Nos muros das nosas igrexas atopamos inscricións que normalmente fan referencia ao ano en que se realizou ao ao seu promotor, pero tamén hai algún texto diferente:
Enriba da porta principal aparece “AÑO 1763” e nunha parede lateral no exterior da sancristía: “ESTA CAPILLA LA MANDO FAZER EL LICDO. YSIDORO SGA SIENDO CUNPLIDO Y BLAS RODRIGUEZ COA EN EL AÑO DE 1670”.
No lintel da sancristía aparece outra pedra gravada, pero ao presentarse semioculta apenas se pode entrever “DE ARAÚJO Y...”. O resto é de difícil interpretación.
![]() |
| Inscrición na sancristía da Igrexa de Cesantes. Foto: José Antonio Mtnez. Fdez. |
Nun dos contrafortes da capela maior lese: “HOC OPUS FACTUM ESTEXP. REB. ABBADE LºIVº PREGO DE MONTAO:S: REGII ADVOCATO ET NOBLEMTE ANNO 1641”, que traducido sería: ESTE TRABAJO ESTÁ HECHO. ESTE EXPRESADO REVERENDO ABAD LICENCIADO IV PREGO DE MONTAOS POR EL ABOGADO DEL REY Y NOBLEMENTE. AÑO 1641. No outro a transcrición que se conserva no Fondo Casto Sampedro di: “ET ILLO ANNO LEVAVIT SE REGNVM PORTVGALLIAE”, que máis ou menos sería: “Y EN ESE AÑO SE LEVANTÓ EL REINO DE PORTUGAL”
![]() |
| Inscricións nos contrafortes. Fotos: J. Migueles |
No fondo de Casto Sampedro hai recollidas varias marcas inscritas na igrexa parroquial de Redondela baixo a lenda “En la parte del Sur de la Iglesia de Redondela”. Efectivamente no muro exterior da cara sur segue habendo gravadas cruces e algunha letra. Dada a altura á que se atopan, por debaixo do metro e medio, podemos pensar unha vinculación directa coas tumbas que antigamente existiron no adro da igrexa, actuando como cabeceiras das mesmas.
![]() |
| Inscricións no muro sur. Fondo Casto Sampedro |
![]() |
| Inscricións no muro sur. Fotos: J. Migueles |
Tamén existen inscricións no interior da Igrexa de Redondela (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2024/11/os-enterros-na-igrexa-de-redondela.html)
| Igrexa de Saxamonde. J. Migueles, 2008 |
| Igrexa de Vilavella. Foto: J. Migueles, 2008 |
![]() |
| Fotogrametría Xosé Couñago. |
Xunto a esta inscrición tamén podemos observar unha cruz.
![]() |
| Cruz. Foto: J. Migueles |
![]() |
| Cruz. Fotogrametría Xosé Couñago |
Casto Sampedro recollería outra inscrición no muro da horta do convento, que ata o de agora non localicei.
![]() |
| Fondo Casto Sampedro. |
NOTA: Entrada relacionada Inscricións nas Casas e muros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/02/inscricions-en-casas-e-muros.html )










No hay comentarios:
Publicar un comentario