MªFernanda Núñez Foto: El Pueblo Gallego |
A primeira deportista de Redondela sería María Fernanda Núñez Estévez "Tata", de Cesantes, destacada nadadora coma os seus catro irmáns. Do seu palmarés destaca que foi campiona galega de natación de 100m. libres en cinco ocasións (1955,-56,-58, -59 e 60), de 100 costas en dúas (1959 e 1960), e de 400m. libres en 1960. Temos que destacar que nesta época os campionatos galegos celebrábanse na Coruña porque era a única cidade galega con piscina. Tanto en Redondela coma en Vigo nadábase no mar. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/natacion-e-waterpolo.html )
En 1967 formouse o primeiro equipo feminino, sería a SAR de balonmán, daquela patrocinado por Regojo. Estaba formado por: María Argentina González, Isabel Jiménez, Marcelina Túnel, Ceferina Saa, Josefa Pérez, María del Carmen Hermida, María del Carmen Hortas, María Rodríguez, María Albina Reboredo e María Hortas González. O outro equipo do noso Concello, o Chapela, crearía equipo feminino en 1979. Entre os logros individuais neste deporte citar a: Josefa Cayetano Montero e Toñi Carballeira, primeiras en xogar na división de Honra. Emma Prieto primeira en xogar na Selección Nacional. Xeila Fervenza, campiona da liga 2016-17 co Macalia Guardés. A porteira Eva Piñeiro despois de pasar pola SAR e o Porriño chegaría a xogar na división de honra dos Países Baixos co PSV Eindhoven, onde xogou ata os 47 anos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/balonman.html )
Chegamos aos 90, e Rosana Nogueira, saltadora de altura, foi unha das portadoras da facho da olimpiada de Barcelona 92 e a pioneira do atletismo no noso concello. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/atletismo.html ). Atopamos aquí a outra precursora, desta volta nun deporte no que o mínimo que te chamaban daquela era "marimacho". Foi Mariló Ferreira Bemposta (Redondela), primeira xogadora de Redondela en formar con equipos federados de fútbol sala e, posteriormente, de fútbol, chegando a xogar na 2ª Nacional. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbolistas-xogadoras.html ).
Rosana Nogueira FarodeVigo1991
No momento actual outro deporte de equipo que está acadando grandes resultados é o das traíñas no que o C. R. Chapela acadou os Campionatos de España 2008 e 2014. Tamén citar ao S. D. R. Rías Baixas equipo no que formaban 8 mozas do C. R. Chapela e unha do C. R. San Simón, e que no 2009 acadou un triplete histórico: a Liga ACT, a Liga Galega e a Bandera de La Concha. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/trainas.html )
Téñense dado pasos noutros sectores do deporte como é o de colexiado, sendo Conchi Martínez Carballo, nos 90, a primeira en taekwondo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/varios-deportes.html ). Máis recentemente, Elena Casal en fútbol, que formou parte do primeiro trío arbitral totalmente feminino nun partido de 3ª en Galicia, e Alba Rivas Garrido en balonmán.
Por último, citar a: Judith Barbosa Sotelo (Cesantes, 1988), conquistou o seu primeiro campionato de España sénior de boxeo aos 17 anos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/boxeo.html ). Susana Ricón, primeira en completar unha maratón, no 2013 en New York. Puri Otero, que antes de que se formara a liga feminina no 2008, xogaba cos homes no waterpolo Redondela. “Pauleta” Domínguez, futbolista do Benfica, primeira española en acadar un título no país veciño. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbolistas-xogadoras.html ). E Alba Fernández, que con 11 anos debutou no Campionato Nacional de Portugal de motocross. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/varios-deportes.html )
No hay comentarios:
Publicar un comentario