jueves, 2 de abril de 2020

Sánchez Reboredo, José (Redondela 1941) Crítico Literario

Portada de "El silencio y la música". Foto: todocoleccion.net
          Nado en Redondela, mudouse a Vigo sendo neno. Licenciado en Filosofía e Letras e Catedrático de Instituto. En 1965 recibiu o Premio Nacional de Crítica Literaria. Autor de numerosos artigos de crítica literaria, obras colectivas e dos libros El silencio y la música (1989 Ensaio sobre a poesía de Pimentel), Palabras tachadas (1988 sobre a censura literaria na España da posguerra), Notas de crítica literaria, La verdad sobre el caso Savolta de Eduardo Mendoza e Plenilunio de Antonio Muñoz Molina (2009). Colaborador de varios xornais galegos.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
(19650319 El Pueblo Gallego)
Biblioteca Virtual Miguel Cervantes
Dialnet

Sampedro Fontenla, Francisco (Redondela, s. XIX) Militar

Miniatura que se conserva no Museo de Pontevedra
          Antepasado directo de Casto Sampedro. Na Guerra da Independencia contra os franceses (1809) tomou parte nas accións de Santiago, Pontesampaio e Ponte Caldelas. Máis tarde, Coronel condecorado en S. Marcial, en 1813 e Tolosa (Francia), en 1814. Nomeado Capitán Provincial de Tui en 1816.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Miniatura de Francisco Sampedro y Fontenla, héroe de la Guerra de la Independencia. Artigo en museodepontevedra.es de: Natalia Fraguas Fernández. Conservadora del Museo de Pontevedra

Romero Álvarez, Amante (Cabeiro, 1954) Poeta

        
Foto: Jesús de Arcos-Faro de Vigo
       Presidente do grupo poético Brétema. Ten publicado varios libros de poemas como Un suspiro en cada sueño ou La sombra del viento No 2014 publicou un libro de investigación da historia da súa parroquia natal, Cabeiro: Terra de cesteiros.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
vgomagazine.wordpress.com

miércoles, 1 de abril de 2020

Rodríguez Cotta, Juan (Vilavella-Redondela, ¿? – Asunción (Paraguay), 1705) Militar


         De orixe nobre era fillo de Bartolomé Rodríguez Cotta e Isabel González. Despois de residir en Santiago e Madrid, e sendo capitán partiu para Buenos Aires acompañando ao que sería novo gobernador daquela cidade, do que informa ao Rey por carta o 16 de agosto de 1678. Casou en 1679 con Antonia de la Serna y Salazar, viúva. En Arxentina desempeñou o cargo de Capitán dunha das compañías de infantería da guarnición da praza de Buenos Aires. En 1696 foi nomeado Gobernador e Capitán Xeneral de Paraguay, cargo no que tivo que reprimir a sublevación dos guaycúrues. Faleceu na cidade de Asunción en 1705.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
19160101 Almanaque Gallego (Bos Aires)

Ramonet Míguez, Ignacio (Redondela 1943) Xornalista


Criado en Tánger. Director do xornal francés Le Monde Diplomatique. Semiólogo, xornalista e profesor de Teoría da Comunicación na Universidade Denis Diderot de París. Foi alumno de Foucault, Burthers e Sartre. Especializado en relacións internacionais e globalización é autor de obras como Un mundo sin rumbo, Rebeldes, dioses y excluidos, Pensamiento crítico versus pensamiento, Cómo nos venden la moto (2000, con Noam Chomsky). La tiranía de la comunicación (2001), La golosina visual e Fidel Castro. Biografía a dos voces (2006) entre outras.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
Academia de las ciencias y las artes de televisión
Galipedia

Piñeiro, Fernando “Fisi” (Redondela, 1971) Bailarín.

Foto cedida por "Fisi"
          Como bailarín formouse no Centro de Ballet Devorah, pasando logo a integrar o Ballet Rey de Viana, e posteriormente a integrar o Ballet da RTVG onde segue a bailar no programa Luar dende hai case vinte anos. Como actor ten actuado como figurante en varias obras teatrais e nalgún anuncio na TVG. Tamén ten exercido como DJ residente en varias discotecas.

Autor: Juan Migueles

Ochoa, Juan Florencio de (Redondela, 07-07-1713 / ¿?) Relixioso


Arquiveiro de Santiago, cura de Soandres, prior de Camporredondo, Sarandóns e Barosa, cura de Moraime.

Autor: Juan Migueles

BIBLIOGRAFÍA
El Archivo del Monasterio de San Martiño de Fóra o Pinario de Compostela
, Volumen 1. Manuel Lucas Álvarez
Breogán Amoedo: https://gw.geneanet.org/breogan?lang=en&pz=breogan&nz=amoedo+villanueva&ocz=1&p=d.juan+francisco&n=ochoa+puga+quinones+araujo