miércoles, 26 de enero de 2022

Historia da parroquia de Chapela (2/2)

 

 

Praia de Arealonga. Foto Pacheco, 1928
Praia de Arealonga. Foto Pacheco, 1928


(Ver 1ª parte https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/historia-da-parroquia-de-chapela-1-de-2.html )

 

1942. O alcalde de Vigo, Suárez Llanos, tenta a anexión de Chapela. O alcalde de Redondela, Juan Muíños, en representación da corporación municipal, negouse, chegando a trasladarse a Madrid para facer prevalecer a ligazón de Chapela con Redondela.


1943. Comeza a celebrarse a festa da Virxe do Carme.


1944. Inícianse os traballos para a construción dunha igrexa deseñada por Antonio Palacios. Nunca chegará a construírse. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/igrexa-de-chapela.html )


1944. Inicia a súa actividade a factoría COPIBA, empresa que comercializa a pesca do bacallau. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )


1944, maio. Abre en Arealonga Conservas Peña, no edificio que en 1930 construira José Curbera.


1944, 25 de xuño. No antigo local do Centro de Mariñeiros e Agricultores constituíuse a Confraría de Pescadores de Chapela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/colectivos-e-asociacions-da-postguerra.html )


1950. A dirección xeral de Renfe decide habilitar a estación de Chapela para realizar facturacións e recibir mercadorías. Con anterioridade a esta data os veciños de Chapela tiñan que desprazarse ata Vigo ou Redondela para coller o tren. En 1953 suprímense as paradas.


1950, 19 de abril. Inaugúrase a Avenida de San Telmo despois de 30 anos de litixios. A Confraría de Mariñeiros de Redondela nomeou Patrón Maior de Honra ao Gobernador Civil José Solís Ruíz por conseguir levar a bo termo unhas obras de gran importancia para os mariñeiros de Chapela, ao unir Arealonga coa estrada Pontevedra-Vigo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/06/toponimia-de-chapela-3-de-3.html )


1951. A antiga sede da Sociedad Agraria de Chapela “La Progresiva” convértese en Mercado.


1951, 19 de novembro. O pesqueiro “San Fernandopropiedade do armador Sr. Rivero, de Chapela, afundiuse na costa portuguesa por un golpe de mar. Os 14 tripulantes foron rescatados polo pesqueiro de Bueu “Paradela”, tendendo cordas entre os dous barcos. Dous eran de Chapela, Juan Casal Casal e Juan Sotelo Bacelar. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/historias-do-mar-2-metade-do-s-xx.html )


Chapela no ABC, 1931. Foto: Pacheco
Chapela no ABC, 1931. Foto: Pacheco

Mediados dos 50. Nace o equipo de fútbol C. D. Chapela a partires do Arealonga. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-equipos.html )


1957. Nace a coral mixta Froles Mareliñas, que en 1961 da paso ao Grupo de Danza Regional Froles Mareliñas. Actualmente acompañados polo grupo de gaitas Os Topecañeiros e, desde 1992, polas pandereiteiras Cacharela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/musica-e-baile-tradicional-historia.html )


Anos 60-70. Gran crecemento demográfico provocado en boa parte polas normas urbanísticas de Vigo que prohibiron a edificación en Teis.


1963, 13 de febreiro. O ministro de obras públicas inaugurou o novo ramal ferroviario ao porto de Vigo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/cronoloxia-do-ferrocarril-en-redondela.html )


1963, xuño. Inicia as súas actividades Conservas Pimpinela, posteriormente coñecida como Conservas Carballo.


1964, outubro. Anúnciase a puxa da construción de 6 escolas e 6 vivendas en Chapela.


1964. Pescanova merca a factoría COPIBA.


1966, 19 de novembro. Constitución do Círculo Cultural e Recreativo de Chapela. A súa sede inauguras ao ano seguinte.


1967. Fúndase o equipo de balonmán, o Atlético Chapela, que xoga no campo do Piñeiral do Crego. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/balonman.html )


1968. Nace o Deportivo Chapela de fútbol. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-equipos.html )

1948, Chapela. Foto: Juan Miguel Pando Barrero
1948, Chapela. Foto: Juan Miguel Pando Barrero


1969, finais de xaneiro. Entra en funcionamento a la 9 de autobuses de Vitrasa que une Chapela e Bouzas.


1969. Obra de condución de auga desde a presa de Eiras (Calvos-Fornelos de Montes) ata Vigo. A tubaxe cruza 9 das 14 parroquias do Concello de Redondela, entre elas Chapela.


1969. Domingo García Macías proclámase campión galego afeccionado de ciclismo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/ciclismo-en-redondela.html )


1970. Fusión do Atlético Chapela de balonmán co Deportivo Chapela de fútbol, nacendo a Sociedade Deportiva Chapela. Esta unión romperíase en 1998.


1970. Nos Xogos de Vigo, o campionato de chave e gañado pola S. D. Chapela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/deporte-xogos-tradicionais.html )


197? Créase o equipo ciclista Pescanova Chapela.


1971. Instalación dunha central automática de telefonía con capacidade para 700 liñas.


1973. rmase a Coral Frol Nova. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/orfeons-corais-e-rondallas-historia-da.html )


1974. Inicio das obras da autoestrada e Ponte de Rande. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-ponte-de-rande.html )


1976. Fúndase o grupo de pandeireteiras e baile Anaquiños. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/musica-e-baile-tradicional-actualidade.html )


1979. O club de balonmán Atlético Chapela crea o equipo feminino.


Anos 80. O Altamira Club organiza o concurso de carrilanas Parida-Car.


1980. Formase en Chapela o grupo de rock Averno. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/grupos-80s.html )


1981, 8 de febreiro. Inauguración da autoestrada Vigo-Pontevedra de 24 quilómetros.


1981. Entra en funcionamento o Centro de Saúde no Barrio Igrexa. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/edificios-e-espazos-publicos.html )


1984. O concello de Redondela merca por 25 millóns de pesetas a antiga estación do tranvía. Nestes terreos construiríase pouco despois a Alameda.


1986. Fúndase o Club de Remo Chapela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/trainas.html )


Estación de Tranvía de Chapela, 1923. Vida Gallega.
Estación de Tranvía de Chapela, 1923. Vida Gallega.


1991, marzo. Comeza a construción do Instituto de Educación Secundaria Profesional (IESP) de Chapela. Desde o 8 de outubro de 1990, nos baixos do pavillón, comeza a impartirse 1º e 2º de BUP, funcionando como unha extensión do IES Mendiño de Redondela.


1991, 26 de outubro. Nace a Asociación Cultural e Social de Chapela que crea a Escola de Música de Chapela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/bandas-de-musica.html )


1992, 13 de maio. Actúan por primeira vez Os Xuveniles, grupo de gaitas da Asociación Cultural e Social de Chapela.


1994. Inauguración do Centro de Atención a Personas con Discapacidade (CAPD) no Camiño do Gaio.


1994, 6 de agosto. Fórmase Semente Nova, grupo de pandeireteiras da Asociación Cultural e Social de Chapela.


199? Inaugúrase o Pavillón de Chapela.


1995, 11 de Febreiro. Presentación oficial da Banda de Música de Chapela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/bandas-de-musica.html )

 

Arealonga. 1ª metade do s.XX. Foto: Otto Wunderlich
Arealonga. 1ª metade do s.XX. Foto: Otto Wunderlich


1996, 28 de abril. O equipo de balonmán S. D. Chapela ascende á Liga Asobal, onde consegue manterse catro tempadas. Despois do descenso unha fonda crise económica leva ao equipo á desaparición, manténdose a praza en Primeira formándose un novo club, o Deportivo Balonmán Chapela.


2002. Inaugúrase a nova Igrexa.


2003. Nace o Arealonga Fútbol Sala. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/futbol-sala.html )


2004. Fúndase o club de tiro con arco Meigarco. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/varios-deportes.html )

2005. Abre o Multiusos Piñeiral do Crego, no que se abre a Biblioteca Municipal de Chapela, que en 2018 recibiu o nome da poetisa e tradutora Biblioteca Xela Arias, quen fora mestra no Instituto de Chapela.


2005. O ciclista Marcos Serrano vence nunha etapa do Tour de Francia.


2006, 20 de marzo. O Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra firman un acordo para dotar o campo de fútbol de Chapela de céspede artificial.


2007. A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redondela crea a Senda da Auga, seguindo o percorrido das tubaxes que abastecen de auga a Vigo desde a presa de Eiras. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/senda-da-auga.html )


2009. Lorena Domínguez compartiu a portada da revista Time con outros dous mozos para representar á “xeración do desencanto”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/unha-moza-de-chapela-portada-da-revista.html )


2011. Fúndase o Campito Fútbol Sala. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/futbol-sala.html )


2011. Inaugúrase a piscina municipal co nome de Centro de Deportes Acuáticos de Chapela, que non entrará en funcionamento ata agosto de 2013.


2013-14. Con tan só 18 anos, debuta en Primeira co R. C. Celta David Costas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbolistas-s-xxi.html )


2013 Créase en Chapela a Escola de Ciclismo de Redondela dirixida polo ex-ciclista, Marcos Serrano.

 

Paso a nivel, subida á Igrexa, cara a 1970. Foto cedida por Chelo Lago Ct
Paso a nivel, subida á Igrexa, cara a 1970. Foto cedida por Chelo Lago Ct

 

2017, 20 de febreiro. Crime machista. Sesé Mateo, de 52 anos, falece xunto ao seu ex-marido, quen provocou unha explosión na súa vivenda.


2017, 24 de xuño. Na noite de San Xoán, Daniel Beltrán, de 25 anos, é asasinado dun disparo despois de chamarlle a atención a un home que ouriñaba no paseo da praia.


2018. O pleno do Concello aprobou darlle o nome de Manuel Gónzalez Soto ao pavillón de Chapela. Fora xogador, adestrador e presidente da S. D. Chapela.


2018. A alameda de Chapela recibe o nome de Rosalía de Castro e colócase unha estatua da escritora.


2018. A escola taller do Concello de Redondela crea a escultura dun berete para a rotonda da Av. de Redondela (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/esculturas.html )


2019. A patinadora 2019 Nerea Estévez Fernández acadou a Copa de Prata do Campionato de Europa en Grupos Show celebrada en Reggio (Italia). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/varios-deportes.html )

2021. O Día das Letras Galegas homenaxea a Xela Arias.

Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Chapela de onte a hoxe. Gonzalo Mencía Castro. Ed. Xunta de Galicia.

Catastro de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).

Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/):

Elementos da Prehistoria de Redondela. Xosé Couñago,Asociación Alén Nós.

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. F. Javier Costas Goberna

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro

Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses. Xosé Fariña Jamardo, 1996.

Arquivo da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela),...

Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI : con varios apéndices...... (1829) - González, Tomás (1780-1833). Madrid : en la Imprenta Real, 1829

España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.

El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas. Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016

1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto

1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia.

José Luís Lamigueiro©, fuente: Pedro de Barcelos http://www.xenealoxiasdoortegal.net/

https://foros.xenealoxia.org>Serba

Faro de Vigo

Aportes: Xurxo Constela (A Citania S. L.), Gonzalo Amoedo.

Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro

Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3

Diócese Tui-Vigo. http://www.diocesetuivigo.org/visita%20pastoral/vigo%20teis/chapela.html

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy

No hay comentarios:

Publicar un comentario