miércoles, 27 de diciembre de 2023

O “servizo” do Arcebispado de Santiago a Redondela durante o s. XV.


Igrexa de Redondela. Foto: Loty. Arquivo Histórico Provincial de Lugo
      

            A partires dos privilexios concedidos por Fernando IV á Igrexa de Santiago, cando en 1304 outórgalle a metade das moedas e servizos con que os veciños da terra de Santiago contribúen á Facenda Real, o Arcebispado compostelán comenza a percibir parte das rendas reais. Lembremos que nesta época tanto Redondela coma Cedeira, Reboreda e Saxamonde, que eran señoríos independentes dentro do Partido de Redondela, dependían do Arcebispado de Santiago. Non sucedía o mesmo con Vilavella, que era unha xurisdición do Bispado de Tui. Tampouco falaremos aquí de Chapela e Trasmañó, que aínda en 1561, xúntanse con Teis, reúnense para pagar xuntas a alcabala, que é de 75 reais. As tres freguesías decláranse pobres, viven só da labranza e pertencen a Vigo “según antiguas costumbres”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/historia-da-parroquia-de-chapela-1-de-2.html ) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/historia-da-parroquia-de-chapela-22.html ) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/historia-da-parroquia-de-trasmano.html )

            O aumento destas rendas na segunda metade do século XV levou a un enfrontamento entre a Igrexa e a Nobreza. Estas loitas polo poder e a riqueza materializáronse na nosa contorna coa guerra aberta entre o Arcebispo de Santiago Alonso II de Fonseca e o conde de Soutomaior, Pedro Álvarez, popularmente coñecido como Pedro Madruga. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/s-xv-loitas-de-poder-entre-pedro.html )

            Na segunda metade do século XV o Arcebispado de Santiago recadaba o servizo en Redondela con independencia das alcabalas da Facenda Real. Así o Arcebispo Fonseca desfrutaba dos seguintes cobros en Redondela:


Servizo

Yten tiene el dicho señor en la su villa de Redondela, de serviçio en cada un año, dos mill e sesenta e seis maravedis, que montan en los dichos çinco años, diez mill maravedis e trezientos e treynta maravedis


Media diezma do porto.

Yten tiene el dicho señor la media diezma del puerto de su villa de Redondela, la qual tovo arrendado Lope Gomez, el año de ochenta e siete por tres mill maravedis, e el año ochenta e ocho e cogiolo en fieldad Vasco de Bouças, e dio por quenta que rento, cinco mill e seysçientos e seis maravedis, e el año ochenta e nueve, cogiolo en fieldad Alvaro de Barçia, e dio por quenta que rentara quatro mill e seteçientos e setenta e quatro maravedis e el año de noventa que rentara diez mill e seteçientos maravedis, e el año noventa e uno que rentara quatro mill e treszientos e veynte e nueve maravedis, que montaron los dichos cinco años, veynte e ocho mill e quatroçientos e nueve maravedis, los quales resçebi dellos. Hazeseme cargo dellos.


Maiordomazgo de pan, viño e outros.

Yten tyene el dicho señor arçobispo el maiordomadgo de la dicha su villa de Redondela, de pan e vino e otras derechuras, las quales Albaro de Barçia, tovo arrendadas el año de LXXXVII por nueve mill maravedis, e el año de LXXXVIIIº por seys mill maravedis, e los años de LXXXIX, XC e noventa e uno a ocho mill maravedis, asy que montaron en los dichos çinco años, treynta e nueve mill maravedis, los quales resçibi. Fazeseme cargo dellos.


Sepulcro de Alonso II de Fonseca. Foto: Ansede, 1930-La Esfera


           Por aportar máis datos comentar que en 1481 a recadación de Redondela xunto con Cedeira e Teis (Vigo) é entregada directamente a Álvaro Sánchez de Ávila como tenente da fortaleza de A Barreira para o seu mantemento. Este castelo pertencente ao Arcebispado, do que tan só quedan ruínas, atópase na Estrada, punto clave no camiño que unía Santiago co Ourense. Unha curiosidade é que o pago se realizaba en especie e neste caso era viño, concretamente en 1481, 180 azumbres. Ao ano seguinte sabemos que o recadado ascendeu a 2.000 maravedís. A cifra aumentaría un pouco nos anos seguintes. Así no período 1487-91 o servizo ascenderá a 10.330, o que daría unha media anual de 2.066.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

La hacienda arzobispal compostelana: libros de recaudación (1481-83 y 1486-91). Escrito por Mercedes Vázquez Bertomeu

Los servicios extraordinarios de la mesa arzobispal compostelana: La señorialización de un impuesto de origen real en la «tierra» de Santigo. Amparo Rubio Martínez. Universidad Complutense de Madrid. Lorca 2008, IV Simposio Internacional de Jóvenes Medievalistas.

Don Álvaro Sánchez de Ávila, tenente de Rocha Forte, o la Nobleza Gallega Bajo-Medieval en la transición hacia la modernidad. Xosé M. Sánchez Sánchez. Archivo-Biblioteca de la Catedral de Santiago

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario