Toponimia da Costa
A Allada (A Portela)
Bandariz (A Formiga): Pode proceder dun apelido porque nun documento de 1697 aparece lugar de D. Melchior Sánchez Braadarís. Tamén atopo, en 1562, Coutada de Brandaris, e noutro de 1697 Brandaris. No Catastro actual, Brandariz.
A Praia dos Bébedos (A Portela):
A Barra da Portela. Zona de marisqueo da Portela preto das Barras, diques construídos para tentar solucionar os problemas de calado do peirao de Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/instalacions-maritimas.html )
Pau da Barra ou Cañoto. Tronco de madeira preto das Barras, das que falamos.
Punta do Bruñido (Rande). (Ver O Bruñido)
Os Canguelos.
Cantino (A Formiga). Aparece no Catastro actual.
O Carballiño (A Formiga):
Punta Carballiño (A Formiga).
Punta Castiñeira (Rande).
Praia da Chicharra (Rande). Ver Chicharra.
Cotarelo de Abaixo. Visto anteriormente.
Coviñas, as (A Formiga): Probablemente por pequenas covas que formaría o mar ao golpear na costa. Zona destruída polo recheo para instalar o peirao de carga de granito.
Figueira (A Formiga)
Fontáns (A Formiga). Aparece no Catastro actual.
Praia da Formiga (A Formiga). Topónimo visto no apartado adicado aos barrios.
Praia da Fulenca: Só visible na baixa mar.
Peirao de Gunche (A Portela). Peirao da desaparecida Industria Metalífera Española (IME). Gunche era o apelido do propietario. Ver Punta Socorro.
A Ligera (Rande). Con.
Pedra da Marola (A Portela): Vimos anteriormente A Marola. Ver Mermeleiro.
Pedras do Mermeleiro: Na Veigha da Vila, preto do peirao da Portela. A carón delas está a Pedra da Marola, máis grande.
Moimenta (A Portela). Lugar onde, trala Batalla de Rande (1702), desembarcaron 600 homes entre ingleses, holandeses e imperiais para dirixirse a saquear Redondela. Atopo: heredad de Moimenta (1537-1562). Heredad de Muymenta (1697), Muimentan (1697), lugar de Muimentan (1697) e Moymenta (1750).
Punta das Pías ou da Regasenda ou Recasenda (A Formiga). Ver Regasenda.
Praia de Portacedeira ou Portocedeira (A Portela): Ver Portacedeira. Hoxe en día con moi pouca area. Na Praia de Portacedeira hai dous barcos afundidos: a Ghabarra, de madeira, e o Texaco ¿Pertencería a Texaco Petroleum Company?, de metal, a carón deste último está o Cantil, depresión do terreo baixo o mar. Os vellos dicían que esta depresión era provocada pola saída dos materiais dun volcán que viñan do monte de Cedeira.
O Pericoto: Rocha ou con situada no medio da Praia de Porta Cedeira.
Porto da Portela ou Peirao da Portela (A Portela). En Visitas ás reais devesas e plantíos da antiga Provincia de Tui (1750), porto da Portela. No Rueiro (2007) Camiño Baixada ao Peirao.
Punta da Portela (A Portela).
Praia de Rande (Rande). Visto no apartado adicado aos barrios. Citado como Area de Rande en documentos de 1586 e 1697. Igualmente nomeado no Catastro de Ensenada (1752). No Catastro actual, Playa de Rande. No Rueiro (2007) Camiño da Praia de Rande.
Porto de Rande (Rande). En Visitas ás reais devesas e plantíos da antiga Provincia de Tui (1750), porto de Rande.
A Rebouza ou A Rebousa (A Portela):
A Regasenda (A Formiga). O lugar dálle nome á ribeira. No Catastro actual.
Peirao da Regasenda (A Formiga)
Rego das Barcas ou Río das Barcas (A Formiga). No Catastro actual, Río das Barcas.
Santo Cristo (A Formiga)
Pau da Sardiña. Tronco no mar onde en tempos se daría ben a pesca da sardiña ou con forma deste peixe.
Punta Socorro (A Portela). O motivo é que antigamente existía alí a capela de Nosa Señora do Socorro. ( https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/capelas-desaparecidas.html ). Nun documento de 1697, Ínsula do Socorro. Nunha listaxe de propiedades á venda por Real Orde Testamentaria á morte de Buenaventura Marcó e a súa dona aparece Veiga do Socorro (Diario de avisos de Madrid 08-12-1834). Neste punto instalouse a Industria Metalífera Española-IME. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/industrias-quimicas-e-metalurxicas.html ). No Catastro actual. No Rueiro (2007) Camiño Punta Socorro.
Lastre Soutelo (A Formiga). Con.
Praia de Soutelo (A Formiga). Hoxe en día sen area.
Punta de Soutelo (A Formiga). Chamada así pola presencia de castiñeiros. Nela atópase unha antiga fábrica que fora nun principio empresa de salga e logo conserveira e posteriormente Conservas JOB, coñecida como a Fábrica de Mañas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html ). No Rueiro (2007) Camiño de Soutelo.
Tello ou Tella (A Regasenda)
Toxo (Rande).
Veigha da Vila (A Portela): Liña de costa entre Portacedeira e o peirao da Portela.
Punta Socorro. Foto: J. Migueles |
Rueiro (2007). Outros.
Avenida do Alvedosa (A Portela(Cedeira)/Redondela).
Camiño Baixada a Vieira (Rande). Vieira S. A. é unha empresa de produtos do mar.
Camiño da Calella (A Portela)
Camiño do Campo de Cedeira (O Cruceiro(Cedeira)/Redondela).
Camiño da Cana da Vila
Camiño das Casetas (Rande)
Estrada de Cedeira. Tramo da estrada N-552.
Camiño do Coto da Raposa (Rande)
Camiño das Coutadas (Rande)
Camiño da Devesa (O Cruceiro)
Avenida da Estación (A Portela (Cedeira)/Redondela)
Camiño de Lanzós (Outide-Redondela): Apelido con presenza en Redondela cando menos dende o século XVII.
Camiño do Pousiño (Rande)
Camiño do Salgueiro (Rande)
Camiño dos Salgueiros (Fortóns)
Camiño da Silveira de Canaval (Fortóns)
Camiño Vello (A Portela)
Catastro actual. Outros.
Coruta
Entre Ríos (A Eira Pedriña):
Punta Lamas
Rañada (A Eira Pedriña): Atopo “Molino de Maria González de Ovello... preto do marco da Rañada”(1586) e “ Heredad de Sua Levada na Rañada" (1697).
Raposeira (Fortóns):
Toponimia histórica. Outros.
(O ano refírese á data do documento no que o atopo)
Ameixeiro (1562) => campo das Ameixeiras (1697) Prado Ameixeiro (1697), Río Ameixeiro (1697)
Aparicio (campo do) => (1697-1749)
Barreiras (heredades das/cocho das) => 1697
Berbirexeira (campo de) => (1697),
Bocas (pozas das) => (1697)
Bouzas (Veiga das) => (1562)
Buraquiño (lugar del) => (1697)
Cabo de Casa (cocho de ) => (1697)
Camino Blanco => (1697)
Camino Real => (1697)
Camino Viejo => (1697),
Campo de los herederos de Gabriel Mariño => (1697),
Canaveal => (1749)
Carbón Queimado (heredad y monte de) => (1697).
Carneiro de los de Covelo, o => (1697)
Casal de Abajo (heredad de) => (1697)
Casal de Sancho (heredad de) => 1697
Casal de Riva (heredad) => "está a monte" (1697)
Cedeira (Lugar de) => 1697. Cedeira (Heredad de) => (1699-1799)
Comareiro =>> (1697)
Consello (marco do) => donde hoy se hace el de la montería (1697)
Coto de Cabreiro => En Rande, herdades da Iglesia do Boutrotal (1562)
A cova do ouro do Outide (1586-1697). Tamén Cueva do Ouro => (1752)
Curral (lugar do) => antes lugar dos Cabaleiros (1697)
Curral Grande => (1749)
Curuxeira. Atopo: heredad da Curugeira (1697) e Herdades de Curuxeira (1749).
Detrás do Lagar (viña) => (1749)
Detrás do Monte (camino de) => (1697)
Detrás del Río (Casal ou lugar) => (1562-1697-1698)
Devesa (heredad da) => (1697)
Doña Theresa (Veiga de) => (1697)
Emerxerxas (Herdades das) => (1581)
Ferrán (heredad de) => 1697
Fixón (ou ¿Foxon?) (leira de) => (1697)
Fonte do Castro => (1586), fuente del Castro => (1752)
Fonte do Echo => detrás de Eira Pedriña (1698)
Fonte Ladesó => (1697)
Fonte de Lameiro (lugar de) => (1697)
Fonte de Mouro. Monte. Nun documento da Deputación de Pontevedra de 1785: monte da Esbarronda limita polo Este con camiño que vai a San Esteban, polo sur co monte Boca da Portela e polo oeste con outro chamado Fonte do Mouro.
Fonte do Rial => límite de Vilavella con Cedeira (1586)
Fonte e lago do Salgueiro do Sapo => (1697)
Foxón (heredad de/coto de) => (1697)
García Prego (lugar de) => 1697
Juan Alonso de Coira (lugar de) => (1697),
Laguna de los Ollera => (1752)
Lagoa de Xidreiro => Lagoa de Xidreiro (1562) Lagoa dos seus Leiros (Lagoa de Zedreiros) (1586). Lagoa de Judreiros que hoy llaman Marco da Lagoa (1697). Lagoa de Solleiro, limita Trasmañó-Cedeira (1752)
Campo da Loba=> (1697-1752)
Migueira => (1697)
Moiño (heredad) => (1697)
Muro Longo (Campo do) => (1697 e 1752)
Obreira=> heredad da Obreira, campo da Obreira, quiringosta da Obreira (1697). Rendín da Obreira (1697)
Outeiro (viñas do/heredad do) => (1697)
Outeiro de Tamaño (viña do) => 1697
Paleteira. En 1866, bosque con el foro llamado Paleteira.
Pedro Ricón (lugar de) => (1697)
Piedra Longa => (1749)
Porto das Peróns => (1586)
Río dos Peróns => (1586) Río do Porto as Peróns (1697) Río del Puerto dos Perones (1752)
Quinta do Cupo (coutada) => en Outide (S. XIX)
Rañada (lugares da) => (1562), a Rañada (na Vega da Rañada) => (1586)
Rañada (heredad da) => "por outro nome Campo da Mal Farta" (1697)
Rañada (marco da) => (1697-1752)
Rega das Carballas => (1697)
Rego do Abade => (1697)
Río de Barcar => (1697)
Río do Castro => (1562) (1586)
Río que ven de Esteiro de Negrelos (1562)
Río de Portóns => (1697)
Rufre => heredad del Rufre(1699-1799)
Sobreira => heredad da Sobreira antes chamada de Sobreirido (1697)
Sobreiros de Abajo (cocho y dehesa de ) => (1697)
Veiga de Fontenla => (1697)
Vila (herdade da) (A Portela) => (S. XIX)
Viña Nova (1562)
Viña Vella (1562)
Vitoria de Macarelos (viña y dehesa de) => (1697),
Para coñecer máis topónimos de Cesantes visitar:
Muíños => https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html
Pontes => https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/pontes.html
Fontes => https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/fontes-e-lavadoiros.html
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Arquivo do Concello de Redondela => Recollida de toponimia da parroquia de Cedeira coordinada polo SNL e realizado polo colectivo Trepés.
Guía didáctica para escolares: Nº5. Aproximación á toponimia do Concello de Redondela. Álvaro Iriarte Sanromán
Os Nomes da Ría de Vigo II. Gerardo Sacau Rodríguez. Instituto de Estudios Vigueses (Fundación Provigo).2000.
Catastro de Ensenada de Cedeira e Trasmañó
Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779)
Diccionario Madoz (1850)
Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra
Sede do Catastro: https://www1.sedecatastro.gob.es/Cartografia/mapa.aspx
SEREN Nº8. O Señorío de Cedeira (S. XVI-XIX). Juan Miguel González Fernández.
Arquivo J. Migueles. Documentos S. XIX.
USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela
Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro-Museo de Pontevedra.
Galiciana => El Pueblo Gallego, El norte de Galicia
Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Diario de avisos de Madrid
Verba, Números 17-18 Escrito por Universidad de Santiago de Compostela
Aportes Orais: Rita Acosta, Tila Acosta...
Testamentos e antiga documentación da familia Alonso Acosta.
Topónimos costeiros da Ría de Cedeira, de X. A. Porto Dapena. Universidade da Coruña.
Facebook>Gaelaico
No hay comentarios:
Publicar un comentario