martes, 8 de junio de 2021

Toponimia de Cedeira (3 de 4)

 

Ponte da Lama. Foto: J. Migueles
A Ponte da Lama. Foto: J. Migueles

Poza da Pantrigueira (Rande).

O Pardiñeiro (Fortóns):

Muíños do Pardo (Aldea): Conxunto de catro muíños de cubo. Chamados así por ser propiedade de Ramón Francisco Pardo Ferro, nado na Coruña. Membro do partido Conservador, sería nomeado alcalde de Redondela en catro ocasións, a primeira delas en febreiro de 1872. Foille otorgada a Cruz de Isabel la Católica con distinción de Caballero Cubierto ante el Rey.

Fonte das Paridas (A Formiga): Tamén fonte da Formiga.

Parrendas. No Catastro actual, Parrendas.

O Parvucho (Fortóns):

O Pasto (Eira Pedriña):

A da Pataca (Fortóns):

A do Pateiro (Fortóns):

Monte Pateixa (A Formiga):

Pazo de Torrecedeira (Aldea). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html )

A Pedra do Coto (Aldea). Nun documento de 1697, veigas da Pedra do Coto.

Pedra das Londras (A Formiga):

As Pedras (Eira Pedriña):

As Pedras Miúdas (O Cruceiro):

Pedreira. Nun documento de 1697, heredad da Pedreira.

Pedreira do Medio: Eidos e Leiras.

Pedro, Devesa de (A Formiga):

Pedro Lamas (Fortóns):

Os Pelames (A Rabadeira):

A Peluqueira (A Carballeira-Aldea):

Lugar de Pení (A Formiga): Apelido.

A Peña (A Portela):

As Pereiras (A Portela): En documentos de 1562 e 1697 aparece Veiga das Pereiras. No Rueiro (2007), Camiño das Pereiras.

Pereiriña (Aldea). Nun documento de 1749, Fonte da Pereiriña. En 1866, monte común nombrado Pereiriña. No Catastro actual, Pereiriñas. No Rueiro (2007), Camiño da Pereiriña.

Pereiriño (Fortóns):

Peripista, a (Formiga de Abaixo-A Formiga):

A Finca da Periza (Fortóns):

A Peroxa. Eidos e Leiras. Na entrada da propiedade aparece castelanizado La Peroja.

Peseta, Lugar da (A Formiga):

Pexegueiros, os (Carballeira-Aldea):

A Pica Morena (Eira Pedriña):

Piloto (A Formiga):

O Pinal do Abade (A Formiga):

Pinales do Muíño (Aldea): Piñeiral na zona dos Muíños do Pardo.

Pino Manso (Aldea):

A Plateira (A Portela): No Catastro actual aparece castelanizado, Platería.

A Ponte da Lama (Eira Pedriña): Ponte que une Cedeira con Quintela cruzando o río Maceiras. Faría referencia ao barro que habería no lugar. En antigos documentos: en 1562 Veiga da Ponte da Lama, en 1697 Campo da Lama e en 1699 e 1799 Heredad da Ponte da Lama. Neste punto debeu haber varios muíños: Campo de Muíños por outro nome da Ponte da Lama (1697). Molinos de Ponte da Lama (1697)

Ponte da Lama de Arriba (Eira Pedriña):

Ponte da Lama de Abaixo (Eira Pedriña): No Rueiro (2007), Camiño da Ponte da Lama.

Portacedeira ou Portocedeira (A Portela): Sería o lugar de desembarco para achegarse a Cedeira ou pode facer referencia ao acceso a Cedeira desde o porto da Portela. Nun documento de 1697, Portacedeira e as veigas do Porto de Zedeira. Tamén aparece Cochos de Porto Acedeira en 1699e 1799. No Rueiro (2007), Camiño de Porto de Cedeira.

A Portela (A Portela). Citado ao falar dos barrios. Aparece vila da Portela en documentos de 1587 e 1697. No Catastro de Ensenada (1752) aparece como linde parroquial de Cesantes. Nun documento da Deputación de Pontevedra de 1785: monte da Esbarronda limita polo Este con camiño que vai a San Esteban, polo sur co monte Boca da Portela e polo oeste con outro chamado Fonte do Mouro. Volve a aparecer noutro de 1792, monte Boca da Portela. No Catastro actual. No Rueiro (2007) Camiño da Portela.

Portela de Abaixo / Portela de Arriba (A Portela)

Portela, a (Formiga de Abaixo-A Formiga):

A dos Postes (Aldea):

Muíño do Pozo (Aldea):

O Pumar (A Portela):

Pumariño (O Cruceiro). No Catastro actual.

Pumariño de Abaixo (Cruceiro):

Pumariño de Arriba (Cruceiro):

Quintán (Aldea): Lugar. Nun documento de 1697 do Fondo Castro Sampedro aparece lugar de Quintán e, como xa citamos anteriormente, cocho de Outeiriño por outro nome de Quintán. No Rueiro (2007) Camiño de Quintán.

Quintán de Abaixo (Aldea):

Fonte de Quintán (Aldea). Nun documento de 1697 do Fondo Castro Sampedro, Fonte de Quintán.

A Rabadeira (Fortóns): Lugar. Aparece Rabadeira en 1586 e marco Ravadeyra, Rabadeira de Abaixo e Rabadeira de Riva en 1697. No Fondo Casto Sampedro herdade da Ravadeira (1628). No Catastro de Ensenada (1752) Rabadeira. No Rueiro (2007) Rúa da Rabadeira.

Rabela (Fortóns): Nun documento de 1697 aparece Veiga da Rabela.

O Rabicho (Aldea):

A Rainiña (Formiga de Arriba-A Formiga):

A Raíña / Campo da Raíña (Aldea)

Fonte da Raíña (Aldea). Nun documento de 1697: Fonte do Cebreiro alias da Raíña, tamén aparece Poza da Raíña. Noutro documento de 1749, Fonte da Raíña.

Rande (Rande): Visto no apartado adicado aos barrios. Nun documento de 1697 do Fondo Castro Sampedro aparece lugar de Rande. No Catastro de Ensenada (1752) aparece Cruz de Rande como límite de Trasmañó e Cedeira. Nun documento da Deputación de Pontevedra de 1792, lugar de Rande. No Catastro actual. No Rueiro (2007) Estrada de Rande.

Muíño da Rata. Alcume da propietaria do muíño. O neto non lembra a procedencia do alcume. No Rueiro (2007) Camiño Coto da Rata.

Campo da Rata: Campo de fútbol que non chegou a rematarse na Volta da Rata.

Volta da Rata: Lugar. Ao que se accede por unha gran curva. Recibe o nome do muíño.

Rebouza (A Formiga):

O Recanto (Eira Pedriña):

As Regadas (Aldea): Nun documento de 1697 do Fondo Castro Sampedro cítase: herdade das Regadas, campo das Regadas e veiga das Regadas. Por se hai algunha dúbida do significado explícase: "... que tiene agua" .

Regadas de Abaixo (Aldea). No Catastro actual.

Regadas de Arriba (Aldea). No Catastro actual.

A Regadiña (Fortóns):

A do Rego (Carballeira-Aldea):

A Regueira(Rande (Cedeira)/Cabanas (Trasmañó)). Ou ARegueira) No Rueiro (2007) Camiño das Regueiras.

A Poza da Regueira (Fortóns):

O Regueiro (A Formiga): No Rueiro (2007) Camiño do Regueiro.

O Resperón /A Poza do Resperón / Lavadoiro do Resperón (Eira Pedriña): Tamén aparece Reporón.

Riande (A Portela): Aparece Fonte de Riande nun documento de 1586. Noutro de 1697, lugar de Riande e, como xa citamos, lugar de Riande pequeño tamén chamado herdade da Baladiña. Tamén aparece Fonte de Riande no Catastro de Ensenada (1752).

Riba da Fonte (Fortóns):

O Roque Pequeno (Fortóns):

Lugar de Rosales (Eira Pedriña):

A de Rosaria (Fortóns):

Coutada da fonte dos Rusos / Fonte dos Rusos (A Formiga): Coutada é un terreo que se acouta para adicar ao pasto. Leiras do entorno da fonte, que recibe o nome dun alcume.

O Salgueiral (Eira Pedriña): Lugar con moitos salgueiros.

San Pote (Eira Pedriña): Aparece campo de San Pote en 1697; e atopo San Pote e San Pote de Abaixo en 1749. No Rueiro (2007) Camiño de San Pote.

Lugar de San Roque (Formiga de Arriba-A Formiga):

Sangra (Cruceiro): Eidos e Leiras.

A Santiaguesa (Eira Pedriña):

Lugar de Simón (Fortóns):

O Sistro (Fortóns): No Fondo Castro Sampedro nun documento de 1697 heredad e veiga do Sistro.

O Sobreiro (A Portela). Nun documento de 1697 viña y tarrastal de Sobreiro. No Catastro actual, Sobreiro.

Os Socalcos (Fortóns): Fai referencia ás terrazas construídas nunha pendente para poder cultivar de maneira máis cómoda.

O Souto (Formiga de Arriba-A Formiga): Bosque de castiñeiros.

Lugar do Souto (Fortóns). No Rueiro (2007) Camiño do Souto.

O Souto de Abaixo (Fortóns):

O Souto de Arriba (Fortóns):

Subalo (Fortóns): Significa terreo por debaixo do valo ou valado. Atopo Veiga de Subolo en 1697, e pouco despois, heredad de Suo balo e Heredad de Suobalo da Maceira (1699-1799).

Taberna Nova (A Portela): Nome dun negocio que se converteu en topónimo da zona.

Terra Feita de Abaixo (Fortóns). En 1697 atopo heredad de Terra Feita. No Catastro actual.

Terra Feita de Arriba (O Cruceiro). No Catastro actual.

Terranova (Formiga de Abaixo-A Formiga):

A Tol de Auga (Aldea): Lugar onde están os Muíños do Pardo. Nun documento de 1697 cavada da Tole del Agua.

Tombullón, o (Fortóns):

Troco, o (Cruceiro):

A Ubreira Grande (O Cruceiro):

A Ubreira Pequena (O Cruceiro):

Ubreiras (Cruceiro). No Catastro actual aparece en singular, Ubreira.

A Vacaloura (A Formiga): Tipo de insecto. Pode corresponedrse cun alcume.

A Veiga de Abaixo (A Formiga):

A Veiga de Arriba (A Formiga): En documentos antigos atopo: Cocho del Molino (1562), Campo da Veiga de Arriba que llamaban Campo do Muíño (1697) e campo A Veiga de Arriba (1749)

Veiga da Bufa (A Formiga):

Veiga do Eido (Cruceiro):

Veiga do Eido (Aldea):

Veiga do Mar (A Portela):

Veiga da Pereira (A Formiga):

Veiga da Portela (A Portela):

A Veiga de San Roque (Formiga de Arriba-A Formiga):

Veiga da Vila de Abaixo (A Portela): Ver Toponimia da Costa.

Veiga da Vila de Arriba (A Portela):

A Veiga da Viña (O Cruceiro):

Viacoba (O Cruceiro):

A do Vigués (Fortóns):

A de Viñal (Fortóns):

A Viniña (Fortóns):

A Virvirigueira (Fortóns):

O Xardín (Formiga de Abaixo-A Formiga):

A de Xepe (Fortóns):

A Xeringa

A Xesteira /Fonte da Xesteira (Fortóns):

Xogo dos Bolos (Eira Pedriña): Lugar onde se xogou aos bolos. Nunha nova de 1933 aparece como Carreiro dos Bolos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/deporte-xogos-tradicionais.html )

Muíño do Xufre (Aldea): Chamado así por ser empregado na súa última etapa para moer o xofre para o seu emprego na agricultura.


Ríos

Rego das Cabras ou Río Maior (Trasmañó/Cedeira). Regato que desemboca na praia de Rande chamado Rego das Cabras no curso alto e Río Maior preto da desembocadura. Nun documento de 1586 aparece Río Maior e noutro de 1697 cítase Río de Rande que llaman Río Maior. No Catastro de Ensenada (1752), Río Maior e Río mayor de abajo. No Rueiro (2007) Camiño do Río Maior.

Rego das Cabras no seu nacemento. Foto: J. Migueles
Rego das Cabras no seu nacemento. Foto: J. Migueles

 

Rego da Ouriceira (A Formiga)

Río da Ballota (A Portela): Regato da fonte de mesmo nome e que vimos anteriormente.

Río da Bandeira (A Formiga): Regato da fonte de mesmo nome e que vimos anteriormente.

Río Maceiras (Redondela, Cedeira, Quintela, Negros ,Saxamonde e Vilar): Chamado así pola abundancia de maceiras nas súas marxes. Nun documento de 1697 aparece Río da Maseira e en 1749 río da Maceira. No Catastro de Ensenada (1752), río da Mazeyra e Río da Ponte da Lama, que sería o tramo máis inmediato a dita ponte. Tamén atopo Río de Lamas (1586), Río da Lama (1697) e ríos das Lamas (1752). No Diccionario Madoz (1850) aparece Maceira como regato, pero tamén como barrio de Cedeira.

Río da Plateira /Lavadoiro do Río da Plateira (A Portela): Regato que desemboca en Portacedeira. Recibe o nome do lugar.

Río de Quintán (Aldea-A Portela). Ver Quintán.

Río Grande /Poza do Río Grande (Aldea):

Río Seco: Regato que tan só leva auga no inverno. Nun documento de 1562, Fonte de Ríoseco por outro nome Casal de Cavada Vella e tamén monte aberto de Ríoseco. Noutro documento de 1749 aparece Río Seco de Arriba.

O Río Vello (Eira Pedriña):


Cotas e Montes

Coto da Fenteira (Cedeira): 262m. No Rueiro (2007) Camiño da Fenteira.

Monte Mirallo (Cabeiro/Cedeira/Trasmañó): Nun documento da Deputación de Pontevedra de 1845, Penide ou Mirallo.

Monte Penide (Cedeira): No Arquivo da Deputación de Pontevedra: Penide (1562), monte Penide (1785) e Penide ou Mirallo (1845). Tamén atopo As tres fontes de Penide (1586) e (1752)

Cruz de Penide. Aparece Cruz da laxe de Pinede (1586). No Catastro de Ensenada (1752) aparece a Cruz de Pinide como limite de Trasmañó, Cabeiro e Cedeira.

Monte Río Frío. Nun documento de 1585.

Autor: J. Migueles

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario