|
"Los Jóvenes Turcos". Anterior a 1912. Foto cedida por
José Luis Rodríguez Figueroa
|
Acción Republicana
Escisión
do Partido Republicano Galego, orixinada na provincia de
Pontevedra.
Casa
del Pueblo.
A
Casa del Pueblo,
albergaba os locais do Partido
Comunista e
a Agrupación
Socialista.
En
xaneiro do 1932 agradece por carta ao deputado Alejandro Otero a
doazón de libros para a súa biblioteca. En abril dese mesmo ano o
Concello decide subvencionar á Casa del Pueblo de cara a
celebración do 1º de maio, festa do traballador. Entre os seus
presidentes estivo Serafín Dacosta Paz. (Ver Alcaldes).
Nesta
época sofre o seu primeiro peche, e non sería ata abril de
1935 que se levantaría a clausura que se tiña feita do seu local. A
finais deste ano, o desemprego, agravado polo retorno de emigrantes
principalmente de Estados Unidos trala crise de 1929, provoca que a
Casa del Pueblo reparta o traballo das obras públicas entre
os seus afiliados.
Entre
agosto e setembro de 1936 son detidos o seu presidente, Pompeyo
Blanco Villar e o seu secretario, Manuel Bouzas Puertas. O 12 de
agosto de 1937, sácanse a poxa
os bens deste colectivo, quedando deserta por falta de compradores.
En 1939 os
seus locais usáronse como cuartel dun destacamento de soldados de
Infantería, que anteriormente ocuparan a casa de María García
Senra. Tiñan a misión de vixiar o viaduto de Madrid, peza clave no
abastecemento das tropas que estaban na fronte.
Centro Radical
Sede do Partido Radical. (Ver máis abaixo)
Nunha nova do 3 de outubro de 1931 dáse conta da constitución na
nosa vila dun Centro Republicano Radical. A primeira directiva
estaría formada por: presidente, José Beamud González, médico;
vice, Florentino Pereira Míguez, propietario; secretario, Heliodoro
Rivas Rivas, propietario; contador, José Méndez Comesaña,
comerciante; vocais: Victoriano Núñez Novas, comerciante; Tomás
Docampo Reboredo, comerciante; José Táboas Pardo, industrial;
Paulino García García, industrial; e Francisco Portela Rodríguez,
industrial.
En xaneiro de 1934 elixiu nova directiva: presidente Aurelio Adán;
vicepresidente Fernando González; secretario Tomás Docampo;
vicesecretario Manuel David Pérez; tesoureiro, José Figueroa;
contador, Jesús Figueroa; vocais, Bernardino Dacosta, Francisco
Portela e José Araújo.
Para 1935 sería dirixida por: Presidente, Heliodoro Rivas Rivas;
vicepresidente Miguel Villar Sánchez; contador, Paulino García
García; tesoureiro, Hermenegildo Casal Campo; secretario, Aureliano
Adán Mos; vice, Florentino Pereira Míguez; vocais, José Crespo
Rivas e Santos Fernández Lamas.
Centro
Republicano Recreativo.
Durante
a II República. Nas súas instalacións se celebraban bailes ademais
de mitins
políticos. Tamén promoveu
o deporte coa celebración de campionatos de billar e a creación de
equipos de natación e waterpolo.
O 1 de
Maio do 1932 organizou un mitin con 6 oradores entre eles unha
muller, a señorita Las Heras, e un redondelán, Jacinto Díaz. Logo,
elixiron unha nova directiva formada por: presidente, Antonio Ocampo
Fraga; vicepresidente, José Fernández; tesoureiro, José Rodríguez;
secretario, Manuel Martínez; vocais: Edmundo Villasanta, César
Pazos e Jacinto Díaz. O 1 de xaneiro do 1933, da un discurso
Alexandre Bóveda no seu local. En novembro do 1933 é elixido
presidente da nova directiva José Rodríguez Casal. Xa en decembro
tería gran éxito neste centro a actuación do grupo “Airiños d’o
Tea”, continuando as festas do Nadal con bailes o 1 e 6 de xaneiro.
En
xaneiro de 1935, o Centro
Recreativo Republicano nomeou nova xunta directiva: presidente, José
Docampo; vicepresidente, Domingo Fernández; secretario, Fernando
Pazos; contador, Juan Míguez; depositario, Bernardino Domínguez;
bibliotecario, Telmo Tojeiro; vocal, Fermín Amil. Esta
directiva presentaría a dimisión e tan só dous meses despois
elíxese unha nova: Severo Rivas, presidente; Domingo
Fernández, vicepresidente; Juan Míguez, secretario; Cándido
Suárez, contador; Valentín Amoedo, tesoureiro; José Figueroa,
bibliotecario e Bernardo Pazos, vocal. Como se pode ver aparece un
novo cargo para a creación dunha biblioteca.
A súa
derradeira directiva elixida en marzo de 1936 sería: José Méndez,
presidente; Juan Molinos, vicepresidente; José Fontenla, secretario;
Pompeyo Blanco, vicesecretario; Cándido Suárez, contador; Juan
Míguez, tesoureiro; e Manuel Silva, Victoriano Míguez e Rafael
Montero, vocais.
Confederación
Española de Derechas Autónomas / Unión Regional de Derechas (C. E.
D. A. / U. R. D.)
Falange
Española
Partido
fundado en Madrid o 29 de outubro de 1933. Ao ano seguinte
organizouse en Redondela encabezado por Juan Muíños Iglesias, que
co tempo sería alcalde da vila e sería protagonista do intento de
privatización da Praia de Cesantes.
En 1937,
Julián Ferrín Belandas sería o xefe local do partido que, xunto
con destacados militantes provinciais, fala nun acto de
autoafirmación nacionalista celebrado o 11 de abril na praza do
mercado.
Federación
Agraria de Redondela.
Partido
político que en novembro de 1933 elixiu como candidato á alcaldía
ao Tenente Alcalde Juan Martínez Vila.
En
febreiro de 1935 elixen presidente a Sabino Villanueva, contando xa
con 997 afiliados repartidos en 10 sindicatos dependentes.
|
Manifestación anos 20. Foto:
Redondela. Crónica gráfica dun
pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.
|
Federación Republicana Gallega-Organización Republicana Gallego
Autónoma (F.R.G.-O.R.G.A.)
En
outubro de 1932 trocou
o nome polo de Partido
Republicano Gallego.
Frente
Popular
Pacto
subscrito o 15 de xaneiro de 1936 entre partidos e sindicatos de
esquerda. Na provincia de Pontevedra aglutinaba a: Unión
Republicana, Izquierda Republicana, Socialista, Galeguista, Agrario e
Comunista.
Izquierda Republicana Redondela
Partido
fundado, a nivel nacional, en 1934 por Manuel Azaña Díaz.
En
Redondela constituíuse
en agosto de 1934,
aprobándose
o Regulamento,
que estaba firmado polos prestixiosos correlixionarios: Telmo
Bernárdez (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/bernardez-santome-telmo-redondela-10-04.html
),
Luis Pereira, Saturno Cal, Alfredo Lorenzo Martínez e Florencio
Soto.
Na
asemblea
provincial de Izquierda Republicana celebrada en xaneiro de 1936 foi
nomeado
representante polo distrito de Redondela, Alfredo
Lorenzo Martínez.
Juventudes
Comunistas.
Constituído
de forma legal en Vigo en novembro de 1931. En Redondela estaba
formado por mozos de familias pouco favorecidas. En 1934, fixeron
pintadas na estrada da praia de Cesantes, na praza de abastos e
outros sitios céntricos, denunciando a represión dos mineiros
asturianos e criticando ós axentes da Garda Civil da vila. Serían
detidos como autores: Manuel Martínez Barreiro, Enrique Puertas
“Serrano” e José Gómez “Loreto”. Outros militantes serían:
Manuel Barros “Xabelón”, José Sánchez Domínguez e Manuel
Migueles Esteiro “Repolo”.
Juventudes
Socialistas.
Xunto
co Grupo Galeguista envían un telegrama urxente ao Presidente do
Concello de Ministros solicitando axuda para os damnificados polo
asolagamento
de Redondela do 24 de setembro de 1932.
Juventudes
Unificadas.
Fusión
das Juventudes Socialistas e Comunistas.
Mocedades
Nazonalistas Galegas.
Xuventudes
do Partido Galeguista. En xaneiro de 1936, Raimundo Cal é elixido
Responsable de Propaganda da provincia de Pontevedra. Entre outros
eran membros deste grupo en Redondela, Rafael Hermida e Bernardo
Fernández, que xa formara parte de Ultreya. En xuño dese ano
Raimundo Cal e Rafael Hermida representan a Redondela na III Asemblea
desta formación, con vistas á campaña a prol do Estatuto.
Partido
Comunista de España.
Constituído
de forma legal en Vigo en agosto de 1931.
En xaneiro
de 1936 consegue, incriblemente, dar un mitin en Redondela sen ser
interrompidos polas forzas do orde. Falaron ante 150 persoas Antonio
Moscoso, Manuel Martínez e José Robles.
Partido
Galeguista de Redondela.
Formouse en abril do 1932, sendo dos primeiros grupos
organizados do Partido Galeguista na Galiza, e hai constancia de que
pertencen como mínimo Avelino Cal Fernández, Xose María Blanco
Alfaya, Lois Carballeira Fernández, Sebastián Muíños Blanco,
Fermín Blanco Alfaya e Francisco Pereira Fernández. O 6 de
novembro dese mesmo ano inauguran o seu novo local na rúa García
Hernández (actual R. Ribeira), onde anos máis tarde abriría as
súas portas a xoiería Groba. Asistiron ó acto Castelao e Paz
Andrade.
Foron presidentes deste partido: Xosé María Blanco Alfaya (1932),
Francisco Pereira Fernández (1933) e Avelino Cal (1934, 35 e 36).
Xosé María Blanco Alfaya sería o 1er concelleiro
galeguista de Redondela en abril do 1933. Presentou unha moción que
conseguiu que por primeira vez a bandeira galega ondease na Casa do
Concello o 25 de xullo de 1933. Pola súa parte Avelino Cal propuxo a
creación dun xornal que representara ó partido, este sairía a rúa
o 16 de abril de 1933 baixo o nome de “Terra!” e co propio
Avelino como director.
|
Mitin a prol do Estatuto-Foto: Galeguismo e sociedade na Redondela da II República. Lois Barros |
Partido Radical.
En
novembro de 1931 estrea unha nova sede (coñecida como “Centro
Radical”) na rúa Isidoro Queimaliños.
En novembro de 1932 organizan unha conferencia na que fala Emiliano
Iglesias Ambrosio, avogado que ocupou importantes cargos no Estado
como o de deputado. En agosto de 1934 a este orador fixéronlle unha
homenaxe na Illa San Simón. Daquela a xunta xestora do centro estaba
formada por Aureliano Adán, presidente; Fernando González,
vicepresidente e Paulino García García, contador.
O 1 de xaneiro de 1935
constitúese a Peña Alejandrina, adherida ao partido
Republicano Radical. A primeira Xunta Directiva formouse, con
carácter provisional, polos señores siguintes. Presidente: don
Fernando González Gómez; vice, don José Figueroa Salgado;
secretario, don Victoriano Diaz; vice, don Manuel David Pérez;
tesoureiro, don Domingo Blanco Pérez e contador, don Jesús
Figueroa. Vocais: don Claudio Rodríguez Mouriño, don José Blanco
Guisado, don Francisco Pórtela, don Joaquín Rielo e don Camilo
Figueroa.
O Partido Radical, en sesión
celebrada o día 27 de xaneiro de 1935, tomou a decisión de expulsar
do partido por indisciplina aos concelleiros do mesmo no Concello:
José González Gómez, José Figueroa Salgado, José Blanco Guisado
e Claudio Rodríguez Mouriño.
En agosto
de 1935 o Partido Radical asiste a unha homenaxe no Centro Radical de
Moaña.
En xaneiro de 1936 o Partido Radical de Redondela chega ó seguinte
acordo: “disolver el Centro Radical y dejar en libertad a sus
afiliados, en vista del abandono en que les tuvo el Comité ejecutivo
provincial”.
|
Partido Radical.
Foto: A prensa en Redondela. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
|
Partido Republicano Galego
Xurdiu en
outubro de 1932 a partires da Federación Republicana
Gallega-Organización Republicana Gallego Autónoma (F. R. G.-O. R.
G. A.)
Partido
Socialista Obrero Español.
Neste
partido destacouse na vila Alejandro Otero Fernández que chegou a
ser Deputado a Cortes.
En setembro do 1934 organizan dous mitins en Cinema Royalty, o
primeiro do madrileño Felipe García Moure e o segundo de Margarita
Nelken, ex directora xeral de prisións.
Sección Femenina de Falange
Sindicato
Español Universitario de Falange Española Tradicional y de las
J.O.N.S.
O
9 de febreiro de 1939 celebra a homenaxe aos “estudantes caídos”.,
sendo o xefe local o mozo Claudio Contreras.
Ultreya
Grupo
de rapaces formado na vila de Noia, de alí estendeuse a outras vilas
galegas (Santiago, Vilagarcía, Ourense...). Fundamentábase nos
valores do estudio, o deporte, a vida saudable e o galeguismo. En
Redondela estaba composto por rapaces que estudan en Pontevedra e
Vigo: Bernardo Fernández, Xosé Rodríguez, Manuel Pena, Xosé
Fontenla, Xosé Torrado... A partires de abril de 1933 estarán
coordinados por Lois Carballeira Fernández, membro do Partido
Galeguista.
O 22 de
xullo dese mesmo ano inauguran un ciclo de conferencias iniciado por
Xosé Torrado, que falou da figura de Cervantes. Días despois, sería
Bernardo Fernández Soto o que faría o propio referíndose á
poetisa Rosalía de Castro.
Unión
de Derechas Femeninas de Redondela.
En
abril de 1932 e coincidindo co 1º aniversario da República
organizou un mitin con oradores de Pontevedra e Vigo desprestixiando
á República. Varios mozos de Redondela boicotearon o acto,
creándose un balbordo
que non chegou a maiores.
Unión
General de Traballadores (U. G. T.)
O
5 de outubro de 1934 o U. G. T. convoca unha folga xeral que en
Redondela, si ben non foi das vilas nas que houbo máis repercusión,
acabou coa detención do carpinteiro Mingos Fernández “Farrucacho”,
Juan “da Patrona”, Julio Sánchez Cadavieco, o perruqueiro
Antonio Amil e Francisco Darriba. Xulgados en Pontevedra, foron
postos en liberdade grazas ás declaracións de varios comerciantes
que declararon ao seu favor. Outros detidos serían Francisco Muíños
e José Ramón Amoedo da Sociedade Agraria do Viso, que sairían a
rúa baixo fianza pagada por esta entidade.
Unión Patriótica.
En
maio de 1924 convocados polo
Delegado
Gobernativo
e baixo a súa presidencia, reuníronse os alcaldes e secretarios dos
concellos do partido de Redondela, acordando iniciar os traballos de
organización do partido Unión Patriótica para loitar contra
caciquismo. En agosto
dese mesmo ano, anúnciase a constitución en Redondela da xunta de
Unión Patriótica:
presidente, Pedro Otero Milleiro; vice, Manuel Pereira Míguez;
contador-tesoureiro, Avelino Giráldez Pazó (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/giraldez-pazo-avelino-redondela.html
);
secretario, Saturno Cal Muíños; vocais: José María Sanmartín
(cura
de Redondela),
José Sátiro Redondo (cura
de Vilavella),
José Gallego Martínez, Joaquín Pais Llorens e Ricardo Contreras
Valiñas
En
1925 ocupa a presidencia Avelino Giráldez Pazó, que se mantería no
cargo durante catro anos. Representou ao partido na asemblea
celebrada no Concello o 11 de maio de 1927, resultando un dos
elixidos para redactar unha petición ao Goberno co fin de impedir a
supresión do xulgado de Redondela .
En
outubro de 1927, fixéronse os seguintes nomeamentos: Presidente,
Avelino Giráldez; vocais: Pedro Otero Milleiro, farmacéutico; José
Sátiro Redondo Cal, párroco de Vilavella; Saturno Cal Muíños,
propietario e alcalde; Ricardo Contreras Valiñas, vocal de Somatén;
José Pereira Míguez, médico; e Manuel Elías Barros Martínez,
avogado e secretario do Concello.
En
outubro de 1928 anúnciase para o 9 de novembro unha manifestación e
un mitin de Unión Patriótica. Entre os oradores estará José del
Río Jorge administrador da Beneficencia de Vigo, ex-Delegado
Gobernativo de Redondela, ex-Gobernador de León e fillo adoptivo
desta vila. Pola tarde un autobús trasladará a Pontevedra aos
afiliados a Unión Patriótica, co fin de asistir aos actos que alí
se celebrarán. O presidente, Avelino Giráldez, e o alcalde, Saturno
Cal, asistirán o día 13 á manifestación que se celebrará en
Madrid.
En
1929 volta a ocupar a presidencia Pedro Otero Milleiro.
Engadir que cara a 1928 en O Porriño lideraba Unión Patriótica o
notario daquela vila, Javier Alfaya Pérez, quen era natural de
Redondela.
Unión
Regional de Derechas (U. R. D.)
Integrado
n a Confederación Española de Derechas Autónomas (C. E. D. A.).
O 21 de abril de 1932, a mestra Carmen Bermúdez Otero presenta un
mitin de Victor Lis en Redondela.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
SEREN
Nº3. Os Eidos: “A vila
dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.
Ernestina Otero Sestelo.
Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.
Redondela, crónica dun
tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo.
Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.
Galeguismo e sociedade na
Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do
Castro.
Arredor
de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López
e Roberto Gil Moure. 2003.
Tierra Gallega (Uruguay),
Diario de Galicia (Santiago),
A prensa en Redondela.
Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Galiciana> El Pueblo
Gallego, El País, El Progreso, El Heraldo Gallego, La
Correspondencia Gallega, Diario de Pontevedra
La Voz de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario