lunes, 12 de enero de 2026

Guerra Civil. Listaxe de presos na Illa de San Simón-B

Grupo de Presos en San Simón. europeanmemories.net


Baamonde Peón, Luis Enrique “Luis de Cabanela” (A Cabanela, Muras-Lugo, 14-7-1879)

Labrego, viúvo, 58 anos.

Afiliado á Agrupación Socialista de Muras. UGT.

Foi detido o 19 de agosto de 1936 acusado de Rebelión e Auxilio á Rebelión. En Consello de Guerra celebrado en Lugo o 16 de xaneiro de 1937 foi condenado a 30 anos de reclusión maior.

Ingresado nas prisións de Lugo (18/12/1936-20/03/1937), A Coruña (20/3/1937) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (9/3/1939). Seguía nesta última cando se lle concede a liberdade condicional en 1941 (BOE nº 90 de 31/3/1941, páxina 2122).

Unha grave enfermidade hepática contraída na Illa de San Simón, provocaríalle a morte uns anos despois de recuperar a liberdade en Muras. 

 

Baca Abarca, Luis

Xulgado en Madrid (Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarisimos | Madrid, 1939 | Referencia: Sumario 620, Caja 558, Orden 2).

Preso na Illa de San Simón, por orde do 14/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 299 de 26/10/1942, páxina 8581).

 

Badía Pertegás, Rafael

Tribunal Militar Territorial 2 | Procedimiento Sumarisimo

Preso na Illa de San Simón, por orde do 14/12/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 299 de 26/10/1942, páxina 8581).


Bailén Gómez, Juan de Dios

Preso na Illa de San Simón, por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 161).

Centro Documental de la Memoria Histórica. Fichero de la Seccion Politico-Social | Previsualizacion disponible | Fichero 16, Ficha D0048355

Tribunal Militar Territorial 2 | Procedimiento Sumarisimo de Urgencia


Bala Benavente, Tomás

Preso na Illa de San Simón, por orde do 21/12/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº73 de 13/03/1944 , páxina 2132).


Balboa López, Remigio (Bandeira, Silleda-Pontevedra)

31 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación e extinción de pena o 21-06-1940.

Preso na Colonia Penitenciaria de San Simón.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, recibindo o indulto en 1960.


Ballabriga Peralta, Joaquín (Lastanosa-Huesca)

Labrego, casado, 63 anos.

Vocal do Centro de Izquierda Republicana.

Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Zaragoza. Sumarísimo de urgencia. Barbastro (Huesca) 1938/07/03.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huelva e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Falecido o 3 de decembro de 1943, sendo o último falecido rexistrado no cárcere da Illa de San Simón.

NOTA: 1º apelido tamén citado como Ballabriega.

Ballesteros Domínguez, Soriano (Teis, Vigo-Pontevedra)

Mariñeiro, solteiro, 26 anos. Fillo de Juan e Ramona.

Xulgado en Vigo o 17 de outubro de 1936 por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua, 30 anos.

Preso, cando menos, no Centro Penitenciario da Illa de San Simón, na Prisión Central de Pamplona (5/2/1937), Cárcere de Astorga (13/11/1942) e na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (26/12/1942). Estaba nesta última cando por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 203 DE 22/07/1943, páxina 7074).

Instituto Navarro de la Memoria. Fichas de presos (AGA)


Ballesteros González, Manuel (Teis, Vigo-Pontevedra)

Mariñeiro, casado, 29 anos.

Fillo de Ángela, casado con Francisca Iglesias Pérez, pais de Manuela, Juana e Ángel,

Preso no Centro Penitenciario da Illa de San Simón de onde foi sacado. Morte rexistrada en Redondela a causa de disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en A Concheira-Trasmañó, na estrada Redondela-Vigo, o 7 de novembro de 1936. Enterrado no cemiterio de Eidos en Redondela.

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00556 | Madrid (Madrid) | Indulto (1944 - 1944).


Ballesteros Muñoz, FranciscoEl Machaco” (Olías del Rey-Toledo)

Xornaleiro, casado, 63 anos.

Acusado de Auxilio á rebelión. Causa/Sumario nº 1712-P. Condenado a 20 anos de prisión.

Inicio da pena o 27/04/1939.

Preso cando menos en: Prisión Provincial de Toledo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e a Prisión de A Garda (02/10/1940).

 

Balmori Balmori, Casto (Posada, Llanes-Asturias)

Labrador, casado, 59 anos. Fillo de Benito e Josefa.

Da Agrupación Socialista[UGT]; tenente de alcalde de Llanes.


No libro “La libertad es un bien muy preciado. Consejos de guerra celebrados en Gijón y Camposancos por el ejército nacionalista al ocupar Asturias en 1937: testimonios y condenas”, de Marcelino Laruelo Roa, non consta o número de sumario, pero si a data de celebración do Consello de Guerra (3-1-38 Lunes). Sentencia: Reclusión perpetua.

Chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, procedente da Prisión Central de Celanova.

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00064 | Llanes (Asturias) | Indulto (1957).


Balmori Balmori, Francisco (Asturias)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 11/07/1941, BOE 211 de 30/7/1941, páxina 5737.


Bango González, Francisco (Carrera-Asturias)

Carteiro, casado, 60 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942, BOE 209 de 28/07/1942, páxina 5541.


Baños Mariño, Pablo (Laxos, Cuntis-Pontevedra)

Xornaleiro, casado, 35 anos.

Pasou polos cárceres de Cuntis, Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Forte de San Cristóbal (Pamplona). Nesta última foi un dos presos que tentou fuxir na gran evasión, sendo capturado. Falecería en circunstancias pouco claras en setembro de 1940.

Tempo despois enviouse unha comunicación desde a Illa de San Simón pedindo a súa posta en liberdade. A contestación que se dá desde Pamplona é que tramitan a orde de liberación do citado recluso xunto coa do caldense Francisco Búa Carou en marzo de 1942, agregando que ambos morreron na enfermería do establecemento penitenciario.

En 1941 ségueselle expediente por Responsabilidades políticas. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).


Baños Martínez, Clemente

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, por Orde do 31/07/1940, BOE nº 218 do 05/08/1940, páxina 5428.

Archivo General militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Sevilla | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300297, Expediente 10501


Bao Lagares, José (Mezonzo, Vilasantar-A Coruña)

Canteiro, 27 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1941.

NOTA: Citado como veciño da Estrada preso na Illa de San Simón (www.tabeirosmontes.com)


Baquero Gijón, Sinforiano (Palencia)

Xornaleiro, casado, 62 anos.

Estivo internado na prisión provincial de Palencia desde o 22/07/1936 a febreiro de 1939 que foi trasladado á Colonia  Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 13 de novembro de 1939 por causas naturais.


Baquero Lafuente, José (Lena-Asturias)

Labrador.

Despois de pasar pola Prisión Central de Celanova é trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon. Estando alí ingresado, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por Orde do 24/06/1940, BOE 181 de 30/6/1941, páxina 4805.

 

Baragaño Moro, Vicente (Gijón-Asturias)

Axustador, casado, 60 anos.

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, o 19 de febreiro de 1942 ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1513). 

 

Baratas, Manuel

Lista Gonzalo Amoedo e Gil Moure.


Barba Soriano, Juan Vicente (Logrosán-Cáceres)

Xornaleiro, casado, 69 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 18 de xuño de 1941 por causas naturais.

Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarisimos | Madrid | Referencia: Sumario 1871, Legajo 6025

Procedimiento judicial incoado. BOE 29 de xullo de 1943, N. 210, páx. 2740.

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00996 | Indulto (1953 - 1953). Notas: Procede del Juzgado Especial de Ejecutorias nº 3. Numero de Rollo: 00111/1942


Barbeito Cal, Ángel (Redondela).

36 anos. Mariñeiro. Residiu en Pasaia e citado como radicado en Trintxerpe.

Afiliado ao sindicato “Avance Marino”. CNT.

Detención na Illa do Lazareto de San Simón. Exiliouse en febreiro de 1939, pasou 30 meses en batallóns de traballadores no sur de Francia. Nos anos 40 residía en Anglet (Francia).


Barberán Muner, Miguel

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 132).


Barbosa Fernández, Manuel “Roxo” (Portugal)

Serrador, 44 anos. Veciño de Salvaterra de Miño-Pontevedra.

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Pontevedra | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300425, Expediente 27253

Despois de pasar pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, na Prisión Central de Burgos concédenlle a Liberdade Condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4956)


Bárcena Tresguerres, Francisco (Ferreros, Ribera de Arriba-Asturias)

Labrego, casado, 60 anos. Fillo de José e Tomasa.

Presidente da Agrupación Socialista de Ribera de Arriba. UGT.

Iniciada a Guerra Civil asesor do Comité de Guerra que acordou o asasinato de varias persoas. Anteriormente tomara parte na revolución de outubro de 1934.

Acusado de Rebelión Militar. Consello de Guerra: Oviedo – 1654. Condenado a morte, pena conmutada por 20 anos e 1 día de RM. Comezou a cumprir condena en decembro de 1937.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

No Censo de Represaliados de la UGT o sitúan na Prisión Provincial de Oviedo en xaneiro de 1943.


Barragaño Moro, Vicente

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, sen a liberación definitiva do desterro, por orde do 19 de febreiro de 1942 ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1513).


Barragués Orensanz, Ramón (El Bodón-Salamanca, 17-10-1878)

Carteiro e Albanel. 58 años. Casado con Eulalia Casado González. Fillo de Hermenegildo e Florentina.

Afiliado á Casa del Pueblo. Alcalde da comisión xestora de El Bodón.

O 11/09/1936 é detido e ingresado na Prisión de Ciudad Rodrigo (Salamanca) acusado de alterar a orde pública cando era alcalde. O 14/09/1936 é posto en liberdade. O 28/09/1937 é detido por seguir desempeñando o posto de carteiro, cando o destituíran como alcalde. O 28/09/1937 ingresa na Prisión Provincial de Salamanca, acusado de Adhesión á Rebelión, celebrándose o Consello de Guerra o 04/11/1937. Sentencia 1861/1937, condenado a 20 anos e 1 día de reclusión maior.

O 23/01/1939 trasladado á Prisión Central de Celanova (Orense). Despois é trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 11/07/1941, BOE 211 de 30/7/1941, páxina 5737.

O 14/04/1943 rebáixanlle a condena a 10 anos de prisión maior.

Celébrase unha nova causa o 01/08/1944 e o día 30 dese mesmo mes xa desfrutaba da liberdade condicional en El Bodón.
NOTA: Tamén citado como Ramón Barraguer Orensanz.


Barral Otero, Jacobo (O Grove-Pontevedra, 1906)

Mestre, solteiro, 30 anos. Alcalde do Grove.

Jacobo Barral. Concello do Grove
Na Segunda República foi presidente do Partido Galeguista do Grove e correspondente de El Pueblo Gallego. Logo da dimisión da anterior Corporación, foi nomeado xestor e elixido alcalde do Grove a finais de xuño de 1936.

Detido xunto ao seu tío Jacobo Otero Goday e outros veciños. Despois de pasar polos calabozos de O Grove e Vilagarcía, foron trasladados á prisión provincial de Pontevedra o 16 de novembro de 1936. Ao día seguinte celébrase Consello de Guerra acusados de rebelión militar e Xacobe Barral é condenado pena de morte, sentenza conmutada por cadea perpetua, 30 anos.

Xacobe Barral Otero e mais o seu tío Xacobe Otero Goday foron levados á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, sendo trasladados á fortaleza de San Cristobal de Pamplona o 6 de febreiro de 1937, onde tiveron que soportar as crueis represalias pola fuga de presos producida o 22 de maio de 1938.

Logo serían trasladados ao penal de Figueirido (Pontevedra), Xacobe Barral o 16/02/1940 e Xacobe Otero Goday o 16/02/1939. Ambos acadaron a liberdade condicional en 1940

Xacobe Barral inicia a década de 1950 en liberdade vixiada, volvendo a exercer de mestre abrindo escola privado nun baixo da súa familia no Corgo.

Despois de casar establécese en Vigo, adicándose a labores administrativos e comerciais ata a súa xubilación.

Coa restauración da democracia, volve a participar na vida política encadrándose no Partido Galeguista e sendo candidato do PNG-PG ás eleccións europeas de 1989. Finou en Vigo o 15 de decembro de 1996.

O 29/02/2016 O Concello do Grove nomeou á rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, en cumprimento dunha moción amparada pola Lei da  Memoria Histórica.



Barreda Revuelta, Serafín (Vioño-Cantabria)

Sepultureiro, casado, 61 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 6 de febreiro de 1941 por causas naturais

Comision Central de Examen de Penas. Penas de muerte conmutadas | Comision de Santander | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300090, Expediente 6940


Barreiro Abril, Ramón (Valga-Pontevedra)

Carpinteiro, 28 anos. Veciño de Pontecesures.
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Atenuación da pena. Pasa 4 anos privado de liberdade pasando polas prisións de Valga, de Lugo (2-12-1939/18-8-1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de S. Simón.

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00223 | Puentecesures | Indulto (1941 - 1941). Notas: Tribunal de Responsabilidades Políticas de La Coruña-


Barreiro Cestay, Salvador (Bueu-Pontevedra)

Mariñeiro, casado, 24 anos. Fillo de Ramón e Rosa, casado con Josefa.

JSU, Contador da "Unión Conservera la Prosperidad".

O 3 de setembro de 1936 é detido xunto a varios sindicalistas en Bueu acusados de reunión clandestina.

Serán xulgados en Pontevedra o 22-12-1936 por Rebelión Militar co resultado de sentenza a cadea perpetua, 30 anos. Prisión atenuada en setembro de 1940. Conmutación a 4 anos en decembro de 1942.

Da Illa de San Simón pasou ao Forte de San Cristóbal-Pamplona (16-5-1937).


Barreiro Martínez, Jesús (Cangas-Pontevedra)

Comerciante, casado, 51 anos.

Presidente do Centro Republicano de Cangas en 1932.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a prisión 15 anos. (Causa 1068 de 1937, Caixa 31, Orde 117)

Despois de pasar pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, ingresado na Prisión Central de Figueirido (Pontevedra), onde acada a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro (BOE 08/11/1941).


Barreiro Paredes, Abelardo (Bueu-Pontevedra)

Mariñeiro, casado con Josefa, 35 anos. Fillo de Francisco e Pilar.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar co resultado de sentenza, do 29/12/1936, por cadea perpetua, 30 anos.

Despois de pasar pola Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón é trasladado ao Forte de San Cristóbal (15-7-1937). Participa na gran evasión pero volve a ser detido. Nesta prisión falecería o 18 de outubro de 1940 por enfermidade (Causa: Colapso tuberc. Pulm.). Enterramento: Cemiterio de Berriosuso (Berrioplano-Navarra). Fosa: 2945/2022 NAVA.

 

Barreiro Paredes, Amador (Santiago-A Coruña)

Peón, casado, 31 anos.

Detido no campo de concentración da Illa de San Simón.


Barreiro Pérez, Bernabé (Salamanca)

Labrego, casado, 66 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 13 de xuño de 1941 por causas naturais.


Barreiro Touceda, Ramón (A Estrada-Pontevedra)

Labrego, 46 anos.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos. (Causa 970 de 1937, Caixa 30, Orde 114).


Barreiro Vázquez, Juan Enrique (Castronuño-Valladolid, 7-1-1899)

J. E. Barreiro. Vida Gallega
Cineasta e inventor, 37 anos. Fillo do fotógrafo da Estrada, Ramón Barreiro Barcala, establecido en México e que regresaría coa familia a Galicia en 1910, instalándose en Pontevedra.

En 1927 estreou o documental Pontevedra, cuna de Colón. En 1932, co seu irmán Ramón e o pintor Ramón Peña, fundaron a produtora Folk, realizando un noticiario cinematográfico galego que se mantivo ata 1935. Rodou os documentais El Seminario de Estudios Gallegos en Deza e Por unha Galicia nova, en apoio do Estatuto de Autonomía Galego. Esta ocupación a compaxinaba coa patente de sistemas ópticos para o cinema.

Foi detido e encarcerado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, pero foi posto en liberdade pouco despois grazas á mediación de Daniel de la Sota, quen fora presidente da Deputación de Pontevedra.

En 1940 instalouse en Madrid, reuníndose novamente co seu irmán para montar un laboratorio fotográfico onde continuou coas súas patentes. Posteriormente, volvería a Pontevedra, reabrindo o vello estudio fotográfico e comezando a pintar retratos. Finaría en Sanxenxo o 27/02/1984.


Barrenechea Uribarri, Severino Kepa de (Baracaldo-Bizkaia)

Delineante, solteiro, 24 anos.

Morto na illa de San Simón.

Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Vizcaya | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300266, Expediente 6425


Barreno Orejudo, Roque (Vegas de Matute-Segovia)

Labrego, casado, 37 anos.

Cumpriu condena: na Colonia Penitenciaria da illa de San Simón, Forte de San Cristobal (Pamplona) e Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas, onde lle conceden a Liberdade Condicional (BOE nº 229 de 17/8/1941, páxina 6337).

 

Barrera Arango, Florencio Ramón (Oviedo-Asturias)

Labrego, casado, 49 anos.

Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Oviedo | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300226, Expediente 2154.

 

Barrero García, Francisco (Orveja-Soria)

Xornaleiro.

Chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón procedente da Prisión Central de Celanova.


Barrientos Rodríguez, José (Casabermeja-Málaga)

Labrego, viúvo, 62 anos.

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 11 de abril de 1940 por causas naturais

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Malaga | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300547, Expediente 45505


Barrio Fernández, Camilo (Valdeteja, Valdelugueros-León)

Labrego, viúvo, 63 anos.

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 714 de 1937, Caja 5858, Orden 604).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, por Orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 180 de 29/06/1942, páxina 4632).

Expediente de responsabilidade civil. Boletín Oficial de la Provincia de León. Núm. 179 (11/08/1944).

 

Barrios, Alejandro

Lista Gonzalo Amoedo e Gil Moure. 

 

Barros Labandez, Alejandro de (Arboleda-Bizkaia)

49 anos.

Morto na illa de San Simón.

 

Barros Montero, Manuel_Nomes e Voces

Barros Montero, Manuel Xabelón” (Redondela).

Mariñeiro, solteiro, 16 anos.

Fillo de Manuel Barros Fervenza e Luciana Montero Paz. O seu pai, mariñeiro en Pasaia (Guipúzcoa) falecería o 27/08/1936 cubrindo a evacuación (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/guerra-civil-soldados-falecidos.html )

Irmán do restaurador Ángel Barros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/barros-montero-angel-redondela-1935.html ).

Partido Comunista Español.

Detido e xulgado en Vigo xunto a outros 14 redondeláns por auxilio á rebelión o 16 de decembro de 1936. Sería condenado a 6 anos de prisión e multa mancomunada de 2 millóns de pesetas. Cumpriu cadea nas prisións do Frontón de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (1937-1938), Prisión de Vitoria e Prisión Provincial de Valladolid, onde lle conceden a Liberdade Condicional por orde do 12/08/1940 (BOE número 235 do 22/08/1940, páxina 5820).

Non remataría aquí e volve a ser detido por reorganizar o PCE en Redondela, sendo xulgado por delito equiparable a rebelión militar en 1948 e cumprindo condena na Colonia Penitenciaria do Dueso (Santoña). En 1954 recobra a liberdade e establécese en Redondela onde casa e traballa de albanel.

Foi elixido concelleiro de Redondela polo PCE nas elección municipais de 1983.

Barros Montero, Manuel (2006). Memorias de Manolo Barros. Autobiografía dun militante comunista. Fundación 10 de marzo.

Manuel Barros, un rebelde de aceiro. Documental de Fernando Carreira “Cuchi”.


Barros Suárez, Baltasar (Beade, Vigo-Pontevedra)

Carpinteiro, 31 anos.

Fixo a guerra na zona republicana. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas). Xulgado por rebelión militar e sentenciado a prisión 12 anos e 1 día. (1940) Conmutación por 6 anos no (1941) e condicional

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00223 | Lavadores | Indulto (1941 - 1941). Notas: Tribunal de Responsabilidades Políticas de La Coruña


Barros Torres, Manuel Ramón (Meis-Pontevedra)

Labrego, 56 anos. Casado con Carmen Chantada.

O seu fillo Manuel Barros Chantada “O Rancheiro”, tamén sería detido.

Concelleiro de Meis. Pertencía a La Fraternidad Obrera de Agricultores de Meis.

En xullo de 1937 foi detido acusado de requisar armas. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día.

Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Posteriormente conmutáronlle a pena a 2 anos de prisión menor, sendo posto en liberdade o 12 de xuño de 1939. Ese mesmo abríuselle expediente de responsabilidades políticas.

 

Barroso Rodríguez, Florentino (Toledo)

Xornaleiro, casado, 68 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais


Basabe Bareño, Emilio (Guernika-Bizkaia)

33 anos.

Chegou á illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal. Morto na illa de San Simón.

Expedientes personales de represaliados del Franquismo en la provincia de León (Asociación de Estudios sobre la Represión en León). Signatura: AERLE.CAJA20.1


Basañez Galdós, Juan (Mutriku-Guipuzkoa)

34 anos. Morto na illa de San Simón.

Listados de la Cruz Roja española | Lista 1052: 316 personas propuestas para canje, junto a sus hijos (29 de abril de 1938) | Lista De Canjes. Campo De Concentracion | Pagina 11

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Vizcaya | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300499, Expediente 38108

AGMG. CCEP. Penas Ordinarias Conmutadas, cajas 300202 a 301107

Militares republicanos. Diario Oficial del Ministerio de Defensa | Año 1937, Numero 110, pagina 276


Basteiro Penela, Miguel (Forcarei-Pontevedra)

Canteiro, solteiro, 24 anos.

Veciño de Codeseda, A Estrada.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación e liberdade en setembro de 1939.

Libre disposición dos seus bens despois de satisfacer a sanción económica imposta. BOE. 28 de abril de 1941. Nª118, Páx. 1691.

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Pontevedra | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300306, Expediente 11639

 

Basterra Aramburu, José Ramón Atanasio “Aitona” (Bilbao-Bizkaia, 1895)

J. R. Basterra.Fondo: Bernardo Estornés Lasa
Avogado, casado, 42 anos.

Faleceu o 17 de outubro de 1976. Foi un destacado pelotari, sendo presidente do club Deportivo Bilbao entre 1933 e 1934 e recibindo a medalla ao mérito deportivo.

Preso, cando menos, na Illa de San Simón e o Forte de San Cristóbal.

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00574 | Bilbao (Vizcaya) | Indulto (1940 - 1940).

 

 

Batet Solanes, Pablo (L’Arboç-Tarragona)

Labrego, casado, 64 anos.

Consello de guerra. Sumarísimo, numero de causa 001450 (1939-1939). Condenado a 20 años de reclusión temporal. A pena sería conmutada a 6 anos e un día de prisión maior.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/09/1941 (BOE número267 de 24/9/1941, páxina 7363).

NOTA: Tamén atopo a:

Pablo Batet Solano. Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por orde do 19 de febreiro de 1942 ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1503).


Bautista Alconero, Alfredo “Reisiño” (Ponteareas-Pontevedra, 4-11-1912)

Debuxante, realizaba caricaturas e debuxaba os carteis do cine de Ponteareas. Futbolista afeccionado. Solteiro, 24 anos.

Juventudes Socialistas Unificadas (JSU).

Detido o 21 de xullo co seu irmán Manuel Bautista Alconero “Piruel” cando se dirixían a Pontevedra. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Catro días despois conmutáronlle a pena por 30 anos de cárcere.

Cumpriu catro anos na Colonia Penitenciaria de San Simón onde debuxaba caricaturas doutros presos. Levaba a contabilidade do cárcere, o que lle permitiu iniciar unha relación sentimental con Rosario “Charo” Hermida, filla do dono do restaurante “La Cueva”, sito na R. Alfonso XII (Redondela), que se encargaba de levar a comida á illa de San Simón a un preso rico de León, e coa que acabaría casando.

Saíu en liberdade en 1940, fixando a súa residencia en O Porriño. Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo. Déronlle o seu nome ao Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero e ao campo de fútbol de Ribadetea (Ponteareas). Finou no Porriño o 13 de decembro de 2000.

É un dos protagonistas do documental «Aillados», de Antón Caeiro, do que tamén se publicou libro. 

 

Bautista Alconero, Manuel “Piruel” (Ponteareas-Pontevedra)

Carpinteiro, solteiro, 20 anos.

Juventudes Socialistas Unificadas (JSU).

Como vimos, detido o 21 de xullo co seu irmán Alfredo “Reisiño” cando se dirixían a Pontevedra. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción da pena o 21-07-1939.

Seguíuselle expediente de Responsabilidades Políticas do que foi indultado en 1957.

Listados de la Cruz Roja española | Listas 1019 y 1019bis: Propuestas de canje | Puenteareas | Notas: Detenido | Pagina 37, 114

Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupacion. Filiaciones | Provincia de nacimiento: Pontevedra | Fechas extremas del expediente: 1941-1942 | Referencia: ES.19030.AGMG/3.5. Caja 304459, Expediente 224

 

Alfredo Bautista. Fotograma do documental Aillados

Bautista Carreño, José (San Vicente de Alcántara-Badajoz)

Xornaleiro, 64 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 28 de novembro de 1940 por causas naturais


Bautista García, Vicente (Vigo-Pontevedra)

Perruqueiro, casado, 44 anos. Fillo de Aurelia, casado con Adelina Conde Gutiérrez, pai de Ramón e Antidio.

Cumpría condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón de onde sería sacado o 9 de novembro de 1936. Ao día seguinte o seu corpo sería atopado na Cuncheira (Trasmañó-Redondela), na estrada Redondela-Vigo, morto por disparos de arma de fogo. Sería enterrado no cemiterio dos Eidos.


Bayar Tardez, Benito (Zaragoza)

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Zaragoza | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300788, Expediente 80709

Archivo General Militar de Guadalajara. ARCHIVO GENERAL MILITAR DE GUADALAJARA. CCEP. Penas Ordinarias Conmutadas, caja 300788 80709


Bayón González, Francisco (La Mata de Curueño, Santa Colomba de Curueño-León)

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 197 de 1936, Caja 5892, Orden 1107).

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 26/04/1940. ( Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).

Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Signatura: Jc Caja 3601.0018 | Ambasaguas (León) | Inculpacion (1938)


Bayón González, Juan (Santibañez de la Fuente, Aller-Asturias)

Labrego, casado, 67 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 20 de maio de 1941 por causas naturais.

Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores (BDST). Expedientes personales de Soldados Trabajadores y Soldados de Escolta | Referencia: ES.19030.AGMG/3.1. Caja 302169, Expediente 23204.

 

Bayón Juaniño, Segundo (La Baña-León)

Latoeiro, casado, 34 anos.

Chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal.


Bazán García, Carlos (Álava-Vitoria)

Mecánico.

Membro do Sindicato de Metalúrgicos-UGT.

Traballaba no “Garaje Internacional". Co inicio da guerra foi traballar nos Talleres Múgica e despois iría a Santander, onde realizaba o blindado dos camiós. Regresou a San Sebastián onde foi detido, porque estando ebrio, falou do futuro triunfo da República.

Consello de Guerra: San Sebastián – 1253. Xulgado por excitación á rebelión. Condenado a 8 anos, sendo a pena conmutada por 6 anos e 1 día.

En maio de 1940 atopábase cumprindo condena na Colonia Penitenciaria de San Simón.


Bea Iglesias, Antonio (Meloxo, O Grove-Pontevedra)

Canteiro, 22 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión 15 anos. Conmutación a 2 anos e extinción o 15-02-1939

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas. Concédeselle o indulto en 1960.


Beato Verdejo, Blas (San Lorenzo de Calatrava-Ciudad Real)

Labrego, casado, 66 anos.

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por orde do 19 de febreiro de 1942 ( BOE nº 61 de 02/03/1942, páxina 1504).

Recuperación de bens. Expediente 4.144; sentencia de 31 de xaneiro de 1942. (BOE 28 de abril de 1942, páx. 2080).

 

Becerril Conde, Ildefonso (Beas-Huelva)

Labrego, solteiro, 63 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón o 07 de febreiro de 1941 por causas naturais


Bedos Rius, Domingo

Cumpriu condena na Prisión Provincial de Zaragoza.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por orde do 17 de setembro de 1942 ( BOE nº 272 de 29/09/1942, páxina 7644).

 

Beired Montes, Francisco (Barluenga-Huesca)

Xornaleiro, 62 anos.

Xulgado pola Auditoría de Guerra da 5 Rexion Militar. Sumarísimo de urxencia por adhesión á rebelión e auxilio á rebelión (Consello de Guerra Permanente. 127-38). Huesca 1938/07/20.

Cumpriu condena na Prisión Provincial de Huesca, na Prisión Central de Burgos (22/09/1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por orde do 15 de xuño de 1942 (180 de 29/06/1942, páxina 4626).

 

Beiro Maneiro, Secundino (Noia-A Coruña)

Zapateiro, 26 anos. Veciño da Estrada (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación e extinción da pena o 16-01-1940

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE Anexo único Nº15, 15 de xaneiro de 1940, páx. 270).


Beitia Arza, Teodoro (Urbina-Álava, 9-11-1864)

Labrador, casado.

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial 4, Alava, (Causa 102 de 1937, Caixa 114, Orde 1711).

Cumpriu condena, cando menos, na Prisión Central de Celanova e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Béjar Béjar, Gregorio (Orgaz-Toledo)

Xornaleiro, casado, 67 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón., onde é rexistrada a súa morte, o 27 de xaneiro de 1941, por causas naturais.


Bellver Gómez, Fulgencio (Cenizate-Albacete)

Auxiliar camiñeiro, casado, 63 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde o 11 de maio de 1941 é rexistrada a súa morte por causas naturais

Belmonte Sánchez, Natalio (Torreperogil-Jaén)

Labrego, viúvo, 62 anos.

Descoñécese o fallo do Tribunal Militar.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Beltrán de la Chica, Francisco (Málaga)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por orde do 23/01/1942 (BOE nº 38 de 07/02/1942, páxina 938).


Beltrán Climent, Juan (Les Useres-Castelló)

Avogado.

Tesoureiro de Izquierda Republicana. Membro da Confederación General de Trabajadores (CNT).

Xulgado polo Tribunal Militar Territorial 1, Castellón, 1938. Sumario 846, Caja 14106, Orden 2.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de san Simón. Falecido o 02/10/1943.


Beltrán Rabanal, Benigno (La Vecilla-León)

Secretario, casado, 65 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón por Orde de 11/07/1941, concédenlle a Liberdade Condicional coa liberación definitiva de desterro (BOE nº 201 de 20/7/1941, páxina 5437)

Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Signatura: Jc Caja 3600.0041 | Vecilla (León) | Inculpacion (1938)


Bena Valverde, Eusebio (Castejón-Huesca)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Benages García, Silverio (Puertomingalvo-Teruel, 1872)

Labrego.

Acusado de adhesión á rebelión e auxilio á rebelión (Sumarísimo de urxencia 423-38. Zaragoza, 1938/09/02).

Detido na Prisión Provincial de Zaragoza (1938), na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Provincial de Castellón de la Plana, onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE número 157 de 06/06/1943, páxina 5461)

Ramo de Puertomingalvo (Teruel) | Mosqueruela (Teruel) | Fecha: 04/02/1941 | FC-CAUSA_GENERAL,1419,Exp.71. Pagina 24


Benedicto Mínguez, Domingo (Urrea de Gaén-Teruel)

Acusado por excitación á rebelión é xulgado en Zaragoza, sendo condenado o 1939/05/30 a 6 anos e un día de prisión maior. (Auditoría de Guerra de la 5 Region Militar | Sumarísimo de urgencia | Consejo de Guerra Permanente numero 1. Número de procedimiento: 182-39).

Preso na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 08/11/1941 (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9014).

NOTA: Citado tamén como Domingo Benedieto Mínguez.


Benedo Zurriaín, Víctor (Muras-Lugo)

Industrial, casado.

Detido na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Beneite Texeira, Francisco (Monterrubio de Armuña-Salamanca, 11/01/1903)

Xornaleiro, solteiro. Fillo de Eduardo Beneite Medina e Remedios Texeira.

Detido o 01/09/1936, na estación de ferrocarril de Huelmos de Cañedo (Salamanca), na que o seu pai era capataz, e ingresado en la Comisaría de Vixilancia de Salamanca. Foi denunciado por portar unha pistola antiga de dous canóns.

O 04/09/1936 ingresa na Prisión Provincial de Salamanca, para ser xulgado polo Juzgado Militar nº 3 de Salamanca. O 21/01/1937 asiste ao Consello de Guerra (Causa 602/1936) por Tenencia ilícita de armas (Auxilio á rebelión), sendo condenado a 12 anos e 1 día de reclusión menor.

Cumpriu condena en: Prisión Central de Pamplona (26/06/1937 ), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/09/1938) e Prisión Provincial de Madrid, onde por orde do 04/07/1941 concédeselle a liberdade condicional, establecendo a súa residencia en Huelmos de Cañedo (Salamanca).

O 30/08/1943 revisada a condena, rebaixase a 3 anos e 8 meses de prisión menor. O 06/07/1944 causa.


Bengoechea Izaguirre, Guillermo (Ermua-Bizkaia)

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional o 4 de xuño de 1940 (BOE numero 162 del 10/06/1940, páxina 3981).

 

Benítez Domínguez, Francisco (Málaga)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5769).

Debeu ser novamente detido ou a liberdade non se fixo efectiva porque aparece novamente preso, nesta ocasión, na Prisión Provincial de Bilbao onde, por Orde do 12/12/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número4 de 04/01/1943, páxina 119).

Archivo General Militar de Guadalajara. Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 2a Agrupacion. Expedientes personales | Provincia de nacimiento: Malaga | Referencia: ES.19030.AGMG/3.2. Caja 301546, Expediente 923.

 

Berasategui Oria, Bernardo (Beasain-Guipuzkoa)

Veciño de Itsasondo (Guipuzkoa).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 21/6/1940 (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400).

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas, coa sentencia do pago de 100 pesetas “de resarcimiento de perjuicios”, tras ser declarado culpable por excitación á rebelión. (TRIBUNAL REGIONAL DE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS DE NAVARRA. 1941.02.01, ITSASONDO. ES/NA/AGN/F363/TRP_SENTENCIAS,Lb.2,N.834). 

 

Berezo Andrés, Agustín (Membribe-Burgos)

Cortador, casado, 60 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria de San Simón.


Berges Castella, Hortensio (Borges Blanques-LLeida, 12-3-1919)

Fillo de Mariano Berges Berga e María Rosa Castella Feliu.

Detido cando menos na Prisión Central de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (1944).


Berisa León, Gregorio (Azagra-Navarra)

Xornaleiro, solteiro, 16 anos. Fillo de Gregorio e Victoria.

Formou parte dun grupo armado con escopetas polo alcalde de Azagra para deter a chegada ao pobo a un grupo de coches do bando sublevado, disparando contra un vehículo da Garda Civil. Todos foron detidos, apesares de que algúns como Gregorio non abriron fogo.

Condenado por Rebelión Militar por sentencia de 25-8-1936 á pena de 12 anos e 1 día.

Cumpriu condena no Forte de San Cristóbal, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/9/1938), Prisión de Vitoria (22/11/1938).

Liberdade 07/07/1940.

8/04/1946 en liberdade, veciño de Estella (Navarra).

En 1979 concorreu ás eleccións como número 2 do Partido Comunista de Euskadi (PCE/EPK) por Azagra. En 1983 formaba na lista deste mesmo partido nas eleccións autonómicas.


Bermejo Martín, Francisco (Horcajo-Madrid)

56 anos.

Tribunal Militar Territorial 4 | Burgos | Causa 316 de 1936, Caja 78, Orden 3500 | Plaza de Burgos

Chegou á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón procedente do Forte de San Cristóbal. Despois sería trasladado á Prisión Provincial de Palencia, onde acadaría a Liberdade Condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, páxina 4902)


Bermejo Pasamón, Pedro (Anguita-Guadalajara)


Xornaleiro. Fillo de Casimiro e Bonifacia.
Membro afiliado da UGT.
Foi detido o 07/07/1939 acusado de pertencer ao Servicio de Información Militar, ingresando na Prisión Habilitada de Barco (Madrid).
Consello de Guerra Permanente nº9 de Madrid (6/11/1939). Sumario 41.277. Adhesión á rebelión con agravantes de perversidade e transcendencia (6/11/1939). Pena de morte (6/11/1939)
Esta sentencia sería anulada porquese observan en dicha causa la omisión de ciertas diligencias previas para formar juicio suficiente en relación con la gravedad de la pena impuesta, siendo procedente que se continúe la investigación sumarial". Catro meses despois será novamente xulgado con idéntico resultado: Consello de Guerra Permanente nº7 de Madrid (7/3/1940). Adhesión á rebelión (7/3/1940). 30 anos de prisión maior (7/3/1940)-
Penas accesorias: Suspensión de todo cargo durante a condena, abono da prisión preventiva e responsabilidade civil.
Cumpre condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (Pontevedra)

Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00320 | Anguita (Guadalajara) | Indulto (1941 - 1944).


Bermúdez España, Avelino (A Estrada-Pontevedra)

Carpinteiro, 43 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Cumpriu a sentenza na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristobal (Pamplona), onde por Orde do 11/11/1943 concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 349 de 15/12/1943, páxina 11939).


Bermúdez Valdeón, Francisco (León)

Tipógrafo, casado, 50 anos.

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 80 de 1936, Caja 5909, Orden 1274).

Libros Registro Responsabilidades Políticas. Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Valladolid (Archivo de la Real Chancillería de Valladolid). Signatura: Jc Libro 0482. Folio 0171 | Sahagún (León) | Inculpacion

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Tamén detido na Prisión Habilitada Manicomio de Palencia, cando se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 59 de 28/2/1941, páxina 1415).


Bernal Martínez, DiegoCaparranas” (Cieza-Murcia, 1871)

Xornaleiro, 68 anos, casado con 4 fillos. Fillo de Joaquín e Juana.

Preso en: Prisión de Partido de Cieza (1939/04/02-1939/12/25), Prision Provincial de Murcia (ata novembro de 1939)

Ministerio de la Presidencia | 50 años | Fosa 518/2009 ALIC (Alicante/Alacant, Alicante/Alacant) | Muerto el 5 de noviembre de 1940 | Notas: Fusilado. Número registro: 30420. Fila: 7. Cuadro: 12.


Bernard Clemente, Manuel (Herrera de los Navarros-Zaragoza)

Militante de Izquierda Republicana.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/08/1941 (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6273).

 

Bernárdez, Antonio (Mondariz-Pontevedra)

Camareiro, casado, 39 anos.

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. (Tribunal Militar Territorial 4 | Pontevedra Y Vigo | Causa 859 de 1940, Caja 269, Orden 3041)


Bernárdez Barcala, José María (Goios, Lalín-Pontevedra)

Labrego, 34 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de absolución e a disposición da autoridade gobernativa.


Bernárdez Gómez, Jesús (Redondela).

Mestre, solteiro, 23 anos. Luis Telmo Bernárdez Santomé.

Preso no cárcere de Redondela e en San Simón, sen causa. Sería liberado por un erro burocrátrico, fuxindo entón á outra zona, onde pelexaría no Exército, acadando o grao de tenente. Ao remate da guerra foi recluído nun campo de concentración e logo pasa a México onde esperou a chegada do resto da familia. Foi profesor do grupo que iniciou o Colegio de Madrid así como do Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón, dirixido por Pedro Martul Rey. Máis tarde foi profesor de Matemáticas no “Instituto Nacional de Capacitación del Magisterio” e catedrático de Análise Alxebraica na “Escuela Normal Superior”. Publicou máis de 15 libros sobre o ensino das matemáticas.


Bernárdez Gómez, Telmo (Redondela).

23 anos, solteiro, Mestre nacional. Fillo de Luis Telmo Bernárdez Santomé.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión militar o 23/1/37. Preso no cuartel de San Fernando, en Pontecaldelas, e na Illa de San Simón, Ingresou no forte de San Cristóbal o 16/5/37, saíndo o 14/3/39 para ser trasladado á Prisión Central de Figueirido ata outubro dese ano, momento no que ingresou de novo en San Simón ata que foi posto en liberdade o 28 de agosto de 1940. Chega ao exilio en México despois de pasar por Portugal, de onde sae no barco pesqueiro Nacala cara o porto de Veracruz no ano 1947. Nos comezos traballou como visitador médico e representante de laboratorios, e co tempo, chegou a ser axente comercial do laboratorio Servé da “International Chemical” para Centroamérica, o que lle permitiu viaxar e establecer diferentes residencias. Nos últimos anos da súa vida laboral, e xa instalado en México D.F., traballou como administrador de varias empresas inmobiliarias. Este e o anterior fillos do médico Luis Telmo Bernárdez Santomé.


Bernárdez Santomé, Luis Telmo (Redondela, 10-4-1885).

Médico.

En 1923 foi elixido alcalde de Redondela, posto que desempeñaría ata 1936. En abril de 1936 foi nomeado Compromisario coa encomenda de elixir ao segundo presidente da República. Delegado Gobernativo en Redondela e Xefe provincial de Esquerda Republicana. Tralos sucesos do 18 de xullo de 1936 percorreu as rúas de Redondela tranquilizando e convencendo aos veciños de que non opuxeran resistencia. Posteriormente, sería detido e encarcerado en Vigo, a Illa de San Simón e Pontevedra, sendo fusilado o 12 de novembro de 1936 na estrada de Campañó. Déronlle o seu nome á actual rúa José Regojo en 1931 e en 1979 á rúa actual.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/bernardez-santome-telmo-redondela-10-04.html )


Telmo Bernárdez e familia. www.dogrisaovioleta.gal


Bernárdez Santaclara, José “Pasarín” (Bueu-Pontevedra, 1906)

José Bernárdez -descubrobueu.wixsite
Traballou coma mariñeiro, ocupación que deixou por problemas de saúde, aprendendo o oficio de zapateiro.

Casado con Alcira, 5 fillas. 32 anos. Fillo de Nicolás e Carmen.

Foi secretario da sociedade Adelanto Marinero (UGT). Concelleiro de Bueu.

Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión o 22 de decembro de 1936 foi condenado a cadea perpetua e inhabilitación absoluta.

Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, no Forte de San Cristóbal (16/05/1937) e na Prisión Central de Cuellar-Segovia (01/03/1939), de onde saíu en prisión atenuada o 5 de setembro de 1940. Foille conmutada a pena a 4 anos en decembro de 1942. Concedéronlle a liberdade definitiva o 5 de decembro de 1943.

Publicou o libro de poemas: Rosas salvajes (1986).

Finou en Pontevedra en xullo de 1993. En 2015 Bueu nomea Membros honoríficos aos 12 compoñentes da corporación represaliada en 1936. Seis de eles, entre os que se atopa José Bernárdez, son nomeados Fillos Predilectos e o alcalde, José Gómez, Fillo Adoptivo.


Bernardo Garrido, Vicente (Valdemorilla, Izagre-León)

Labrego, viúvo, 36 anos.

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Valladolid | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300606, Expediente 53925

 

Berrocal Maciá, Nemesio (Don Benito-Badajoz)

Xornaleiro, casado, 61 anos.

Prisión Provincial de Salamanca (1939-1941). Morto o 26 de maio de 1941 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

 

Bertolo Abril, José (Salvaterra-Pontevedra)

Mestre. Veciño de Cillarga (Ponteareas).

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Prisión Central de Burgos, onde se lle concede a liberdade Condicional (BOE nº 216 de 4/8/1941, páxina 5911)


Bertolo Díaz, Adolfo (Mugardos-A Coruña)

Carpinteiro, viúvo, 64 anos.

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón


Bertrán Ubach, Joaquín (Isona i Conca Dellà-Lleida)

Veciño de Tremp (Lleida).

Xulgado en 1938 en Consello de Guerra Sumarísimo (causa TMT3: 634). Condenado a 6 anos de prisión maior, pena conmutada a 4 anos de prisión menor.

Internado na Prisión Provincial de Huesca. Despois estaría na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 4 de xuño de 1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE numero 162 del 10/06/1940, páxina 3981).


Besada Nieto, José (Vilanova de Arousa-Pontevedra, 1910)

27 anos.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra, o 17 de abril de 1937. A súa morte é rexistrada a causa de colapso cardíaco. Enterrado en Pontevedra no Cemiterio Municipal.


Bibian Olivan, Vicente (Castejón de Arbanies, Siétamo-Huesca)

Xornaleiro, casado, 63 anos.

Xuízo: Consello de Guerra Permanente nº 2. Número 103-38. Huesca, 1938/06/24.

Pasou polos seguintes cárceres: Prisión Provincial de Huesca (15/04/1938-22/9/1938), Prisión de Burgos (22/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Liberdade condicional. Orde 30 de maio de 1941. BOE 6-6-1941. Páx. 4081.

Juzgado Instructor Provincial de Responsabilidades Políticas (Archivo Histórico Provincial de Huesca). Signatura: J-5653/4069 (25 folios) | Castejón de Arbaniés (Huesca) | Inculpacion (1942 - 1943). Notas: Expediente iniciado por el Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de Zaragoza. Diligencia de archivo de 1960.


Bigata Mora, Francisco (Enviny-Lleida)

Labrego, casado.

Ramo de Bahent (Lleida) | Enviny (Lleida) | Documentación perteneciente a la causa militar. Fecha: 05/04/1938 | FC-CAUSA_GENERAL,1466,Exp.32. Pagina 12

Internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade o 26/04/1940. ( Boletín Oficial del Estado número 121 do 30/04/1940, páxina 2948).

Inicio de Expediente de Responsabilidades Políticas (BOE nº 126 de 06/05/1941)


Blanco, Fernando (Bamio-Ourense)

Mineiro, solteiro, 24 anos.


Blanco Abal, Timoteo (Pontevedra-Pontevedra)

Xoieiro, solteiro, 28 anos.

UR.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. O motivo sería a súa participación nos rexistros domiciliarios en Campo Lameiro en xullo de 1936.

(Tribunal Militar Territorial 4 | Pontevedra Y Vigo | Causa 1136 de 1936, Caja 12, Orden 45 |)

Esta pena sería conmutada a 4 anos o 26-06-1940.

Cumpriu condena na Colonia Penitencia da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal. Neste último participou na gran fuga do 22 de maio de 1938, sendo capturado.

Tras a caída do aparato do partido comunista, en 1947, volve a ser xulgado na Coruña, por dar apoio e aloxamento ao pontevedrés Alejandro Gama, sendo condenado a 1 ano de prisión.

(Tribunal Militar Territorial 4. A Coruña. Causa 36 de 1947, Caja 118)


Blanco Agulla, Juan (Salcedo-Pontevedra, 28-04-1909)

Labrego, solteiro, 27 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 4 anos o 26-06-1940.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Despois de 7 anos en prisión casaría e estableceríase en Figueirido (Pontevedra), onde nos anos 60 abriría o Bar Pascacio.

En 2010 celebrou o seu 101 aniversario xunto a súa dona Isolina Boullosa Rial, de 100. Falecería o 20 de decembro dese mesmo ano.


Blanco Alfaya, Fermín “Sito o da Castaña” (Redondela, 1907).

Mestre nacional da escola mixta de Ventosela (Redondela). Casado con Luisa Gómez Fernández, natural de Bande (Ourense).

Membro do Partido Galeguista e da Federación Agraria de Redondela.

Preso na illa de San Simón, sen causa. Sería liberado ao pouco tempo, sen cargos.

No BOE do día 9 de xullo de 1937 aparece nunha relación de mestres repostos, con perda dos haberes que deixou de percibir é trasladado a unha escola de Hérmenes do Cerrato (Palencia), quedando inhabilitado para cargos directivos e de confianza.

En abril de 1938 aparece noutra lista na que a Xefatura do Servizo Nacional de Primeiro Ensino do Ministerio de Educación Nacional, atendendo aos desexos dos respectivos Concellos, deixa sen efecto os traslados, dentro da mesma provincia, de varios mestres, que volverán a desempeñar as escolas das que eran titulares reintegrándose a elas sen que deixen de cumprir o resto da sanción que lles fora imposta. Deste xeito, volve a ensinar en Ventosela.

En agosto de 1938 incorpórase ao exército. En setembro de 1939 pasa a cubrir provisionalmente unha vacante na escola graduada de Redondela. Nos anos 60 exercía en Reboreda.


Blanco Barreiro, AdolfoAdolfo da Cima” (Cristimil, Lalín-Pontevedra, 1906)

Solteiro, 32. Fillo de Manuel e Josefa.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal (Navarra), onde faleceu durante a gran evasión do 22 de maio de 1938. Causa oficial: "resultó muerto por la Fuerza Pública encargada de su captura al hacer armas contra ella".


Blanco Barreiro, Francisco (Pontevedra-Pontevedra)

Mecánico, viúvo, 67 anos.

Presidente do comité republicano de Gresande-Cristimil.

Foi arrestado en agosto de 1936 e condenado a 15 anos de prisión. Foi posto en liberdade condicional en 1940.

Acusado de colaboración coa guerrilla, foi novamente encarcerado en 1948. Tras a súa liberación marchou a Argentina, onde xa estivera emigrado antes da proclamación da II República.

Falecido en Buenos Aires (Arxentina) 3/10/1978.


Blanco Camiña, Manuel (Vilar de Infesta, Redondela).

36 anos, casado, labrador.

En 1936, Vilar de Infesta convértese en Entidade Local Menor, sendo nomeados rexedores interinos: Perfecto Blanco Barciela, Juan Rodríguez Barciela e Manuel Blanco Camiña.

Detido no cárcere de Redondela do que pasou á Prisión do Frontón de Vigo

Xulgado en Vigo o 30/10/36 por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos e multa de 2 millóns de ptas.

Ingresou no forte de San Cristóbal o 22/2/37, saíndo o 16/9/38 para ser trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Blanco Caño, Miguel (Celadilla del Páramo, Villadangos del Páramo-León)

19 anos.

Xulgado en León (Tribunal Militar Territorial 4 | León | Causa 784 de 1937, Caja 5859, Orden 632).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria de San Simón e na Prisión Central Habilitada de Camposancos (A Garda), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 201 de 20/7/1941, páxina 5437).

NOTA: Tamén citado como Miguel Blanco Cano.


Blanco Esperón, Antonio “O coxo do Bao” (Poio-Pontevedra)

Xulgado por Rebelión Militar (Tribunal Militar Territorial 4 | Pontevedra Y Vigo | Causa 1169 de 1936, Caja 12, Orden 46), con sentenza de cadea perpetua (30 anos).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Seguíuselle expediente de Responsabilidades Políticas, do que sería indultado en 1941, pero volvería a abrise, sendo indultado definitivamente en 1960.


Blanco Fernández, Manuel (Vila de Cruces-Pontevedra).

Comerciante, de 25 anos.

Foi detido cos seus cuñados Enrique e Luis Villar Cimadevila, acusados de disparar o 21 de xullo contra un automóbil que transportaba aos falanxistas de Cruces para liberar a dous camaradas presos en Lalín. Xulgados en Pontevedra o 18/11/1936 por Rebelión Militar co resultado de sentencia a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Conmutación a 5 anos o 12-12-1942.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Forte de San Cristóbal, onde formou parte da gran evasión, sendo detido.


Blanco Linde, José (Bedmar y Garciez-Jaén)

Labrego, casado, 60 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde é rexistrada a súa morte o 26 de xaneiro de 1941 por causas naturais. .


Blanco Otero, José (Buenos Aires, Argentina)

Garda municipal, 33 anos. Veciño de Soutolongo, Lalín (Pontevedra).

Concelleiro de Lalín. Considerado «perigoso» pola súa actividade sindical.
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, o Forte de San Cristóbal, Prisión de Cuéllar e Campamento Penitenciario de Brunete (Madrid), onde consegue a a Liberdade Condicional, coa liberación definitiva do desterro, por orde do 25/09/1943 (BOE nº 285 de 12/10/1943, páxina 9885).


A. Blanco Rodal-Nomes e voces

Blanco Rodal, Aquilino (Cangas-Pontevedra)

Mariñeiro, 17 anos.

Tras estar detido é mobilizado polo exército franquista. Xulgado na fronte de Valmaseda, co resultado de condena a prisión.

Nos anos 60 era armador do barco “Grumete”.



Blanco Solla, Antonio (Marín-Pontevedra, 30/12/1897)

A. Blanco Solla. 

Fundación Pablo Iglesias

 

Mestre de obras, canteiro, casado, 37 anos.

Agrupación Socialista. Candidato a deputado pola provincia de Pontevedra en 1933. Alcalde Marín e compromisario para a elección do Presidente da República. Nas municipais de 1936 como candidato do Frente Popular volve a ser nomeado alcalde.

Foi detido xunto a 5 veciños o 20/7/1936, dous días despois do golpe de estado.

Presos na Illa de San Simón, foron xulgados en Consello de Guerra Sumarísimo celebrado en Pontevedra o 18/12/1936, sendo condenados a morte. Serían fusilados o 31/12/1936 en Monte Porreiro. Xunto a el perderon a vida o presidente da Sociedade de Mariñeiros, Amando Iglesias Pérez; o presidente da Sociedade de Canteiros, Santiago Ramos Ramos; o impulsor de Xuventudes Socialistas en Seixo, Albino Agraso Santamaría; e os funcionarios municipais Bernardino de la Torre Fernández e Demetrio Lorenzo Ordóñez.

O Concello de Marín adicoulle o Paseo Alcalde Blanco.


Blasco Castillo, Vicente (Casas de Guijarro-Cuenca)

Xornaleiro.

Membro de UGT e CNT.


Acusado de Auxilio á Rebelión. Consello de Guerra Permanente de Cuenca. Sumarísimo de urxencia nº 1467. Condenado a 30 años de prisión menor. Penas accesorias: Abono da prisión preventiva, suspensión de calquera cargo durante a condena e responsabilidade civil.
Cárceres: Prisión do Seminario de Cuenca, Prisión do Partido de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.


Blasco Ejarque, José (Foz Calanda-Teruel)

62 anos en 1941. Fillo de José e Sebastiana.

Preso na Prisión Provincial de Zaragoza cara a 1938-39. Trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de Sa Simón.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en Foz-Calanda (Teruel) en 1941 (ES/AHPTE – RRPP/00236/00017).
Volveu ser detido o 10/04/1943. (FC-CAUSA_GENERAL,1418,Exp.10. Páxina 65).


Blázquez Polo, Felipe

Estaba preso na Colonia Penitenciaria de San Simón o 17/1171938.


Bois Morielico, Victorio (Lora del Río-Sevilla)

Labrego, casado, 59 anos.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Boixareu Roig, José (El Pont de Claverol, Conca de Dalt-Lleida)

Alguacil, viúvo, 68 anos.

En 1938 é xulgado xunto a outros 11 detidos, sendo o seu caso sobreseído. Nun segundo xuízo sera condenado a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior (Tribunal Militar Territorial 3. Consellos de guerra. Sumarísimo, numero de causa 000567 (1938-1938). Referencia del archivo: 40051).

Preso na Prisión Provincial de Huesca (07/07/1938), na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Provincial de Castellón de la Plana, onde por orde do 15/06/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro ( BOE número 180 de 29/06/1942, páxina 4626)

NOTA: citado como Boixarn, Boixerau e Boicarell


Boj Serres, Tomas (Valdetormo-Teruel)

Labrador, 61 anos.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde faleceu o 14/01/1942 por causas naturales.


Boldo Grau, José (Chiva de Morella-Castellón)

Secretario de IR de Chiva de Morella.

Detido e xulgado en 1938. (Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarísimos | Castellón, 1938 | Referencia: Sumario 22, Caja 14118, Orden 8 )

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza (1938) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, por orde do 30/05/1941, concédeselle a Liberdade Condicional, coa liberdade definitiva de desterro (BOE nº 157 de 6/6/1941, páxina 4081).

Non debeu de facerse efectiva, porque pouco des pois, detido na Prisión de Partido de Burriana (Castellón), por Orde do 05/12/1941, concédeselle novamente a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro.

 

Boldo Grau, Miguel (Chiva de Morella-Castellón)

Izquierda Republicana. 3º Alcalde de Chiva de Morella.

Documentos do seu xuízo e da conmutación da pena: (Tribunal Militar Territorial 1 | Serie: Sumarísimos | Castellón, 1938 | Referencia: Sumario 22, Caja 14118, Orden 8). (Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Castellón | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300704, Expediente 68527)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 01/01/1942, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 7 del 07/01/1941, páxina 128).


Bonet Casasnovas, Martín (Ponzano-Huesca, 14-2-1874)

Labrego, casado con Juana Bosque Vidal, 74 anos. Fillo de Martin e Josefa.

O 24/08/1939 xulgado en Barbastro (Huesca) por Adhesión á Rebelión (Causa: 3357-39). Condena perpetua, 30 anos de reclusión maior. Conmutada: 12 anos e 1 día (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300865, Expediente 91026).

Estivo nos seguintes cárceres: Prisión Provincial Las Capuchinas de Barbastro (Huesca), Prisión Provincial de Huesca (21/05/1939-22/1/1940), Prisión de Puerto de Santa María (Cádiz), Colonia Penitenciaria de Illa de San Simón. Nesta última, por orde do 22/07/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE do 28/07/1942. páx. 5540).
Sometido a Liberdade vixiada en Ponzano ata o seu indulto o 27/11/1947) (ES/AHPH - J/005701/000110)


Bonet Tolosa, José (La Senia-Tarragona)

Labrego, casado, 65 anos.

Cumpriu condena, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Provisional de Burriana (Castellón), onde por orde de 23/01/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 38 de 07/02/1942, páxina 942).


Borja Martín, Ángel Félix (Zamora-Zamora)

Chofer, solteiro, 31 anos. Fillo de Alberto Borja Domínguez e Emilia Martín Echeverría.

Afiliado a UGT. Veciño de Salamanca.

Detido en Salamanca o 06/12/1936 por ser considerado perigoso, ingresando na Prisión Provincial de Salamanca.

Xulgado por Auxilio á rebelión (Causa 485/1937) e sentenciado o 19/04/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal.
O 26/06/1937 é trasladado á Prisión Central de Pamplona (Forte de San Cristobal). O 27/06/1939 indúltaselle a terceira parte da condena, pola súa intervención na fuga do Forte de San Cristóbal, quedando reducida a pena a 8 anos.
O 15/09/1938 trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

O 03/10/1939 novo traslado á Colonia Penitenciaria Hospital Militar de Carabanchel Bajo (Madrid), onde por Orde do 27/09/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE numero 275 del 01/10/1940, páxina 6812). Daquela establécese en Madrid.

O 30/08/1943 revisada a súa condena, rebáixaselle a 3 anos e 6 meses de prisión menor.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas. (Jc Libro 0482. Folio 0051 | Salamanca (Salamanca) | Inculpación)


Borrás Cabre, Marcos (Poboleda-Tarragona)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 23/01/1942 (BOE nº 37 de 06/02/1942, páxina 925).


Borregoso Paínzo, Julián

Casado, 62 anos.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

Atopo a:

Julián Borreguero Paíno ou Pahino.


Borreguero Payno, Juan

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, por orde do 30/05/1941, concédeselle a Liberdade Condicional, coa liberdade definitiva de desterro (BOE nº 157 de 6/6/1941, páxina 4080).

Comisión Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comisión de Santander | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300472, Expediente 34126


Bouguenneg, Jean (Saint Loire-Francia).

25 anos.

Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.

Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Guipuzcoa | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300384, Expediente 21202


Bouza-Brey Trillo, Luis (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra, 1-8-1905)

L. Bouza Brey Trillo-Revista Nós
Avogado, solteiro, 31 anos. Colaboraba con El Pueblo Gallego.

Partido Galeguista. Presentou o acto a prol do Estatuto de Autonomía celebrado en Vilagarcía e no que interviu Castelao.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía. Foi absolto con proposta de sanción económica.

Repetiuse o consello de guerra por "omisión dun dos trámites".

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Seguíuselle expediente por responsabilidades políticas, sendo indultado en 1940.

Recobrada a liberdade volveu a exercer a avogacía e a escribir, colaborando en La Noche, e publicando: Obra completa, Sada: Do Castro, 2002. Foi académico correspondente da Real Academia Galega desde 1964. Faleceu na súa vila natal o 23/03/1980 aos 74 anos.


Bouzas Puertas, Manuel (Reboreda, Redondela-Pontevedra).

Solteiro, 23 anos.

Detido por Rebelión Militar o 30 de setembro de 1936.

Preso no cárcere de Redondela, no Frontón de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Pamplona (Forte de San Cristóbal).

Volveu ser detido en 1948 por delito equiparable á rebelión militar, sendo condenado a dez anos de reclusión. Cumpriu a condena na Colonia Penitenciaria del Dueso (Santoña), ata que saíu en liberdade vixiada o 15 de xullo de 1953.


Brandido Docampo, Manuel (Botos, Lalín-Pontevedra)

Labrego, 21 anos.

Membro de UGT. Miliciano

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión (Consello de Guerra: Pontevedra-559) co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Posteriormente conmutación a 3 anos de prisión menor.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Figueirido, onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade Condicional, coa liberdade definitiva de desterro (BOE numero 205 do 24/07/1943, páxina 7145).

Tamén aparece documentación del nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP).


Bravo Hidalgo, Antonio (Valle de Abdalajís (Málaga) -Málaga)

Labrego, casado, 62 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 20/05/1941 por causas naturais. Está enterrado en Pereiró ( Vigo)


Bravo Oregui, León (Bizkaia)

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 28/06/1940 (BOE número 188 del 06/07/1940, páxina 4668).

Archivo General Militar de Guadalajara. Comision Central de Examen de Penas. Penas ordinarias conmutadas | Comision de Vizcaya | Referencia: ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300302, Expediente 11189


Bravo Tolosa, Manuel (La Calzada de Béjar -Salamanca, 17-6-1870)

Curtidor, 67 anos, viúvo. Fillo de Tomás Bravo López e Fulgencia Tolosa Díaz. 

O 20/07/1936 xunto a outros veciños cortaron a estrada que vai do pobo de Navalmoral a Peromingo (Salamanca), co fin de entorpecer o paso das forzas nacionais.

O 15/07/1937 é detido en Navalmoral de Béjar e ingresado na Prisión de Partido de Béjar (Salamanca). O 26/07/1937 ingresa na Prisión Provincial de Salamanca, quedando a disposición do Juzgado Militar nº 1 de Salamanca. Celebrado o Consello de Guerra por Auxilio á Rebelión (Causa 1523/1937) é condenado a 12 años e 1 día de reclusión menor.
O 26/02/1939 é trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón onde, por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5770).
O 30/08/1943, revisada a condena, rebáixaselle á pena de 6 años e 1 día de prisión maior.
O 20/11/1944 atópase en liberdade condicional, residindo en Navalmoral de Béjar (Salamanca).

Brea Cajide, Eduardo (Carbia, Vila de Cruces-Pontevedra)

Labrego, solteiro, 32 anos.

Concelleiro de Carbia (hoxe Vila de Cruces) pola Fronte Popular.

Detido e trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón á espera de xuízo.

Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por Rebelión Militar, o 9 de xaneiro de 1937, xunto con outros 18 republicanos de Carbia, sendo condenado á pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26/01/1937 xunto aos seus veciños de Carbia: Primo López Rivadulla, Manuel Sarmiento Debén e Antonio Gómez López.


Brerca Sana, Ramón (Robres-Huesca)

Esquilador, casado, 64 anos.

Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.


Brillas Mascaro, Pedro (Esplugues de Llobregat-Barcelona)

50 anos.

Xulgado en 1939 polo Tribunal Militar Territorial 3 en Consello de Guerra Sumarísimo (Causa 003690), sendo condenado a 12 anos e un día de reclusión temporal. Máis tarde conmutada a un ano de prisión menor.

Cumpriu condena, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitencia da Illa de San Simón.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, non sendo indultado ata 1960.


Briones López, Severiano (Layos-Toledo)

Mineiro, casado, 70 anos.

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 18/05/1941 por causas naturais.



Briones Rey, Valentín (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra, 04/10/1889)

V. Briones Rey-Nomes e Voces
Empresario, 46 anos, casado con Carmen Gómez, 5 fillos.

Elixido alcalde de Vilagarcía o 19/01/1936.

Detido o 10 de agosto, e trasladado á Prisión de Pontevedra o 22 de outubro. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro, sendo condenado a cadea perpetua.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, de onde foi trasladado ao Forte de San Cristóbal en febreiro de 1937. Regresaría á illa de San Simón en febreiro de 1939.

Escribiu un diario durante o seu tempo na illa.


Brito Barbosa, Juan (Nigrán-Pontevedra)

Mariñeiro, casado, 37 anos.

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisorio.


Bito Val, José (Olhão da Restauração-Portugal)

Xornaleiro, viúvo, 68 anos.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 03 de novembro de 1941, por causas naturais.

 

Broceño Herrera, José (Poblete-Ciudad Real)

Garda, casado, un fillo. Fillo de Julián Broceño e Nicanora Herrera. Veciño de Alarcos (Ciudad Real).

Preso na Prisión Provincial de Ciudad Real. Xulgado en Huesca por Auxilio á rebelión, sendo condenado o 17/08/1938, a 12 anos e 1 día de reclusión.

Cumpre a condena na Prisión Provincial de Salamanca (16/10/1939-23/03/1941), sendo trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1941), concedéndoselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 22/07/1942 (BOE 209 de 28/07/1942, páxina 5536).

 

Brosed Sanz, Ramón (Robres-Huesca)

C.N.T.-F.A.I.

Xulgado por Auxilio á Rebelión é condenado a 12 anos e 1 día, e accesoria de inhabilitación absoluta durante o tempo de condena.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Huesca (23/04/1938-13/4/1939) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 08/11/1941 (BOE número 322 de 18/11/1941, páxina 9023).

Seguíuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1945.


Bua Carou, Francisco (Agustín Juan) (Caldas de Reis, 3-8-1888)

Secretario dos concellos de Portas (1916), Tomiño (1925), Rosal (1927) e Cangas (marzo de 1936, interino). 48 anos.

Membro da Agrupación Socialista (AS).

Detido e acusado de Auxilio á Rebelión Militar. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra xunto ao alcalde de Cangas, Agustín Jorge Etcheverri o 19 de setembro, e condenado a cadea perpetua.

Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (14/10/1936), Forte de San Cristóbal (14/05/1937), onde morreu vítima dunha enfermidade o 10/06/1940.

Tempo despois envíase unha comunicación desde a Illa de San Simón, en marzo de 1942, pedindo a posta en liberdade deste preso e de Pablo Baños Mariño, de Laxos (Cuntis). Informando desde Pamplona que ambos faleceron na enfermería.



J. Bua Laredo-Revista Dorna 
Bua Laredo, José (Cambados-Pontevedra, 1895)

Albanel e dono dunha ferraxería, casado, 41 anos. Veciño da Illa de Arousa (Pontevedra).

Presidente da Agrupación Socialista (AS). Máximo responsable da proclamación da República Federal da Illa de Arousa.

Morto o 04 de decembro de 1936, oficialmente ao tentar fuxir nun traslado. Aparición do cadáver no lugar de Estribela-Lourizán-Pontevedra. Non se rexistra o seu lugar de soterramento.


Bua Marcote, Manuel (Muxía-A Coruña).

Mariñeiro, casado, 38 anos.

Afiliado a UGT.

Xulgado en 1937 polo Tribunal Militar Territorial 4 en A Coruña, acusado de Rebelión Militatr (Causa 121, caixa 38), sentenciado a 12 anos e 1 día de prisión.

Chegou á illa de San Simón trasladado desde o cárcere de San Cristóbal, preto de Pamplona.

Faleceu en Muxía en 1977.



M. Bugallo Martínez-Nomes e voces
Bugallo Martínez, Manuel (Cambados-Pontevedra)

Mariñeiro, 28 anos.

Presidente local de UGT

En setembro de 1936 preso no cárcere de Pontevedra.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar e condenado a cadea perpetua.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Hospital Asilo Penitenciario de Segovia, onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7374).


Bugallo Pereiras, Manuel Gumersindo (Castro, A Estrada-Pontevedra)

Labrego, 30 anos.

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión 12 anos 1 día, coa accesoria de inhabilitación absoluta. Conmutación a 3 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión Central de Astorga (León), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva del desterro.

En 1941 ségueselle expediente por Responsabilidades políticas do que é indultado ese mesmo ano. (BOE 29/04/1941, páx. 1720).


Bugallo Valiñas, Severino (Cerdedo-Pontevedra, cara a 1892)

Agrupación Socialista (AS). Membro do Centro Republicano Radical Socialista.

Concelleiro e Tesoureiro do Concello de Cerdedo.

Detido e preso na Prisión Central de Pontevedra (Citado na Illa de San Simón na lista de Gonzalo Amoedo e Gil Moure). Salvou a vida por intervención do seu irmán Vicente, xefe da Falange de Soutelo de Montes.

Fuxiu a Cuba, pasando logo a Estados Unidos, alistándose nas Brigadas Internacionais. En Francia sería detido no campo de concentración Argelès Sur Mer, do que escapou, sendo detido novamente en 1941 e deportado. Estivo preso durante catro anos na Prisión de Villaverde (Madrid), nas cocheiras de Vigo e na factoría de Barreras.

Faleceu en Cerdedo en 1981.


Buitrago Arroyo, Jorge

Citado na lista de Gonzalo Amoedo e de Roberto Gil. Con variación nos apelidos atopo a Jorge Baitrago Arroyo (Consello de Guerra en Madrid) e a Jorge Buitrago Sánchez.


Buján Rivas, Manuel (Morella-Castelló)

Mestre en Vilanova de Arousa, solteiro, 20 anos.

Militante das Juventudes Socialistas. Estivo no Goberno Civil formando parte do Comité de Defensa e as milicias populares.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado, o 17/02/1937, de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e no Sanatorio Penitenciario de Segovia onde, por orde do 11/11/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 362 de 28/12/1943, páxina 12304).

Ábreselle Expediente de Responsabilidades Políticas, acadando o indulto en 1961.

A finais de 1945 marchou a Arxentina.


Busquets Salomo, Alfonso (Barcelona, cara a 1913)

Fabricante insecticida.

En 1934 realizou o servizo militar en Guinea Ecuatorial. Chamado a filas polo Goberno da Republica, na súa ficha figura: 27/07/1936 (Madrid), 30/07/1936, 24/10/1936 e 31/10/1936 (Cataluña e Aragón), 30/07/1936 (Levante e Santander), 07/10/1936 e 21/02/1937 (Todo o territorio), 16/10/1936 (Euskadi).

Estaba preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón a principios de 1938.



A. Butrón-Foto familiar
Butrón Linares, Ángel (Puerto de Santamaría-Cádiz, 18/09/1877)

Médico. Veciño de Medina Sidonia (Cádiz).

Partido Radical (ata 1934). Alcalde en 1931 e Deputado Provincial.

Detido o 6 de xullo de 1938 na Cárcere de Medina Sidonia por unha carta que escribira o 18/07/1936 na que se ofrecía para defender a legalidade. Trasladado á Prisión Provincial de Cádiz, cidade na que é xulgado en Consello de Guerra sumarísimo (Causa 160). Sería condenado a 6 anos de prisión.

Cumpriría a condena na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se lle concede a liberdade condicional o 4 de xuño de 1940 (BOE numero 162 del 10/06/1940, páxina 3981).


Autor: J. Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Aportes Xosé Moreira Docampo.

GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. Ed. Xerais, 2007.

GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Edicións do Castro, 2002.

LOIS BARROS. Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Edicións do Castro.

Nomes e voces. http://vitimas.nomesevoces.net

https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_11.html

Con Nombre & Apellidos. Desaparecidos y represaliados durante la Guerra Civil y la posguerra.

https://connombreyapellidos.es/lugar-detencion/colonia-penitenciaria-de-la-isla-de-san-simon-pontevedra/

Buscar combatientes. Buscador de la Guerra Civil Española.

https://buscar.combatientes.es/

Repertorio biobibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega. Edita: © Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Santiago de Compostela, 2001. ISBN: 84-95415-42-9

Facebook Fernandez Camiña Ana

Memoria histórica. Base de datos de concejales represaliados. Deputación de Pontevedra. https://arquivos.depo.gal/es/xeracion-perdida/concelleiros-represaliados

Ministerio de política territorial y memoria democrática.

https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/Paginas/index.aspx

DARA - Documentos y Archivos de Aragón-Memoria democrática

https://dara.aragon.es/opac/app/item/mede?p=0&q=Colonia+Penitenciaria+de+San+Sim%C3%B3n&st=.2.5.10.56.67.88.43904.44509&vm=nv&i=759741

Navarra. Centro de documentación de la memoria.

https://navarra.es

La historia en la memoria. Memorial antifranquista y democrático. https://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com

O Baixo Ulla. www.obaixoulla.gal

Fundación Francisco Largo Caballero. Censo de represaliados de la UGT. https://censorepresaliadosugt.es/s/public/page/home

Fundación Pablo Iglesias.

Fundación José Barreiro.

https://fsa-psoe.org/fjb/

Euskal Memoria Fundazioa

https://www.euskalmemoria.eus/es/db/hildakoak_sansimon

Asociación Manuel Azaña

https://www.manuelazana.org/

Nós Diario. Galegos mortos en San Cristóbal.

https://www.nosdiario.gal/media/nosdiario/files/2018/05/23/Relacio%CC%81n-de-antifascistas-galegos-mortos-en-San-Cristo%CC%81bal-de-Irun%CC%83a-58-deles-na-fuga-do-forte.pdf

Wikipedia

Concello de Lugo. Memoria histórica. http://www.lugo.es/cs/represion/index.jsp

XOSÉ ALVAREZ CASTRO. Pontevedra nos anos do medo. https://anosdomedo.blogspot.com/.

Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo. David Simón Lorda. AGAMFEC.

JOSÉ LUIS MOSQUERA VELEIRO. Abril de 1931: a chegada da II República ó Val Miñor. Revista de estudos miñoráns, nº18, 2019.

JESÚS MARÍA PALOMARES. La Guerra Civil en Valladolid notas sobre la represión en la ciudad. Universidad de Valladolid.

Víctimas de la dictadura en Castilla La Mancha. https://victimasdeladictadura.es/

MARCOS SEIXO PASTOR. A represión franquista en Cuntis. Memoria de 1936. O proceso contra Aurelio Rei e outros cuntienses.

MANUEL ÁNGEL MENÉNDEZ. Testimonios del horror franquista que ha escuchado la juez Servini. Coordinadora estatal de apoyo a la querella Argentina contra crímenes del franquismo

(Ceaqua). https://www.ceaqua.org/testimonios-del-horror-franquista-que-ha-escuchado-la-juez-servini-le-clavaron-varillas-de-paraguas-en-los-oidos/

HISTORIAS DE VIDA, DE HOMBRES Y MUJERES DE ASTURIAS, INTERNADOS EN CAMPOS NAZIS. https://deportadosasturianos.blogspot.com/

Boletín Oficial del Estado. www.boe.es

La Voz de Galiciana

Faro de Vigo

Nós Diario

https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/aparello-represivo-bueu/20201221202741112254.html

Asociación Salamanca Memoria Justicia https://salamancamemoriayjusticia.org/

15MPedia. Memoria histórica en Vigo. https://15mpedia.org/wiki/Memoria_Hist%C3%B3rica_en_Vigo

Grovepedia. http://grovepedia.com/wp-content/uploads/2017/10/11.-SETE-DIAS-DE-XULIO.pdf

Presos da Estrada en San Simón. https://www.tabeirosmontes.com/presos-en-san-simoacuten.html

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2006/04/16/cando-estrada-unha-illa-18239996.html

MANUEL IGREXAS. Historias do Deza. Os fusilados de Vila de Cruces. https://historiasdedeza.wordpress.com/2012/08/29/os-fusilados-de-vila-de-cruces/

Víctimas de la Guerra Civil Española. https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_1616.html

ALFONSO MARTÍNEZ FORONDA Y PEDRO SÁNCHEZ RODRIGO. El Independiente de Granada. Republicanos granadinos en San Simón. https://www.elindependientedegranada.es/politica/republicanos-granadinos-san-simon-isla-muerte-i

https://www.elindependientedegranada.es/politica/san-simon-isla-desmemoria-ii

Mapas de Memoria. Diputación de Ciudad Real. https://www.mapasdememoria.com/todoslosnombres/

Busturia (1937-1945): El primer franquismo. Xavier Herrero Acosta. https://www.eusko-ikaskuntza.eus/PDFAnlt/lankidetzan/67/Lank67_es.pdf

Historia de Jaén

https://www.historiadejaen.es/www/book/adjuntos/1154/1154-1_encarcelados.pdf

Archivo General Región de Murcia

https://archivogeneral.carm.es/archivoGeneral/arg.inicio

Innovation and Human Rights. La base de datos centralizada de ví­ctimas de la Guerra Civil y el franquismo. https://scwd.ihr.world/es/

DIONÍSIO PEREIRA. Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). Edicións Xerais de Galicia, S. A., 2010.

https://amigosdadorna.org/wp-content/uploads/2015/02/Pereira-Vences-Dionisio-Loita-de-Clases-e-Represi%C3%B3n-Franquista-no-Mar-1864-1939-Edici%C3%B3ns-Xerais-Vigo-2010.pdf

Archivo Intermedio Militar Noroeste. Procedimientos judiciales incoadas por la Procedimientos judiciales incoados por la justicia militar a raíz de la Guerra Civil y durante la etapa franquista bajo responsabilidad del Tribunal Militar Territorial 4º. Provincia de León. https://patrimoniocultural.defensa.gob.es/sites/default/files/2019-10/Le%C3%B3n%20-%20copia.pdf

DAVID SIMÓN LORDA. Médicos ourensanos represaliados en la Guerra Civil y en la posguerra. Historiasdela «Longa Noite de Pedra». Colección estudios Nº8, 2010. Fundación 10 de Marzo. https://www.researchgate.net/profile/David-Simon-Lorda/publication/269278703_Medicos_Ourensanos_Represaliados_en_la_Guerra_Civil_y_en_la_Posguerra_Historias_de_la_longa_noite_de_pedra/links/5aaab48ea6fdccd3b9bbefa6/Medicos-Ourensanos-Represaliados-en-la-Guerra-Civil-y-en-la-Posguerra-Historias-de-la-longa-noite-de-pedra.pdf

Un alcalde Vilagarcián preso en San Simón: Valentín Briones Rey. Emilio Xosé Ínsua

http://bueu.esy.es/Revistas/Aunios/26/02-Alcalde-Insua.pdf

FÉLIX J. MONTERO GÓMEZ. Lora del Río, 7 de agosto de 1936: Consecuencias de la rebelión militar. TOMOS I y II.

https://www.loradelrio.net/memoria/memoriatomo1.pdf

https://www.loradelrio.net/memoria/memoriatomo2.pdf

Pandulleiros. Grupo de Amigos da Historia da Illa de Arousa. https://pandulleiros.blogspot.com/2012/08/republica-independente-por-un-dia.html

SANTIAGO PENA, XAVIER. In Memoriam. Asociación Cultural a Dorna. Revista Dorna Nº 6. http://www.acddorna.org/revistasblog/revista004.pdf



No hay comentarios:

Publicar un comentario