Corporación Municipal, 1983. Foto cedida por Andrés Couñago Laxe |
1983
Mari Luz Pena Cal, primeira concelleira do actual sistema democrático
(con anterioridade xa o fora Carolina García Tenreiro en 1934).
Responsable da Comisión de Ensino estre as súas iniciativas estivo
a de editar un xornal enfocado ao mundo do ensino chamado “Primeiros
e Rabelos” (Ver
Xornais). Non
chegaría a rematar o mandato e habería que agardar ata a 1991 para
que volveran a entrar mulleres na Corporación Municipal: Carmen
Rosa Figueira e Mari Carmen.
1992
Seis mulleres superan por primeira vez en Galicia a oposición a
Axente Forestal. Unha delas era Goretti Tuche de Redondela.
1998
Ana Belén Acuña convértese na primeira muller en acceder á
Policía Local.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Arredor
de nós. Historia da Policía Local 1863-2003.
Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.
Aportes:
Andrés Couñago Laxe e Carmen Rosa Figueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario