arbusto de follas verdes escuras e beiras en serra, os froitos (morotes de érbedo) son comestibles. No Catastro de Ensenada (1752) aparece o sitio do Río da Erbadosa. Como todos os ríos recibe diferentes nomes no seu percorrido. Ao seu paso por Reboreda: Río da Roda ou Río das Rodas (Sto. Paio de Abaixo), Río da Feixa ou da Freixa ou de Reboreda (Sto. Paio de Abaixo), Río de Torrade (A Quintana), Río da Rabadeira (A Quintana). Algúns dos regatos que nutren este río serían:
Rego Caramboleiro
Regato da Garonda ou Regueiro Vello. O primeiro nome no curso alto (Ver a Garonda) e o segundo no baixo.
Rego do Campelo. Un tramo recibe o nome de Río do Muíño como xa vimos anteriormente. No Catastro de Ensenada (1752) aparece sitio Campelo e Río do Campelo.
Río de San. Xa o citamos anteriormente.
COTAS
Alto do Caselo (Reboreda/Amoedo): 445m.
Penedo da Cancela (Reboreda): 382m.
Alto da Grichousa (Reboreda/Amoedo)
Alto da Garonda (Reboreda): (Ver A Garonda).
Alto de Romeu (Reboreda/Amoedo). Na guía escolar O monte de Reboreda, Redondela. Ed. Comunidade de Montes de Reboreda, 1993; recóllese Monte do Romeo. Fai referencia ao romeu, tipo de pranta.
MONTES
Monte Buxel (Reboreda):
Monte Tuxegueiras (Reboreda):
Monte Pinela ¿ou Penela?(Reboreda):
Outros Topónimos en documentos históricos.
Alloeiras. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Fonte de Alta Meiga. Límite. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Barbado. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Bovelle. Recollido en 1697. USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela>Páx. 265-266-323)
Heredad de Baston. Recollido en: Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Fonte Bilela. Límite. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
O Campiño. Límite. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Cardama. Finca en Reboreda propiedade de Avelino Giráldez Pazó en 1933. Faría referencia ao apelido dun antigo propietario.
O Castiñeiro. Herdade e Veiga sita en Miraflores. Recollido no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1665.
Chamiza (Reboreda). Monte no que os carabineiros tiñan por costume facer prácticas de tiro en outubro de 1932. Recollido en Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.
As Coles. Viña. Recollido no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1705.
Lugar da Costa. Recollido no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1672.
Herdade dos Cucheiros. Recollido no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1672.
Cumio, Río do Cumio, Muíño do Cumio. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Fonte dos Dicimos: Arredor de 1506 e preto da vila de Redondela. Probablemente era o lugar onde se facía entrega dos produtos polos que se pagaban os diezmos da zona.
Eira Pedraza. Límite. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Fondafe. Nun documento de 1877.
Muíño do Francote. Recollido no Catastro de Ensenada (1752). Benito “Francote” aparece nun censo de Redondela de 1694. (Ver https://alcumes.jimdofree.com/3-alcumes-antigos/ )
Freixo. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Herba Liñeyra. Recollido no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1705.
Muíño da Manga. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Horta de Miraflores. Recollido en: Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Fonte do Mouro (Redondela). Recollido no Catastro de Ensenada (1752). Daquela marcaría o límite de Redondela, Cesantes e Reboreda.
Monte Coto de Freyre. Recollido en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1847).
Monte Altamexa. Recollido en Censo de montes baldíos, realengos e de dono non coñecido que se atopan no Partido Xudicial de Redondela (1847).
Muíño da Neta. Recollido no Catastro de Ensenada (1752). A propietaria sería a neta de alguén destacado. No censo de Redondela de 1694 aparece: “Baltasara, a neta de Candado”.(Ver https://alcumes.jimdofree.com/3-alcumes-antigos/ )
Soutullo. “lugar compuesto de labradío, robleda y tojal con sus casas, lagar y portal”. Aparece nunha listaxe de propiedades á venda en 1834, por Real Orde Testamentaria á morte de Buenaventura Marcó e a súa dona, donos do Pazo de Pousadouro. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html )
Penedo do Toxo. Límite. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Porto do Boi. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Herdade da Ponte de Esteiro. Recollido en: Memorial cobrador de rendas do Convento de Vilavella (1699-1779).
Campo de Rebegido. Recollido no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1681.
Fonte Vaceira. Límite. Recollido no Catastro de Ensenada (1752).
Veiga Dasnelle. Leira. Recollido no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1667.
Veiga do Medio. Herdade. Recollido no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1705.
Veiguiña. Recollido no Fondo Casto Sampedro nun documento de 1681.
Para coñecer máis topónimos de Reboreda visitar:
Muíños => https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html
Pontes => https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/pontes.html
Fontes => https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/fontes-e-lavadoiros.html
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Reboreda os camiños da identidade. 2001. Gonzalo Navaza. Sociedad L. Cultural de Reboreda.
Guía didáctica para escolares: Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela. Álvaro Iriarte Sanromán
Os Nomes da Ría de Vigo II. Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses (Fundación Provigo).2000.
SEREN Nº4. Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (3ª parte). Carlos Alberto Antuña Soto e José Antonio Orge Quinteiro.
Redondela y Vigo frente a la luctuosa y el diezmo eclesíastico: la sentencia arbitral de 1494. José Martínez Crespo. Cuadernos de Estudios Gallegos. Nº 113 (2000).
Indice de documentos que pertenecieron al Monasterio de Melón. B11 César Vaamonde Lores-RAG
Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779)
Catastro de Ensenada (1752)
Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra
O monte de Reboreda, Redondela. Guía escolar. Ed. Comunidade de Montes de Reboreda, 1993.
O que lembro do vivido. Andrés Couñago Laxe.
Dicionario de dicionarios. http://sli.uvigo.es/DdD/
Diccionario RAG https://academia.gal/dicionario
Diccionario RAE https://dle.rae.es
Diccionario Portugués https://www.dicio.com.br/
PARES> pares.mcu.es
https://www.infopedia.pt/dicionarios/toponimia
Arquivo da Deputación de Pontevedra. DEPO10100023845-Censo1846.
Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela. USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela>Páx 252
Toponimia do concello de Lugo. Carlos Vázquez García. Tese doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega.
Toponimia de Ames. Terra Nomeada. López Boullón, Xosé Ramón (2019). A Coruña. Real Academia Galega
Toponimia do Val do Fragoso2. Lavadores. Iván Sestay Martínez. Área de normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores. Iván Sestay Martínez. Área de normalización Lingüística da Universidade de Vigo.. Lorena Carrasco-Gonzalo Navaza. Área de normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El pueblo gallego
Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Diario de avisos de Madrid
Testamento>familia Fernández Otero
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.
La Idea
Faro de Vigo
Sede electrónica do Catastro. https://www.sedecatastro.gob.es
Aportes Manuel Seijas, Andrés Couñago Laxe, Gloria C'est Tout e Gonzalo Amoedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario