miércoles, 15 de septiembre de 2021

Pedro Cea e Lorenzo Fernández campións dun Mundial de Fútbol

 

A selección de Uruguai campiona de 1930. Arriba de esquerda a derecha: Figoli (adestrador), Andrade, Gestido, Nasazzi, Ballesteros, Mascheroni, Fernández e Greco (masaxista). Abaixo: Dorado, Scarone, Anselmo, Cea e Iriarte. Uruguai venceu na final a Arxentina por 4 a 2.


¿Dous redondeláns foron os primeiros españois en gañar o Mundial de Fútbol? Cada certo tempo reábrese o debate e ata na Wikipedia podemos ollar como o lugar de nacemento dos futbolistas Lorenzo Fernández e Pedro Cea vai variando de Redondela a Uruguai e de Uruguai a Redondela. Ademais, ao figurar nas biografías tan só o primeiro apelido dificulta a busca da súa orixe.

Poñámonos en situación. Alá polo 1930 celebrouse o primeiro mundial de fútbol en Uruguai. Nesta primeira cita existía unha norma que permitía xogar aos emigrantes na selección do país que os acollera. No equipo vencedor, Uruguai, formaban Pedro Cea “El Vasco” e Lorenzo Fernández “El Gallego”, dos que se chegou a dicir que eran de Redondela. O equipo derrotado sería Arxentina na que xogaba Pedro Suárez “Arico”, nado en Santa Brígida (Gran Canaria) en 1908.

http://es.wikipedia.org/wiki/Pedro_Su%C3%A1rez_%28futbolista,_1908%29

    Dende Uruguai afírmase que os dous naceron en Montevideo e aquí xurde a polémica sin que ata o de agora ninguén aporte as partidas de nacemento dos dous xogadores.

    Jaime Conde no Faro de Vigo afirma que Pedro Cea naceu en Redondela o 1 de setembro de 1900, e emigrou ao continente americano cos seus pai sendo moi neno. Por outra banda Antonio Paniagua e Pablo Gregorio Taboada en Cuadernos de Fútbol, nº 67, aportan datos posteriores de visados deste xogador en visitas a outros países nos que aparece Montevideo como lugar de nacemento. Nun destes visados atopa os nomes dos pais: José Cea e María Urriza, o que nos deixa claro a orixe vasca por parte da nai e a galega pola do pai. Pero tamén engade: ... el periódico vigués Galicia, el 10 de abril de 1924, fecha en la que la selección uruguaya estaba instalada en Vigo como parte de su gira europea previa a los Juegos Olímpicos. En el artículo se relata una escena en la que Cea se acerca a una aldea de Redondela para conocer a su abuela, a la que no vio nunca, enseñándole ella la cama en la que nació su padre, pero sin hacer ninguna referencia a que él naciese allí. Por lo emocionante e indicativo del artículo, merece la pena una reproducción textual del fragmento que se le dedica a este encuentro. Además supone una buena muestra de la sangría humana que la emigración supuso para el pueblo gallego:

    “De la estancia de los uruguayos en Vigo podríamos dar a la publicidad notas muy curiosas. Ayer ha tenido lugar una escena conmovedora entre el jugador Cea y su abuela, a la que no conocía. Esta última reside en una aldea de Redondela y allá fué (sic) ayer tarde en automóvil el interior izquierda del equipo uruguayo con varios compañeros.Después de múltiples indagaciones, consiguió Cea encontrar la casa de sus antepasados. Al darse a conocer a su abuela, se estrecharon ambos en tan cariñoso abrazo y tales palabras de amor maternal prodigó la viejecita a su nieto, que todos cuantos presenciaron la escena derramaron abundante llanto. Luego la abuela de Cea, con el júbilo que de de suponer (sic), fue enseñando a éste el hogar donde nació y se crió su padre, incluso la cama donde vino al mundo, que la viejecita conserva como una reliquia. La referencia que anoche hizo Cea de todo lo ocurrido a sus compatriotas, conmovió a éstos profundamente”.

Uruguai 1930. Héctor Scarone, Lorenzo Fernandez e Pedro Cea. Celebración gol de Cea na final

 

    O problema é que non temos constancia do apelido Cea en Redondela, pero nun traballo de Marcos Martín Reboredo atopamos o nome completo do pai, José Cea Araújo. Este segundo apelido si que ten presencia en Redondela.

    Por su parte, Fernando Arrechea, autor en Cuadernos de fútbol, consiguiu documentación correspondente a unha xira de Nacional en Centroamérica e Norteamérica en 1927. No rexistro do porto de Nueva York consta que todos os membros da expedición eran uruguaios, salvo un médico alemán. Na convocatoria aparecen Cea e Fernández, aínda que o segundo non actuaría de forma oficial co equipo. Outro documento posterior, o visado para asistir á Copa do Mundo de 1950 celebrada en Brasil, tamén confirma a Montevideo como lugar de orixe de Cea. Nese mesmo documento aparece como data de nacemento tamén o 1 de setembro de 1900.

    En canto a Lorenzo Fernández, Jaime Conde sinala como lugar de nacemento Redondela o 20 de maio de 1900 . Os seus éxitos chegaban a Redondela en forma de recortes á barbería Lago sita na rúa Ribeira, dende onde era seguido por familiares e veciños. Os cales tiveron a ocasión de coñecelo cando, tras o triunfo nas Olimpíadas do 28, viu xogar coa selección de Uruguai un amigable contra o Celta en Balaídos.

    Antonio Paniagua e Pablo Gregorio Taboada atoparon a alguén co mesmo nome no Rexistro Civil (sección 4) de Uruguai o 12 de setembro de 1899 (uns meses antes da data de nacemento que consta na súa biografía) no departamento de Canelones. Os seus pais se chamaban Eusebio Fernández e Hipólita Cabrera.

    Nas miñas pescudas puiden comprobar que no Arquivo do equipo C. A. Peñarol teñen a Lorenzo Fernández como Uruguaio pero non conservan documentos que o acrediten. A proba definitiva veu no Rexistro Civil de Redondela, no que ningún dos dous futbolistas consta coma nacido en Redondela, nin en 1900 nin nos anos anteriores e posteriores.

    Por aportes orais confirmáronme que Lorenzo Fernández era fillo doutro Lorenzo Fernández nado en Cesantes. En canto a Cea, o artigo antes mencionado do xornal Galicia o sitúa como fillo dun home que naceu nunha parroquia de Redondela. Por contra, o alcume do xogador, “El Vasco”, e o apelido da súa nai, María Urriza, deixa claro a procedencia desta. En resumo, podemos afirmar que Lorenzo Fernández e Pedro Cea naceron en Uruguai, pero, cando menos os seus pais (da nai de Lorenzo Fernández aínda non sabemos nada) naceron en parroquias de Redondela.




LORENZO FERNÁNDEZ (“El Gallego” ou “El Patrón en la cancha”)

Lorenzo Fernandez. Mundo Uruguayo, 1928

 

Nado en Urugüai o 20 de maio de 1900. Fillo de Lorenzo Fernández, de Cesantes, quen emigrou a Uruguai a finais do s. XIX.

Lorenzo Fernández comezou con 14 anos xogando de medio-centro no Club Atlético Capurro no campionato de Terceira Extra e no 1921 debuta na primeira categoría co Wanderers, acadando o título do Campionato Uruguaio en 1923. En 1925 estrea a camisola celeste da selección contra Paraguai e ao ano seguinte disputa a Copa Libertadores (Campionato Sudamericano) en Chile, no que acadan o triunfo, destacando coma un dos mellores da competición.


Dous anos máis tarde, xa no Peñarol de Montevideo, volve xogar coa selección o Campionato Sudamericano perdendo a final contra Arxentina por 3-2. Pero o desquite chegaría na final dos Xogos Olímpicos de Amsterdam’28 onde gañaron, a pesares de que El Gallego perdeuse a final por lesión.

Lorenzo Fernández exercendo de capitán do Peñarol. alvarocw.tumblr.com


 

No 1929 os arxentinos volven a gañarlles no Campionato Sudamericano por 2-0. Lorenzo estrease coma dianteiro marcando tres goles contra Perú.

E chegamos a 1930, ano do primeiro Campionato Mundial de Fútbol celebrado en Uruguai. Lorenzo Fernández segue sendo titular indiscutible da selección que chega a final que os enfrontará ao seu eterno rival Arxentina. Estes comezan adiantándose no marcador, pero os uruguaios realizan a remontada e pasan a historia como primeiros Campións Mundiais gañando o partido cun 2-1 final. Nese equipo podería haber mais xogadores de orixe español. Un deles podería ser Pedro Cea por alcume El Vasco, dianteiro que foi segundo na táboa de goleadores con cinco tantos. Chegou a dicirse que tamén procedía de Redondela, pero non hai constancia deste apelido no noso concello. Completaban o equipo Alvero Gestido, Jose Mazassi, Enrique Ballestrero, Ernesto Masqueroni, Jose Leandre Andrade, Pablo Dorado, Hector Scarone, Hector Casstro e Santos Iriarte.


Xa sería no 1935, no Campionato Suramericano de Perú, e con Uruguai gañando na final 3-0, como non, contra os arxentinos, cando El Gallego ten que abandonar o campo extenuado. A vitoria estaba conseguida pero este partido sería a despedida de Lorenzo Fernández da selección despois de 31 partidos e 4 goles. A pesares disto aínda seguiría xogando ata 1939, ano no que colgaría definitivamente as botas.


Os equipos nos que militou foron o Caparro, o Wanderers, o Peñarol, co que acadou 3 títulos de liga (1928 e 1929, como equipo amateur, e 1932 primeiro ano da era profesional), o Nacional e o River Plate arxentino co que realizou unha xira europea no 1936. É recordado en Uruguai por formar unha histórica media coñecida como La Cortina Metálica xunto a Tatito Silva e Álvaro Gestido. Tamén recae nas súas botas a honra de marcar o que é considerado o primeiro gol da era profesional nun Peñarol-River Plate no ano 1932. Xogou co número 5 no primeiro clásico uruguaio no Estadio Centenario, gañando o Peñarol 1-0. Despois da súa retirada en 1941 co Nacional, aínda adestraría a equipos coma o Peñarol (1941-42) ou o Racing, chegando a ser seleccionador entre 1956 e 1958.. Faleceu o 16 de novembro de 1973 en Montevideo. 

Unha última dúbida nos ronda sobre este xogador, xa que parece moi obvio que tería algo que ver con que en Redondela se creara un equipo infantil chamado Peñarol con camisetas cedidas por aquel club. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-equipos.html )

 

 


PEDRO CEA (El Vasco)

Pedro Cea Mundo Uruguayo, 1928

 

José Pedro Cea Urriza. Dianteiro. Foi o único xogador da selección de Uruguai que xogou tódolos partidos que levaron a acadar os ouros olímpicos de 1924 e 1928 e o Campionato do Mundo de 1930. Ademais do alcume “El Vasco” recibiu o nome do “Empatador Olímpico” polos decisivos goles que marcou nas olimpíadas de París 1924 e Amsterdam 1928. Conseguiu o empate celeste frente a Holanda nas semifinais de 1924 e marcou un dos tres goles cos que derrotaron a Suiza na final. En 1928 marcou o gol do empate fronte a Italia. E ata no Mundial de 1930 marcou o gol do empate frente a Iugoslavia e na final empatou a Argentina cando Uruguai perdía 2 a1.


 

Gol de Cea a Rumania-Uruguay1930-Fª Bob ThomasPopperfoto
Gol de Cea a Rumania-Uruguay1930. Foto: Bob ThomasPopperfoto

Xogou moitos anos no Nacional, do que era gran seguidor. Entrou na sede do Peñarol, que xurara non pisar, cando morreu o seu amigo Álvaro Gestido. Antes de marchar díxolles aos que o miraban: “Ustedes nunca podrán saber qué clase de hombre han perdido”.

Na súa carreira enfrontouse moitas veces a Lorenzo Fernández. Nunha ocasión nun Peñarol – Nacional de Segunda División, antes de empezar, “El Vasco” díxolle a un compañeiro para que escoitara Lorenzo: “Manco, hoy tuya y mía, ¡eh...!, jugala por el medio, que ahí Peñarol no puso a nadie...”. Lorenzo contestou: “¿Y yo quién soy...?”. E Cea que retruca: “Vos no sos nadie...”. Así de quentes no partido houbo moitas patadas pero ao final saíron todos abrazados como amigos.

Despois de retirarse convertiuse en comentarista de radio xunto a Dalton Rosas Riolfo no programa “Tierra de Campeones “, onde resumiu nunha frase a súa filosofía futbolística: "cortita y al pie".

Neste mesmo programa preguntáronlle unha vez:

-Vasco ¿es verdad que ustedes nunca cobraron nada por jugar...?”.

-¿Quién le dijo eso...? Mire, hoy es día de Colombes (Olimpiada 1924). El lechero, el diariero, cuando llegaron a casa me felicitaron. Después tomé el repechito de Agraciada, y cada uno que veía me gritaba “¡Vasco, lo felicito...!”. Al entrar a Radio Carve. Juan Enrique De Feo, Raúl Fontaina y muchos otros me dieron un apretón de manos para congratularme por el aniversario... Usted mismo me acaba de dar un abrazo...

- ¿Y eso qué tiene que ver?
- ¿No se da cuenta...? ¡Todavía me están pagando...!

Noutra ocasión preguntáronlle: “Vasco, ¿a ustedes los afectó la altura en México?” E el que non cría que a altitude afectase aos xogadores contestou: “Sos loco... en ese tiempo México estaba al nivel del mar...”

Faleceu en 1970 e os seus restos foron velados na sede do Nacional. 

Para rematar e como curiosidade dicir que no 2002 Correos Uruguayos emitiu selos coas imaxes dos xogadores que formaban a selección uruguaia de 1930.

 

Pedro Cea www.correo.com.uy
Pedro Cea www.correo.com.uy


BIBLIOGRAFÍA.

Faro de Vigo

27/08/2000 páx.14 e 3/9/2000 suplemento Faro Domingo pax. 4 e 5 artigo de Jaime Conde.

https://www.farodevigo.es/deportes/2006/06/08/lorenzo-fdez-redondelano-uruguay-18224121.html

Lorenzo Fdez. Un redondelano en Uruguay. 28-6-2006 Faro de Vigo.

Antonio Paniagua Pérez y Pablo Gregorio Taboada Cuadernos de Fútbol, nº 67, fecha: 1 julio 2015, ISSN: 1989-6379. Publicado en Centro de Investigación de Historia y Estadística del Fútbol Español: https://www.cihefe.es/cuadernosdefutbol/2015/07/sobre-el-origen-de-pedro-cea-y-lorenzo-fernandez/.

Arquivo do equipo C. A. Peñarol.

www.historiadelfutbolcanario.com

www.nacionaldigital.com

www.es.wikipedia.org

www.radiosinternet.com

http://www.padreydecano.com/cms/idolos/lorenzo-fernandez/

https://alacontra.es/2019/04/pedro-cea-lorenzo-fernandez/ , por Marcos Martín Reboredo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario