miércoles, 21 de octubre de 2020

Cargos públicos. Militares

Andrés Montes con uniforme militar, anos 20. Foto cedida por Genoveva Loureiro

 

Militares S. XVII

Hernández de Málaga, Diego. Sarxento da Compañía de Milicias de Redondela en 1628.

Losada Ribadeneira, Martín de (N. 25-2-1679, Vilavella) Capitán. Faleceu en 1681.

Pardo de Andrade, Joseph. Capitán, veciño de Redondela cara a 1650.

Sánchez de Ulloa, Melchor. Capitán veciño de Vilavella. Vende unha casa en 1681.

Troncoso y Lira, Baltasar. Capitán e sarxento maior de Redondela cara a 1628.


Militares S. XIX

Araújo. Manuel. Comandante da Milicia Nacional cara a 1841.

Criado, Tomás. Oficial dos voluntarios realistas. Destacouse pola cruel persecución que exerceu contra os liberais de Redondela.

González Olivares, Luis. Capitán de fragata falecido en Redondela en 1887.

Ibeas Arnaiz, Manuel. Capitán, xa retirado faleceu en Redondela en 1917.

Martínez Saco, Ramón. Capitán de Granadeiros, M. N. do Batallón desta vila en 1841.

Méndez, Ángel. Capitán retirado da Armada e protestante evanxélico, falecido en setembro de 1885.

Posada Barros, Martín. Soldado de Redondela que aparece nunha lista de agosto de 1898 de falecidos en Cuba.

Queimáliños Iglesias, Bernardino. Primeiro Comandante do Batallón de Redondela en 1833.

San Román, Gabriel. Capitán xa retirado en 1841.

Sestelo, Manuel. Tenente Coronel graduado cara a 1841.

Troncoso y Ochoa, Juan. Segundo comandante do Batallón de Redondela en 1833.

Reguera Rivas, José. Soldado de Redondela do batallón de Murcia, que en abril de 1897 desembarcou en a Coruña no vapor “Alfonso XIII”.


Nacional

Jacinto Seoane e Ramón Vidal (Reboreda). No cargo en febreiro de 1841.

Antonio Barros, Benito Soto e Agustín Sánchez. Rodríguez (Cabo Comandante). No cargo en decembro de 1842.


Militares primeira metade do S. XX

Alfranca Miguel, Álvaro. Comandante de infantería destinado en 1961 a Redondela na Agrupación Temporal Militar para Servicios Civiles, foi ascendido a Tenente Coronel en abril de 1963.

Álvarez, José. Xove de Vilar ao que lle foi concedida a Medalla de Sufrimientos por la Patria, pensionada vitaliciamente con 25 pesetas mensuais, pola súa heroicidade nun encontro co inimigo en Larache, onde foi ferido no peito e no pescozo.

Becerra Bujones, Isidro. Falecido na División Azul.

Blanco Pérez, José. Capitán do Exército retirado en 1962.

Carrasco Verde, Manuel. Comandante de Infantería. A finais de 1937 foille outorgada pensión á súa viúva, María Luisa Lanzós, de Redondela.

Crespo Martínez, Alfonso. Capitán do Rexemento de Murcia, casou en Redondela en 1912 con Alicia Pereira.

Figueroa Salgado, José María. Cabo de mariñeiría falecido en 1936, aos corenta e catro años de idade, no Hospital de Marina da Base Naval de Ferrol.

González Rodríguez, Adolfo. Brigada do Exército residente en Cedeira e falecido en 1958.

Sampedro Couto, Serafín. Comandante de infantería, xa retirado faleceu en Redondela en 1924.

Tejedor, Elías. Militar xa retirado en 1935.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

Biblioteca Nacional de España: www.bne.es > Estado militar de España

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Diario de Pontevedra, El pueblo gallego, El Ejemplo Diario de la Coruña, Vida gallega, El Correo de Galicia (Bos Aires), El Progreso, La Opinión diario de Pontevedra, La Situación de Galicia, El regional diario de Lugo, La correspondencia gallega (Pontevedra)...

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Fondo Casto Sampedro-Museo Pontevedra: Obriga de entregar a un mariñeiro que se negaba a ir servir á Real Armada (1628). Venda da metade do campo do Amecheiro, na freguesía da Vilavella de Redondela (1681). Venda dunha casa de soto e sobrado na "plaça do Estaleiro" de Redondela (1681). Testamento do capitán Martín de Lozada Ribadeneira, veciño da Vilavella de Redondela (1681). Fianza depositada por Baltasar Troncoso y Lira, capitán e sarxento maior de Redondela (1628).

ERG en http://memoriablau.foros.ws Foro memoria histórica de la División azul.

atopo.depo.gal >Expediente de eleccións municipais. Redondela (1841)



Varios cargos públicos no Concello de Redondela


José del Río Jorge. Vida Gallega
José del Río Jorge. Delegado Gobernamental. Vida Gallega
 

Delegado gobernamental de Redondela

1923, decembro. José del Río Jorge. En abril de 1925 deixa o cargo ao ser nomeado Gobernador civil de León.


Delegado gobernamental de Pontevedra- Redondela- Pontecaldelas

A partir de marzo de 1925

1925, maio. Manuel Roldán López

192? Martínez. En xullo de 1926.


Intendente

17??-18?? Pedro López de la Peña Zumalave. Natural de Santiago de Compostela. Pai de Ramón (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/lopez-vazquez-ballesteros-ramon-maria.html) e Joaquín López Vázquez Ballesteros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/lopez-vazquez-ballesteros-joaquin.html)


Notarios e Procuradores de Causas. S. XIII-S. XVIII

12?? Fernando Iohanis. Notario de Vilanova de Redondela cando menos entre 1250 e 1251.

12?? Pedro Rodríguez. Notario xurado de Redondela cando menos entre 1283 e 1312.

12?? Afonso Pérez de Comehalla. Notario no testamento de Álvaro Fernández de Valladares, en 1292.

13?? Domingo Pérez. Notario público xurado de Redondela cando menos entre 1320 e 1341. Debe ser o mesmo notario de Redondela, que en 1330, deu cen libras pequenas “para aiuda de fazer o coro do moesteiro” de Santo Domingo de Pontevedra.

13?? Roy Gómez. Cando menos en 1333.

13?? Gonzalo Estévez. Substitúe a Roy Gómez como notario xurado nunha venta realizada en 1333.

13?? Gonzalo Rodríguez. Notario público xurado de Redondela cando menos entre 1356 e 1377.

13?? Esteban Fernández. Notario público xurado de Redondela en 1367.

13?? Domingo Mela. Notario morador da vila de Redondela en 1375.

13?? Esteban Rodríguez. Notario público xurado de Redondela en xuño de 1377.

14?? Fernan Rodríguez. Notario público de Redondela en 1412.

14?? Basco de Bouzas. Notario público da vila de Redondela en 1494.

15?? Fabián Gorvalan. Notario público en 1516.

16?? Joan de la Iglesia. Notario de Redondela en 1672.

16?? Domingo Avalle. Notario de Redondela en 1681.

17?? Joseph de Carballido. Notario apostólico en 1752.

17?? Manuel Fontenla. Procurador de Causas e Notario en 1760.

17?? Alonso da Bouza. Procurador e Notario en 1760.

17?? Alonso Márquez y Amil. Procurador de Causas 1760.

17?? Alejandro Martínez de Soto. Procurado de Causas, defunto en 1760.

17?? Jacinto Gregorio Díaz. Procurador de Causas e Notario da Audiencia eclesiástica en 1760.


Notarios. S. XIX

Nome dos notarios pertencentes ao distrito de Redondela 1864:

Antonio Ferreras. Nomeado notario de Redondela en xuño de 1891. Continuaba en 1905.

José Pereira Noguerol. Cando menos entre 1864 e 1879.

Juan Ignacio Pereira. Cando menos dende 1864. Con residencia en Soutomaior, renunciou ao cargo en febreiro de 1889.

José Antonio Rivas Estévez. Cando menos entre 1864 e 1879.

Manuel Evaristo Rivas. Entre 1867 e 1884.

Juan Climaco Seoane y Salgado. Cando menos entre 1864 e 1897. Subdelegado en 1864.

Juan Manuel Vázquez. En Soutomaior cando menos entre 1864 e 1867.


Notarios. S. XX

No censo de actividades de 1902 aparecen: Antonio Ferrerós i Emiliano Torrado. Engadíndose en 1905: Manuel Cacheiro e Leodegario Rubín.


1898, nov.-1921 Emilio Torrado Naveiro. Anteriormente notario de Pantón (Muxía). Exerceu en Redondela ata o seu falecemento en 1921.

1921-decembro. José María Martínez Feduche. Substituíndo ao notario falecido Emilio Torrado, presta os seus servizos o de Pontecaldelas.

192? Antonio Hervella Ferreira. No cargo en abril de 1924. En outubro de 1925 nomeado notario de Cartagena.

1926, xaneiro. Victoriano Sáez y Riaño, que desempeñaba a de Valmaseda. Deixa o cargo en marzo de 1929 ao ser nomeado para Pontevedra.

1929 Antonio del Río. En abril de 1932 trasladado a Pontevedra.

Agosto 1929: Nova demarcación notarial.

Distrito de Redondela>Redondela 1 de 2ª clase.

1932 Javier Alfaya Pérez (Redondela). Notario de Porriño faise cargo da notaría da súa vila mentres non se ocupa a vacante en propiedade.

1932, maio. Abel Caballero Avalle. Pai do Ministro socialista e alcalde de Vigo de mesmo nome, e irmán de Daniel, cura en Reboreda. Deixaría o cargo en xaneiro de 1935 ao ser destinado a Puente Genil (Córdoba).

1935, xaneiro. Pedro Castiñeira Teijeiro. Notario de Pontevedra, substituto accidental ata novo nomeamento.

1935, marzo. Gonzalo Rey Feijoo y Raviña. Tiña o seu despacho nun baixo da Pz. Constitución. Deixou o cargo en xaneiro de 1936 ao ser destinado a Vilagarcía

1936, xaneiro. José Sáez Mon. Notario de Pontecaldelas, encárgase interinamente da vacante de Redondela.

1936, outubro. Tomás Albi Agero. Delegado Local de Justicia y Derecho, nomeamento que recibía daquela o notario da vila. Cando menos ata marzo de 1938.

1938, maio. José Pagés Costart. Natural de Palamós. En 1935 vai exercer como notario a Bellpuig. Durante a Guerra pasa á zona franquista e vai ser destinado como notario interino a Redondela, onde se afilia a FET y de las JONS e vai ser delegado local de propaganda. En 1939 recupera a súa praza en Bellpuig.

19?? Javier Alfaya Pérez. En 1943.

194? Jose Luis Fernández Tomás. En setembro de 1948 deixou o cargo para fixar a súa residencia en Murcia.

1948, setembro. Javier Soaje Hermida. Notario de Pontecaldelas asume a de Redondela ata novo nomeamento. Continuaba en Pontecaldelas en 1971.

1948, novembro. Guillermo Hernández Caja. Anteriormente servía a de Tella. Trasladado en 1956.

1956, maio. Rafael Ruíz Jarabo Baquero. Anteriormente notario en Cangas. Trasladouse en 1959.

27-7-1956 Nova demarcación das notarías de Galicia.

Redondela 1 de 2ª.

1959, 6 de febreiro. Jesús Alonso Piñeiro

1959. José Batista Montero Ríos. No cargo en xullo. Anteriormente exerceu en Pontecaldelas e despois de deixar Redondela pasou a Caldas de Reis.

1961, febreiro. Félix Muñoz Gómez. No 1966 por imposibilidade accidental é substituído polo de Pontecaldelas, Víctor Manuel Garrido de Palma.



Notarios Apostólicos/Notarios Eclesiásticos

17?? Alejandro Martínez de Souto. Testou en 1753.

1??? Eulogio Padín Padín. Cando menos entre 1905 e 1925.

1??? Ceferino Míguez. En 1905.

1??? Paulino Otero. En 1905.

19?? Buenhijo Pérez Sobrino. Cando menos entre 1910 e 1926.


Delegación Local del Negociado Informativo del Combatiente para las JONS de Redondela

1938, febreiro. Tomás Albi Agero. Daquela era o notario da vila.


Vocal da Comisión permanente de Estadística

1857. Evasio Rubín de Oroña.


Presidente do Censo

1913 outubro. Juan López Fragueiro.


Administrador de Propiedades e Dereitos de Estado

Eulogio Padín. Cando menos entre 1910 e 1925.


Servicio de Bagajes

1909 Enrique Varela. A Comisión Provincial adxudícalle o “servicio de bagajes" deste ano no partido de Caldas pola cantidade de 900 pesetas, na Estrada por 800 e en Redondela por 400.

1911 Jose Benito González y Rivas. Servizo adxudicado por 399 pesetas.

1915 José Abilleira. Representante nomeado polo adxudicatario.

1916, novembro. José Figueroa. Adxudicáronllo por 400 pesetas.


Delegado en Redondela do Contratista de Bagajes

1914, xaneiro. Felipe Coya


ELECTRICIDADE

Arrendador do Alumeado Público

18?? José Orge Táboas. Cede o arrendamento en 1897 ao seguinte.

1897, agosto. José Pérez Corredoira


Presidente de Electra de Redondela (Ver Empresas)

1901-1902 Jose Ramón Lorenzo. Natural de Vilagarcía.

Presidente de Electra Popular de Vigo y Redondela (Ver Empresas)

Laureano Salgado Rodríguez. Natural de Vilagarcía.


Gerente de Electra Popular de Vigo y Redondela.

Eduardo Salgado. Nun censo de 1910.

Manuel Rodríguez. Nun censo de actividades de 1925.


Empregado de Electra Popular

Arturo Campuzano Sanz. Nos anos 20. Falecería en 1962 aos 64 anos, sendo daquela encargado de Fenosa en Porriño.

Paulino Da Riva. A principios dos anos 20.


Encargado da Sociedad Gallega de Electricidad en Redondela

19?? José Docampo Abalde. Estando no cargo faleceu en Redondela en 1945.


Encargado da Fenosa en Redondela

19?? Francisco Buján Cariz. Xubilado en 1956 ao cumprir a idade regulamentaria.

1956 Joaquín Villar Sánchez. Xubilado a principios dos anos 60.


Empregado de Fenosa en Redondela

Manuel Couñago Míguez. Concelleiro en 1940. Faleceu en Reboreda en 1958 aos 72 anos.

Manuel Rodríguez Rodríguez "Reigosa". Nos anos 50.

Jaime Castro Otero. Nos 60.

Francisco Buján Fernández. Nos 70



TABACOS

Administrador de Tabacos e os seus dependentes

17?? Pascual José de los Reyes. Falecido cara a 1760.

17?? Domingo Antonio Yglesia Maquieira. En 1760, substituíndo a Pascual José de los Reyes.


Veredero de Tabacos de la Administración de Rentas Nacionales de Redondela

17 ?? Mateo García

17?? José Casas Novas. En 1760 no cargo por ausencia de Mateo García.

1825-1851. José Tomás Pereira

1833-1864. Manuel Gómez Gallego

1855-1857. Antonio Sestelo



Encargado de Tabacalera en Redondela

18?? ou 19?? Luis Rivero Rivero. Durante moitos anos encargado, faleceu en 1924 aos 87 anos.



Administrador subalterno da Compañía Arrendataria de Tabacos en Redondela

1903, agosto. Ramón Feijoo

1911, setembro. Ricardo Contreras Valiñas. Nomeado por renuncia de Ramón Feijoo. Seguía no cargo en 1927. En 1933 aparece como dono dun estanco.


TELÉFONOS

Encargado Teléfonos

Ricardo Molinos. En 1925.

Celador de Teléfonos

Lamas Bermúdez, José María. En 1929.


SINDICATOS


Delegado Sindical Local

193? Roberto Montero. No cargo en xaneiro de 1940.

1940 José Jaime Pérez Rodríguez.


Delegado Sindical Comarcal

19?? José Torrado André. En 1942.

194? José Luis Mellid Vázquez. Anos despois, en outubro de 1957 foi nomeado alcalde e xefe local do Movimiento no Concello de Sanxenxo.

194? José Jaime Pérez Rodríguez. En 1949, continuaba en 1966.


Secretario Sindical Comarcal

195? Serafín Gesteira Fernández. Cando menos entre 1957 e 1964.

Funcionario da Delegación Sindical Comarcal

195? Rogelio Rodríguez Núñez. En 1956-57.




OUTROS

Xefe da Oficina de Colocación Obrera en Redondela

19?? José Jaime Pérez Rodríguez. No cargo en 1940.


Peón Camiñeiro da estrada de Redondela a Fornelos

1870, 23 de xaneiro. José Macedo Padín

1??? Juan Francisco Peña. Trasladado á provincia de Burgos en abril de 1912.

1914, xullo. Antonio Blanco Cabaleiro

1915, xaneiro. Constantino Gallego

191? Ramón Gómez Lorenzo. Faleceu estando no cargo en maio de 1918.


Representante da Sociedad de Autores Españoles

1903, agosto. Eulogio Padín Padín.


19?? Jesús Sánchez Otero. Reelixido en 1932.


Outros Cargos

José Contreras. Nomeado en febreiro de 1893 axente do gremio de fabricantes de fósforos en Redondela, para a persecución do contrabando de dito artigo.

José Camiña Pérez. Licenciado do exército nomeado en 1924 Peatón de Redondela a Nespereira.

Cecilio Brea Reboredo. En 1956 proposto como Administrador de Loterías en Redondela.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

1879 Anuario-almanaque del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración

Censo de actividades 1905,1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

Gaceta del notariado español, Volumen 6. Editor Centro del Notariado, 1864

www.boe.es

www.mcu.es

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => La Correspondencia Gallega, La Idea, El Pueblo Gallego, La Noche, Gaceta de Galicia, El eco de Galicia órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, El Correo de Galicia...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración


Relixiosos dos Conventos de Redondela

Illa San Simón en 1896. Revista francesa. Foto: M. J. F.

 


        Como xa vimos ao longo dos séculos establecéronse no concello de Redondela varias ordenes relixiosas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/conventos.html ). A continuación recompilamos os datos que vou atopando dos frades que procesaron neses conventos agás as monxas do convento de Vilavella que contan co seu propio apartado.

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/relixiosas-as-monxas-do-convento-de.html ).

Tamén engado os datos doutros frades naturais do noso concello.

        Comezamos cos monxes que habitaron a illa de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-illa-de-san-simon.html )


1517-Custodia de los Pascualinos de San Simón.

Fr. Juan Pascual. Gardián do mosteiro de San Simón e comisario da Congregación dos Reformadores da Orden de San Francisco en 1543.

Fr. Juan Insulano: Superior da custodia, en 1575 ante o escribán Gregorio Barreiro e cos demais relixiosos da Illa San Simón cederon varios bens e rendas ao convento de Vilavella.


1596-Os monxes beneditinos de San Juan de Poio instálanse na illa de San Antón fuxindo dunha epidemia.

Fr. Gaspar Vaca: Abade do convento de San Juan de Poio.


1601-Os franciscanos volven á Illa, os beneditinos vénse na obriga de marchar.

Fr. Antón de Cepeda. En 1601 enviado cun oblato chamado irmán Alonso Cuervo para que habitase a illa de San Simón e cunhas esmolas renovase o antigo convento.

Fr. Gaspar de Alcázar. O 19 de maio de 1608, en nome do convento de San Simón firma unha concordia con Maximiliano de Austria, arcebispo de Santiago, señor da illa de San Simón en razón do padroado do mesmo, ao que se compromete o prelado erixíndose como patrón do cenobio, estipulando unha esmola anual de cen ducados

Fr. Francisco Vidal. Gardián da capela do Convento dos fraciscanos, onde son depositados en 1618, os restos dun mártir inglés.

Fr. Antonio de San Buenaventura, sucedeu a Fr. Francisco Vidal no cargo de gardián da capela do Convento dos franciscanos.

Gregorio Rodríguez Carrera, veciño de Redondela e síndico do convento de San Simón en 1705.


NOTA: Fr. Xacobe Castro afirma no seu Árbol Cronológico, que na Illa viviu Fr. Francisco de Herrera, de onde saíu despois para Comisario Xeneral do Perú. Tamén o habitou e nel compuxo as súas obras Fr. Pedro Figueroa, chamado “El Bueno”.


A illa fica valeira desde 1746 ata 1842 ano no que se establece o lazareto.



Convento de San Antonio de Vista Real de Agrelo

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/o-convento-de-agrelo.html )


Sindico do Convento de Agrelo

1805 Fr. Felipe Ucha.

1806 Fr. Francisco ¿González?.


Gardián do Convento de Agrelo

17?? Fr. Benito González. Gardián do Convento de San Antonio de Agrelo en 1792.

18?? Fr. Francisco de Ávila. Predicou en Cuaresma na igrexa de Redondela en 1835.


Outros relixiosos do Convento de Agrelo


1836 Fr. Juan Antonio Jorge. Predicou en Cuaresma en 1836.

18??, Finais. Fr. Francisco. Monxe de Agrelo que participou durante moitos anos nas procesións de Reboreda levando o incensario.

18?? Fr. Ramón. Organista da parroquial de Redondela durante o s. XIX e que tamén o fora do Convento de Franciscanos de Agrelo. Ao parecer proviña de Santo Domingo de Pontevedra.


Outros relixiosos

Fr. Alberto Orge. Aparece nunha relación de: Alcipreste, párrocos e clero do arciprestado de Redondela que firman unha carta de apoio ao Bispo de Tui en 1864.



Misioneiros

Fr. José Alfau, nado en Cesantes en 1762, profesou no convento de Santiago en 1778. Destinado á illa de Samar en Filipinas, foi párroco do pobo de Ctuiuan con Balanquiga de 1788 a 1800. Debeu voltar a España, pois non aparece no libro de defuntos.

P. Antonio García Núñez. Nado en Redondela en 1765. Agustino misioneiro en Filipinas. En 1783 profeso do convento de Santiago. Pasou a Filipinas en 1789. Administrou varias parroquias en Ilocos, ata o seu falecemento en Bacarra en 1821.

P. Luis Antonio Carrera. Nado en Redondela en 1773. Profesou no convento de Segovia en 1779 Era organista e sería misioneiro en Filipinas. Faleceu en Mandaloya o 15 de Abril de 1825, recibindo sepultura en Guadalupe.

P. Juan Parga Araújo, franciscano natural de Redondela, ao que, en 1696, se lle concede licenza xunto a outros 22 misioneiros galegos para pasar a Florida. Debe ser o mesmo misioneiro de Redondela que aparece como Juan Parga Arroyo, morto xuntamente con moitos indios de Ayubali nun asalto.


Outros Relixiosos

Mauro Fernández de Nogueira. Bautizado en Santiago de Redondela o 26-1-1634. Coengo de Santiago en 1678. Debe ser o mesmo D. Mauro de Nogueira y Barros que faleceu o 18-10-1699, segundo a inscrición da súa lápida sepulcral brasonada, na Basílica Compostelá.

Isidoro Barros (Reboreda). Frade presbítero, veciño de Santa María de Reboreda en 1681.

Juan de Cordido. Relixioso nado a principios do s. XVII, da familia dos Prego de Montaos e veciño de Reboreda.

Manuel Mos y Roza. Relixioso de Cesantes que recolleu o relato do carpinteiro redondelán Domingo Martínez, testemuña en 1702 da Batalla de Rande.

Pedro de Mera. Natural de Redondela profesou no mosteiro de San Martíño Pinario, onde tomara o hábito o 20 de outubro de 1708. Seguiría a carreira eclesiástica como predicador nos mosteiros de Valladolid (1725-29), Montserrat (1729-30), Sevilla (1730-33) e San Martíño (1733-1741), de onde tamén foi prior (1741-45) e sería nomeado abade en 1745, falecendo no cargo en febreiro de 1747.

Antonio Rubín. En 1821 aparece como Lector de Casos no convento de San Lorenzo, cando é destinado a Vigo. En 1835 residía de novo en San Lorenzo, cando nos primeiros días de setembro ten lugar a exclaustración dos regulares da Orde Franciscana en Santiago de Compostela, indo daquela a residir en Redondela, de onde era natural.


A todos estes habería que engadir aos frades que pola súa relevancia contan co seu propio apartado.



Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013.

Fondo CastoSampedro-MuseoPontevedra: Cesión de parte dunha casa e dous lagares con terra labrada das Fascaiñas en Porriño (1753). Venda en "censo redimible al quitar" (1669). Carta de pago (1705). Poder outorgado para cobrar os réditos dun censo (1628). Venda da metade dunha casa de soto e sobrado en Vigo (1681). Venda por "censo redimible al quitar" (1665).

As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El eco de Galicia órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas, El regional diario de Lugo, El lucense diario católico de la tarde, Gaceta de GaliciaDiario de Santiago, La correspondencia gallega, Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy...

Na Biblioteca Nacional de España: www.bne.es => La Reforma (Madrid), La Época (Madrid), El Heraldo de Madrid, El Día, Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración.

Ministerio de Cultura http://pares.mcu.es/ => La Semana Católica de Salamanca, Memorial cobrador de rentas do Convento de Vilavella (1699-1779), Casa de Contratación>Autos de bienes difuntos.1762. Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Villavieja de Redondela (Mos, Tuy), efectuado por decreto de diciembre de 1760 para el establecimiento de la Única Contribución.

Agustinos, evangelizadores de Filipinas, 1565-1965. Manuel Meriño, 1965.

Ensayo de una biblioteca ibero-americana de la Orden de San Agustin, Vol. 3. Gregorio de Santiago Vela, Bonifacio Moral, Augustinians in the Philippine Islands

Catálogo de los religiosos de N.P.S. Agustín de la Provincia del Smo. Nombre de Jesús de Filipinas. Archivo Ibero-Americano. Franciscans. 1969

Censo de actividades do partido de Redondela: 1905, 1910 e 1925. Publicado en todocoleccion.net

La Voz de Galicia.

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/

Arquivo Deputación de Pontevedra: atopo.depo.gal > Contas municipais. Concello de Redondela (1835-1840)), 1792-Novo arranxo e establecemento dos Reais Plantíos e Devesas nos pobos das xurisdicións de Redondela, Vilavella, Saxamonde e Cedeira.), Libro de amillaramento da contribución rústica e pecuaria. Cedeira. Tomo I (1948)

Abadologio del monasterio de San Martín Pinario (898-1835). Ernesto Zaragoza Pascual. Publicado en Compostellanum revista de la Archidiócesis de Santiago de Compostela, xaneiro de 1994.




Familiares e Oficiais do Santo Oficio da Inquisición

Alfaro, Ventura. Presbítero e dono de 2 muíños en 1752. Comisario do Santo Oficio da Inquisición e capelán de San Boaventura en Reboreda.

Álvarez Mera, Alberto. Licenciado, mordomo do hospital de Redondela e abade da parroquial. Comisario do Santo Oficio. Natural de Barcia de Mera, criouse en Redondela onde vivía cun tío seu. O 22-8-1670 como abade de Redondela, aceptou a renuncia do garda do convento da Illa de San Simón a celebrar a Misa de Alba en Redondela dúas veces por semana. Aparece en 1680 como testigo nas Probas para ser oficial da Inquisición de Martín de Nogueira Blanco.

Carballo García, Marcos. Familiar do Santo Oficio, natural de Vilavella e veciño de Redondela en 1680, cando testifica nas probas de Martín de Nogueira Blanco, para familiar do Santo Oficio da Inquisición. Tamen testifica en 1692 como Familiar e Notario do Santo Oficio do número de Redondela, nas probas de Jacinto Sarmiento de Valladares.

Corbalán, Fabián de. Familiar do Santo Oficio e veciño de Redondela cara a 1628.

Lorenzo de Beiro, Gabriel. Familiar do Santo Oficio e veciño de Redondela. En 1680 testifica nas probas de Martín de Nogueira Blanco, En1692 fai o propio durante as probas de Jacinto Sarmiento de Valladares y Zamudio, aparecendo como Notario familiar do Santo Oficio en Redondela. Levaba daquela residindo 40 anos en Redondela, mais era natural de Muros.

Martín Carrasco Landera, Sebastián. Pretendente ao cargo de familiar do Santo Oficio en 1575 en Mexico.

Nogueira Blanco, Martín de. Natural de Redondela. Abogado de los Reales Consejos y de presos de la Inquisición de Galicia. Fixéronselle as probas para familiar do Santo Oficio en outubro de 1680.

Nogueira Duarte, Juan de. Rexedor de Redondela en 1678. Familiar do Santo Oficio.

Núñez de Otero, Nicolás. Nado o 6-2-1780 en Vilavella, irmán de Juan Núñez Sotomayor y Otero. Presentou solicitude para as probas en 1805.

Núñez Sotomayor y Otero, Juan. Natural de Vilavella, criouse en Santiago e vivía en Madrid cando iniciou as probas o 25 de novembro de 1800.

Rodríguez de Mera, Alberto. Natural de Longares, veciño de Redondela, axudante do alcaide e proveedor de presos e pretendente a familiar do Tribunal de la Inquisición de Cartagena de Indias.

San Román y Ceballos, Juan Antonio (Saxamonde). Documentación do S. XVIII para alegación fiscal da información genealóxica de Juan Antonio San Román y Ceballos, natural de Esparragosa, figresía de San Román de Saxamonde, residente en Indias, para ministro Oficial do Santo Oficio de Lima (Perú).

Sarmiento de Barraganes, Jacinto. Conde de San Román. Capitán de caballos e carrozas en tempos da guerra con Portugal, Cabo e Gobernador da praza de Vigo. Familiar do Santo Oficio de número de Redondela.

Sarmiento de Valladares, Diego. Algúns autores citan a Redondela como o seu lugar de nacemento. Emparentado co Marqués de Valladares e o Conde de San Román. Inquisidor General e Presidente do Consejo durante a minoría de idade de Carlos II. (Ver Persoeiros S)

Sarmiento de Valladares, Luis. I Marqués de Valladares. Caballero de la Orden de Santiago e Alguacil Mayor del Consejo de Su Majestad de la Santa Inquisición. (Ver Persoeiros S)

Sarmiento de Valladares e Zamudio, Jacinto. Conde de San Román, neto de Jacinto Sarmiento de Barraganes. Oficial da Inquisición tras pasar as probas o 29 de decembro de 1692.

Sotelo Prego de Montaos, Antonio. Familiar do Santo Oficio da Inquisición de Galicia. Señor dos Maiorazgos de Mallón e Prego de Redondela, patrón insolium do convento de Relixiosas de Vilavella.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Familiares y Oficiales redondelanos del Santo Oficio de la Inquisición y sus Genealogías. Amado Ricón Viruleg. Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Pares>Archivo Archivo Histórico Nacional>Consejo Inquisición

Redondelans. www.galeon.com/redondelans/

Los Canónigos de Santiago [Segundo apéndice a Linajes Galicianos]: Fernández de Nogueira. Boletín Real Academia Galega nº 142 - (Pérez Costanti, Pablo.)

Congreso Internacional de las Ciencias Genealógica y Heráldica, Volumen 1

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es

Comunicaciones al XV Congreso Internacional de las Ciencias genealógíca y heráldica- Volumen 1. Escrito por Instituto Salazar Y Castro.

Grandes Fiestas de la Coca. Redondela 1968. Comisión de fiestas de la Coca.

Antonio Ocampo Otero. Doctor en Medicina y Cirugía. Bodas de Oro(1939-1989)

Apellidos gallegos: heráldica de Galicia. Augusto Cuartas

Catastro de Ensenada de Reboreda (1752)

Catálogo de la colección Salazar y Castro

Fondo Casto Sampedro-Museo Pontevedra: Doazón (1628).