Licenciado
en Dereito en 1946 pola Universidade de Santiago de Compostela.
Avogado en exercicio nos colexios de Santiago e A Coruña desde o ano
1951, especialista en Dereito Penal e posteriormente en Dereito
Laboral e en, actuacións ante o Tribunal de Orde Pública.
Socialista por tradición familiar, o seu pai era José Otero
(Rexistrador
da
Propiedade) varias veces detido e multado e o seu tío Alejandro
Otero Fernández
(destacado
político republicano).
Pertenceu ao P.S.I. e posteriormente ao PSP. desempeñando os cargos
de Secretario Gral. da Agrupación de Santiago. S° Gral. de
Relacións Políticas do PSP en Galicia. Baixa voluntaria no PSP en
abril de 1977 ao non conseguirse a unidade dos socialistas,
incorporándose máis tarde ao PSOE, no que foi secretario de
Relacións Políticas da AS de Santiago. Membro fundador da Xunta
Democrática de Galicia en marzo de 1975. Representante da Taboa
Democrática. Representante na Plataforma de Organismos Democráticos.
Asesor Técnico do representante da Taboa Democrática na Comisión
de Negociación dos Nove. Membro da Comisión Técnica Electoral.
Defensor de todos os estudantes e traballadores antifranquistas
durante a clandestinidade
e dun xeito gratuíto.
Detido e multado varias veces. Sometido a Consello de Guerra. Os seus
bens foron embargados por responsabilidades políticas. Avogado
Laboralista da UGT. Secretario de Acción Reivindicativa do Sindicato
de Oficinas e Despachos de Santiago. Membro da Comisión Nacional
Galega por Santiago. Secretario de Relacións Sindicais da provincia
da Coruña. Secretario Xeral da provincia da Coruña. Coordinador do
Comité Técnico de Campaña do Referendo na provincia da Coruña.
Durante a clandestinidade, a case totalidade das reunións dos grupos
e forzas políticas da oposición en Galicia facíanse na súa casa.
Nas eleccións de 1979 presentouse a senador pola Coruña.
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Fundación Pablo Iglesias.
http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico/biografias/31853_otero-soto-alejandro
1979/02/27La
Voz de GaliciaA Coruña47
No hay comentarios:
Publicar un comentario