viernes, 27 de mayo de 2022

Historia da parroquia de Trasmañó

 

Praia de Cabanas, sen data
Praia de Cabanas, sen data

3.000 a 1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html )


1.800 ao 60 a. C. (Idade de Bronce): Tamén no Monte Mirallo atopáronse machadas de bronce e petróglifos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/alguns-achados-arqueoloxicos-en.html )


1561. Chapela, Trasmañó e Teis (Vigo), reúnense para pagar xuntas a alcabala, que é de 75 reais. As tres freguesías decláranse pobres, viven só da labranza e pertencen a Vigo “según antiguas costumbres”.


1587, censo: Aparece como freguesía de Redondela co nome de Trasmañen.


1670. O abade Diego Fernández funda o Priorato de Rande. Dependía do Cenobio de Armenteira, orde de San Bernardo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/conventos.html )


1673. O fidalgo Gaspar Méndez de Sotomayor, fundaba na súa casa grande da Lamosa unha misa na honra da Virxe de Guadalupe. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/capelas-desaparecidas.html )


1702. Ten lugar a Batalla de Rande na que é protagonista o Castelo de Rande. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1702-batalla-de-rande.html )


1752 Catastro de Ensenada. Chapela e Trasmañó pertencían á xurisdición do Val do Fragoso, concello independente de Vigo. Os seus límites eran: “principiando su demarcación en el marco de Couto a la parte de L. sigue partiendo con la de San Juan de Cabeiro, al de la Cruz de Pinide, de este limitando con el de Cedeira pasa a los que nombran la lagoa Laguna de Solleiro, y Cruz de Rande del que confinando con la mar sigue al das Cuncheiras de aquí dividiendo a San Fausto da Chapela va a los do Cavo da Pedra, Piedra do Loureiro, sitio do Tojo, Olmo do Fondón, fuente da Lamosa y al de Mirallo, de donde confrontando con San Cristobal de Candeán pasa a cerrarse al expresado del Couto”. Cítase a existencia de 6 muíños. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html ) Na actualidade teño recollidos 19 muíños. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html )


Rande, liña de ferrocarril, 1928. Foto de Luis Ramón Marín
Rande, liña de ferrocarril, 1928. Foto de Luis Ramón Marín

1765. Construción da Igrexa Parroquial de San Vicente de Trasmañó. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/igrexas.html )


1768. Publícase España sagrada theatro geographico histórico... , no que Trasmañó xa aparece como pertencente ao arciprestado de Redondela.


1799. A parroquia de San Vicente de Trasmañó ten 90 veciños. Perténcelle o castelo de Rande, que é capela e priorato que atende un monxe de San Bernardo.


1910-11. Construción da igrexa e o cemiterio evanxelistas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/evanxelismo-en-redondela.html )


1918. Primeira referencia á Sociedade Agraria “La Predilecta” de Trasmañó. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/sociedades-agrarias.html )


1925. Créase a escola de nenas de Trasmañó. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html )


1926, 20 de xullo. Inauguración Cargadoiro de mineral da “Compañía Minerales de Hierro de Galicia”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/08/cargadoiros-de-mineral-i-cargadoiro-de.html )


1934. Falece Benigno F. González, benfactor de Trasmañó. Ao enterro asistiron Castelao e Alexandro Bóveda entre outros. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/gonzalez-benigno-f-trasmano-emigrante-e.html )


1936, 18 de xullo. Golpe de Estado militar do xeneral Franco, inicio da Guerra Civil. Cando menos un veciño de Trasmañó falece en combate e outro é detido tras fuxir ao monte. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/guerra-civil-e-represion-en-redondela.html )


1948. Constrúese o cemiterio de Trasmañó. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/edificios-e-espazos-publicos.html )


CargadoiroRande, cara a 1926. Foto: Pacheco
Cargadoiro de Rande desde a praia, cara a 1926. Foto: Pacheco


1969. Obra de condución de auga desde a presa de Eiras (Calvos-Fornelos de Montes) ata Vigo. A tubaxe cruza 9 das 14 parroquias do Concello de Redondela, entre elas Quintela.


1974. Inicio das obras da autoestrada e Ponte de Rande.


1981, febreiro. Inauguración da Ponte de Rande. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-ponte-de-rande.html )


1981. É nomeado párroco de Cedeira e Trasmañó Waldo García Romero, cura progresista que se nega a confesar e que da as misas en galego. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/curas.html )


1984. Inaugúrase o convento de monxas beneditinas en Trasmañó. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/conventos.html )


1994. Fórmase un equipo de fútbol feminino, o Trasmañó. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-equipos.html )


Estreito de Rande antes da construción da ponte. Postal.
Estreito de Rande antes da construción da ponte. Postal.


2007. A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redondela crea a Senda da Auga, seguindo o percorrido das tubaxes que abastecen de auga a Vigo desde a presa de Eiras. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/senda-da-auga.html )


2010. Pecha a escola de Trasmañó por falta de alumnos.


2013. A TRC (Trasmañó Racing Competición) organiza a I Ginkana de Trasmañó. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/varios-deportes.html )


2017, decembro. Inauguración da ampliación da Ponte de Rande.


2019. A veciña de Trasmañó, Digna Rivas convértese na primeira alcaldesa da historia de Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/alcaldes.html )


2019. Iníciase a reforma da antiga escola.



Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Catastro de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).

Internovas. Historias de Redondela (Web desaparecida):

Elementos da Prehistoria de Redondela. Xosé Couñago,Asociación Alén Nós.

Os miliarios romanos de Redondela. Jose Antonio Orge Quinteiro

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. F. Javier Costas Goberna

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro

Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses. Xosé Fariña Jamardo, 1996.

Arquivo da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela),...

Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI : con varios apéndices...... (1829) - González, Tomás (1780-1833). Madrid : en la Imprenta Real, 1829

España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.

El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas. Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016

1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto

1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia.

José Luís Lamigueiro©, fuente: Pedro de Barcelos http://www.xenealoxiasdoortegal.net/

https://foros.xenealoxia.org>Serba

Faro de Vigo

Aportes: Xurxo Constela (A Citania S. L.), Gonzalo Amoedo.

Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro

Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3

Diócese Tui-Vigo. http://www.diocesetuivigo.org/visita%20pastoral/vigo%20teis/chapela.html

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario