Redondela durante moitos anos foi famosa polos doces que elaboraban as monxas do convento de Vilavella (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html), pero se hai un doce típico da nosa vila eses son os Negritos, un tipo de pastas sinxelas de cociñar. O nome, hoxe en día politicamente incorrecto, fai referencia ao seu cor tostado. As familias (de Redondela de toda a vida) teñen a súa propia receita que varía lixeiramente dunha casa a outra. A continuación amósovos unha delas:
250 gr. de azucre
500 gr. de fariña
250 gr. de manteiga
unha cullerada de café soluble
Amasar todo, facer bolos e esmagalos, formando un pico cos dedos.
Metelos no forno ata que se tosten. Cuidado con pasarse co tempo porque quedan duros.
Xa sabedes, animarvos e modificar a receita ao voso gusto para ter a vosa fórmula máxica familiar. No caso de que non te amañes na cociña sempre terás a opción de mercalas en Redondela, pero non vou a dicir onde para non facer propaganda.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Receita familiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario