lunes, 23 de mayo de 2022

Historia da parroquia de Vilavella

 

Inicios do S. XX. Foto: Joaquim Morelló i Nart
Inicios do S. XX. Foto: Joaquim Morelló i Nart

1.800 ao 60 a. C. (Idade de Bronce): En Vilavella, recuperouse unha machada de tope con tres aneis e con dúas asas do 800 antes de Cristo, sendo o vestixio máis antigo do casco urbano de Redondela. Consérvase no Museo de Pontevedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/alguns-achados-arqueoloxicos-en.html )


Antes s. XII. No libro “Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3” recóllese que Vilavella formaba parte “dos vellos territorios de Toronio”.


Dende 1118 ata o 22 de marzo de 1312. Durante estes anos Vilavella pertenceu ós Cabaleiros Templarios. Unha vez disolta a orde Vilavella pasa a pertencer á Coroa.


S. XIII: Redondela é unha xurisdición dependente do arcebispado de Santiago, coñecida como Vilanova de Redondela para distinguila de Vilavella de Redondela, pertencente ao Bispado de Tui.


S. XIV. Pedro I concede Vilavella a Suero Yáñez de Parada, Adelantado Mayor de Galicia.


1371, 14 de setembro. O rei Enrique II, que confiscara as posesións de Suero Yáñez, dóalle ao Bispo de Tui, Juan de Castro, Vilavella xunto co castelo de Entenza, o coto de Coia e a vila de A Guarda. O prelado e o Cabildo de Tui nomeaba en Vilavella un xuíz que exercía de alcalde, un rexedor e un procurador de causas.


1417. O rei Juan II confirma a doazón feita por Enrique II, da vila de Vilavella á Igrexa de Tui.


1451, xullo. O Bispo de Tui confire os beneficios de Saxamonde e Vilavella, e deu unha pesqueira do río Míño en foro a Ruy e Álvaro Lorenzo.


1501: Comeza a construción do Convento de Vilavella. As obras rematan en 1554 e a orde de monxas de clausura estableceuse en 1574. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html )


1555. O beneficio de Estás era de Presentación de García Prego de Montaos, sendo daquela esta parroquia de Tomiño anexo da parroquia de Vilavella. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-historia-de-estas.html )


S. XVI. Fundación da Granxa de Vilavella, actual Pazo de Petán. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html )


1587, censo: Vilavella aparece como freguesía de Redondela.


1605: Redáctanse as Ordenanzas Municipais de Redondela e Vilavella.


1696. Juan Rodríguez Cotta é nomeado capitán xeneral de Paraguay. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/rodriguez-cotta-juan-vilavella.html )


1699. Primeira referencia a un muíño en Vilavella. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html ) Na actualidade hai constancia de 3 muíños en Vilavella, dos que tan só se conserva un. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html )


Convento de Vilavella. Sen data
Convento de Vilavella. Sen data

1741. Fundación do Santísimo Sacramento a confraría máis antiga da que temos constancia en Vilavella. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/confrarias-e-outras-asociacions.html )

 

S. XVIII. Mentres en Redondela son maioría os mariñeiros en Vilavella teñen máis peso os artesáns, especialmente os imaxineiros (ebanistas). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/imaxineiros-ebanistas-de-redondela.html )


S. XVIII. A Ermida de Nosa Señora do Socorro (A Portela-Cedeira) e a Capela de San Xoán Bautista (rúa San Xoán de Arcal) son de representación das monxas de Vilavella.


1752 Catastro de Ensenada. Vilavella ten agregada a aldea de Anseamonde (Pazos de Borbén) e segue a depender do Bispado de Tui. Os seus límites eran: “principiando en el marco de la Cabrita hasta llegar a la fuente de el Regueyro do Varro siguiendo por derechura hasta el camino Real que va de esta villa a la Ciudad de Tuy enderezándose por dicho camino hasta otro marco que se llama de Muro longo y de allí da la vuelta a otro marco que se denomina da Rabadeyra y de allí a la fuente de el Castañal de Canaval siguiendo a la Coba do Ouro y de allí a una Cruz que se halla en la casa de d. Phelipe Mage vecino de la villa de Vigo y de esta va a la fuente de Reande y de esta sigue a la mar y de esta sigue al Crucero de la capilla de Nuestra Señora del Socorro y de allí por la orilla del río que viene de la Maceira hasta llegar a la Puente Longa que se halla en el, y desde esta y hace un rechazo y va a lo largo del Río que viene de Reboreda hasta el medio de una Puente de piedra que se halla en él, que es la que divide el término de esta población de el de Villanueva de Redondela y va por la orilla de otro río arriba y a la distancia de unas ochenta varas hace otro rechazo y va al Marco dos Paisás y de este sigue a la fuente del Canudo, y de allí al marco da Cabrita, primera demarcación”.


1760-63. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/12/1760-1763-vilavella.html )


1776. Outórgaselle a Vilavella a concesión do cobro dun arbitrio (imposto) a cada carro de mercadorías que atravese a rúa principal. Anos máis tarde produciríase un roubo nas arcas públicas deste caudal. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/12/1788-roubo-nas-arcas-de-vilavella.html )


1799. Vilavella ten 120 veciños e ademais da igrexa e o convento de relixiosas da Orde de San Lorenzo Justiniano, conta coa capela de Nuestra Señora del Socorro e San Telmo “que está illada”.


1807. Construción da Marca do Rei. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-marca-do-rei-vilavella-redondela.html )


1809. Invasión francesa. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1809-guerra-da-independencia-dos.html )


1819, 24 de marzo. O fillo de Vilavella Dámaso Egidio Iglesias Lago é nomeado Bispo de Ourense. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/iglesias-lago-damaso-egidio-vilavella.html )


1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella).


1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella volven a separarse de Redondela.


1835: Abolición dos señoríos xurisdicionais. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela definitivamente.


1836. A parroquia de Vilavella deixa de figurar como dirección.

1837. Ramón María López Vázquez Ballesteros é nomeado Deputado a Cortes por Pontevedra, sería elixido deputado en 8 ocasións máis. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/lopez-vazquez-ballesteros-ramon-maria.html )


1839, 23 de setembro. Os barrios de Outide e Canabal da vila de Redondela, demandan que pertencendo no eclesiástico a Vilavella paguen unicamente por esta parroquia e non as dúas como veñen facendo.


Viaduto de Madrid anos 30-40. Colección Guillermo González Martín
Viaduto de Madrid anos 30-40. Colección Guillermo González Martín
 

1846. Declárase un incendio no convento de Vilavella. Apesares de estar á beira do río Maceiras non se puido evitar a destrución de gran parte do convento e da igrexa, perdéndose a parte do coro onde se atopaba o órgano.


1867. As monxas do convento de Vilavella representaron a España na Exposición Universal de París con: doces en almíbar, de azahar, laranxa, naranjillo, cabelo de anxo e noz.


1878: Clausura do cemiterio de Vilavella que estaba situado diante da igrexa. Os restos trasládanse ao cemiterio de Eidos.


1881. Entra en funcionamento o Viaduto de Ourense. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/os-viadutos.html )


1884. Nova campá maior para a igrexa de Vilavella, saída da fundición de Sanjurjo Badía. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/09/as-campas-das-igrexas-do-casco-urbano.html )


1904. O Bispado fai un arranxo parroquial e pasan a pertencer a Vilavella: Pasales (Reboreda, actual Rúa Juan Manuel Pereira), O Muro (Quintela) e Maceira (Cedeira).


1904. A escola mixta de Vilavella convértese en feminina. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html )


1915. Ernestina Otero comeza a dar clase na Escola de Maxisterio de Pontevedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/iglesias-lago-damaso-egidio-vilavella.html )


1930. Construción da Praza de Ribadavia tapándose o río Alvedosa. Desaparece a Ponte Longa, que unía Vilavella e Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/pontes.html )


1932. As monxas abandonan o convento de Vilavella.

1890, cara a. Hauser y Menet. España Ilustrada
1890, cara a. Hauser y Menet. España Ilustrada
 

1932. Cando menos desde este ano fabrica na rúa Padre Crespo, Gaseosas La Esperanza. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/fabricas-de-gaseosas.html )


1941. Xubílase Manuel Otero Lago, quen vende a súa conserveira.

https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )


1942. O Bispado de Tui vende o convento de Vilavella ao conserveiro José Otero González “Mañas”, quen reconstrúe case a totalidade do convento. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )

Posteriormente a desfeita completarase coa construción dunha nave acaroada. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/figueiral-rivero-gonzalo-redondela.html )


Anos 60. Deixa de celebrarse a festa de San Antón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/duas-festas-desaparecidas.html )


1969. Asolagamento das rúas de Vilavella. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/03/sucesos-1950-1979.html )


1974. Reorganización do tráfico na Praza Ponteareas, asfáltase o chamado Campo das Monxas e créanse varias interseccións na estrada.


1976. Os problemas de tráfico creados polo chamado Funil de Vilavella rematan nunha agresión por error. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/o-funil.html )



1974 El Pueblo Gallego
1974 El Pueblo Gallego

2003. O convento é alugado como restaurante para vodas e celebracións.


2011. Nas eleccións municipais Vilavella deixa de ser distrito polo que podemos considerar esta data como a súa desaparición total como parroquia a nivel administrativo integrándose no casco urbano de Redondela. Na actualidade segue a ser considerada parroquia a nivel relixioso, si ben é certo que é atendida polo párroco de Redondela.


2016, 12 de febreiro. Desbórdase o río Maceiras asolagando Vilavella. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/asolagamentos.html )


2021. setembro. Dan inicio as obras de humanización da Praza Pontearas nas que se recolle a demolición da nave da familia Figueiral, acaroada ao Convento de Vilavella.



Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Catastro de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).

Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/):

O Señorío da parroquia de Cedeira. X. Miguel González.

Elementos da Prehistoria de Redondela. Xosé Couñago,Asociación Alén Nós.

Os miliarios romanos de Redondela. Jose Antonio Orge Quinteiro

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. F. Javier Costas Goberna

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro

O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.

Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses. Xosé Fariña Jamardo, 1996.

Arquivo da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela),...

Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI : con varios apéndices...... (1829) - González, Tomás (1780-1833). Madrid : en la Imprenta Real, 1829

España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.

El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas. Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016

1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto

1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia.

José Luís Lamigueiro©, fuente: Pedro de Barcelos http://www.xenealoxiasdoortegal.net/

https://foros.xenealoxia.org>Serba

Faro de Vigo

Aportes: Xurxo Constela (A Citania S. L.).

Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro

Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario