Facebook Mweslee |
Nun
tempo en que as eleccións municipais sempre remataban con Xaime Rey
ocupando a Alcaldía, alguén tivo
a ilusión de romper con esta
situación facendo campaña por un candidato alternativo. Deste xeito
amenceu Redondela chea de carteis como o que acompaña estas liñas.
Nel aparece “o Arosa” coa lenda "Por un mañana
con calor", facendo
alusión á frase “¡Mañana calor!” que
a miúdo emprega este personaxe da vila.
Por desgraza, ao non presentarse oficialmente os seus votos foron
declarados nulos, quedándonos para sempre a dúbida de cantos
recibira. Unha inxustiza máis. ¡Reforma do sistema electoral XA!
Autor:
Juan Migueles
No hay comentarios:
Publicar un comentario