Ademais das herbas de San Xoán (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/festa-de-san-xoan.html ) crese que hai outras plantas con propiedades máxicas no noso concello. Algunhas destas crenzas, en moitos casos esquecidas, serían as seguintes:
O Loureiro
Cando se termina o tellado dunha casa en construción celébrase colocando un ramo de loureiro no máis alto da vivenda. A celebración complétase cun xantar no que os donos convidan aos que colaboraron na construción da casa.
As Xestas.
O día de San Cristovo, patrón do transporte, hai que engalanar os vehículos con xestas. Este é un medio eficaz de protección contra os accidentes.
A xesta tamén se emprega como protección do fogar contra o mal de ollo. O 1 de maio hai que colgar unha rama de xesta da porta da casa ou do portal da propiedade. Tamén hai quen a prende no coche ou quen emprega este meigallo para garantir unha boa colleita.
Coas xestas tamén se fan escobas. Varrer a casa con este tipo de vasoira o día de San Xoán garante a purificación da casa.
Autor: Juan Migueles
BIBLIGRAFÍA
O que lembro do vivido. Andrés Couñago Laxe.
Galicia Garden. Eva Barcala. https://galiciangarden.com/1-de-mayo-a-xesta-como-amuleto/ https://galiciangarden.com/cytisus-scoparius-l-xesta-o-retama/
Aportes orais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario