domingo, 30 de julio de 2023

1823-1833. A Década Ominosa. Os Voluntarios Realistas.

 

Conquista das trincheiras de Santa Margarita diante de A Coruña 15-7-1823. Óleo de Hipólito Leconte

            En abril de 1823 o exército francés coñecido como “Los Cien Mil Hijos de San Luis” invadiu España para destituír ao réxime liberal instaurado trala Revolución de 1820, o chamado Trienio Liberal (1820-23), en favor do rei Fernando VII. Da comezo deste xeito a chamada Década Ominosa (1823-1833), no que Fernando VII volve a instaurar o absolutismo. Trala morte do monarca a loita pola sucesión daría pé á Primeira Guerra Carlista.

            En Galicia, o xeneral Morillo, conde de Cartagena, que mandaba o Exército do 4º Distrito Militar (Asturias, León y Galicia), pactou un armisticio co xeneral francés Bourke. Esta traizón ao goberno liberal facilitaría a invasión francesa en 1823. Así Morillo pasaba de ser un heroe da independencia dos franceses en 1809, a volver a loitar en Pontesampaio 14 anos despois, pero esta vez como aliado dos franceses. Tralo combate, Morillo enviou un oficio desde Redondela informando ao xeneral francés Bourke: «Ayer tarde, a las cinco, fue atacado un destacamento liberal que tenía en el Puente de Sampaio de 700 hombres que vinieron de Vigo, y que eran de los más escogidos de las fuerzas que había en aquella ciudad. Estos no pasaron el Puente y se quedaron de la parte de acá, obstruyendo el paso con carros, y colocándose en las posiciones más ventajosas. Inmediatamente que tuve noticia de esto, hice adelantar los batallones de Santiago y de Compostela, y 100 caballos del Regimiento del Algarve y 40 del segundo. El paso del Puente fue forzado, a las 10, por los Granaderos y Cazadores de Compostela. A los cuales siguió un destacamento de Algarve y Santiago, y el resto de la columna. Todos a las voces de Viva el Rey. Los contrarios intentaron oponerse en vano, y el Puente y las alturas quedaron inmediatamente en nuestro poder, sin haber perdido un solo hombre. La columna siguió a Redondela a fin de impedir que se reunieran los fugitivos. Se han cogido muchos prisioneros, no pudiendo saber en este momento cuantos eran. Y se hubieran cogido muchos más si la noche no hubiese protegido su fuga. Han dejado armas, municiones y mochilas en gran número; y se les han cogido las municiones que llevaban de repuesto».

            A derrota traería consigo a rendición da cidade de Vigo o 4 de agosto. Días despois, o 17 de agosto, prodúcese a capitulación da cidade de A Coruña, co que Galicia pasa a estar totalmente controlada polas forzas absolutistas.

 

Retrato de Pablo Morillo, por Horace Vernet

 

            Uns meses antes, en xuño de 1823, créase o Corpo de Voluntarios Realista, que sería unha milicia absolutista que nun principio estaba integrada polas tropas realistas que se organizaron en Francia para apoiar a invasión francesa e polos membros das partidas realistas que combateran durante o Trienio Liberal. O seu papel baseouse na represión violenta e indiscriminada contra os liberais, que levaría a moitos deles ao exilio.

            Os cambios políticos desta época afectaron ao ordenamento interno de Galicia e ás deputacións provinciais. O Real Decreto do 15 de xuño de 1814 suprime as deputacións. O 7 de marzo de 1820 restablécese o réxime constitucional como deputación provincial única para toda Galicia, en A Coruña. O 13 de abril de 1822 volven a crearse 4 provincias pola aprobación do decreto do 27 de xaneiro dese mesmo ano, sendo estas: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

            Tralo decreto do 10 de outubro de 1823 ábrese unha loita pola capitalidade da provincia entre Tui, Vigo, Pontevedra e Redondela, se ben a nosa vila sería a que tivo menos opcións de conseguilo. A cuestión quedaría resolta o 30 de novembro de 1833, quedando Galicia dividida nas provincias actuais: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

            Volvendo ao Corpo de Voluntarios Realistas durante este período tentouse controlar os seus excesos e abusos de poder mediante un regulamento datado en 1826. nos anos posteriores a guerra as súas labores de manter a orde pública asumían as competencias de calquera corpo policial ao uso: deter ladróns, evitar pelexas... Esta milicia de civís armados viviu momentos de desapego á coroa con varios intentos de sublevacións o que levou a que o goberno a 16 de febreiro de 1834, promulgara o Real Decreto de Formación de la Milicia Urbana, disolvendo o Corpo dos Voluntarios Realistas. A milicia organizaríase en todos aqueles pobos maiores de 700 veciños, habendo un por cada 100 habitantes, sendo necesario cumprir cunha serie de requisitos económicos para pertencer á mesma.

            Nas contas do Concello de Redondela de 1826 dáse conta das carencias do Corpo de Voluntarios Realistas, polo que se aproban unha serie de impostos co que dotar a estes milicianos cun equipamento axeitado:


            ... que el Batallón Realista de este distrito se compone de 577 hombres incluso en esta partida los Cabos y Sargentos y que de estos solo hay armados con fusil tan solamente 110 faltan 457 para el completo que de correajes solo hay 40 y necesitan mas 527 incluso las cartucheras que por igual orden, solo hay 6 sables y se precisan 172 para sargentos, cabos, granaderos y cazadores; que solo hay 3 cajas de guerra y faltan 5 con sus respectivos pitos y faltan 2 cornetas. Que dicho cuerpo solo hay 6 casacas y 6 murriones faltan do por consiguiente todo el mas vestuario segun se evidencia del oficio pasado a esta corporacion por el Comandante de dicho cuerpo, han acordado que no haciendo o teniendo presente los arbitrios que antes de ahora han propuesto y constan del expediente consecuente hallan por conveniente bajo la superior aprobación dotar los arbitrios siguientes:

            Que en el cuartillo de vino que se beneficie en todos los puestos públicos de las parroquias de donde son los voluntarios Realistas que componen el Batallón se le cargue dos maravedies, que al año poniendolo en Administración por un cálculo aproximado podrán llegar a la cantidad de 30.000 reales.

            Que en libra de carne que se beneficiese en dicho distrito se le cargue 2ms. Y podrá ascender al año por un cálculo aproximado puesto en administración a la cantidad de 4.000 rs.

            Que se cargue al uno por ciento en las ventas de toda clase de ganado que se vendan en las ferias de Arcade, Amoedo y Moscoso de esta comprensión y ascenderán a 6.000 rs.

            Que en ferrados de frutas que se beneficien en los mercados de esta villa y ferias referidas 4ms. Y podrán ascender al año a la suma de 1.200 rs.

            Que el carro que cargado de vino entre en el distrito se le imponga un real y ascenderá al año a 1.400 reales.

            Que en millar de pescado que se beneficie en esta se le impongan 8 ms. y llegará la cantidad de mil reales.

            En cada caballería que cargada de pescado salga de esta villa se le impongan 16 ms. Y ascenderán a la suma de 400 rs.

            Que el beneficio que se concibe sobre el aguardiente ascenderá a la suma de 2.000 rs.

            Que por cada pipa de vino que se enbarque en los puertos del distrito para otros pueblos se le cargue un real y ascenderá a la suma de 800.

            Que las cantidades que demuestran componen la suma de 50.800 rs. salvo error segun se demuestra...

 

Antiga ilustración publicada pola Real Asociación Española de Cronistas Oficiales


            Ao ano seguinte os membros do Batallón de Voluntarios Realistas reducírase un pouco, ata os 545 membros, e seguía a financiarse cos impostos municipais. Atopamos aquí un ilustre persoeiro de Redondela que evitou que se cobrara o imposto polo peixe saíndo en defensa dos interese dos mariñeiros: “...cuyo impuesto no tuvo efecto por haverlo prohivido el Ayudante de Marina de este Distrito D. Juan O´Doherty, y el arrendatario ceso en la percepción”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/odoherty-brown-john-bolyborron-irlanda.html ). Apesares das cargas fiscais a dotación da milicia non variara moito: “... 160 fusiles con sus correspondientes correajes... cien fusiles inutiles sin tener mas que setenta bayonetas...Correajes del propio modo inutiles treinta...”. En canto aos uniformes a cousa non melloraba: “Uniformados en el Batallón no hay ninguno y para poder estarlo se necesita en un computo aproximativo dos cientos setenta y un mil nuevecientos reales...”. Estas carencias estendíanse por todo o territorio español calculándose que de 200.000 voluntarios aproximadamente tan só a metade estaba ben equipado.


            Entre os redondeláns que formaron parte do Corpo de Voluntarios Realistas podemos citar a:


Ignacio Manuel María Pereira (Reboreda).

Foi a figura máis destacada desta época concedéndoselle o mando do Corpo de Voluntarios Realistas de Galicia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/pereira-ignacio-manuel-maria-reboreda.html )


Tomás Criado (Vilavella)

Tomás Criado, traballou como cereiro, deixando este oficio aos tres meses para converterse en oficial dos voluntarios realistas. Destacouse pola cruel persecución que exerceu contra os liberais de Redondela. Exerceu como escribán de Vilavella. En setembro de 1842 nomeouse así mesmo membro da Xunta de Goberno de Redondela. Encadrado no grupo carlista local e desempeñando o cargo de procurador síndico foi suspendido en outubro por desacato, pero seguiu presentándose no concello amparándose nun oficio do xuíz de primeira instancia que desautorizaba ao Xefe Político Provincial. Era sobriño de Antonio Solla, antigo comandante de voluntarios realistas de Cambados.


Bernardino Queimaliños Iglesias (Redondela, 1778/Redondela, 1861)

Nomeado Primeiro Comandante do corpo de Redondela en 1825 e 1833. Foi avogado da Real Audiencia da Galiza e avogado e asesor letrado da administración de mariña de Redondela. Alcalde de Redondela cando menos en 1826 e 1832. Síndico procurador xeral do gremio de terra e familiar do Santo Oficio da Inquisición. Era propietario de cinco casas en Redondela.


Diego de Soto (Chapela)

En 1830 é proposto ao Capitán Xeneral de Galicia como Primeiro Axudante, para organizar a Milicia de Voluntarios realistas da provincia de Tui. Daquela era: veciño de Chapela, maior de 30 anos, propietario, oficial de Milicias retirado da época da Revolución; está reputado en concepto público por suxeito de boa conduta, bos sentimentos e desafecto ao sistema”.


Juan Troncoso y Ochoa.

Nomeado Segundo Comandante do corpo de Redondela en 1833.


            A esta lista podería engadirse pola divulgación dos seus ideais absolutistas o nome do bispo Dámaso Egidio Iglesias Lago (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/iglesias-lago-damaso-egidio-vilavella.html )

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.

Guerra Civil de 1823: intervención del general inglés Wilson en ayuda de la Galicia liberal.

Antonio Meijide Pardo.

España en la historia. https://espanaenlahistoria.org/episodios/los-voluntarios-realistas/

Wikipedia

Los “otros gallegos” en Portugal: exiliados realistas y conjuras absolutistas durante el Trienio Liberal (1820-1823). Camilo Fernández Cortizo. Universidade de Santiago de Compostela.

Diccionario Biográfico de España (1808-1833). De los orígenes del liberalismo a la reacción absolutista. Alberto Gil Novales.

Arquivo Deputación de Pontevedra. atopo.depo.gal >Expediente de eleccións municipais. Redondela (1841)

La Situación de Galicia

Estado militar de España (Ed. en 16º) 01/01/1833, páxina 175.

Diócese Tui-Vigo. http://www.diocesetuivigo.org/visita%20pastoral/vigo%20teis/chapela.html

Arquivo Deputación de Pontevedra. Contaduría de propios e arbitrios. Redondela Nova. Voluntarios realistas (1827) e (1828)

https://atopo.depo.gal/Record/arc.ADP_0003436976

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario