viernes, 2 de enero de 2026

Guerra Civil. Listaxe de presos na Illa de San Simón-A.

 

Presos na illa. Publicada en Presos vellos-Pontevedraconfollasverdes-3.bp.blogspot

Abad Ibáñez, Félix (Villalobón-Palencia)

Alférez de Infantería, 44 anoss, casado con Leonor Tejero. Fillo de Félix e Patricia. Veciño de Bilbao.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/01/1938 a 18 anos de reclusión temporal, pena posteriormente conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 301058, Expediente 121152).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/09/1940) e Prisión Central Especial de Sancti-Spiritus onde por orde de 25/02/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE nº 59 de 28/2/1941, páxina 1413).


Abad Tueros, Antonio (Santurce-Bizkaia)

Forxador, 39 anos, casado con Palmira Fernández. Fillo de Casimiro e María. Veciño de Baracaldo.

Membro de UGT.

Voluntario no Bon de Baracaldo, sería apresado en Santander.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión (Consello de Guerra: 10760). Sentenza o 01/09/1938 a 12 anos 1 día Rm. Pena conmutada a 2 anos e 6 meses Pm. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300759, Expediente 76721).

Preso na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e trasladado o 17/01/1940 á Prisión de Camposancos (A Guarda-Pontevedra).


Abadía Colau, Cirilo (Sangarren-Huesca)

Citado tamén como Abadía Colao, Abadías Colao e Abadía Colan.

Xulgado en Huesca por auxilio á rebelión o 16 de febreiro de 1939, sendo condenado a 12 anos e un día de reclusión menor.

Preso na Prisión Provincial de Huesca e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Estando na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 15/6/1942 (BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4627).

 

Abajas Revuelta, Valeriano (Hazas de Cesto-Cantabria)

Labrego, 36 anos, solteiro. Fillo de Ricardo e Isabel.

Izquierda Republicana.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 07/10/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300758, Expediente 76613).

Preso no Cárcere de Corbán-Cantabria, Prisión Provincial de Bilbao (07/01/1938), Buque Prisión Upo Mendi (17/12/1938) e Prisión Provincial de Santander (30/09/1940). Liberdade condicional 11/12/1942.

Expediente de de Responsabilidades Políticas (75/00181), sendo indultado en 1945.

 

Abajo García, Victoriano de (Gordoncillo-León)

Veciño de Santurce (Bizkaia)

Xornaleiro, 60 anos, casado con Andrea de Abajo. Fillo de Gaspar e Bernardina.

Xulgado en consello de guerra en Bilbao en 1937 por Rebelión (533/37). Condenado a 6 anos e 1 día. Pena ordinaria posteriormente conmutadas pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300252, Expediente 4625).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de San Isidro de Dueñas, Palencia (03/11/1939), onde por orde de 21/06/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE numero 179 del 27/06/1940, páxina 4401).

Extinguiu a pena o 30/07/1943.

 

Abal, Vicente (Meis-Pontevedra)

Preso en San Simón.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Abal López, Camilo “o da Capadora” (Meis-Pontevedra)

Labrego, 46 anos. Da sociedade "Fraternidad" de Meis. Concelleiro de Meis.

Fillo de Vicente e Estrella. Casado con Rosa Pérez Gago.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza, do 21/03/1938, a 12 anos 1 día. Posteriormente conmutación a 2 anos de prisión.

Cando menos, preso na Prisión Provincial de Pontevedra, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/04/1938) e na Prisión Provincial de León, onde por orde do 25/09/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 285 de 12/10/1943, páxina 9880). Liberdade definitiva o 12/04/1948.


Abal Padín, Segundo (Padrenda, Meaño-Pontevedra, 1913)

Mestre.
Profesor no colexio de Castrogudín (Vilagarcía-Pontevedra), participou en varios actos de campaña polo Estatuto de Autonomía de Galicia. Membro da Agrupación Socialista de Vilagarcía e vogal de FETE-UGT.

Detido o 1 de agosto de 1936, foi recluído nos cárceres da Normal de Pontevedra e da Illa de San Simón. Xulgado por rebelión militar o 9 de febreiro de 1938, sendo condenado a morte. Foi executado no quilómetro 1 da avenida Uruguai de Pontevedra o 13 de maio de 1938. En abril de 1940 abríronlle expediente de responsabilidades políticas. 

 

Segundo Abal Padín-Dentro de 2 o 3 horas moriré_Fernando Salgado Varela.

Abalo Lamas, Manuel “Franxeiro” (Cornazo, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Peón en pavimentación de rúas, 24 anos. Veciño de Rubiáns.

Fillo de Generoso e Elvira. Casado con Consuelo da Ponte.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión xunto a varios veciños. Sentenza, de 14/02/1937, a 20 anos.

Cando menos, preso na Prisión Provincial de Pontevedra e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/01/1937). En liberdade condicional por conmutación da pena en agosto de 1939.

Expedientado por Responsabilidades Políticas (Pontevedra 75/00075), sendo indultado en 1960.


Abando Urrejola, Francisco (Abando, Bilbao-Bizkaia, 1892)

Casado con María Ángela Múgica Aguirrezabal. O seu irmán Juan Abando Urrejola, era concelleiro de Bilbao, de ideoloxía nacionalista.

Xulgado en Bilbao o 4-9-1937.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 21/6/1940 (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400).


Abasolo Pereda, Eduardo (Balmaseda/Valmaseda-Bizkaia)

Carpinteiro, 36 anos, casado con María Luisa Garay. Fillo de Cirilo e Eduarda.

Afiliado a Acción Nacionalista proposto polo Comité de Defensa da República de Valmaseda para o cargo de fiscal.

Xulgado en Bilbao por auxilio á rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión de Talleres de Alcalá de Henares (22/11/1939).

 

Abasolo Pereda, Gustavo (Balmaseda/Valmaseda-Bizkaia)

Carpinteiro, 38 anos, casado con Vicenta Uriarte. Irmán de Eduardo.

Xulgado en Bilbao por auxilio á rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938) e Prisión de Talleres de Alcalá de Henares (22/11/1939).

 

Abeiján Rivas, José Manuel (Lousame-A Coruña)

Serrador, 26 anos, casado con Balbina Ces y Ces. Fillo de Ignacio e Manuela.

Xulgado en Vitoria por Auxilio á Rebelión (Causa 16/1937). Condenado o 27/03/1937 á pena de 12 anos e 1 día.

Estivo preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal (12/04/1937-15/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). O 11/07/1940 pasa a situación de Prisión Atenuada.

NOTA: Recollido en Nomes e Voces como Jose María.


Abella Meseguer, Domingo (Puebla de Benifasar (Castellón))

Alcalde de Puebla de Benifasar desde 1931 ata 14-12-1936.

Preso na Colonia Penitenciaria de La Isla de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 15/6/1942 (BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4626).


Abiétar Iniesta, Pedro PascualRuídos” (Fuentealbilla-Albacete, 15/07/1879)

 Fillo de Joaquín e Antonia.

Militante de UGT e CNT.
Durante a guerra era garda de campo no seu concello.
Foi detido o 1 de setembro de 1939 e ingresou en prisión o 24 de outubro de ese mesmo ano.
Xulgado por Auxilio á rebelión (Consello de Guerra Permanente de Albacete. Sumario 5.630), condenado a 12 anos e 1 día de prisión menor.
Preso na Prisión de Partido de Casas-Ibáñez (Albacete), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/11/1941) e Prisión Provincial de Albacete (24/7/1942).


Abio Doto, Román (San Julián de Banzo-Huesca, 1876)

Labrador, viúvo, 62 anos. Labrador. Fillo de Jose Abio e Antonia Doto. 

Consello de Guerra Permanente. Número de procedemento: 178-38. Sentencia:12 anos e un día de reclusión menor; data: 1938/07/28. Plaza: Huesca.
Expediente Penitenciario da Prisión de Salamanca, está no número de orde da Caixa 71, Sinatura 35427.

O 27-9-1938 ingresou na Prisión Provincial de Salamanca. O 26.2.1939 trasladado a Vigo para ingresar na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

En 1940 concédeselle á liberdade vixiada.

R. Abio Doto-DARA


Aboy Torres, Antonio (San Félix de Estacas, Caldas de Reis-Pontevedra).

Canteiro, 30 anos. Veciño de Cuntis (Pontevedra). Fillo de Francisco e Manuela. Casado con Dolores.

Militante da Unión Socialista Galega

Xulgado en Pontevedra o 17-2-1937 por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Pasou polos cárceres de Cuntis, Pontevedra, San Simón e San Cristóbal (Pamplona), nesta última ingresou 17-10-1937, participando na gran evasión. Conmutación e extinción de pena o 31-08-1944.


Abril Cabana, Indalecio (Mondariz-Pontevedra)

Curtidor, solteiro, 25 anos.

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Cando menos pasou polos cárceres do Forte de San Cristóbal e a Illa de San Simón. Concesión da prisión atenuada o 8-11-1940.


Abuín Pardo, Joaquín (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Mariñeiro, casado con Eulalia, 34 anos. Fillo de Juan e Montserrat.

Afiliado ao CNT e ao sindicato de estibadores de Carril

Xulgado en Pontevedra o 17-6-1937 por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Pena conmutada a 8 anos.

O 17- 10-1937 ingresou no Forte de San Cristobal procedente da Illa de San Simón.

 

Joaquín Abuín Pardo. Nomes e voces.


Abuín Pardo, Juan (Carril, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Zapateiro, viúvo, 39 anos.

Xulgado por rebelión militar o 17-6-1937, sendo condenado a cadea perpetua (30 anos). Pena conmutada a 8 anos.

O 17- 10-1937 ingresou no Forte de San Cristobal procedente da Illa de San Simón.


Acebal Suárez, José (Sotiello, Lena-Asturias)

Labrador.

Trasladado á Colonia Penitenciaria de San Simon procedente da Prisión Central de Celanova (1938-39).

Boletín Oficial del Estado | Publicación de Libertades Condicionales | Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) | BOE nº 115 de 25/4/1941, páxina 2867

 

Acuña Caride, Antonio (Lavadores, Vigo-Pontevedra).

Ferreiro, 30 anos, casado con Áurea. Fillo de Antonio e Nieves.

Xulgado en Vigo o 26 de novembro de 1936 por rebelión militar co resultado de cadea perpetua. Pena conmutada posteriormente (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300957, Expediente 102544)

Preso na Prisión Preventiva de Vigo, Forte de San Cristóbal (22/02/1937) e Prisión de Cuéllar-Segovia (29/08/1945). Liberdade Condicional o 01/04/1946.


Acuña Fontán, Víctor (Marcón, Pontevedra-Pontevedra)

Carpinteiro, 23 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Josefa.

Afiliado ao Partido Comunista Español (PCE).

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/03/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27230)

Preso na Comisaría de Vilagarcía, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/09/1936), Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga (19/03/1939), Colonia Penitenciaria del Dueso (02/10/1939). Concédeselle a Liberdade Condicional o 10/08/1940.

Expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1960.

 

Acuña Gómez, Ceferino (Urdazubi/Urdax-Nafarroa/Navarra).

Carabineiro, 42 anos, viúvo. Fillo de Mariano e Wescelada.

Veciño de Pasaia/Pasajes (Guipúzkoa)

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/05/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Pamplona e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Concédeselle a Prisión Atenuada o 03/09/1940.


Acuña Gómez, ManuelCarabellón” (Lavadores).

23 anos, solteiro. Pintor.

Morto o 10 de decembro de 1936

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado, ás 8, nas inmediacións do castelo do Castro-Vigo, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.

 

Acuña Lamas, José (Pontevedra-Pontevedra)

Ferroviario, 34 anos, casado con María. No momento da súa detención a súa esposa estaba embarazada do seu sexto fillo. Fillo de Pedro e Luisa.

Partido Republicano Radical Socialista (PRRS).

Secretario do Gobernador Civil de Pontevedra durante a II República.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos, o 17/02/1937. Posteriormente conmutada a 20 anos.

Preso no Cárcere do Concello de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/07/1936) e Prisión do Partido de Vigo (18/02/1943), onde, por orde do (11/11/1943) concédeselle a Liberdade Condicional provisional, coa liberación definitiva de desterro (BOE nº 362 de 28/12/1943, páxina 12314).

A súa figura foi recuperada na película San Simón (2025) de Miguel Ángel Delgado.


Adell Andreu, Miguel (Lledó-Teruel)

Labrego, casado, 60 anos.

Sumarísimo de urxencia en Zaragoza por auxilio á rebelión o 22-12-1938. Condenado a 12 anos e un día.

Cando estaba preso na Colonia Penitenciaria de San Simón, concédeselle a Liberdade condicional por Orde 30 de maio de 1941. (BOE 6-6-1941. Páx. 4081).

  

Adell Palos, Antonio (Beceite-Teruel)
Labrego, casado, 62 anos.

Condenado a pena de morte, sendo esta conmutada.

Chegou á illa de San Simón procedente da Prisión Provincial de Zaragoza. Morto na Illa 25 de agosto de 1941 por causas naturais.

 

Adell Sancho, Ramón (Olocau del Rey-Castellón)

Labrador. Fillo de José e María.

UGT, Izquierda Republicana (IR).


        Concelleiro de Olocau del Rey ata outubro de 1936, pasando daquela a formar parte do Comité local. A pesares destes cargos non interviu nas incautacións pero si asistiu a reunións onde se trataron as mesmas. Realizou gardas á entrada do pobo con escopeta e tomou parte da imposición de multas pero non das detencións. Acudiu á queima de imaxes xunto cos demais veciños xa que o alcalde emitira un bando para que todos estiveran presentes, adicándose a cargar os carros cos obxectos de menor valor e así poder salvar os de máis valor e o propio edificio.
Detido o 10 de xuño de 1938, ingresando na Prisión de Partido de Vinaroz (Castellón).
Condenado polo Consejo de Guerra Permanente de Vinaroz (Sumario 181-C) á pena de 12 anos e 1 día de reclusión temporal por un delito de Auxilio á rebelión o 14-6-1938.

        Preso na Prisión de Celanova (1938-1939) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, Nesta última, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/08/1941 (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6273). Indultado o 31-5-1947.
Tamén aparece no proceso como "Ramón Adell Sánchez".


Adrio Barreiro, José (Pontevedra, 10)

Avogado, 26 anos. Estaba casado con Aurora Poza Pastrana, filla de Celestino Poza Cobas e irmá dos médicos Celestino e Luis Poza Pastrana (fusilado).

Centro Republicano-Federación Republicana Gallega, Radical-Socialista, Unión Republicana. Gobernador civil de Ourense en 1933. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado Presidente da Comisión Xestora da Deputación Provincial de Pontevedra, o 19 de marzo, deixando o cargo o día 26 dese mesmo mes. En abril de 1936 foi elixido compromisario na candidatura da Fronte Popular por Pontevedra para a elección do presidente da República.
Xulgado en Pontevedra por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Fusilado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936.

Unha rúa de Pontevedra leva o seu nome.

 


José Adrio Barreiro. Deputación de Pontevedra


Adrio Mañá, Germán (Santa Baia de Arealonga, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra, 16-5-1880)

Maestro. Director y propietario del Colegio X en Villagarcía de Arosa (Pontevedra). 48 anos.

Foi concelleiro de Pontevedra durante a II República. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista (AS)

Foi detido e xulgado por rebelión militar, sendo condenado a morte. Ingresou na Colonia Penitenciario da Illa de San Simón, de onde foi sacado para ser fusilado no quilómetro 1 da estrada de Campañó (Pontevedra) o 12 de novembro de 1936.

Germán Adrio Mañá-Fundación Pablo Iglesias

 

Adrover Guimerá, Juan (Rosell-Castelló)

Labrego, 54 anos, casado. Fillo de José e María.

Membro de UGT.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 12/04/1938 a 2 anos. Conmutada a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Astorga (09/04/1939). Liberdade Condicional o 19/12/1941.


Agende del Coto, Ramón (Mollasanz-Asturias)

Labrego, casado, 59 anos.


Agnes Agnes, José (Muxía-A Coruña).

Mariñeiro, 22 anos, solteiro. Fillo de Adelaida.

UGT.
Xulgado en A Coruña por Rebelión Militar. Condenado o 24/03/1937 a 20 anos. A pena sería conmutada posteriormente a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938) e Prisión Central de Astorga (23/03/1939). O 05/07/1941 queda en Liberdade Condicional.


Agra Blanco, Jaime "Nonito" (Palmou, Lalín-Pontevedra)

Xastre, 37 anos, casado con Celsa Matos. Fillo de José e Rosa.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 20/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1937). Indultado en 1940.

Volve a ser xulgado en Pontevedra (15/07/1948) e en A Coruña (14/08/1948) por auxilio a malfeitores, quedando en Liberdade o 02/04/1949.


Agra Blanco, Luis (Palmou, Lalín-Pontevedra)

Labrego, 34 anos, casado con Benita. Veciño da Calzada, Lalín. Fillo de José e Rosa.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar co resultado de sentencia a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937). Participou na gran evasión do Forte de San Cristóbal o 22/05/1938, sendo apresado o día 24 por requetés novamente.

O 22/08/1940, concédeselle a Prisión Atenuada (liberdade), pero queda retido para o cumprimento da condena preventiva de 30 anos. Trasladado á Prisión de Pontevedra (31/12/1941).

Conmutación da pena a 4 anos en decembro de 1942.


Agra Blanco, Secundino (Buenos Aires-Argentina)

Xastre, 46 anos, casado con Carmen Blanco. Fillo de José e Rosa. Veciño de Palmou, Lalín (Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 20/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Posteriormente conmutación a 4 anos de prisión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1937). O 23/08/1940 pasa a situación de Prisión Atenuada.


Agra Mondragón, Ángel (Vilagarcía de Arousa)

Empregado, solteiro, 28 anos.

Membro da Agrupación Socialista de Vilagarcía.

Sacado da illa de San Simón o 29 de decembro de 1936. Morto por disparos. O seu cadáver aparece en Pontevedra.


Agra Mondragón, José (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Empregado, solteiro.

Detención na Illa do Lazareto.


Agra Vidal, José (Illa de Arousa-Pontevedra)

Listados de la Cruz Roja española | Listas 1019 y 1019bis: Propuestas de canje | Arosa (Pontevedra) | Notas: Preso En Lazareto De San Simon. Residia En Islas Arousa (Pontevedra) | Pagina 31, 113


Agraso Santamaría, Albino (Noia-A Coruña, 23-12-1899)

Zapateiro, 37 anos. Veciño de Seixo, Marín (Pontevedra)

Membro da UGT e afiliado ás JS de Marín. Impulsor das Xuventudes Socialistas de Seixo.

Foi detido xunto a 5 veciños o 20/7/1936, dous días despois do golpe de estado.

Presos na Illa de San Simón, foron xulgados en Consello de Guerra Sumarísimo celebrado en Pontevedra o 18/12/1936, sendo condenados a morte. Serían fusilados o 31/12/1936 en Monte Porreiro. Xunto a el perderon a vida o alcalde, Antonio Blanco Solla; o presidente da Sociedade de Mariñeiros, Amando Iglesias Pérez; o presidente da Sociedade de Canteiros, Santiago Ramos Ramos; e os funcionarios municipais Bernardino de la Torre Fernández e Demetrio Lorenzo Ordóñez. En Marín son homenaxeados cada 31 de decembro no Paseo Alcalde Blanco.

Rexistrada a súa morte a causa de colapso cardíaco.

 

Albino Agraso Santamaría. Foto retocada por Luda Merino


Aguayo Leira, Torcuato (Guadix-Granada)

Xornaleiro, 68 anos, casado con Nieves Molina. Fillo de Blas e María Antonia.

Veciño de Piñar (Granada).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 20/04/1940 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada, Prisión de Santa Isabel-Santiago (05/07/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), onde falece o 21-5-1941 por causas naturais.

Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).


Agudo Gutiérrez, Ramiro (Liérganes-Cantabria)

Labrador.


Afiliado a UGT. Membro da Comisión Agrícola de Liérganes.
Consello de Guerra: Santoña – 159. Xulgado por Auxilio á rebelión. Condenado a 20 años Rm. Conmutación de pena por 6 anos e 1 día PM.
Comenzou a cumprir condena en setembro del 1937. Preso na Prisión Central de Celanova. Trasladado o 03/04/1939 á Colonia Penitenciaria de San Simón.
Indulto en 1944.

 

Aguera Galiano, Pedro (Málaga)

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade o 26/04/1940. ( Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).

Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Malaga | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300255, Expediente 4873


Agüera Rodríguez, Victoriano (Tuña, Tineo-Asturias, 1-4-1864)

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade o 06/08/1940 (BOE número 256 del 12/09/1940, páxina 6348).

Faleceu na súa vila natal o 16 de abril de 1955, aos 91 anos.

Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Oviedo | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300215, Expediente 1117


Aguiar Pérez, Agustín (Vilalonga, Cambados-Pontevedra)

Zapateiro, 22 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Peregrina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/03/1937 a 15 anos e inhabilitación temporal.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/02/1937), Prisión Central de Figueirido (03/05/1938). O 20/08/1941 concédeselle a Liberdade Condicional.


Aguilar Lorca, José (Riogordo-Málaga)

Capataz, 65 anos, casado con Emilia. Fillo de José e Dolores.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/05/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Campillos, Prisión Provincial de Málaga (23/07/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/05/1939). O 04/12/40 pasa a situación de Prisión Atenuada.


Aguilar Muñoz, Diego (Sierra de Yeguas-Málaga)

Labrego, viúvo, 60 anos. Fillo de Diego e Dolores.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/04/1938 a 12 anos e 1 día. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300643, Expediente 59570).

Preso, cando menos, na Prisión de Campillos, Prisión Provincial de Málaga (23/07/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/05/1939), concédeselle a liberdade condicional o 30/03/1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2125).


Aguilar Sánchez, José (La Línea de la Concepción-Cádiz)

Mariñeiro, solteiro, 65 anos.

Veciño de Málaga.

Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Dueñas, Prisión Provincial de Palencia (30/01/1941), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/06/1941), onde falece o 21 de maio de 1941 por causas naturais.


Aguilar Tercero, Domingo (La Solana-Ciudad Real)

Labrego, 60 anos, casado con Isabel. Fillo de Pedro e Manuela.

Veciño de Criptana (Ciudad Real).

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o (07/11/1940) a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), onde falece o 18/05/1942.


Aguín Alarcón, Alejandro Jacinto “Dentán” (Portonovo, Sanxenxo-Pontevedra)

Mariñeiro, solteiro, 27 anos. Fillo de Antonio e Carmen.

Afiliado á "Unión Agraria Marinera" de Portonovo

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar co resultado sentenza a cadea perpetua, 30 anos.

Preso cando menos na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristóbal (17/10/1937) e Prisión central de Cuéllar (28/02/1939). O 22/12/1940 concédeselle a Liberdade Condicional.


Aguirre Bengoechea, Mariano (Donostia-Guipuzkoa).

Chapista.

Membro de UGT. Formou parte "dunha comisión do partido" para unha folga antes da Guerra Civil. Durante aa contenda traballou na reparación de armas nun garaxe de Martiarena. Pasou logo a Berango onde serviu como armeiro para o exército republicano co grado de Tenente.

Consello de Guerra: San Sebastián – 597. Imputado por auxilio a la rebelión. Sentencia de 15 anos conmutada por 8 anos de prisión.

Ingresou en prisión en xaneiro de 1938. En maio de 1940 chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Despois pasaría á Prision Central Habilitada de Camposancos (A Garda) onde lle conceden a liberdade condicional (BOE nº 211 de 30/7/1941, páxina 5734).


Aguirre Goicoechea, Román (Durango-Bizkaia)

Delineante, 30 anos, casado con Julia. Fillo de Román e Anastasia.

Non é recrutado porque traballaba nos Talleres Hijos de Mendizábal, en Bilbao, producindo material bélico.

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 16/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300251, Expediente 4505)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión de Camposancos-A Guarda (16/01/1940). Concédeselle a Liberdade Condicional o 06/08/1940. Liberdade definitiva o 15/01/1941 por revisión penal.


Aguirre Luzárraga, Antonio (Mundaka-Bizkaia).

Piloto mercante, solteiro, 36 anos. Fillo de Antonio e Juliana.

Veciño de Bermeo (Bizkaia).

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/1937 a 14 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Concédeselle a Liberdade Condicional o 19/10/1940.


Aguirre Zarandona, Ildefonso (Bilbao-Bizkaia)

Axente comercial, 35 anos, casado con María Rosario Carrera. Fillo de Primitivo e Ángela.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 28/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 1 ano.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión de Camposancos-A Guarda (10/01/1940). Pasa a Prisión Atenuada o 06/07/1940.


Aguirregaviria Onaindía, Luis (Sestao-Bizkaia, 26/08/1895)

Carpinteiro, 42 anos, casado con Felicitas Uría. Fillo de Pedro e Isidra. Veciño de Portugalete (Bizkaia).

Vocal do ANV de Portugalete trala súa fundación en 1930. Elixido Síndico nas eleccións de 1931.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300210, Expediente 694).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Talleres de Penitenciarios de Alcalá de Henares (22/11/1939). Concédeselle a Liberdade Condicional o 04/08/1941.

Expediente de Responsabilidades Políticas. O 17/01/1939 impóñenlle unha multa de 80.000 pesetas. (BOE Anexo único nº 62 do 02/03/1940, páx. 1109). O 5 de decembro segue a reclamarse esa cantidade (BOE Anexo único nº54 do 23/02/1941, páx. 778).


Agulla Rodríguez, Francisco “Pacheco” (Bueu, 9-2-1914)

Mestre, 22 anos, fillo de Ventura Agulla Crespo e Esperanza Rodríguez Franco.

Militante de Juventudes Libertarias.

Foi mestre en San Miguel de Barcala (A Estrada) e en setembro de 1935 foi trasladado á escola de Oitavén (Fornelos de Montes)

Xulgado en Pontevedra, o 6 de outubro de 1936, na causa 971/36, por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión correccional 3 anos. Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, recibindo o indulto o 30-09-1939. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1940, sendo indultado en 1941.

Volveu á docencia, sendo destinado a Mesego (Cuntis), en novembro de 1940. En 1946 é trasladado á Escola unitaria de Soutomaior. En xuño de 1959 foi elixido presidente do Bueu S. D.


Ainsa Pérez, Simón (Escucha-Teruel)

Xornaleiro, casado, 62 anos. Fillo de Pedro e María.

Sumarísimo de urxencia o 1938/06/13 en Aliaga (Teruel), acusado de Auxilio á Rebelión. Condenado o 13/06/1938 a 12 anos e 1 día.

Cumpriu condena na Prisión Habilitada de San Juan de Mozarrifar (Zaragoza), na Prisión Central de Celanova (¿?-29/03/1939) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939). Estando nesta última concédeselle a liberdade condicional o 02/08/1941 coa liberación definitiva de desterro (BOE 11-8-1941, páx. 6114).


Aisa López, José (Vinaroz-Castelló)

Pescador, 35 anos. Fillo de José e Pura.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada o 29/01/1942 a 8 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Astorga (09/04/1939), onde o 19/07/1941 pasa á situación de Prisión Atenuada. Liberdade Condicional (BOE nº 289 de 16/10/1941, páxina 8031) 


Aladrén Moliner, Vicente (Herrera de los Navarros-Zaragoza)

Labrego, 68 anos. Fillo de Manuel e Paula.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/09/1938 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), e na Prisión Provincial de Zaragoza (18/09/1942), na que por orde do 03/04/1943, concédeselle a Liberdade Condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE numero 106 de 16/04/1943, páxina 3416).


Álava Abasolo, Valentín (Retes de Llanteno, Ayala-Álava/Araba)

Latoeiro, viúvo, 71 anos. Fillo de Hilario e Bernarda.

Veciño de Arceniega/Artziniega (Araba).

Xulgado en Victoria por Auxilio á Rebelión (Causa 1762/37). Condenado o 17/07/1938 a 15 anos de reclusión menor.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Victoria e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/02/1939), onde falece o 23 de maio de 1940 por causas naturais.


Álava y Díaz de Gamarra, Luis (Murua, Cigoitia-Álava/Araba)

Ferroviario, 60 anos, casado con Honorina. Fillo de Ángel e María Cruz.

Xulgado en Victoria por Auxilio á Rebelión (Causa 421/36). Condenado o 12/05/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Cervera de Pisuerga, Prisión Habilitada de Palencia (16/09/1936) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por orde d o 4 de xuño de 1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE numero 162 del 10/06/1940, páxina 3981).


Álava Ortiz de Zárate, Benito (Ferreiro, 26 anos, casado con María Luisa Martínez. Fillo de José e Justina.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 08/10/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión de Santa Isabel-Santiago (28/01/1939), Prisión Central de Astorga (24/03/1939) e Prisión de Santa Rita-Carabanchel (04/11/1939).

 

Alba Fernández, Miguel (Ribadumia-Pontevedra)

Albanel, casado con María, 42 anos. Fillo de Juan e Emilia.

Alcalde de Ribadumia por Izquierda Republicana.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 01/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), saíndo en Prisión atenuada o 03-09-1940. Liberdade definitiva o 13/11/1943.


Alba García, Felipe (Polcarizas, Villafranca del Bierzo-León)

Labrego, 27 anos, solteiro. Fillo de José e Constantina.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o 30/04/1938 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de San Marcos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/10/1938), Upo Mendi (20/10/1938) e Prisión de Camposancos-A Guarda (23/01/1940) onde falece o 24/04/1940.


Alba Pallarés, Francisco (Cazalla de la Sierra-Sevilla)

65 anos. Fillo de Juan e Dolores. Veciño de Alcázar de San Juan (Ciudad Real).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/05/1940 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda-Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941) e Prisión de Vigo (06/02/1943). Liberdade condicional o 20/03/1944.


Alba Quintero, José (Iznate-Málaga)

Labrego, casado, 72 anos. Fillo de José e de Ana.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 05/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939), onde por orde do 19 de febreiro de 1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1507).

 

Albalate, José Felipe

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, o 12 de decembro de 1942 ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 153).


Albariño Sanz, Donato (Manzanares el Real-Madrid)

Xornaleiro, 60 anos. Fillo de Gregorio e Eugenia.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 17/05/1940 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Madrid, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/06/1941), Prisión de Yeserías (11/01/1943) e Prisión de Santa Rita (11/03/1943). Liberdade o 10/05/1948.

 

Albas Bellosta, José (Arcusa-Huesca)

Labrego, 32 anos, solteiro. Fillo de José e Concepción.

Xulgado en Monzón (Huesca) por Auxilio á Rebelión. Condenado o 24/05/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Central de Astorga (04/05/1939) e Prisión de Oviedo (31/12/1939). Liberdade condicional o 21/06/1942.


Alberdi Bascarán, Andrés (Elgoibar-Guipuzkoa)

Armeiro, casado, 27 anos.

Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.

Falecido en San Simón.


Alberdi Uriarte, Juan Domingo (Guernika-Bizkaia)

Mariñeiro, 66 anos casado con Eulalia. Fillo de José e María.

Veciño de Lemoa (Bizkaia).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 07/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (09/10/1937) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939). Prisión atenuada o 29/06/1940.


Albert Sancerni, Cecilio (Ola, Alcalá del Obispo-Huesca, 1870)

Labrego, casado con 6 fillos. Fillo de Martín e Teodora.

Xulgado por Auxilio á rebelión en Sumarísimo de urxencia de 1938/07/23 en Huesca. Sería condenado a 12 anos e 1 día de reclusión

Pasou pola Prisión Provincial de Huesca, Prisión Provincial de Palencia. O 27/09/1938 ingresa na Prisión Provincial de Salamanca, quedando a disposición da Xefatura de Prisións (Penados). O 26/02/1939 é trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. O 29/10/1944 acada a liberdade definitiva.


Alcaine Villalta, Pascual (Alcañiz-Teruel)

Zapateiro, viúvo, 64 anos. Fillo de Feliciano e Jacoba.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 03/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (31/03/1939) e Alcañiz (13/11/1942). Prisión atenuada o 21/12/1943.


Alcalá Vázquez Andrés (Cazorla-Jaén)

Serrador, casado, 60 anos. Fillo de Carlos e Manuela.

Descrito como “Afiliado a la UGT y después a la CNT, antiguo socialista, propagandista y peligroso que actuó en detenciones, registros y saqueos como miliciano, fue encargado de las maderas requisadas".

Xulgado en Jaén por Adhesión á Rebelión. (Causa: 15772/1939). Condenado a 06/06/1939 a cadea perpetua, 30 años RM. Posteriormente conmutación a 12 años 1 día Rm.

Empezou a cumprir a pena o 30/3/1939. Preso, cando menos, na Prisión Provincial de a Coruña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/10/1940), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942 (BOE 209 de 28/07/1942, páxina 5542).

Reingresa na Prisión de Jaén o 11/05/1945, sendo posto en liberdade o 19/01/1945.

 

Alcalde Centeno, Niceto (Mucientes-Valladolid)

Xornaleiro, viúvo de Florentina Pinacho, 66 anos. Fillo de Juan e Gabina.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 04/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso na Prisión de Valladolid (27/12/1936), Prisión Central de Burgos (22/11/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), onde falece o 07/02/1940 por causas naturais.

Libros Registro Responsabilidades Políticas. Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Signatura: Jc Libro 0481. Folio 0117V | Mucientes (Valladolid) | Inculpación

 

Alcalde Portas, Adonis (Ponteareas-Pontevedra)

Garda municipal, casado con Elisa, 44 anos. Fillo de Manuel e Adelaida.

Veciño de Mondariz (Pontevedra).

Membro da Sociedade de Empregados Municipais da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Mondariz-Balneario (Pontevedra).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 19/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27231)

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fuerte de San Cristóbal-Pamplona (05/02/1937) e Prisión Central de Cuéllar (03/03/1939). Prisión atenuada o 04/05/1943 e liberdade definitiva o 01/10/1943.


Alcázar Montiel, José (Cádiz)

Maquinista naval, casado con Antonia Blanco, 61 anos. Fillo de Agustín e Josefa.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 08/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María, Colonia Penitenciaria del Dueso (21/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939), onde falece o 02 de marzo de 1941.


Alcorta Urquiza, Eugenio (Bedia-Bizkaia)

Albanel, 30 anos, solteiro.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión de Santiago de Compostela (26/01/1939) e Prisión Central de Astorga (24/04/1939). Prisión atenuada o 07/08/1940.


Alcubillas Rodrigo, Simeón (Langa de Duero-Soria)

Labrego, 65 anos. Fillo de Manuel e Lorenza.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 27/10/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Conmutada o 20/12/1942 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), Prisión de Burgo ¿? (28/08/1942). Liberdade condicional o 16/02/1943.


Aldao Lobeira, Benito (Cela, Bueu-Pontevedra)

Mariñeiro, casado, 27. Veciño de Souto (Cela).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 29/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos. A pena sería conmutada o 09/04/1940 a 20 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Pamplona (15/07/1937), Prisión de Cuéllar (01/03/1939), Hospital Penitenciario de Segovia (12/02/1941), onde faleceu o 28/06/1942.


Aldao Lobeira, Francisco (Cela, Bueu-Pontevedra)

Mariñeiro, solteiro, 24 anos. Fillo de Manuel e Elvira.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 29/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos. Conmutada posteriormente o 09/04/1940 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Pamplona (15/07/1937). Liberdade condicional o 01/04/1944.


Aldeamunde, Mariano (Lavadores, Vigo)

Preso en San Simón.


 

Aldecoa González, Francisco (Limpias-Cantabria)

Labrego, 66 anos, casado con Encarnación González. Fillo de Antonio e Josefa.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/02/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Tabacalera de Santander (12/01/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939). Posto en liberdade o 26/08/1940.

  

Alejandre Ramos, Antonio (Vilaxoán, Vilagarcía-Pontevedra, 30-1-1915)

Na II República traballou nunha empresa de madeiras.

Afiliado á CNT.

Participou na resistencia de Vilagarcía e fuxiu ao monte cando se impuxeron os sublevados. Agochouse en Vilaxoán con Francisco Budín e xuntos secuestraron dous falanxistas. A Garda Civil e a Falange deron unha batida a comezos de agosto. Catro guerrilleiros caeron abatidos polos seus disparos, o resto espalláronse. Antonio optou por entregarse.

Foi xulgado por rebelión en consello de guerra en Pontevedra o 11 de decembro de 1936. Foi condenado a 20 anos de prisión. Estivo preso en San Simón durante 4 anos. Faleceu en Girona en 2017.

Alejandre Ramos, Antonio; Conde, Perfecto (2015). “Antonio Alejandre, o derradeiro preso da illa de San Simón. Galegos = Gallegos (21): 28–37.


Antonio Alejandre Ramón con amigos antes da guerra. Nomes e voces

Alejo Paz, Juan de Dios (Peal de Becerro-Jaén)

Labrego, 29 anos, solteiro. Fillo de Sebastián e María.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/05/1940 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Santa Isabel-Santiago, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/01/1943 (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531), facéndose efectiva o 15/12/1942.

Indultado o 31-5-1947.

 

Alejos Valverde, Pablo (Nigrán-Pontevedra)

Mariñeiro, solteiro, 22 anos.

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.


Alfaro Ibero, Teófilo (Murillo el Fruto-Navarra).

Garda Civil en Caseda (Navarra), solteiro, 25 anos.

O 28 de xullo de 1936 ingresa na prisión provincial de Pamplona. O 9 de setembro de 1936 é condenado a 6 anos e 1 día de prisión maior acusado do delito de sedición. O 9 de novembro é trasladado ao forte de San Cristóbal, preto de Pamplona. De aí pasaría o 15 de decembro de 1938 á illa de San Simón. O 13 de febreiro de 1939 é trasladado novamente á prisión de Santiago de Compostela. Pouco despois sería posto en liberdade e en 1941 residía en Astrain (Navarra).

En 1982 interpón un recurso contencioso administrativo reclamando pensión como Garda civil. https://www.boe.es/boe/dias/1983/02/04/pdfs/A03101-03102.pdf


Alfaro Sosa, José (Coria del Río-Sevilla)

Obreiro da aviación, 63 anos, casado con Rosario. Fillo de Antonio e Antonia.

Veciño de San Juan de Aznalfarache (Sevilla).

Xulgado en Sevilla por Rebelión Militar. Condenado o 04/05/1937 a condena perpetua, 30 anos. Pena conmutada posteriormente a 3 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Sevilla, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (11/06/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939). Prisión atenuada o 09/10/1940.


Alfaya, Casimiro (Frades-A Coruña)

Xornaleiro, casado, 55 anos.

Condenado a cadea perpetua o 19 de outubro de 1936. Preso na Illa de San Simón será trasladado ao Forte de San Cristóbal o 5/2/37, onde morre por enfermidade o 28/11/37.


Alfonso Caneda, Manuel (Seixal, Sanxenxo-Pontevedra)

Mariñeiro, casado con Rosario, 26 anos. Fillo de Lorenzo e Ángela.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 18 de marzo de 1937 a 30 anos de reclusión perpetua.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Pamplona (15/07/1937), Prisión de Cuéllar (28/02/1939). O 6-9-1940 pasa a situación de prisión atenuada, sendo posto en liberdade o 10-4-1944.

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE Anexo único Nº15, 15 de xaneiro de 1940, páx. 270).


Alfonso Permuy, Manuel (Castrelo, Cambados-Pontevedra)

Carpinteiro, 25 anos, casado con Rosa. Fillo de José e Carmen.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o o 02/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristobal (16/05/1937), onde participou na gran evasión do 22/05/1938, sendo capturado ao día seguinte en Txaraka-Olabe por requetés.

Conmutación da pena a 4 anos de prisión menor e prisión atenuada o 03/09/1940, facéndose efectiva o 29/09/1940. En realidade debía ser posto en liberdade o 22/08/1940 pero segundo consta na súa ficha: “queda retenido por cumplimiento de pena primitiva”.

Alfonso Permuy, Pedro (Castrelo, Cambados-Pontevedra)

Canteiro, 33 anos, casado con Marina. Fillo de José e Carmen.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o o 02/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristobal (16/05/1937), onde participou na gran evasión do 22/05/1938, sendo capturado ao día seguinte en Txaraka-Olabe por tenente de carabineiros. O 23/11/1938 trasladado a Pontevedra a disposición do Presidente da Audiencia. O 08/02/1939 regresa ao Forte de San Cristóbal.

Conmutación a 4 anos de prisión menor e prisión atenuada o 28-12-1940. Como o seu irmán debía ser posto en liberdade o 22/08/1940 pero segundo consta na súa ficha: “queda retenido por cumplimiento de pena primitiva”.


Alfonso Rey, Albino (Vilalonga-Sanxenxo)

Ferreiro, 36 anos, solteiro. Fillo de Eugenio e María.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/03/1937 a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/02/1937) e Prisión de Santa Rita de Carabanchel (04/11/1939).

 

Alfranca Abadía, Evaristo (Farlete-Zaragoza)

Labrego, 61 anos, casado con María Escuer Latre. Fillo de Andrés e Romualda.

Xulgado por Excitación á Rebelión. Condenado o 13/08/1938 a 10 anos. A súa esposa tamén ingresou en prisión, sendo condenada a 6 anos e 1 día. Os dous foron acusados de afiliarse á CNT e participar na persecución dos veciños de dereitas e na requisa de bens. Trala súa detención serían os seus bens os que foron incautados. A súa filla maior, viúva de guerra dun falanxista, viuse na obriga de facerse cargo dos seus 5 irmáns.

Preso no Cárcere de Farlete, na Prisión de Zaragoza (31/03/1938), Prisión de Valdenoceda (17/11/1938), Prisión de León (19/01/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/02/1939), Prisión Central de Dueñas (06/11/1939) e Prisión Habilitada de Palencia (30/01/1941). Posto en liberdade condicional o 07/02/1941.

 

Algueró Sicart, Delfín (Mora de Ebro-Tarragona)

Xastre, 45 anos, casado con Juana Miró. Fillo de Antonio e Magdalena.

Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión (Causa 57/1938). Condenado o 22/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938). Pasa a Prisión Atenuada o 18/10/1940.


Allende del Cueto, Ramón (Meré, Llanes-Asturias)

Labrego, 60 anos, casado con Carmen de la Vega. Fillo de Sebastián e Ramona.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/09/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300271, Expediente 7050)

Preso na Prisión de Llanes, na Prisión de Gijón (27/07/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por Orde do 11/07/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE 211 de 30/7/1941, páxina 5737).


Allo Cores, Benito (Illa de Arousa-Pontevedra)

Mariñeiro, casado con Josefa, 54 anos. Fillo de José e Rosa.

A súa participación nos primeiros momentos da sublevación fora a de realizar gardas e requisar armas que serían abandonadas ao coñecerse que desembarcaban as tropas para declarar o estado de guerra. Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 03/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristobal (15/07/1937), Prisión de Cuéllar-Segovia (01/03/1939),

Conmutación da pena a 4 anos o 09-10-1940. Queda en liberdade condicional o 20/08/1940 e en liberdade definitiva o 10/04/1944.


Allo Sabor, Juan (Meloxo, O Grove-Pontevedra)

Mariñeiro, casado, 24 anos. CNT, Sociedad de Mariñeiros "La Fraternidad" de O Grove
Xulgado en Pontevedra por rebelión co resultado sentenza a cadea perpetua. Pasou da illa de San Simón ao forte de San Cristóbal (Pamplona). Morto o 22 de maio de 1938 fusilado trala fuga de San Cristóbal.


Allo Sabor, Perfecto (Meloxo, O Grove-Pontevedra)

Irmán do anterior. Mariñeiro, 31 anos.

CNT, Afiliado ao Sindicato Mariñeiro "La Fraternidad" de O Grove.

O 12 de abril de 1938 é detido ao ser descuberto agochado en Meloxo (O Grove). Morte rexistrada o 16 de abril de 1938 en Vilagarcía de Arousa a causa de lesión na cadeira producida por disparo de arma de fogo. A versión oficial é que a Garda Civil pretendía que lles axudara a descubrir a outros fuxidos e tentou fuxir. O cadáver aparecería en Monte Lobeira-Cornazo.

NOTA: A pesares de que Gonzalo e Gil recollen que estivo na Illa de San Simón é citado como fuxido morto en 1938 e non atopo constancia de que estivera na illa.

Buscador de Fosas: Ministerio de la Presidencia | Fosa 2017/2010 PONT (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)

Montse Fajardo, no seu libro “Un cesto de mazás” (Dist. Consorcio Editorial. Vilagarcía, 2015) achéganos á vida e morte de Perfecto e a súa familia a través das testemuñas orais


Juan Allo Sabor-Nomes e voces
Perfecto Allo -Pontevedra nos anos do medo




 

 

  

 

Allua Rubio, Ángel (Canales de la Sierra-La Rioja)

Xornaleiro, 27 anos. Fillo de Tomás e Victoriana.

Veciño de Valle de Trápaga (Bizkaia).

Afiliado a UGT e Juventudes Socialistas (JS).

Acusado de estar implicado no asasinato dun sacerdote de La Arboleda en novembro de 1931. Foi procesado e absolto. Miliciano.

Detido en Mieres el 21/10/1937 Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar (Causa 1/1938). Condenado o 09/10/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada a 2 anos de prisión menor (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300759, Expediente 76796)

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao (13/12/1937) e Upo Mendi (17/12/1938). Prisión atenuada o 06/07/1940.

  

Almudévar Sanmartin, Mariano (Igriés-Huesca)
Labrego, 61 anos, casado con Isabel. Fillo de Juan e Fernanda.

Xulgado por Auxilio á Rebelión Militar. Condenado o 16/09/1938 a 20 anos de reclusión menor.

Preso, no Cárcere de Igriés, Prisión de Huesca (03/08/1938), Prisión Central de Astorga (18/08/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde faleceu o 15 de febreiro de 1941 por causas naturais.


Alonso, Manuel (Vilamartín de Valdeorras-Ourense)

Labrego.

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.


Alonso Alonso, Juan (Coruxo, Vigo-Pontevedra)

Carpinteiro, solteiro, 25 anos. Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte o 26 de novembro de 1936 na cadea a causa de meninxite tuberculosa.

 

Alonso Bárcena, Julián (Reocín-Cantabria)

Xornaleiro, 42 anos, solteiro. Fillo de Dionisio e Francisca.

Veciño de Escudero de Tamargo (Cantabria).

Miliciano na 1ª compañía Bon de Aviación do exército de Santander.

Xulgado por Rebelión Militar. En prisión preventiva.

Preso, no Cárcere de Corbán, Prisión Provincial de Bilbao (07/01/1938), Upo Mendi (17/12/1938) e Prisión Central Habilitada de Camposancos- A Guarda, onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 164 de 13/6/1941, páxina 4307), facéndose efectiva o 02/06/1941.


Alonso Elejalde, Eduardo (Santander-Cantabria)

Veciño de Teis, Vigo.

Empregado, 25 anos.
Tras estar na Illa de S. Simón, morte rexistrada o 07 de novembro de 1936 na Cuncheira (Trasmañó) na estrada de Redondela-Vigo a causa de disparos de arma de fogo.

 

Alonso Fernández, Antonio (Cofiñal, Puebla de Lillo-León)

27 anos. Fillo de Laureano e María Isabel.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/03/1938 a 16 anos de reclusión temporal.

Preso, cando menos, no cárcere de Lillo-Asturias, Prisión de San Marcos (26/03/1937), Upo Mendi (13/10/1938) e Prisión de Oviedo (02/11/1940). Prisión atenuada o 25/11/1940.

 

Alonso Fernández, Miguel (La Robla-León)

Mestre, 23 anos, solteiro. Fillo de León e Anastasia.

Veciño de Buiza, La Pola de Gordón (León).

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/03/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de San Marcos, Prisión de León (14/03/1938), Prisión Central de Vigo (22/10/1938), Upo Mendi (23/19/1938), Prisión de Camposancos-A Guarda e Prisión Central de Santa Isabel (18/09/1941). Liberdade condicional o 26/11/1942.


Alonso Francisco, José María (O Rosal-Pontevedra)

Propietario, 49 anos, casado con Lucinda Pérez. Fillo de Claudio e Adelaida.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 12/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300279, Expediente 8206)

Preso, cando menos, na Prisión de Tui, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/09/1937).


Alonso García, José (Barrio-Cantabria)

Mineiro, viúvo, 60 anos. Fillo de Gabino e Manuela.

Veciño de Barruelo (Palencia).

Xulgado en Palencia por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/05/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Cárcere de Barruelo, Prisión Provincial de Palencia (03/12/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939).


Alonso Gómez, José (Bembrive, Vigo-Pontevedra)

Empregado, 32 anos, casado con Nieves Porto. Fillo de Francisco e Juana.

Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/03/1937 a 15 anos.

Preso na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/11/1937) e Prisión Central de Astorga (León). Liberdade condicional o 31/08/1940.


Alonso Gonda, Severino (Gondomar-Pontevedra, 1896)

Médico. Veciño e Alcalde de Nigrán nomeado por Real Orden o 13 de abril de 1930 e, posteriormente, por decisión gobernativa en sesión plenaria o 29 de xaneiro de 1931 declarándose republicano rexionalista.

Procesado, encarcerado e inhabilitado como médico por pertenza á masonería


Severino Alonso Gonda-A chegada da II República a Val Miñor

Alonso Guadarrama, Luis (Valladolid-Valladolid)

Xornaleiro, 19 anos, solteiro. Fillo de Justo e Cristina.

Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar. Condenado o 19/09/1936 a 20 anos.

Preso na Prisión Central de Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938), Prisión Provincial de Victoria (22/11/1938) e Prisión de Valladolid (07/12/1939).


Alonso Iglesias, Ignacio (Villavieja de Yeltes-Salamanca)

Canteiro, 70 anos. Fillo de Francisco e Vicenta.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 16/12/1936 a 25 anos de Reclusión Maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos.

Preso na Prisión Provincial de Salamanca, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (28/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), Prisión de San Isidro de Dueñas (04/01/1940) e Prisión Provincial de Palencia (26/01/1940). Liberdade condicional o 19/09/1940.


Alonso Imano, Mariano (¿Villapensa?-Ciudad Real)

Carpinteiro, casado, 66 anos.


Alonso Lago, Fabriciano “Feliciano” (Lavadores, Vigo-Pontevedra)

Taberneiro, 45 anos, casado con Manuela Gómez. Fillo de Juan e María.
Xulgado en Vigo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 05/05/1938 a 15 anos de reclusión temporal.

Preso na Prisión de Vigo (16/03/1938), Prisión Provincial de Pontevedra (06/09/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/10/1940), onde falece o 19 de maio de 1941 por causas naturais.


Alonso Lara, Ricardo (Pasejo-Guadalajara)

Labrego, casado, 60 anos.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Alonso Lara, Rosendo (Benizalón-Almería)

Labrego, 60 anos. Fillo de Juan e Juana.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/06/1939 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Valladolid, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/11/1940) e Prisión de Barcelona (13/01/1943). Prisión atenuada o 25/05/1943.


Alonso Madela, Emilio (Ribadavia-Ourense)

Zapateiro, 40 anos. Veciño de Arbo.

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.


Alonso Marcos, Pablo (Caldevilla de Valdeón, Posada de Valdeón-León)

76 anos. Fillo de Benito e Jerónima.

Veciño de Llanos de Valdeón (Posada de Valdeón-León).

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/03/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de San Marcos, Prisión Provincial de León (12/03/1938), Prisión Central de Vigo (22/10/1938) e Upo Mendi (23/10/1938). Liberdade condicional o 24/10/1940.

  

Alonso Martínez, Gabino (Puebla de Lillo-León)

Mineiro, 21 anos, solteiro. Fillo de Frustuosa e pai descoñecido.

Xulgado por Auxilio á rebelión. Condenado o 10/03/1938 a 14 anos, 8 meses e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de San Marcos, Prisión Provincial de León (10/03/1938), Prisión Central de Vigo (22/10/1938) e Upo Mendi (23/10/1938), Prisión de Ponferrada (16/08/1940) e Prisión de Camposancos-A Guarda (31/10/1940). Liberdade condicional o 29/01/1941.

  

Alonso Martino Baldomero (Anayo, Piloña-Asturias)

Clabrego, 60 anos, casado con Consuelo González. Fillo de Ramón e Josefa.

Secretario de la Federación de Trabajadores de la Tierra de Infiesto (UGT) e Presidente da Agrupación Socialista en 1934.

Consello de Guerra en Gijón o 11/11/1938 por Auxilio á rebelión. Condenado o 03/01/1939 a 15 años Rm. Pena conmutada posteriormente a 9 anos PM.

Preso na Prisión do Partido de Gijón (15/10/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon (27/02/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 24/6/1941 (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5375).

NOTA: Citado en: “La libertad es un bien muy preciado. Consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacionalista al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas”, de Marcelino Laruelo Roa.


Alonso Medela, Francisco (Ribadavia-Ourense)

Veciño de Tui.

Funcionario de Correos, solteiro, 29 anos.

Agrupación Socialista. UGT, do Sindicato de Subalternos de Correos

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 3 anos de prisión menor o 01-09-1941.

Despois de pasar pola Illa de San Simón, estando na Prisión Central de Cuéllar (Segovia) concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro. (BOE 08/11/1941).


Alonso Menéndez, Joaquín (Tiñana, Siero, Asturias)

Carpinteiro, 59 anos, casado con Segunda. Fillo de Ramón e María.

Veciño de El Caleyo (Asturias).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/10/1938 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada posteriormente a 9 anos PM. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300512, Expediente 40061)

Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo (03/09/1938), na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por Orde do 24/6/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5375), facéndose efectiva o 22/06/1941.

 

Alonso Pampillón, José (Petelos, Mos-Pontevedra)

Barbeiro, 23 anos, solteiro. Fillo de Alfredo e Maximina.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 12/01/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937), Prisión Central de Burgos (06/03/1939) e Prisión de Talavera de la Reina (15/04/1943). Liberdade condicional o 17/04/1944.

 

Alonso Paz, Emilio (Siador, Silleda-Pontevedra)

    Industrial, casado, de 58 anos.
    Alcalde de Silleda. Izquierda Republicana.

    Fuxiu a Portugal pero o delataron, foi apresado e entregaron. Ingresou na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra o 16 de marzo de 1937.  

    Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas sendo citado ao xulgado. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).


Alonso Pérez, Juan (Arbo-Pontevedra)

Mestre.

Izquierda Republicana.

Preso en San Simón, sacado da cadea e paseado en Tenorio-Cotobade o 08 de novembro de 1936. Será separado do servizo e baixa do escalafón de mestre despois da súa morte en outubro do 1937.


Alonso Portilla, Saturnino (San Quirce, Los Ausines-Burgos)

Ferroviario, peón da Compañía del Norte, 42 anos. Fillo de Baldomero e Antonia.

Veciño de Beasain (Guipuzkoa).

Afiliado a UGT. Detido por participar en varias folgas ferroviarias, patrullando armado pola estación.

Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión (Causa 1018/1937). Condenado o 04/09/1937 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada pola Comisión de Guipúzcoa o 09/11/1941 a 6 anos e 1 día (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300293, Expediente 9993).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Astorga (28/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 198 de 17/7/1941, páxina 5343), facéndose efectiva o 19/06/1941.


A. Alonso Portugués-Faro de Vigo

Alonso Portugués, Alfonso (Mourentán, Arbo- Pontevedra, 1903)

Dono dun viveiro. Tocaba na banda de música de Arbo e o órgano na igrexa.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, xunto a outras 10 persoas de Arbo e Lalín, son sacados por falanxistas a noite do 8 de novembro de 1936 co pretexto de ser trasladados á prisión de Ponte Caldelas. Ao chegar á Volta do Couto, en Tenorio, os ordenaron baixar do camión e abriron fogo. Logo chamaron polas casas dos veciños para conseguir un carro e enterralos nunha fosa común dentro do cemiterio de Tenorio


Alonso Riesgo, Luciano (Noreña-Asturias)

Labrego, 75 anos, viúvo. Fillo de Ramón e María.

Xulgado en Asturias por Rebelión Militar. Condenado o 19/05/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Burgos (06/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1939), Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 30/01/1940.


Alonso de la Riva, Jesús (León)

Veciño de Vigo. Funcionario, Inspector de Monopolios. 44 anos.

Xulgado co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.


M. Alonso Rguez.-

Represión franquista en Cuntis

 Alonso Rodríguez, Manuel (Cuntis-Pontevedra)

Dependente de comercio, 20 anos, solteiro. Fillo de Laureano e Elvira.

Veciño de Xinzo (Cuntis).

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 17/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Conmutación e extinción de pena o 31-08-1940.

Pasou polos cárceres de Cuntis, Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristóbal-Pamplona(17/10/1937) e Prisión Central de Figueirido (19/11/1939). Posto en Liberdade o 20/08/1940. O 16/10/1941 confírmase a Liberdade condicional.

En 1943, terá que facer fronte á incautación de bens (BOE 30/04/1943, páx. 1623).


Alonso Santos, Gerardo (Jadraque-Guadalajara)

Xornaleiro, 31 anos. Fillo de Marcelino e Primitiva.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/01/1940 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Guadalajara (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300851, Expediente 89116).

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), onde por orde do 12 de decembro de 1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE nº 61 de 05/01/1943, páxina 157).


Alonso Valiñas, Benito (Ventosela, Ribadavia-Ourense)

Taberneiro. Preso na illa de San Simón.


Alonso Villanueva, Rufino (Sariego-Asturias)

Labrego, 69 anos, casado con Dolores. Fillo de Francisco e Joaquina.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/05/1938 a 8 anos. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día.

Preso no Cárcere de Siero, Prisión de Oviedo (15/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde por Orde do 22/02/1941, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 58 de 27/2/1941, páxina 1398), facéndose efectiva o 27/02/1941.


Alonso Villar, Antonio (Cabral, Vigo-Pontevedra)

Industrial, 41 anos.
Preso en San Simón. Rexistrado morto o 06 de outubro de 1936 en Vigo a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Cabral, Vigo.


Aloy Barrull, José (Alfarrás-Lleida)

Xornaleiro, 21 anos, solteiro. Fillo de José e Antonia.

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión. Condenado o 02/07/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), Prisión Central de Astorga (04/05/1939), Prisión de Santa Rita (23/04/1940) e Centro Penitenciario de Carabanchel Bajo-Madrid (16/06/1940). Liberdade condicional o 15/02/1942. 


Altadell Clúa, Tomás (Corbera d’Ebr-Tarragona)

Labrego, 60 anos, casado con Andrea Calamanda. Fillo de Tomás e Josefa.

Xulgado en Gandesa por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/07/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Barcelona (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300681, Expediente 65055).

Preso, cando menos na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) onde por Orde do 24/6/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5373), facéndose efectiva o 22/06/1941.


Alustiza Murguiondo, Blas (Mutiloa-Guipuzkoa)

Miguelete, 38 anos, casado con Anunciación Hernández. Fillo de Ignacio e Matea.

Veciño de San Sebastián.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/12/1937 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos na Prisión de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión de Camposancos-A Guarda (17/01/1940). Liberdade condicional o 06/08/1940.

 

Álvarez Albuerne, Benjamín (Cudillero-Asturias)

Axente comercial, 65 anos, casado con Pilar. Fillo de Manuel e María.

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 962 de 1938, Caixa 5864, Orde 713) por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/10/1938 a 20 anos.

Preso, cando menos no Campo de Concentración de Haro-Logroño, Prisión de San Marcos-León (05/10/1938), Prisión Provincial de León (28/10/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/02/1939), onde falece o 16/12/1939.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957.


Álvarez Alonso, Antonio (Somiedo-Asturias)

Xornaleiro, 60 anos, casado con María García. Fillo de Joaquín e Joaquina.

Veciño de Gijón (Asturias).

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/09/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos na Prisión de Cerillero, Prisión de Gijón (27/07/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939). Liberdade condicional o 19/08/1940.


Álvarez Álvarez, Crescencio (Los Carabeos-Cantabria)

Axustador, 37 anos, casado con Victoria Mateo. Fillo de Francisco e Isabel.

Veciño de Dos Caminos/Bidebieta (Basauri-Bizkaia).

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/03/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión de Camposancos-A Guarda (17/01/1940) e Prisión Provincial de Bilbao (22/05/1940). Prisión Atenuada o 12/07/1940.


Álvarez Álvarez, Manuel (Tremañes, Gijón-Asturias)

Forxador, solteiro, 54 anos. Fillo de Pedro e María.

Xulgado en Asturias por Adhesión á Rebelión (Causa 656/37). Condenado o 21/03/1938 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), onde falece o 14/06/1941.


Álvarez Álvarez, Manuel (San Claudio, Asturias)

Labrego, 66 anos, casado con Etelvina. Fillo de Francisco e Laura.

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.

Preso na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova (06/05/1938-31/03/1939), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Figueirido (Pontevedra) onde, por orde de 25/09/1943, concédenlle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 285 de 12/10/1943, páxina 9884). Liberdade definitiva o 21/06/1944.


Álvarez Álvarez, Manuel (Mataluenga-León)

Labrego, 20 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Magdalena.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o 17/93/1938 a 14 anos, 8 meses e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de San Marcos, Prisión de León (17/03/1938), Prisión Central de Vigo (22/10/1938), Upo Mendi (23/10/1938), concédeselle a liberdade condicional por Orde do 22/02/1941 (BOE número 59 de 28/2/1941, páxina 1414), facéndose efectiva o 19/01/1941.


Álvarez Barceló, Juan (Masalca-Tarragona)

Labrego, casado, 64 anos.

Mando no exército republicano en Madrid.

Xulgado por Adhesión e auxilio á Rebelión (Expediente con el Registro nº 166 | Fecha: 1936-01-01 - 1939-12-31 | Signatura: FC-CAUSA_GENERAL,25,Exp.65)

 

Álvarez Barrio, Primitivo (Quirós-Asturias)

Xornaleiro., casado, 65 anos.

Xulgado por Auxilio á rebelión e condenado a 15 anos.

Preso na Prisión Central de Celanova (06/05/1938.03/04/1939), sendo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Logo pasaría á Prisión Central de Figueirido, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7369).

 

Álvarez Blanco, José (Figueras, Castropol-Asturias)

Camareiro, 20 anos, solteiro. Fillo de Cesáreo e Esperanza.

Veciño de Vegadeo (Asturias).

Tenente do Bon de Infantería.

Xulgado en Camposancos (A Guarda-Pontevedra). Condenado a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provisional de la Residencia de Gijón, Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), Prisión Central de Burgos (06/03/1939), Prisión Central de Figueirido (30/09/1940), Forte de San Cristóbal-Pamplona (16/11/1942). Prisión Atenuada o 06/09/1948.


Álvarez Calvillo, José (Gijón-Asturias)

Axustador, 36 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Fusilado o 05/08/1938.


Álvarez Castro, Manuel (Vilar de Infesta-Redondela).

20 anos, solteiro, caldeireiro.

Acusado de Rebelión militar o 25/10/36. Ingresou no forte de San Cristóbal o 22/2/37, saíndo o 16/9/38 para ser trasladado a S. Simón.


Álvarez Cuñado, Isidro (Bercianos del Real Camino-León)

Ferroviario, 63 anos. Fillo de Tomás e Agustina.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 21/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión Central de Gijón (12/11/1942). Liberdade condicional o 27/08/1943.


Álvarez Díez, Eleuterio (Yugueros-León)

Comisionista, viúvo, 64 anos. Fillo de Gerónimo e Juliana.

Veciño de Mieres (Asturias).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 15/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939) e Prisión de León (13/11/1942). Liberdade condicional 09/09/1943.


Álvarez Domínguez, Manuel (Pesqueiras, Ponteareas-Pontevedra)

Labrego, 32 anos, casado con Digna Balseiro. Fillo de Antonio e Mercedes.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 11/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937) e Prisión Central de Figueirido (03/05/1939). Liberdade condicional o 07/01/1943.


Álvarez de Eluate y Esparza, Eduardo

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 12/01/1940 (BOE número 18 del 18/01/1940, páxina 443).


Álvarez Expósito, Juan (Guipuzkoa)

Funcionario, 27 anos.

Morto en San Simón.

Archivo General Militar de Guadalajara 300294 10009.


Álvarez Fernández, Antonio (Grado-Asturias)

Pintor, casado, 72 anos.

Acusado de Rebelión Militar e condenado a cadea perpetua (30 anos).

Preso na Prisión Central de Celanova (07/02/1938-05/04/1939), de onde sería trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Probablemente é o mesmo Antonio Álvarez Fernández citado na relación de 200 presos do Destacamento Penal del Pozo del Fondón, en Sama de Lagreo (Asturias), que son liberados o 1 de outubro de 1943, con motivo da celebración do “Día del Caudillo”.

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1955.


Álvarez Fernández, José (Quejo, Las Regueras-Asturias)

Xornaleiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Gumersindo e María Avelina.

Xulgado en Camposancos. Condenado a pena de morte, rebaixada a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), Prisión Central de Burgos (06/03/1939), Prisión Central de Figueirido (30(09/1940), Prisión de Madrid (21/06/1943) e Prisión de Colmenar Viejo (29/06/1943). Liberdade condicional o 14/10/1943.


Álvarez Ferreiro, Antonio (A Cañiza-Pontevedra)

Labrego, 32 anos. Casado con Aurora. Fillo de Carmen.

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

O 5-2-1937 ingresa no Forte de San Cristóbal, procedente da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Álvarez Ferreiro, Modesto (A Cañiza-Pontevedra)

Carpinteiro, 21 anos.

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. 

 

Álvarez García, Audifacio (Villacondide, Coaña-Asturias)

Mestre, 67 anos, casado con Francisca. Fillo de Bernardo e Cándida.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 09/11/1936 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Lugo, Prisión da Coruña (20/03/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/03/1939), onde por Orde do 25/09/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 287 de 14/10/1941, páxina 7961).

 

Álvarez García, Indalecio (Vilacondido-Asturias)

Mestre, casado, 66 anos.


Álvarez García, Joaquín (Campo de Santibañez-León)

Labrego, solteiro, 26 anos.

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 503 de 1938, Caja 5860, Orden 603).

Morte na Illa do Lazareto 04 de marzo de 1940 por causas naturais.


Álvarez García, José (Gijón-Asturias)

Axustador, solteiro, 36 anos.
UGT, JSU, Guardia Roja. Participou na Revolución del 34. Tralo golpe militar recrutou xente para atacar los cuarteis de Xixón. Capturado en Mont Seny. Xulgado en Camposancos co resultado sentenza a pena de morte. Preso na illa de San Simón e executado o 5 de agosto de 1938.


Álvarez García, Vicente (Pedregal de la Rivera-León)

Xornaleiro, 21 anos. Fillo de Jenaro e Josefa.

Xulgado en León por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/02/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, no Cárcere de Pedregal de la Rivera, Prisión de San Marcos-León (26/11/1937), Upo Mendi (15/10/1938). Liberdade.

 

Álvarez González, Faustino (Santullano, Las Regueras-Asturias)

Zapateiro (Madreñero), 60 anos, casado con Concepción Villar. Fillo de José e Feliciana.

Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 23/03/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo (02/03/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro por Orde do 11/07/1941 (BOE número 214 de 2/8/1941, páxina 5862).

Abríuselle Expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957 (Audiencia Provincial de Oviedo 75/00061)


Álvarez González, Gerardo (Gijón-Asturias)

Capataz, 59 anos, casado con Esperanza Fernández. Fillo de Manuel e Ramona.

Xulgado en Gijón por Auxilio á Rebelión. Condenado o 09/06/1938 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 3 anos e 6 meses.

Preso, cando menos, no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda, Prisión Central de Figueirido (30/06/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939).


Álvarez González, José (San Esteban del Monte, Belmonte de Miranda-Asturias)

Labrego, viúvo, 60 anos. Fillo de Ramón e Josefa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/04/1938 a 15 anos de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada a 1 ano e 1 día.

Preso na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova (06/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939), onde por Orde do 05/05/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva de desterro (BOE número 129 de 9/5/1941, páxina 3274). Posto en liberdade en Pontevedra o 25/06/1941.

  

Álvarez Gutiérrez, Isidoro (Valdeteja, Valdelugueros-León)

Labrego, casado, 65 anos. Fillo de Tomás e Emilia.

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 827 de 1937, Caixa 5861, Orde 657) por Adhesión á Rebelión. Condenado o 12/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939), onde por Orde do 15/6/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4632).


Álvarez Herrero, Anastasio (El Burgo Ranero-León)

Xornaleiro, 26 anos. Fillo de Anastasio e Dionisia.

Afiliado a UGT. Miliciano do Bon de Asturias nº49, acadará o grao de sarxento.

Xulgado en León. Condenado o 30/03/1938 a 20 anos de reclusión temporal (Causa 356/1938, Caixa 5845, Orde 425). Pena posteriormente conmutada a 4 anos e 1 día (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300950, Expediente 101748)

Preso, cando menos, no Hospital de Caborana-Asturias, Prisión de San Marcos-León (29/01/1938), Upo Mendi (13/10/1938), Prisión Central de Santa Isabel-Santiago (26/08/1941), Prisión de Madrid (27/05/1942) e Destacamento Penal de Miraflores de la Sierra (18/06/1942), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a liberdade condicional, sen a liberación do desterro (BOE numero 153 de 02/06/1943, páxina 5334), facéndose efectiva o 20/05/1943.

Reingresa na Prisión de León (17/06/1948), sendo posto en liberdade o 15/08/1948. Novamente detido en León (11/03/1955) e liberado o 04/07/1955.


Álvarez Iglesias, Evaristo (Bayo, Grado-Asturias)

Labrego, viúvo, 77 años. Fillo de Francisco e Águeda.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 04/11/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Gijón e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde faleceu o 02/05/1942 pola mala alimentación e as malas condicións hixiénicas. Probablemente enterrado de forma anónima en Vigo.


Álvarez Meana, Bautista (¿Olandra?-Asturias)

Comerciante, casado, 66 anos. Fillo de Rafael e Teresa. Veciño de Vega (Gijón).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 19/02/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada por 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (21/02/1939) e Prisión Central de Gijón (12/11/1942) onde, por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade Condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 235 do 23/08/1943, páxina 8184).

 

Álvarez Méndez, Jaime

Militar.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Álvarez Moro, Adolfo (Quintas-Asturias)

Comercial (Viaxante), 61 anos, casado. Fillo de Genaro e Carmen.

Veciño de Churruca/Xerruca, San Julián (Bimenes-Asturias).

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 30/09/1939 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18&03/1941) e Prisión de Vigo (06/02/1943). Liberdade condicional o 31/03/1944.


Álvarez Presa, Bernabé (Puente Castro-León).

Fontaneiro, solteiro, 30 anos. Fillo de Gabriel e Tomasa.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 20/03/1937 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938) e Prisión de Santa Rita de Carabanchel (08/01/1939).


Álvarez Rivas, Manuel (Peñaflor-Sevilla)

Albanel, casado, 63 anos. Fillo de José e Dolores. Veciño de Turón, Mieres (Asturias).

Mentres a súa familia fuxe a Calella (Barcelona) é detido cando cae Asturias.

Xulgado en Oviedo o 5 de febreiro de 1938 por Rebelión Militar. Sentencia, cadea perpetua (30 anos). Pena posteriormente conmutada a 15 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova (6/05/1938-29/03/1939) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939), concedéndoselle, por Orde do 14/10/1942, a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8585) e facéndose efectiva o 25/09/1942.

 

Álvarez Riveira, José “Condés” (Aviño-A Coruña)

Mariñeiro, solteiro, 28 anos. Fillo de Francisco e María.

Xulgado en Ferrol por Auxilio á Rebelión. Condenado o 22/02/1937 a 12 anos e un día de prisión. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300358, Expediente 18301)

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Astorga (09/04/1939). onde se lle concede a Liberdade condicional(BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7371), facéndose efectiva o 08/09/1942.


Álvarez Rocha, José (Tui-Pontevedra)

Metalúrxico, 31 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Dolores.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 03/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra a 3 anos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27202)

Preso, cando menos, na Prisión de Tui, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/10/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 161 de 10/6/1941, páxina 4222), facéndose efectiva o 13/08/1940.

En 1947 séguenselle diversos procesos xudiciais, ditándose sentencia o 06/07/1948 (nº156/47).

 

Álvarez Rodríguez, Alfredo (Cornellana, Salas-Asturias)

Labrego, casado con María Suárez, 59 anos. Fillo de Juan e Manuela.

Veciño de Repolles (Pravia-Asturias).

Xulgado en Luarca por Rebelión Militar. Condenado o 17/01/1937 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos e 8 meses.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), onde por Orde do 12/07/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 202 do 20/07/1940, páxina 5036), facéndose efectiva o 10/07/1940.


Álvarez Rodríguez, Eduardo (Navia de Suarna-Lugo)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon. Ingresa despois na Prisión Central de Oviedo, concedéndoselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 07/07/1944 (BOE número 240 de 27/08/1944, páxina 6470).

Procedimientos de la justicia militar contra el personal militar que luchó en la aviación republicana durante la Guerra Civil | Sargento | Año 1940 | Sentencia: Sobreseimiento Provisional | 43 paginas.


Álvarez Rosal, Andrés (San Juan, Grado-Asturias)

Labrego, casado, 59 anos.


Afiliado á Sociedad de Labradores (UGT). Na Guerra Civil membro do Comité de Guerra de San Juan-Grado. Coa proximidade dos “nacionais” pasou á zona republicana.
Preso en outubro de 1937. Consello de Guerra: Oviedo - 4634 por Rebelión Militar, condenado a Morte, pena conmutada por 20 años Rm

Álvarez Suárez, Francisco (Llanera-Asturias)

Labrego, casado con Carmen Álvarez, 62 anos. Fillo de David e Cecilia.

Xulgado en Gijón por Rebelión Militar. Condenado o 01/03/1938 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso na Prisión Preventiva de Gijón, Prisión Central de Figueirido (10/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939), onde é rexistrada a súa morte o 24 de xaneiro de 1942, por causas naturais.


Álvarez Vázquez, Julián (Alconchel-Badajoz)

Labrego, 63 anos, casado con Leopolda. Fillo de Vicente e María.

Xulgado Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/07/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada por 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Badajoz, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (05/09/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939). Liberdade condicional o 19/08/1940.


Amazarray Celis, Nicolás (Comillas-Cantabria)

Camareiro do vapor "Cristóbal Colón".

Membro de UGT. Tras as eleccións de febreiro de 1936 formou parte dun comité obreiro que se constituíu no vapor no que traballaba. Ao producirse o golpe de Estado o comité fíxose co mando da embarcación e a puxeron a disposición da República en Santander.

Consejo de Guerra: San Sebastián – 2141. Condenado por auxilio á rebelión a 12 anos e 1 día. Non procede conmutación.

Ingresou en prisión en abril de 1938. En abril de 1940 na prisión de Redondela (¿Illa de San Simón?).


Álvaro Gusano, Mariano (Pareja-Guadalajara)

Carpinteiro, 66 anos. Fillo de Cipriano e Gregoria.

Directivo da UGT. Durante a Guerra Civil interviu na queima de imaxes relixiosas e no saqueo de casas de persoas que máis tarde foron asasinadas.

Xulgado en Guadalajara por Adhesión á Rebelión (Causa 622/1939). Condenado o 21/11/1939 a pena de morte, que sería rebaixada por cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada a 20 anos de prisión.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/11/1940) e Prisión Central de Guadalajara (15/11/1942). Liberdade condicional o 21/03/1944.

 

Ameneiros

Preso na Illa de San Simón.


Amo Higes, Prudencio del (Jirueque-Guadalajara)


Labrego 28 anos. Fillo de Timoteo e Catalina.
Afiliado a UGT.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Consejo de Guerra: Guadalajara - 1348). Condenado o 03/10/1939 a 16 anos Rm. Pena que posteriormente sería conmutada a 12 anos e 1 día Rm. (Ordinarias, Caja 1127, Expediente 89128)
Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), onde por orde do 12/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE numero 5 de 05/01/1943, páxina 165), facéndose efectiva o 04/12/1942.

Tamén se lle instruíu expediente de responsabilidades políticas en Guadalajara en 1941. (BOE 12/11/1941, nº 316, páx. 4148)


Amo Pérez, Rosendo Benito (León)

Mestre de obras, casado, 34 anos.

Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.


Amoedo García, Joaquín (San Tomé de Freixeiro, Vigo-Pontevedra)

Albanel, 27 anos, casado con Salustiana Rodríguez. Fillo de Joaquín e Rosa.

Veciño de Nigrán (Pontevedra).

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 30/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27223).

Preso na Prisión de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937) e Colonia Penitenciaria del Dueso (15/04/1939). Prisión atenuada o 18/10/1940. 


Amor Sánchez, José (Las Regueras-Asturias)

Armeiro, casado, 59 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 24/6/1941 (BOE número 199 de 18/7/1941, páxina 5373).

Ábreselle Expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957.


Amores Sabina, Francisco (Villahermosa-Ciudad Real)

Xornaleiro, 64 anos, casado con Alberta. Fillo de José María e Antonia.

Xulgado en Madrid en 1939 (Sumario 330, Caixa 3090, Orde 13). Condenado a cadea perpetua, 30 anos.

Preso na Prisión de Infantes-Ciudad Real, Prisión Central de Burgo (12/07/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940) e Prisión de Ciudad Real (22/11/1942), onde por orde do 06/02/1943, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 75 de 16/03/1943, páxina 2411), facéndose efectiva o 08/01/1943.

 

Anda López, Saturnino (Subillana-Gasteiz/Subijana de Álava, Vitoria-Araba/Álava)

Empregado, 23 anos, solteiro. Fillo de ¿? e María.

Veciño de Basauri (Bizkaia).

Na guerra acadou o grao de tenente de infantería no exército republicano.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión de Camposancos-A Guarda (17/01/1940).


Andrés Escribano, Pedro (San Sebastián-Guipuzkoa)

Encadernador, 44 anos, casado con Dolores Ezcudia. Fillo de Juan e María Jesús.

Veciño de Zarauz (Guipuzkoa).

Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 31/07/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300252, Expediente 4593)

Preso, cando menos, na Prisión de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión de Camposancos-A Guarda (18/01/1940). Posto en liberdade o 29/06/1940. Liberdade definitiva o 09/01/1941.

Ábreselle Expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945.

 

Andrés García, Juan (Palmares de Jadraque-Guadalajara)

Labrego, 71 anos. Fillo de Adrián e María.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 11/07/1939 a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragaoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/03/1941) e Prisión de Santa Rita de Carabanchel (25/09/1942). Liberdade condicional o 01/10/1943.

Ábreselle Expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1940.


Andrés Gascón, Heliodoro (Villafranca del Cid-Castelló).

Xornaleiro, casado con Albina, 60 anos. Fillo de Andrés e Rafaela.

Xulgado en Castellón por Auxilio á Rebelión (Sumario 420, Caixa 14157, Orde 5). Condenado o 15/07/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300332, Expediente 15103).

Preso no Cárcere de Vinaroz (19/06/1938), Prisión Central de Burgos (22/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1940), onde por Orde do 02/08/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6269).

Volve a ingresar na Prisión de Castellón o 09/02/1945, sendo posto en liberdade o 30/09/1945.

 

Andrés Gascón, Teófilo (Villoria-Salamanca, 22-7-1901)

Xornaleiro, casado, 35 anos. Casado con María Jorge García, 4 fillos. Fillo de Juan Manuel Andrés Veluche e Bonifacia Gascón Bonal. 

Afiliación: Casa del Pueblo.

Detido en Villoria o 19/08/1936 por ter unha pistola no seu poder. Xulgado o 15/9/1936 por Auxilio á rebelión. Sentencia 571/1936. Condenado a 20 anos de reclusión menor.

Cumpriu condena nos seguintes cárceres: Prisión Provincial de Salamanca (22/08/1936 - 18/01/1937), Prisión Central de Pamplona (18/01/1937-16/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/09/1938-¿?), Prisión Provincial de Oviedo (¿?-07/05/1942)

Por Orde do 11/05/1942 concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 140 de 20/05/1942, páxina 3538), establecéndose en Salamanca. O 12/04/1943 revisada a condena, rebaixase a 6 anos de prisión menor.

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00183 | Villoria (Salamanca) | Indulto (1943 - 1943).


Andrés Ucendo, Francisco (Fuentelencina-Guadalajara)

Limpavías e Xornaleiro, 72 anos. Fillo de Domingo e Matilde.

Veciño de Canillejas (Madrid).

Membro de UGT. Despedido da Compañía de Tranvías polos sucesos revolucionarios de Outubro de 1934, pasando a traballar como xornaleiro. Miliciano.

Xulgado en Madrid por Adhesión á Rebelión (Permanente 6-9394). Condenado o 21/06/1939 a 20 años Rm. Conmutación de pena 12 años e 1 día Rm.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 09 de xaneiro de 1942 por causas naturais.

Andreu Capella, Joaquín (Arén-Huesca)

Xastre, 59 anos. Fillo de José e María.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 24/08/1938 a 6 anos e 1 día de prisión maior.

Preso na Prisión de Benabarré-Huesca, Prisión Provincial de Huesca (21/08/1938), Prisión de Tudela (05/01/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/03/1939). Liberdade condicional o 25/09/1940.

Aneas Martín, Francisco (Almuñécar-Granada)

Labrego, casado, 61 anos. Fillo de Antonio e Juana.

Xulgado por Rebelión Militar (Sumario 257/37). Condenado o 21/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada por 12 años

Preso, cando menos, na Prisión de Bilbao, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e na Prisión Provincial de Granada (28/10/1942), por Orde do 07/07/1945, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación do desterro (BOE Nº. 233 de 21/08/1945, páxina 1293).


Antela Bugarín, José (Fozara, Ponteareas-Pontevedra)

Peón, 19 anos. Fillo de Jesusa e pai descoñecido.

    Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 19/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Conmutación da pena o 21-03-1939.

Preso, cando menos, no Hospital de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/08/1936) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939). Liberdade condicional o 05/09/1940.

Detido novamente na Prisión Provincial de Pontevedra, por Orde do 16 de outubro de 1950, concédeselle a liberdade condicional (BOE nº23 do 23/01/1951, Páx. 303), sendo posto en liberdade o 21/12/1950. Reingresa na Prisión Provincial de Pontevedra (15/05/1952), sendo liberado o 09/02/1953.


Antonio Souto, Juan (Vilar de Barrio-Ourense)

Labrego, 71 anos.

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión. (Tribunal Militar Territorial 4 | Ourense | Causa 112 de 1938, Caja 59, Orden 499)

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional en 1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2125).

 

Antoranz González, Teodoro (Boceguillas-Segovia)

Industrial, 65 anos, Fillo de Eulogio e Saturnina.

Veciño de San Ildefonso (Segovia).

Xulgado en San Ildefonso por Rebelión Militar. Condenado o 14/08/1936 a 12 anos de reclusión menor. Pena posteriormenteconmutada a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Segovia, Hospital Asilo Penitenciario-Segovia (24/01/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), Prisión Central de Figueirido (05/05/1939), onde falece o 27/12/1940.

 

Antúnez, José “Portugués” (Portugal)

Veciño de Meloxo, O Grove-Pontevedra.

Serrador, casado.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Os seus fillos, José e Luis Antúnez Vázquez, acudiron a Pontevedra cunha escopeta de caza. Ao decatarse foi tras eles a evitar que se meteran en problemas pero acabaron os 3 presos, cumprindo condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Antúnez Vázquez, José (Meloxo, O Grove-Pontevedra)

Mariñeiro, solteiro, 21 anos. Fillo de José e Carmen.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Prisión atenuada o 23-08-1940.

Despois de pasar pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristóbal, onde falece por enfermidade o 21/10/1942. Enterrado preto do Forte. A súa sobriña Luisa Moldes solicitou a exhumación do cadáver en 2006.


Antúnez Vázquez, Luis (Meloxo, O Grove-Pontevedra)

Serrador, solteiro, 18 anos. Fillo de José e Carmen.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 4-5-1937, co resultado de sentencia a cadea perpetua.

Estivo preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, sendo trasladado o 17-10-1937 ao Forte de San Cristóbal, onde participou na gran evasión, sendo detido novamente.

Estando na Prisión Central de Santa Isabel, de Santiago de Compostela (La Coruña) por Orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, con la liberacion definitiva del destierro, BOE número 239 DE 27/08/1943, páxina 8310.


Aparici Fabra, José (Atzeneta de Maestrat-Castelló)

Labrego, casado, 62 anos.

Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarisimos | Castellon, 1938 | Referencia: Sumario 1355, Caja 14393, Orden 8


Aparicio Martínez, Marcelino (Sahagún-León).

         Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 80 de 1936, Caja 5909, Orden 1274).

        Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.

        Logo pasaría á Prision Provincial de Madrid onde lle conceden a Libertad condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE 02/08/1941)


Apraiz Goiricelaya, Fermín (Busturia-Viscaia, 09-11-1872)

Labrego, casado con Demetria Izaguirre, 8 fillos. Fillo de Claudio e Rosa.

PNV. Concelleiro de Busturia desde 1931 a 1937.

Xulgado por adhesión á rebelión. Sentencia do 19/07/1937, reclusión perpetua, 30 anos, ademais das accesorias de inhabilitación absoluta e interdición civil.

Pasou polas prisións de Larrínaga, Upo Mendi, Asilo de Segovia, Pontevedra e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concedéndoselle a liberdade condicional por Orde do 28/06/1940 (BOE número 188 del 06/07/1940, páxina 4668).

Recupera a libre disposición dos seus bens. (BOE 10-1-1942, páx. 233).

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00160 | Indulto (1941 - 1941). Procede del Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Bilbao

Considerouse cumprida a súa condena en 1947.


Aragón Jiménez, Plácido (Málaga)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 12/03/1942 (BOE nº 77 de 18/03/1942, páxina 1952).

 

Aranda Barrios, Francisco (Cazorla-Jaén)

Labrego, viúvo, 61 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942, BOE 209 de 28/07/1942, páxina 5541.


Aranda Gómez, José María (Casabermeja-Málaga)

Labrego, casado, 65 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 20/05/1941, BOE nº 155 de 4/6/1941, páxina 4013.

Arando Almazán, Blas (Carcheles-Jaén)

Xornaleiro, viúvo, 64 anos.

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 27 de abril de 1941 por causas naturais.


Araújo Durán, Joaquín (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Mariñeiro, 16 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 3 anos e extinción da pena o 26-11-1939. 

 

Araújo Laínza, José (Iruñea (Pamplona)-Navarra).

Xornaleiro, solteiro, 16 anos.

Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona. Morto na illa.


Árberas Villanueva, Gerardo (Gastéiz-Áraba)

Mecánico, solteiro, 25 anos.

Morto en San Simón.

Tribunal Militar Territorial 4 | Alava | Causa 436 de 1936, Caja 107, Orden 1616

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00047 | Indulto (1959). Notas: Se trata de documentación suelta. Se desconoce la procedencia. Numero de Expediente: 3982/1959.

 

Arce Irdagarán, Eduardo (Durango-Biskaia)

Maquinista, casado, 60 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 15 de marzo de 1940.


Arceo Díaz, Segundo (Silleda 1882)

Segundo Arceo Díaz-Nomes e voces
Comerciante, 57 anos. Fillo de Eugenio e Pastora. Casado con Elisa Alonso Ríos, 8 fillos.

Nomeado Alcalde de Silleda entre xuño e outubro de 1934.

Instrúeselle expediente por responsabilidades políticas (BOE 16-11-1941, páx. 4210).

Detido na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón

Faleceu en Silleda o 27-8-1964.


Arcos Vicente, Adrián Carlos de (Encinasola de los Comendadores-Salamanca, 13-3-1912)

NOTA: Citado como Carlos de Arcos Vicente.

Labrego, 24 anos, solteiro. Fillo de Carlos e Fernanda.

O 8-12-1936 é detido na Prisión Provincial de Salamanca. Xulgado por Auxilio á Rebelión e condenado o 06-3-1937 a 15 anos (Causa 83/1937)

Cumpriu condena en: Prisión Central de Pamplona (29-6-1937), Forte de San Cristóbal (17-10-1938), Colonia Penitenciaria da illa de San Simón (15-9-1938), Colonia Penitenciaria de Dos Hermanas-Sevilla (03-1940). O 1 de xullo de 1941 concédeselle a liberdade condicional. O 12/04/1943 é revisada a condena e rebaixase a 6 anos e un día de prisión maior. Despois é trasladado á Prisión Central de Astorga (León). Hai un documento do 14/02/1944 da Prisión Provincial de León, Referencia Astorga co recibido da conmutación, sen especificar se aínda se atopaba no cárcere.


Ardiaca Solana, Agustín (Estopiñán del Castillo-Huesca)

Labrego, casado, 68 anos.

Xulgado por Adhesión á Rebelión o 14-8-1938 en Huesca, condenado a 12 anos e un día de prisión menor.

Tamén se lle abre expediente por Responsabilidades Políticas (Nº expediente Tribunal Regional: 4054. Nº expediente Juzgado Instructor Provincial Responsabilidades Políticas: 1872. Nº expediente Juzgado de Instrucción de Tamarite de Litera: 86.)

Preso na Prisión Provincial de Huesca e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Por Orde do 8 de novembro de 1941 concédeselle a liberdade condicional, sen liberación de desterro (BOE 18-11-1941, páx. 9016).

O 40-5-1943 sobreseído. 

 

Areal González, José (Brasil)

Veciño de Panxón, Nigrán-Pontevedra.

Mariñeiro, solteiro, 27 anos.

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Preso en San Simón.


Areal González, Luis (Panxón, Nigrán-Pontevedra)

Preso en San Simón.


Arellano Cobo, Daniel (Lentegí-Granada)

Xornaleiro.

Sumario 1.180/37. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/01/1943 (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531).

 

L. Arellano Martínez-DARA

Arellano Martínez, Lorenzo (Cascullano-Huesca)

CNT.

Preso na Prisión Provincial de Huesca entre o 20/05/1938 e o 13/4/1939. Ingresado xa na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 23/01/1942 (BOE nº 37 de 06/02/1942, páxina 926).

O 02/03/1945 en Liberdade vixilancia con domicilio en Alcalá del Obispo (Huesca).


Arellano Mesa, Juan Cayetano (Olías del Rey-Toledo).

Labrego, 71 anos.

Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 10/04/1942 (BOE nº 107 de 17/04/1942, páxina 2707).

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00708 | Olias del Rey (Toledo) | Indulto (1941 – 1945).

NOTA:

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil cítase a Arellano Mesa, Juan (Benizalón-Almería). Labrego, casado, 71 anos.


Arenas Muñoz, Julio (Ciudad Real)

Xornaleiro. Casado, 62 anos.

Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarísimos | Madrid, 1939 | Referencia: Sumario 6212, Caja 2171, Orden 2


Arenas Valcarreras, Diego (Pedro Abad, Córdoba)

Xornaleiro, casado, 62 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Córdoba | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300263, Expediente 5985


Ares Sánchez, José (Lugo)

Mestre destinado en Parada de Achas, A Caniza.

Militante de Izquierda Republicana. Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional. Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Separado do servizo e baixa no escalafón o 11-05-1940.

Casado con Maruja Gómez, tendo 4 fillos. Alcaldesa de A Caniza en 1936 por Izquierda Republicana, sendo a única alcaldesa de Galicia. tamén represaliada. En xullo de 1936 é detida e ingresa no cárcere de Ribadavia e logo en Vigo, onde ten lugar o consello de guerra contra ela e 22 dos seus veciños. É condenada a morte, pena que será conmutada por cadea perpetua. En xuño de 1943, será posta en liberdade, tras rebaixárselle a pena a doce anos e un día. Mentres o seu marido segue preso, instálase en Lugo cos seus catro fillos e, en 1945, vai vivir con ela Urania Mella que acababa de saír da prisión. Traballou como enfermeira ata a súa xubilación en 1977, recibindo varias condecoracións do Ministerio de Sanidade e compaxinando esta ocupación coa de guionista dun programa de radio.


Ares Villaverde, Avelino (Cuntis-Pontevedra)

Mestre, casado, 41 anos.

Pasou polos cárceres de Cuntis, Pontevedra e San Simón. Sacado da illa foi paseado. O 26 de setembro de 1936 o corpo apareceu en Pontesampaio, onde foi enterrado.


Avelino Ares Villaverde-Represión franquista en Cuntis

Arevalillo Rodríguez, Paulino “Cotesa” (Torrijos-Toledo)

Labrego, casado, 45 anos.

Xulgado por Auxilio á rebelión, sendo condenado a 12 años de prisió.

Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarisimos | Madrid, 1939 | Referencia: Sumario 23595, Caja 610, Orden 2

Inicio condena o 6-2-1940. Prisión de Toledo. Trasladado o 26/02/1940 á prisión de A Garda. Xa na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 12/03/1942 (BOE nº 77 de 18/03/1942, páxina 1960).

 

Argibay Domínguez, Alfonso (Fontenla, Ponteareas-Pontevedra)

23 anos.

Morte producida por disparos. O seu cadáver apareceu nunha finca de Louredo-Mos o 25-11-1936. O seu corpo foi enterrado nunha fosa preto do cemiterio de Tameiga.

Fosa: 2316/2011 PONT


Argoitia Badiola, Sabino (Ondarroa-Vizcaya).

Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.

Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Vizcaya | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300252, Expediente 4591

Libre disposición de bens. (BOE 2 de setembro de 1945. Nº245, páx. 479).


Arias Casado, Bernardo (Armunia-León)

        Chofer, casado, 24 anos.

        Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 211 de 1936, Caja 5908, Orden 1273).

        Cumpre condena, cando menos: Forte de San Cristobal (Pamplona) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Arias Díaz. Manuel (Pravia-Asturias)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón de onde escaparía xunto a Gerardo Tueirrez en 1940. Volvería a ser detido.

Trasladado á Prision Provincial de Ciudad Real por Orde do 19/02/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1512).

 

Arias Redondo, Manuel (Jayena-Granada)

Labrego, casado, 63 anos.

Sumario 191/37. Condenado a pena de morte, conmutada por cadea perpetua.

 

Arias Rodríguez, Ángel (Arlanda-León)

Xornaleiro, casado, 60 anos. Veciño de Bembribe (León).

Acusado de Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.

Preso na Prisión Central de Celanova (06/05/1938-05/04/1939) e trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Arines, Ramón

Xefe de estación. Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Non atopei que estivera preso na Illa de San Simón, pero pode tratarse de:

Arines del Campo, Ramón (Redondela)

Subxefe de estación, casado, veciño de Pontevedra.

En 1941 ségueselle expediente por Responsabilidades políticas. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).


Arosa Pintos, Everardo (Salcedo-Pontevedra)

Canteiro, 27 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Pena que sería posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300425, Expediente 27235).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece por causas naturais.

Expedientes de responsabilidades políticas (BOE 18-11-1939).

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/01284 | Indulto (1960 – 1950). 


Arosa Sanmartín, Celestino (Vilaboa)

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 116/37).

Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón de onde cada 10 ou 15 días eran sacados os presos de Vilaboa para realizar traballos forzados na construción da estrada ao peirao de Santa Cristina de Cobres. O 14 de outubro de 1937 sería trasladado ao Asilo Penitenciario de Segovia.

 

Arribas Hermida, José Manuel Pepe do Marco” (Lérez-Pontevedra, 7-3-1902)

J. M. Arribas -Xosé Arribas un lereizán alcalde de Meis

Labrego, casado, 34 anos.

Veciño de Meis. Presidente da Sociedade agraria La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis. Alcalde de Meis o 15 de marzo de 1936.

Detido nos cárceres de Cambados e Pontevedra. xulgado en consello de guerra o 14 de abril de 1937. Foi condenado á cadea perpetua por "auxilio á rebelión", conmutada a 17 anos de reclusión. Trasladado á illa de San Simón e de esta ao Forte de San Cristobal (Pamplona). Nesta última participa na fuga masiva o 22 de maio de 1938. Sería capturado e condenado por este feito a 17 anos 4 meses e un día por auxilio á rebelión.

Seguiría cumprindo condena ata que logrou a prisión atenuada no seu domicilio do Marco o 13 de setembro de 1940. En febreiro de 1944 conmutáronlle a pena por un ano de prisión menor. Finalizou a pena da sentenza o 8 de agosto de 1966.

Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Gallego Rey, Mario (2007). "Xosé Arribas: un lerezán alcalde de Meis". Cedofeita


Arrizabalaga Arregui, Félix (Éibar-Guipuzkoa)

Armeiro, 41 anos. Veciño de Berriz (Bizkaia)

UGT. En agosto de 1936 nomeado axente da orde pública.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Consejo de Guerra: Bilbao – 386), sería sentenciado a 16 anos de reclusión maior, conmutada a 2 anos de prisión menor.

Ingresou en prisión en xullo de 1937. Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.


Arrizabalaga Garagarza, Eduardo (Guipuzkoa)

Contable.

Membro de UGT. Secretario da Comisaría de Guerra e da Comandancia militar de Eibar. Despois escribinte da 3ª Brigada. Evacuou ata Xixón onde foi feito prisioneiro.

Condenado por auxilio á rebelión a 15 anos, pena conmutada por 4 anos. (Consejo de Guerra: San Sebastián – 238).

Ingresou en prisión en novembro de 1937. En maio de 1940 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Arrogante Hernández, Trifón (Rebollar-Asturias)

Labrego, casado, 61 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/09/1941 (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7363).

 

Arroyo Cuesta, Delfín (Sotillo de la Ribera-Burgos)

Ferroviario, casado, 41 anos.

Membro do Sindicato Nacional Ferroviario (UGT) "del que había obstentando cargo directivo con anterioridad" . Procesado pola súa participación na revolución de outubro de 1934. Por medo a represalias pola súa filiación política e sendo mobilizado o 17/8/1936, abandonou Segovia. Foi detido pouco despois, o 29/8/1936 en Calabazas (Valladolid).

Xulgado por Auxilio a la rebelión. Sentencia 15 años Rm. Pena tras la conmutación 3 años Pm. (Consejo de Guerra: Segovia – 815).

Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Trasladado á Prisión Central de Astorga (León) concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE 02/08/1941)


Arroyo Lucas, Guillermo (Rebollosa de Hita-Guadalajara)

Labrego. Alcalde de Rebollosa de Hita.

Membro do PCE e UGT.

Condenado a 30 anos de prisión (Causa nº 747-39 (Brihuega, 27/05/1939))

O Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas concédelle o Indulto en 1941.

NOTA: Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil, natural de Pontevedra. Xornaleiro, casado, 63 anos.


Arsuaga Urcola, Miguel (Iuira-Guipuzkoa)

41 anos, casado.

Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.


Artola Colom, Tomas (Cinctorres-Castelló)

Primeiro tenente de alcalde de Cinctorres.

Detido e xulgado en Castellón o 09/11/1938 (CAUSA_GENERAL,1404,Exp.54.).

Citado como detido no cárcere de Redondela, pero o lóxico é pensar que estaba na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Na Prisión Central de Astorga concédeselle a liberdade condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7370). Non sabemos se non se fixo efectiva ou se foi novamente detido, porque aparece preso na Prisión Provisional de Burriana (Castellón), cando por orde do 12/12/1943 concédenlle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 5 de 05/01/1943, páxina 156).


Arzac Cornall, Antonio (Benabre-Huesca)

Granxeiro, 64 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde faleceu o 7 de febreiro de 1942 por causas naturais.


Asensio Asensio, Ramón (Umiera-Teruel)

Labrego, casado, 60 anos.

Chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón procedente da Prisión Provincial de Zaragoza.


Asorey López, RamónMiguel” (Carbia, Vila de Cruces-Pontevedra)

Xornaleiro, 23 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 3 anos o 15-12-1942.

Cumpriu condena cando menos na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, no Forte de San Cristóbal (6-5-1937/10-3-1939), Prisión Central de Cuéllar (Segovia).

 

Asorey Sánchez, Francisco (Buenos Aires-Arxentina)

Reloxeiro, 34 anos. Veciño de Lalín.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Posteriormente conmutación a 4 anos de prisión menor. 

 

Astelarra Echeandía, Antonio (Cortezubi-Bilbao)

Carpinteiro, casado, 60 anos.

Acusado de Auxilio á Rebelión.

Cumpriu condena cando menos na Prisión Central de Celanova, da que sería trasladado o 27/03/1939 á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

 

 

Astorgano Carrera, Nicasio (San Esteban de Valcueza-León)

Labrego, casado, 60 anos.

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 452 de 1938, Caja 5905, Orden 1242).

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 07 de outubro de 1940 por causas naturais. 

 

Auba Soro, Tomás

Procedemento Xudicial do Tribunal Militar Territorial 1º: MADRID 80 4143 /

Preso na Prisión Habilitada de San Juan de Mozarrifar (Zaragoza). Logo pasaría pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 21/6/1940, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400).

Avalle Varela, Manuel (Nigrán-Pontevedra)

Casado, 31 anos.

Xulgado por Excitación á Rebelion (Tribunal Militar Territorial 4 | Pontevedra Y Vigo | Causa 1197 de 1936, Caja 203, Orden 2192)

Preso na Illa de San Simón.


Ave Estévez, José (Bueu-Pontevedra, 14-5-1907)

Mariñeiro, solteiro, 31 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Despois do seu paso pola illa de San Simón ingresa o 15 de xullo de 1937 no Forte de San Cristóbal (Berrioplano-Navarra). Morte o 22 de maio de 1938 na fuga do Forte de S. Cristobal-Pamplona.

Fecha: 11/6/1938
   Causa:
"(...) resultó muerto por la Fuerza Pública encargada de su captura al hacer armas contra ella"
      Enterramento:
Inscrito no rexistro civil de Ansoáin/Antsoain.


Ávila Pérez, Juan (Málaga)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón , concédeselle a liberdade condicional por Orde do 12/07/1940 (BOE número 202 do 20/07/1940, páxina 5036).

Avilés Domínguez, José (Casabermeja-Málaga)

Labrego, viúvo, 60 anos.

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 14 de maio de 1941 por causas naturais.


Ayuso Sánchez, Felipe (Valdenoches-Guadalajara)

Muiñeiro, casado, 24 anos.

PCE. Acusado de Auxilio á rebelión. Causa nº 1626-39 (Guadalajara, 22/02/1940)

Sentencia: 16 anos de prisión

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 127).


Azcárate Artamendi, Marcelino (Oviedo).

Tipógrafo, solteiro, 22 anos.

Chegou á illa de San Simón trasladado desde o

Cando menos, cumpriu condena en: Prisión Central de Lugo (22/01/1937.23/01/1937), Prisión Central de Pamplona, Forte de San Cristóbal, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Astorga, onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 229 de 17/8/1941, páxina 6336).

Archivo General Militar de Guadalajara. Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupacion. Expedientes personales | Provincia de nacimiento: Oviedo | Referencia: ES.19030.AGMG/3.2. Caja 301535, Expediente 693

Azcue Arruti, Eugenio (Orio/Aia-Guipuzkoa)

Comerciante de viños e licores e fábrica de conservas «Eugenio Azcue». Solteiro, 23 anos.

Cando menos cumpriu condena en: Forte de San Cristóbal e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Faleceu nesta última.

Archivo General Militar de Guadalajara. Penas ordinarias conmutadas 300293. 9991.

Expedientes personales de represaliados del Franquismo en la provincia de León (Asociación de Estudios sobre la Represión en León). Signatura: AERLE.CAJA17.3 | Localidad: Aya


Azuaga Oñate, Francisco (Málaga)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5770).




Autor: J. Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Aportes Xosé Moreira Docampo.

Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil (2007) Ed. Xerais.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002

Nomes e voces. http://vitimas.nomesevoces.net

https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_11.html

Con Nombre & Apellidos. Desaparecidos y represaliados durante la Guerra Civil y la posguerra

https://connombreyapellidos.es/lugar-detencion/colonia-penitenciaria-de-la-isla-de-san-simon-pontevedra/

Buscar combatientes. Buscador de la Guerra Civil Española.

https://buscar.combatientes.es/

Repertorio biobibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega. Edita: © Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Santiago de Compostela, 2001. ISBN: 84-95415-42-9

Facebook Fernandez Camiña Ana

Memoria histórica. Base de datos de concejales represaliados. Deputación de Pontevedra. https://arquivos.depo.gal/es/xeracion-perdida/concelleiros-represaliados

Ministerio de política territorial y memoria democrática.

https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/Paginas/index.aspx

DARA - Documentos y Archivos de Aragón-Memoria democrática

https://dara.aragon.es/opac/app/item/mede?p=0&q=Colonia+Penitenciaria+de+San+Sim%C3%B3n&st=.2.5.10.56.67.88.43904.44509&vm=nv&i=759741

Navarra. Centro de documentación de la memoria.

https://navarra.es

La historia en la memoria. Memorial antifranquista y democrático. https://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com

O Baixo Ulla. www.obaixoulla.gal

Fundación Francisco Largo Caballero. Censo de represaliados de la UGT. https://censorepresaliadosugt.es/s/public/page/home

Fundación Pablo Iglesias.

Fundación José Barreiro.

https://fsa-psoe.org/fjb/

Euskal Memoria Fundazioa

https://www.euskalmemoria.eus/es/db/hildakoak_sansimon

Asociación Manuel Azaña

https://www.manuelazana.org/

Nós Diario. Galegos mortos en San Cristóbal.

https://www.nosdiario.gal/media/nosdiario/files/2018/05/23/Relacio%CC%81n-de-antifascistas-galegos-mortos-en-San-Cristo%CC%81bal-de-Irun%CC%83a-58-deles-na-fuga-do-forte.pdf

Wikipedia

Concello de Lugo. Memoria histórica. http://www.lugo.es/cs/represion/index.jsp

Pontevedra nos anos do medo. https://anosdomedo.blogspot.com/. Por Xosé Álvarez Castro.

Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo. David Simón Lorda. AGAMFEC.

Abril de 1931: a chegada da II República ó Val Miñor. José Luis Mosquera Veleiro. Revista de estudos miñoráns, nº18, 2019.

La Guerra Civil en Valladolid notas sobre la represión en la ciudad. Jesús María Palomares.

Universidad de Valladolid.

Víctimas de la dictadura en Castilla La Mancha. https://victimasdeladictadura.es/

A REPRESIÓN FRANQUISTA EN CUNTIS. MEMORIA DE 1936. O PROCESO CONTRA AURELIO REI E OUTROS CUNTIENSES. Marcos Seixo Pastor

Testimonios del horror franquista que ha escuchado la juez Servini. Manuel Ángel Menéndez. Coordinadora estatal de apoyo a la querella Argentina contra crímenes del franquismo

(Ceaqua). https://www.ceaqua.org/testimonios-del-horror-franquista-que-ha-escuchado-la-juez-servini-le-clavaron-varillas-de-paraguas-en-los-oidos/

HISTORIAS DE VIDA, DE HOMBRES Y MUJERES DE ASTURIAS, INTERNADOS EN CAMPOS NAZIS. https://deportadosasturianos.blogspot.com/

Boletín Oficial del Estado. www.boe.es

La Voz de Galiciana

Faro de Vigo

Asociación Salamanca Memoria Justicia https://salamancamemoriayjusticia.org/

15MPedia. Memoria histórica en Vigo. https://15mpedia.org/wiki/Memoria_Hist%C3%B3rica_en_Vigo

Grovepedia. http://grovepedia.com/wp-content/uploads/2017/10/11.-SETE-DIAS-DE-XULIO.pdf

Presos da Estrada en San Simón. https://www.tabeirosmontes.com/presos-en-san-simoacuten.html

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2006/04/16/cando-estrada-unha-illa-18239996.html

Víctimas de la Guerra Civil Española. https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_1616.html

A Familia Poza: un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra. Carlos Pereira Martínez.

El Independiente de Granada. Republicanos granadinos en San Simón. Alfonso Martínez Foronda e Pedro Sánchez Rodrigo. https://www.elindependientedegranada.es/politica/republicanos-granadinos-san-simon-isla-muerte-i

https://www.elindependientedegranada.es/politica/san-simon-isla-desmemoria-ii

Mapas de Memoria. Diputación de Ciudad Real. https://www.mapasdememoria.com/todoslosnombres/

Busturia (1937-1945): El primer franquismo. Xavier Herrero Acosta. https://www.eusko-ikaskuntza.eus/PDFAnlt/lankidetzan/67/Lank67_es.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario