![]() |
| Desembarco de presos. Publicada en As Illas de San Simón e San Antonio. Lugar de encontro. Ed. Xunta de Galicia, 2005 |
Echarri García, José (Andosilla-Navarra)
Xornaleiro, 32 anos, casado.
Detido pola Garda Civil o 21/07/1936 en Andosilla, cando levaba nun asno víveres a tres amigos que se atopaban agochados por medo a ser presos pola súa ideoloxía comunista. No momento da detención incautóuselle un revólver.
Xulgado en Pamplona, o 28/07/1936, por Auxilio á Rebelión. Sería condenado o 17/10/1936 a 20 anos de reclusión temporal.
Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal (09/11/1936), na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Astorga (28/03/1939) e na Prisión Provincial de Lugo.
O 14/07/1940 a pena sería conmutada pola Comisión de Navarra a 3 anos e 8 meses. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300224, Expediente 1990). Concédeselle a Liberdade Condicional por exceso de tempo recluído en prisión (3 anos, 11 meses e 22 días), regresando a Andosilla o 11 de xullo de 1940.
Echeandía Cuadrado, Andrés (Valderas-León)
Xornaleiro, casado, 59 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
NOTA: Non atopo máis datos. Aparece José Francisco Echeandía Cuadrado, no listado de vítimas, e José Echeandía Cuadrado con pena conmutada pola Comisión de Vizcaya.
Echeandía Estancona, Ambrosio (Gorocica, Múgica-Bizkaia)
Labrego, 62 anos, casado con Lorenza. Fillo de Jacinto e Buenaventura.
Xulgado en Bilbao, o 23/07/1937 por Rebelión Militar (Sumarísimo de Urgencia número 304 de 1937). Segundo o expediente: «de filiación rojo-separatista en todo el tiempo del Movimiento ha hablado mal de sus convecinos derechistas llegando a golpear a personas que no pertenecían a su ideario, es elemento indeseable». Condenado o 25/07/1937 a 6 anos e 1 día de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300266, Expediente 6375).
Preso na Prisión Provincial de Bilbao, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (21/12/1937) e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/07/1939) onde, por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE numero 236 del 23/08/1940, páxina 5843).
Echeandía Rodríguez, Ángel (Villa Herreros-Palencia)
Militar, 43 anos. Fillo de Juan e Marta.
Capitán de Infantería con destino na Segunda Brigada do Exército do Norte.
Acusado de Rebelión Militar. Condenado a 15 anos. Pena conmutada o 20/06/1940 a 6 anos e 1 día.
Preso na Prisión Superior-Los Salesianos, Prisión Las Salesas (23/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/10/1938), onde por Orde do 27/09/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE numero 275 del 01/10/1940, páxina 6810).
Echevarría Gallarza, Marcos (Ceanuri/Zeanuri-Bizkaia)
Labrego, 42 anos, casado con María Arana. Fillo de José e Dionisia.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 27/10/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300302, Expediente 11261).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión de Camposancos (17/01/1940).
![]() |
| Etxeberria Nazabal, J.M.-amasavillabonaoroitzen.net |
Echevarría Nazabal, José María (Tolosa-Guipuzkoa)
Ferreiro, traballaba na fábrica de xesos de Zizurkil. 30 anos, casado con Micaela Aranzabi, pai de 4 fillos. Fillo de Severo e María.
Militante de UGT. En novembro de 1936 inscribiuse como miliciano.
Veciño de Villabona/Billabona (Guipuzkoa).
Detido en Santander en 1937. Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Posteriormente a pena sería conmutada pola Comisión de Vizcaya por 2 anos de reclusión (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300505, Expediente 39075)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/11/1938) e Prisión de Camposancos-Aguarda (17/01/1940). Acada a Liberdade Condicional o 02/08 1940.
Unha vez en liberdade establécese no concello de Mutriku, de onde era natural a súa esposa. Anos despois regresarían a Villabona por motivos laborais.
Echevarría Ormazábal, José (Pasajes/Pasaia-Guipúzcoa/Guipuzkoa).
Mariñeiro, 25 anos, solteiro. Fillo de Alejo e Juana
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. O 27/07/1937 condenado a 12 anos e 1 día. A pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300266, Expediente 6389).
Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Morto na illa de San Simón.
Echevarría Vizcargüenaga, Justo (Aracaldo/Arakaldo-Bizkaia)
Laminador, 35 anos. Fillo de Juan e María. Veciño de Arrankudiaga (Bizkaia).
Nas eleccións de 1933 elixido concelleiro por Arrankudiaga polo PNV.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 01/09/1938 a 15 anos de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300506, Expediente 39129)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao (30/12/1937), Upo Mendi (17/12/1938) e Prisión de Camposancos-A Guarda (27/01/1940)
Echeverría Arena, Nicolás (Bortedo, Valle de Mena-Burgos)
Labrego, 51 años, casado con María Ortiz. Fillo de Bautista e Jacinta.
Veciño de Santecilla (Valle de Mena).
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 15/12/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300505, Expediente 39109).
Preso na Prisión do partido de Balmaseda, Larrinaga, Buque Prisión Upo-Mendi, Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938) e Prisión de Camposancos-A Garda.
Écija Sánchez, Juan Antonio “Cano” (Sacedón-Guadalajara)
Labrego, 39 anos, casado con Teresa. Fillo de Blas e Militona.
Milicias Aragonesas (Bon Aragón Marlasca).
Xulgado en Guadalajara por Auxilio á Rebelión (2967-39). Condenado o 29/09/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Guadalajara (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300852, Expediente 89227).
Preso, cando menos, na Prisión de Santa Isabel-Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942) onde, por orde do 22/01/1943, concédeselle a Liberdade Condicional, coa liberación definitiva do desterro. (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531).
Edroso Pérez, Nicolás (Sestao-Bizkaia, 1895)
Industrial.
Militante da Agrupación Socialista (AS) e UGT de Sestao. Concelleiro e tenente de alcalde de Sestao. Xestor da Diputación Provincial de Vizcaya.
Consello de Guerra celebrado en Bilbao. Condenado a 20 anos de reclusión.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde se atopaba o 28 de outubro de 1938.
Unha vez libre estableceuse en Vitoria (Álava), onde participou na reorganización do PSOE e UGT na clandestinidade. Volveu ser detido en Vitoria en novembro de 1958, durante a redada que desarticulou á organización socialista en varias provincias. Sería posto en liberdade pouco despois, baixo fianza de 25.000 pesetas. O fiscal pedía 6 anos de reclusión e 50.000 pts. de multa, pero non chegou a ser xulgado porque faleceu en Vitoria o 13/12/1962.
Egea Inglés, Tomás (Alcañiz-Teruel)
Labrego, 53 anos, casado con Francisca Cros. Fillo de Gregorio e Bernardina.
Do Sindicato de Trabajadores de la Tierra de Alcañiz.
Xulgado en Zaragoza por Indución á Rebelión. Condenado o 23/04/1938 a 10 anos (Causa 49/38). Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300679, Expediente 64796)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Provincial de Santiago de Compostela (13/03/1939) onde, se lle concede a Liberdade Condicional ((24/09/1940).
Eguiara García, José (Azúa/Azua-Álava/Áraba)
Condutor, solteiro, 23 anos.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Eguileor Amallobieta, José María (Mundaka-Bizkaia)
Ebanista, 32 anos, solteiro. Fillo de Tomás e Asunción.
Nas eleccións de 1933 nacionalista elixido concelleiro de Mundaka.
Durante a guerra no Batallón De Cazadores De Montaña Arapiles 7.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 16/08/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión de Camposancos-A Guarda (10/01/1940), onde o 06/08/1940 queda en Liberdade Condicional.
Eguileor Gabiola, Tomás (¿Mundaka-Bizkaia?)
Fichas de Tomás Eguileor como Presidente Suplente do Tribunal de Xustiza do PNV en Mundaka en 1933. Afiliado a Juventus Nacionalista Vasca de Mundaka en 1934-1936.
Non temos datos do consello de guerra pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300266, Expediente 6334).
Preso, cando menos, no Buque Prisión Upo Mendi e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 21/6/1940 (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400).
Abríuselle Expediente de Responsabilidades Políticas (nº 1290 de 1941), sendo indultado o 06/05/1942 (BOE 19/10/1942, Anexo único, páx. 3980).
Eiras Vales, José Manuel (Presedo-Abegondo-A Coruña).
Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal-Pamplona e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Elezcano Mezo, Pedro (Deusto, Bilbao-Bizkaia)
Torneiro, 36 anos, casado con Julia Leguina. Fillo de José e Ramona. Veciño de Leioa (Bizkaia).
Presidente do Sindicato de Trabajadores Vasco (STV) en Bilbao. O 18 de xullo de 1936 pasou a formar parte da Junta Local de Defensa de Leioa, ocupando os cargos de comisario do Tribunal e membro do Comité.
Na guerra Miliciano do Batallón de Ingenieros nº9.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 30/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300250, Expediente 4436).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938), Prisión de Camposancos-A Guarda (10/01/1940) e Prisión Provincial de Bilbao (abril, 1940). Pouco despois posto en liberdade condicional e destinado á fábrica Aurrera de Sestao. En maio de 1947 reingresou na Prisión Provincial de Bilbao, quedando en liberdade definitiva o 18/07/1947.
Elías Oliete, Blas (Vinaceite-Teruel)
Xornaleiro, 60 anos. Fillo de Joaquín e Manuela.
Xulgado en Caspe (Zaragoza) o 05/06/1938 por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/06/1938 a 15 anos. Conmutada posteriormente a 4 anos de prisión menor (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300264, Expediente 6087)
Preso, cando menos, no Cárcere de Vinaceite, Prisión Caspe (26/05/1938), Prisión Provincial de Zaragoza (16/10/1938), Prisión Central de Valdenoceda (17/11/1938), Prisión Central de Celanova (12/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939).
Expediente de Responsabilidades Políticas en 1941 (RRPP 255/190).
Elorduy Aguirre, Luis (Erandio-Bizkaia)
Xornaleiro, viúvo, 60 anos. Fillo de José e Carmen.
Vocal da xunta do PNV de Erandio-Becoa.
Xulgado por Rebelión Militar Condenado a Pena de morte. Sería conmutada o 10/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300002, Expediente 125). Posteriormente reducida a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939). O 21/1/1943 concédeselle a prisión atenuada.
NOTA: Recollido como falecido en San Simón.
Elorza Ezpeleta, Marcelino (Bergara-Guipuzkoa)
Labrego, casado, 67 anos. Fillo de Vicente e Gregoria.
Afiliado á Agrupación Socialista (AS) de Bergara.
Xulgado polo Tribunal Popular de Euskadi (Republicano) en Bilbao (Causa 23/936) por evasión ao campo inimigo, tentando pasar a un grupo ao bando “Nacional”.
Acusado polos “nacionais” por Rebelión Militar. Condenado o 22/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939) e Prisión de San Sebastián (07/10/1942).
NOTA: Recollido como falecido en San Simón.
Elvira Gala, José (Colmenarejo-Madrid, 22/04/1875)
Cerralleiro, 65 anos, casado con María, 7 fillos.
Fillo de Julio e Elvira. Veciño de Galapagar (Madrid).
Acusado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/06/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión del Escorial, Prisión de Salamanca ((20/07/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/03/1941), onde por orde do 05/12/1941, concédeselle a Liberdade condicional provisional coa liberación definitiva do desterro.
Embid Perdices, Domingo (Sigüenza-Guadalajara, 1894)
Dependente de comercio, 42 anos, casado con Concepción Gelabert. Fillo de Domingo e María.
Membro de UGT e Directivo da Casa del Pueblo de Sigüenza. Agrupación Socialista (AS).
Xulgado en en Consello de Guerra celebrado en Zaragoza, por Auxilio á Rebelión (Causa: 27/37). Condenado o 08/09/1937 a 12 anos de reclusión temporal. Posteriormente a pena será conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caíxa 300679, Expediente 64787).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938).
Encinas Andueza, Julián (Vitoria/Gasteiz-Araba)
Garda Civil da comandancia de Guipuzkoa, solteiro, 26 anos. Veciño de Bergara.
Acusado de Rebelión Militar.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de Astorga, na que se atopaba en agosto de 1939, cando se lle conmuta a terceira parte da condena.
Expediente de Libertad Vigilada, natural de Vitoria e residente en Valladolid.
NOTA: Recollido como falecido en San Simón.
Encinas García, Alejandro (Navas de la Asunción-Segovia)
Xornaleiro, 73 anos, casado con Teresa. Fillo de José e Hermenegilda.
Condenado o 10/10/1933.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Segovia, Hospital Asilo Penitenciaria-Segovia (07/12/1933), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/01/1939) e Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 04/11/1939.
Enríquez Pérez, Cornelio (Boiro-A Coruña)
Mariñeiro, solteiro, 22 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Enríquez Zaragoza, José “Ranero” (Padul-Granada)
Xornaleiro, casado, 62 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Sumario 20.291/39). Condenado o 05/12/1939 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1940), onde por orde do 17/09/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, ( BOE nº 272 de 29/09/1942, páxina 7644).
Entío Casanova, Justo (Villamayor-Zaragoza)
Labrego, 36 anos, casado con María Brose. Fillo de Andrés e María.
Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (1720-36). Condenado o 06/06/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300679, Expediente 64789).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938). Liberdade Condicional o 07/08/1940.
Erias Vales, Manuel (Presedo, Abegondo-A Coruña)
Labrego, solteiro, 31 anos. Fillo de Antonio e Dolores.
Xulgado en A Coruña en 1936 por Auxilio á Rebelión (Causa 885/10). Condenado o 01/02/1937 a 2 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de A Coruña (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixja 300284, Expediente 8838).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Pamplona e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Colonia Penitenciaria Militarizada Dos Hermanas-Sevilla (07/03/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional provisional con liberación definitiva do desterro o 11/12/1941.
Erroz Sorrosal, José (Guadalajara-Guadalajara, 18/01/1900)
Veterinario, 42 anos, casado con Inés Serrano. Fillo de Carlos e María.
Veciño de Madrid.
Afiliado a UGT en 1931 (Sindicato de Veterinarios), ao PS en 1932 e Tesoureiro do Círculo Socialista del Norte de Madrid en febreiro de 1936. Delegado político administrativo do Hospital Central Antivenéreo, instalado na rúa Zurbano en xullo de 1936, ostentando os cargos de Tenente de Sanidade e Comisario ata o fin da guerra.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 30/05/1940 a cadea perpetua (30 anos), sendo rebaixada a 20 anos e 1 día. Na acusación pódese ler: “Fue el que propaló el día 2 de mayo de 1936 la especie de los caramelos envenenados como consecuencia de lo cual fueron asesinadas en la plaza de Cuatro Caminos dos monjas”.
Preso na Prisión Provincial de A Coruña, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/07/1942), Prisión de Yeserías (06/09/1942) e Prisión Habilitada de Santa Rita-Madrid (30/03/1943), onde por orde do 07/07/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 234 de 21/08/1944, páxina 6323).
Solicitou en 1948 a conmutación das penas accesorias en virtude da Lei de 18/12/1946, séndolle concedido en marzo de 1957, asimilándoas ás dunha condena a 20 anos Rm. Nesa fecha residía en Madrid, calle Ponzano 14.
Escario Casbas, Alejo (Almunia del Romeral-Huesca)
Labrego, 59 anos, casado con Basilisa. Fillo de Manuel e Joaquina.
Xulgado en Huesca por Adhesión á Rebelión (Causa 140-38). Condenado o 21/07/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Posteriormente conmutada pola Comisión de Huesca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300866, Expediente 91078).
Preso no Cárcere de Almunia de Romeral, Prisión Provincial de Huesca (17/04/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/04/1939), onde por Orde do 02/08/1941, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6271).
Escartín Blasco, Mariano. (Albalate del Arzobispo-Teruel)
Labrego, viúvo, 76 anos.
Non temos datos do seu consello de guerra nin da súa condena, pero a pena sería conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300706, Expediente 68751).
Preso,
cando
menos,
na
Colonia
Penitenciaria da
Illa
de San Simón,
onde
o 19/04/1939 é rexistrada a súa morte a causa de hemorraxia
intestinal por enterite
Escribano Galindo, Juan (Quintanar del Rey-Cuenca)
Labrego, 69 anos, casado con María Carrasco. Fillo de Pascual e Manuela.
Membro de UGT. Miliciano.
Xulgado en Cuenca por Adhesión á Rebelión. Condenado o 25/01/1940 a cadea perpetua, 30 anos. Posteriormente a condena sería conmutada a 20 anos de reclusión menor. (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300396, Expediente 22921).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial da Coruña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/03/1941), Prisión de Cuenca (18/04/1942), Prisión de Albacete (05/01/1943). Concédeselle a Liberdade o 16/12/1943.
Volve a ser detido por Quebrantamento da Condena, ingresando na Prisión de Cuenca (10/12/1949), sendo liberado pouco despois, o 24/12/1949.
Escribano Olloque, Ramón (Zorita de la Frontera-Salamanca)
Calafate, casado, 60 anos. Fillo de Antonio e Eduarda. Veciño de Santoña (Cantabria).
Xulgado en Santander por Rebelión Militar. Condenado o 26/10/1937 a pena de morte, sendo conmutada por cadea perpetua, 30 anos. ( ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300031, Expediente 2315)
Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939) e Colonia Penitenciaria del Dueso (25/07/1942), concedendoselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 11/11/1943 (BOE número 362 de 28/12/1943, páxina 12304).
Escrig Aparici, Vicente (Lucena del Cid/Llucena-Castelló)
NOTA: Citado tamén como Escrich Aparici, Vicente.
Labrego, 62 anos. Fillo de Vicente e María.
Militante de Izquierda Republicana. Xuíz Municipal de Llucena.
Xulgado en Castellón por Adhesión á Rebelión (Causa: 1404/37. Páx. 49). Condenado o 05/08/1938 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada a 20 anos (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300052, Expediente 3814)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Castellón, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/04/1939) e Prisión Provincial de Castellón (22/01/1943), onde por orde do 19/06/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 203, de 22/07/1943, páxina 7084).
Escrig Edo, Ignacio (Sinera-Castelló)
NOTA: Citado tamén como Escrich Edo, Ignacio.
Labrego, viúvo, 61 anos.
Xulgado en Castellón en 1938 (Causa 1355/14393, Orde 8). Non coñecemos a pena pero sería posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300858, Expediente 89993).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Escudero Alejo, Pedro (Cáceres-Cáceres)
Xornaleiro, solteiro, 24 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Escudero Merino, Julio “El Jabonero” (Torre de Estebán Hambrán-Toledo)
Xaboeiro, casado con Consuelo Peinado, 61 anos. Fillo de Ildefonso e Emilia.
Detido en Talavera de la Reina o 25/06/1937. Condenado a cadea perpetua, 30 anos. Posteriormente a pena sería conmutada pola Comisión de Toledo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300809, Expediente 83438).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Talavera de la Reina (25/06/1937), Prisión Central de Astorga e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1940).
Esmorís Bouzas, Manuel (Toedo, A Estrada-Pontevedra)
Peón, 32 anos, casado con Consuelo. Fillo de José e Manuela.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Posteriormente, conmutada a 3 anos de prisión menor. ( ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300288, Expediente 9294)
Preso, cando menos, na Prisión de A Estrada, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/11/1936) e na Prisión de Santiago de Compostela (27/02/1939).
Espada Barrera, Rafael (Villaviciosa-Córdoba)
Xornaleiro, 61 anos, casado con Dolores. Fillo de Francisco e Concepción.
Veciño de La Rambla (Córdoba).
Xulgado en Córdoba por Auxilio á Rebelión. Condenado o 21/09/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Córdoba (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300263, Expediente 5975).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Córdoba, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (19/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/03/1939), onde por Orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE número 295 del 21/10/1940, páxina 7239).
España Guerra, José (Almáchar-Málaga)
Músico, solteiro, 69 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde faleceu.
Espejo Solís, Antonio (Humilladero-Málaga)
Labrego, casado, 62 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Non temos datos do xuízo nin da condena, pero a pena sería conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300550, Expediente 46004).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Espiga Díaz, Mariano (Madrid-Madrid)
Condutor e mecánico, 33 anos, casado con Francisca Torre. Fillo de Mariano e Rosario.
Veciño de Gijón (Asturias).
Combateu no bando republicano, no Regimiento Mixto de Artillería de Asturias.
Xulgado en Consello de Guerra de Camposancos e condenado a pena de morte.
Preso, cando menos, na Prisión de Camposancos-A Guarda e na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938). Fusilado ás 7 da mañá do 15/03/1939 no monte do Castro (Vigo).
Apesares da súa morte a Audiencia Provincial de Oviedo ábrelle expediente de Responsabilidades Políticas. Danlle o indulto en 1958 (Expediente: 09056/1958).
Espina Atienza, José (Saelices de Mayorga-Valladolid)
Labrego, casado, 60 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Espinar Sánchez, Antonio (Gérgal-Almería)
Pastor, 66 anos, casado con Isabel. Fillo de Antonio e María.
Detido antes da guerra. Condenado o 05/06/1935 a 20 anos de reclusión menor.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Almería, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (22/08/1935), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), Prisión Central de Figueirido (15/05/1939), onde falece o 05/11/1939.
Espinel Ruíz, José (Saelices de Mayorga-Valladolid).
Labrego, casado, 60 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Non temos datos do xuízo nin da condena, pero a pena sería conmutada pola Comisión de Valladolid (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caja 300337, Expediente 15721)
Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Provincial de Palencia, onde acada a Liberdade Condicional (BOE nº 183 de 2/7/1941, páxina 4904).
Espinosa Echevarría, Vicente (Valdemorilla, Izagre-León)
Labrego, viúvo, 36 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Espinosa Paz, Juan (Ardales-Málaga)
Xornaleiro, casado, 62 anos.
Non temos datos do xuízo nin da condena, pero a pena sería conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300686, Expediente 65824)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por Orde do 30/05/1941, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE nº 157 de 6/6/1941, páxina 4081).
Espiño Amil “Tío Euloxio”, Eulogio (Fiestras, Silleda-Pontevedra, cara a 1912)
Fillo de Manuel e Benita.
Participou nun intento de constituír o Partido Comunista en Silleda.
Xa fora detido en 1928, con tan só 16 anos, por disparo, lesións e tenencia de arma de fogo.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
En 1942 ségueselle expediente de Responsabilidades Políticas, constando como veciño de Lérez.
Espósito, Consuelo de Jesús (Cazorla-Jaén)
Labrego, casado, 62 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Esquivel Izpizúa, Gerardo (Murueta-Bizkaia).
Mariñeiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Felipe e María. Veciño de Busturia (Bizkaia)
Xulgado en San Sebastián por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/11/37 a 12 anos e 1 día de reclusión menor.
Preso, cando menos, no Forte de San Cristóbal e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938).
Esteban Macia, Jerónimo (Zamora-Zamora)
Labrego, casado, 61 anos.
Non temos datos do xuízo nin da condena, pero a pena sería conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300324, Expediente 14064)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde por orde do 24/06/1941 , concédeselle a Liberdade Condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4956)
Esteban Turón, Pedro Antonio (Hijar-Teruel)
Xornaleiro, casado, 70 anos. Fillo de Francisco e Silveria.
Afiliado a UGT. Capataz do Sindicato de Riegos é acusado de someter aos veciños de dereitas a traballos forzados e obrigalos a meterse na auga no inverno.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 1544-38). Condenado o 10/09/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300407, Expediente 24489)
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (31/03/1939), onde falece o 19/02/1942 por causas naturais.
Estébanez Bárcena, Urbano (Astillero-Cantabria)
Ferroviario, axustador. Casado, 63 anos.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado a 15/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939) e Prisión Central Tabacalera de Santander (31/10/31), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 236 de 24/08/1943, páxina 8227).
Estévez Balado, Aurelio (Gargamala, Mondariz-Pontevedra)
Canteiro, 23 anos. Fillo de José María e Mercedes.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado a 07/09/1936 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27371)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristóbal-Pamplona (08/02/1937). O 21/09 1940 pasa a situación de prisión atenuada (liberdade condicional) e o 29/03/1944 acada a Liberdade definitiva.
Estévez Devesa, Moisés (Málaga)
Funcionario, casado, 61 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Estévez García, Luis (Vigo)
Solteiro.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Estévez Martínez, Constante (Redondela-Pontevedra)
Xornaleiro, 28 anos.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón
Estévez Martínez, Matías “Rato” (Parderrubias, Salceda de Caselas-Pontevedra)
Zapateiro, 27 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Dolores.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar (Causa 727/200, Orde 2129). Condenado o 24/09/1936 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27375)
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristóbal-Pamplona (05/02/1937). O 02/09/1940 pasa á situación de Prisión Atenuada.
Estévez Pazos, Ramón (Bueu-Pontevedra)
Xornaleiro, 27 anos, solteiro. Fillo de Perfecto e Aurora.
Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 29/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada o 09/04/1940 pola Comisión de Pontevedra a 20 anos.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Forte de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), Prisión de Logroño (10/01/1943), Dto. Valvanera-Logroño (13/01/1943) e ¿Anguiano? (23/07/1943).
Estévez Pereira, Juan (Portugal)
Soldador, 19 anos. Veciño de Baiona.
Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.
Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Na lista de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Estévez Porto, Leopoldo (Ponteareas-Pontevedra)
Contratista, 60 anos, casado con Gumersinda. Fillo de Juan e Josefa. Veciño de Vigo.
Condenado o 21/10/1940 a 1 ano e 8 días.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Oviedo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/03/1942) e Prisión de Vigo (06/02/1943). Liberdade o 20/08/1943.
Estévez Regueiro, Felipe (Ribadavia-Ourense)
Mecánico, 40 anos, casado con María Vilas. Fillo de José e Bernarda. Veciño de Ponteareas.
Xulgado en 1936 por Rebelión Militar (Causa 676/211, Orde 2256). Condenado o 13/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27372).
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/09/1936).
Expediente de Responsabilidades Políticas, do que é indultado en 1961 (75/00028).
Estévez Rodríguez, Amadeo (A Cañiza-Pontevedra)
Barbeiro, 29 anos, solteiro. Fillo de Bautista e Manuela.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 10/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300426, Expediente 27373)
Preso, cando menos, na Prisión de Vigo e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/10/1936).
A Audiencia Provincial de Orense abriulle Expediente de Responsabilidades Políticas, do que é indultado en 1942 (75/00355).
Estévez Rodríguez, Rafael (Córdoba)
Camareiro, 61 anos, casado con Candelaria Delgado. Fillo de Manuel e Rafaela. Veciño de Madrid.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 115415/2710, Orde 7). Condenado o 25/08/1939 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300274, Expediente 7536).
Preso na Jefatura Nacional de Seguridad, Cárcere de General Porlier nº54, Fuerte de San Cristóbal-Pamplona (31/10/1939-6/10/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/40) onde falece o 09/05/1941, rexístrase como causa Avitaminosis.
Estruel Cid, Salvador (Horta de Sant Joan-Tarragona)
Labrego, 55 anos, casado con Joaquina Guimerá. Fillo de Domingo e Teresa.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Astorga (09/04/1939) e pasando o 14/09/1941 á situación de Prisión Atenuada.
Debeu ser novamente detido, porque figura como preso na Prisión Provincial de León, onde por orde do 22/01/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 17/03/1944, páxina 2231).
Esturo Arrien, Vicente (Gautegiz Arteaga-Bizkaia)
Labrego, 66 anos. Fillo de José Ignacio e Manuela.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 10/08/1938 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300506, Expediente 39135)
Preso na Prisión de Bilbao (01/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Etcheverri, Agustín Jorge (Santiago de Compostela-A Coruña, 1902)
![]() |
| Etcheverri, A. J.-Nomes e Voces |
Primeiro presidente do Círculo Republicano Radical de Cangas en 1931, sendo representante do Partido Republicano Radical en Pontevedra. Xuíz municipal de Cangas (1933). Primeiro presidente de Izquierda Republicana en Cangas(1935). Nomeado alcalde de Cangas co triunfo do Frente Popular.
Detido o 23/07/1936 acusado de rebelión militar. Foi xulgado en Pontevedra o 19/09/1936. xunto ao secretario do concello Francisco Búa Carou, Lorenzo Corbacho Rodal, Víctor Sánchez Mártil e Jo´se Rodal Lanzós. Condenado a pena de morte.
Preso no Cárcere de Cangas e trasladado á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Foi fusilado en Pontevedra o 24/09/1936.
Expósito García, Esteban (Jaén-Jaén)
Porteiro, casado con Eduarda Ginés, 64 anos. Fillo de Clara. Veciño de Málaga.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 01/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caix 300550, Expediente 46007).
Preso, cando menos, na Prisión Central del Puerto de Santamaría, Colonia Penitenciaria del Dueso (11/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939).
Ezquerra Ugarte, Gumersindo (Gibaja, Ramales de la Victoria-Cantabria)
Xornaleiro, 61 anos, casado con Tomasa. Fillo de Agustín e Ramona.
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 28/06/1937 a 12 anos e 1 día de reclusión temporal. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300266, Expediente 6341)
Preso na Prisión Provincial de Bilbao, Hospital Asilo Penitenciario-Segovia (07/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Bases de datos:
BOE
https://www.boe.es/buscar/gazeta.php
https://www.boe.es/diario_gazeta/hemeroteca.php
Buscar combatientes. Buscador de la Guerra Civil Española.
https://buscar.combatientes.es/
Nomes e voces. http://vitimas.nomesevoces.net
Víctimas Guerra Civil Española
Con Nombre & Apellidos. Desaparecidos y represaliados durante la Guerra Civil y la posguerra.
Memoria histórica. Base de datos de concelleiros represaliados. Deputación de Pontevedra. https://arquivos.depo.gal/xeracion-perdida/concelleiros-represaliados
Mulleres, homes e homiños. Base de datos. Luis Sánchez Rodríguez. Comisión para a Recuperación da Memoria histórica da Coruña.
https://represion.memoriadacoruna.gal/
Boletín Oficial del Estado. www.boe.es
Fundación Francisco Largo Caballero. Censo de represaliados de la UGT. https://censorepresaliadosugt.es/s/public/page/home
Fundación Pablo Iglesias.
Fundación José Barreiro.
Asociación Manuel Azaña
Asociación Isaac Puente
https://www.navioanarquico.org/index.php/inicio
Bases de datos de comunidades, provincias e vilas
DARA - Documentos y Archivos de Aragón-Memoria democrática
Euskal Memoria Fundazioa
https://www.euskalmemoria.eus/es/db/hildakoak_sansimon
Archivo General Región de Murcia
https://archivogeneral.carm.es/archivoGeneral/arg.inicio
Navarra. Centro de documentación de la memoria.
Asociación Salamanca Memoria Justicia https://salamancamemoriayjusticia.org/
Concello de Lugo. Memoria histórica. http://www.lugo.es/cs/represion/index.jsp
Portal de Archivos Españoles (PARES). Archivo general de la administración. Documentación penitenciaria.
Libros:
GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. Ed. Xerais, 2007.
GONZALO AMOEDO E ROBERTO GIL. Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Edicións do Castro, 2002.
LOIS BARROS. Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Edicións do Castro.
Outras publicacións e webs:
Repertorio biobibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega. Edita: © Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Santiago de Compostela, 2001. ISBN: 84-95415-42-9
Facebook Fernandez Camiña Ana
Ministerio de política territorial y memoria democrática.
https://www.mpr.gob.es/memoriademocratica/Paginas/index.aspx
La historia en la memoria. Memorial antifranquista y democrático. https://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com
O Baixo Ulla. www.obaixoulla.gal
Nós Diario. Galegos mortos en San Cristóbal.
Wikipedia
XOSÉ ALVAREZ CASTRO. Pontevedra nos anos do medo. https://anosdomedo.blogspot.com/.
Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo. David Simón Lorda. AGAMFEC.
JOSÉ LUIS MOSQUERA VELEIRO. Abril de 1931: a chegada da II República ó Val Miñor. Revista de estudos miñoráns, nº18, 2019.
JESÚS MARÍA PALOMARES. La Guerra Civil en Valladolid notas sobre la represión en la ciudad. Universidad de Valladolid.
Víctimas de la dictadura en Castilla La Mancha. https://victimasdeladictadura.es/
MARCOS SEIXO PASTOR. A represión franquista en Cuntis. Memoria de 1936. O proceso contra Aurelio Rei e outros cuntienses.
MANUEL ÁNGEL MENÉNDEZ. Testimonios del horror franquista que ha escuchado la juez Servini. Coordinadora estatal de apoyo a la querella Argentina contra crímenes del franquismo
HISTORIAS DE VIDA, DE HOMBRES Y MUJERES DE ASTURIAS, INTERNADOS EN CAMPOS NAZIS. https://deportadosasturianos.blogspot.com/
La Voz de Galiciana
Faro de Vigo
Nós Diario
https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/aparello-represivo-bueu/20201221202741112254.html
15MPedia. Memoria histórica en Vigo. https://15mpedia.org/wiki/Memoria_Hist%C3%B3rica_en_Vigo
Grovepedia. http://grovepedia.com/wp-content/uploads/2017/10/11.-SETE-DIAS-DE-XULIO.pdf
Presos da Estrada en San Simón. https://www.tabeirosmontes.com/presos-en-san-simoacuten.html
https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2006/04/16/cando-estrada-unha-illa-18239996.html
MANUEL IGREXAS. Historias do Deza. Os fusilados de Vila de Cruces. https://historiasdedeza.wordpress.com/2012/08/29/os-fusilados-de-vila-de-cruces/
Víctimas de la Guerra Civil Española. https://victimasguerracivilespaniola.blogspot.com/2010/05/listado-de-presos-del-fuerte-de-san_1616.html
ALFONSO MARTÍNEZ FORONDA Y PEDRO SÁNCHEZ RODRIGO. El Independiente de Granada. Republicanos granadinos en San Simón. https://www.elindependientedegranada.es/politica/republicanos-granadinos-san-simon-isla-muerte-i
https://www.elindependientedegranada.es/politica/san-simon-isla-desmemoria-ii
Mapas de Memoria. Diputación de Ciudad Real. https://www.mapasdememoria.com/todoslosnombres/
Busturia (1937-1945): El primer franquismo. Xavier Herrero Acosta. https://www.eusko-ikaskuntza.eus/PDFAnlt/lankidetzan/67/Lank67_es.pdf
Archivo Histórico Provincial de Cádiz. Prisión Central del Puerto de Santa María. https://batallonrosaluxemburgo.wordpress.com/wp-content/uploads/2018/05/presos-santa-maria-cadiz.pdf
Historia de Jaén
https://www.historiadejaen.es/www/book/adjuntos/1154/1154-1_encarcelados.pdf
Innovation and Human Rights. La base de datos centralizada de víctimas de la Guerra Civil y el franquismo. https://scwd.ihr.world/es/
DIONÍSIO PEREIRA. Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). Edicións Xerais de Galicia, S. A., 2010.
Archivo Intermedio Militar Noroeste. Procedimientos judiciales incoadas por la Procedimientos judiciales incoados por la justicia militar a raíz de la Guerra Civil y durante la etapa franquista bajo responsabilidad del Tribunal Militar Territorial 4º. Provincia de León. https://patrimoniocultural.defensa.gob.es/sites/default/files/2019-10/Le%C3%B3n%20-%20copia.pdf
DAVID SIMÓN LORDA. Médicos ourensanos represaliados en la Guerra Civil y en la posguerra. Historiasdela «Longa Noite de Pedra». Colección estudios Nº8, 2010. Fundación 10 de Marzo. https://www.researchgate.net/profile/David-Simon-Lorda/publication/269278703_Medicos_Ourensanos_Represaliados_en_la_Guerra_Civil_y_en_la_Posguerra_Historias_de_la_longa_noite_de_pedra/links/5aaab48ea6fdccd3b9bbefa6/Medicos-Ourensanos-Represaliados-en-la-Guerra-Civil-y-en-la-Posguerra-Historias-de-la-longa-noite-de-pedra.pdf
Colectivo Republicano de Euskal Herria.
https://errepublikaplaza.wpcomstaging.com/
Aportes Xosé Moreira Docampo.
Fuerte San Cristóbal-Ezkaba. Memoria histórica
https://fuertesancristobal.blogspot.com/2011/02/rogelio-diz-nos-ha-dejado.html
Historias de Deza. Lalín.
https://historiasdedeza.wordpress.com/2016/10/26/vitimas-da-represion-franquista-en-lalin/
Búscame en el ciclo de la vida
http://www.buscameenelciclodelavida.c



No hay comentarios:
Publicar un comentario