domingo, 9 de enero de 2022

Emigración. De Redondela a Arxentina.

1909, comisión de "Unión Redondelana". Consello da Cultura Galega.

 

        Na segunda metade do século XIX e principios do século XX prodúcese unha forte emigración galega a Arxentina, Brasil e Uruguai como principais destinos. Como vimos noutra entrada do blog, para os redondeláns un dos principais destinos de Arxentina sería Villa María. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/12/redondelans-en-villa-maria-arxentina.html )


        Outras poboacións onde se asentarían os nosos veciños serían Córdoba, Buenos Aires e Rosario.

        Noutro apartado tamén falamos do indiano Concepto López, natural de Vigo, quen despois de facer fortuna en Arxentina mercou o Pazo de Torres Agrelo. (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/12/concepto-lopez-lorenzo-vigo-18reboreda.html )

        Coma sempre que tratamos a emigración é moi difícil ofrecer datos de todos os veciños e veciñas de Redondela que emigraron a Arxentina, pero sirva esta pequena recompilación dos datos que vou atopando coma unha homenaxe a todos eles.


        O primeiro emigrante en Arxentina do que atopo datos sería José Antonio Lagos Lojo, nado en Saxamonde en 1762 e falecido en Buenos Aires en 1831, aos 69 anos. Asistente ao Cabildo de 1810. O 16-10-1799 casou en Buenos Aires con María Aniceta Villarino de la Torre. Tiveron cinco fillos e cando menos un deles, Mariano José Blas Lagos Villarino, viaxou a Saxamonde onde casou con Fermina Navajas Cerezo e deixou descendencia.


        No s. XVIII Andrés Paz de la Cruz, natural de Redondela casaría en 1793 na provincia de Buenos Aires con Marí Juana Crespo y Mendoza.


        No século XIX atopo os seguintes emigrantes:

- Marcial Míguez, emigra a Buenos Aires en 1856. En 1860 a súa esposa Rosa Lamas seguía en Redondela. A finais de 1892, o cura de Redondela recibiu de Buenos Aires unhas “magníficas sacras” e un atril, regalo do seu amigo Manuel Míguez Lamas. Cabe a posibilidade de que sexa fillo dos anteriores.

- O 9 de marzo de 1875, saía do porto de Rio de Janeiro con destino ao Rio da Prata o barco “Savoie” con máis de 380 pasaxeiros en tránsito, entre eles viaxaban tres redondeláns: Eulogio Milleiro Miguez, José María Milleiro e Serafín Tojeiro Queimaliños.

- Manuel Adolfo Boullón, natural de Santiago de Compostela e casado en Redondela con Canstancia Dionisio Pombo emigra a Arxentina a finais do s. XIX. No barco iniciaría unha relación con outra muller e remataría sendo acusado de bigamia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/bigamia.html )

- Ramón Bula Álvarez (Red. 20-11-1861/ Reboreda 1-2-1943). Emigrou a finais do s. XIX. Con el reunirase tempo despois a súa esposa, nacendo naquel país a súa filla Rita. En Arxentina comezou traballando na cociña do Hotel España e acabou sendo copropietario do mesmo. Xuntou un importante capital, posuíndo varias casas naquel país. De regreso en Redondela construíu unha casa en Reboreda e rexentou unha tenda de viño. Formou parte da directiva da Beneficencia e da Comisión para as axudas que o Centro de Redondela en Arxentina enviou en 1932.

- Tomás Orge Lago. Despois de moitos anos en Buenos Aires regresou a Redondela, onde faleceu en 1898.

- Antonio Sampedro (Red. 1852-La Carlota (Arx.), 1891). En 1875 casou en La Carlota (Arx.) con Ramona Burgos.


Emigración a Arxentina na 1º metade do s. XX

No Nadal de 1908 os emigrantes de Redondela en Buenos Aires envían a cantidade de mil pesetas para repartir entre os pobres.


        En agosto de 1909 créase en Bos Aires a Unión Provincial de Residentes de Pontevedra. Na súa directiva e como representante de Redondela estaba Enrique Martínez. En 1911 elixiuse nova xunta directiva, sendo nomeado polo noso distrito Alejandro Caballero.


        En 1910 o xornal de Redondela La Idea. Semanario Independiente, anuncia como correspondentes en Arxentina a: en Buenos Aires, Paulino Lamas; en Villa María (Arxentina), Silverio Bermúdez; en Rosario, José Gracía Darriba.


        O 5 outubro de 1912 procedente de Río de la Plata e con escalas en Brasil e Lisboa, chegou a Vigo o transatlántico Aragón da Mala Real Inglesa. Durante a travesía faleceron dous pasaxeiros de enfermidade común: o pasaxeiro de terceira clase José Pérez, de oficio fogoneiro e natural de Chapela, e un neno de corta idade fillo dun matrimonio que viña a Vigo en primeira clase. Os dous cadáveres foron arroxados ao mar.


 

Zarzuela "Redondela enxebre", 1932. Vida Gallega


Hijos de Redondela y su distrito

        O primeiro intento de crear unha asociación de redondeláns foi en 1909 coa Unión Redondelana, pero por falta de adhesións esta iniciativa non chegou a bo porto. Daquela constituírase unha comisión formada por: presidente, José Fernández; vicepresidente, Paulino Villar; secretario, Jesús Prego; pro-secretario, Camilo Fervenza; tesoureiro, Luciano Crespo; pro-tesoureiro, Genaro Rivas; depositario, Juan Míguez; e vocais: José García, Manuel Fervenza, Juan Queimalños, Joaquín López e Manuel Bértola.


        En xaneiro de 1913 publicouse un manifesto polo que os veciños residentes de Redondela e o seu distrito en Buenos Aires para constituírse en “Centro Pro-Cultura y Protección de los Hijos de Redondela y su Distrito, entre os asinantes figuraban: José Fernández, Paulino Villar, Jesús Prego, Camilo Fervenza, Luciano Crespo, Genaro Rivas, Juan Miguez, Fernando Docampo, Antonio Fernández, Isidoro Otero, Manuel Fervenza, Benito Rivas, José García, David J. Rivas, Leodegario Bujones, David Cortizas, José Estévez, Manuel Crespo, Serafín Acuña, Emilio Pena, Valentín Rodríguez, Juan Lago, Manuel Sáa, José Cal, Lorenzo Cal, Francisco Paz, Narciso Criado e Enrique Nogueira. A Secretaría instalouse na rúa Humbolt nº 2280, de Palermo (Buenos Aires).

        Pouco despois, en marzo de 1913, nun acto celebrado no salón da sociedade italiana “Lago di Como”, celebrouse a elección da primeira xunta directiva de Hijos de Redondela y su Distrito: José Fernández, presidente; Crisanto Bula, vice; Jesús Prego, secretario; Genaro Rivas, pro; Juan Miguez, tesoureiro; Luciano Crespo, pro. Vocais: 1º J. David Rivas, 2º Isidoro Otero, 3º Fernando Docampo; 4º Leodegario Bujones; 5º David Cortizas. Revisores de contas: Manuel Muíños, Francisco Martínez e Luis Esteiro. No acto recibiron aplausos o xornal Nova Galicia, Fernando González, xornalista en Río de Janeiro que estivera emigrado en Arxentina (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/fernando-gonzalez-gomez-rey-chiquito.html ). Tamén se leron as cartas de adhesión das señoritas redondelás Carmen e Sofía Iglesias, que serían as primeiras asociadas. A Secretaría instalouse na rúa Serrano 1267. Remataron a Asemblea facendo un chamamento a todos os de Redondela de calquera lugar de América para que se puxeran en comunicación coa sociedade e cooperaran para fortalecela como socios e con doazóns para lograr os fins fixados.

        Axiña contarían co seu propio local, e o 27 de setembro de 1913 tiña lugar unha velada para inaugurar o “Centro de Cultura e Protección Fillos de Redondela” na rúa Sáenz Peña 242.

 

Crisanto Bula. Vida Gallega
Crisanto Bula. Vida Gallega

            

        Da anterior directiva, Crisanto Bula Figueroa, era o Presidente do Centro Fillos de Redondela en 1914. Naceu en Redondela aproximadamente en 1885, era fillo dos xa citados Ramón Bula Álvarez e de Emilia Figueroa Miguez. Casou en Redondela con Leonor Contreras Valiñas o 16 de xullo de 1913. Baixo o seu mandato recadáronse fondos para repatriar a varios redondeláns necesitados, creándose unha comisión formada por Ramón Bula, José R. Cabaleiro e Fausto C. Míguez. En xuño de 1914, celébrase un festival de teatro e música, tocándose entre outras dúas pezas de Reveriano Soutullo, interpretadas pola orquestra da sociedade, os solistas José Táboas e Arturo Fernández e o gaiteiro Jesús Seijo.

        O citado Crisanto Bula Figueroa, naceu en Redondela aproximadamente en 1885, era fillo de Ramón Bula Álvarez e de Emilia Figueroa Miguez. Casou en Redondela con Leonor Contreras Valiñas o 16 de xullo de 1913.

 

José Clemente Sobral. Nova Galicia
José Clemente Sobral. Nova Galicia

                  O 17 de marzo de 1915 foi nomeado presidente Juan Míguez, que seguiu na liña de axudar aos necesitados nunha crise na que escaseaba o traballo.

        En agosto dese mesmo ano de 1915 accede á presidencia o escritor e poeta José Clemente Sobral. En outubro homenaxea cun xantar aos líderes agraristas Basilio Álvarez e Manuel Lustre Rivas.

        No mes de febreiro de 1916 a sociedade tiña a súa sede na rúa México 2963, cando é nomeado presidente Jesús Prego, quen se adicou a buscar novos asociados e recadou fondos para enviar a Redondela en axuda ás familias de cinco mariñeiros afogados preto das illas Cies.

        Finalmente a sociedade disolveuse en 1918 por falta de colaboradores, apesares dos esforzos de Darío Hermida, que fora elixido presidente en marzo.

Juan Queimaliños Castro. Vida Gallega
Juan Queimaliños Castro. Vida Gallega

            Intentouse unha reorganización en 1923 encabezada por Jesús Prego. Sete anos despois reinícianse estes traballos e, xa no mes de xuño de 1930, anúnciase: “Para as familias dos náufragos dos vapores pesqueiros, recibíronse 2.570 pesetas enviadas desde Bos Aires, polo Centro de Redondela en Arxentina e o seu distrito”; pero non será ata novembro que se nomea unha comisión xestora formada por: presidente, Juan Queimaliños; vicepresidente, Manuel Muíños; secretario, Manuel Díaz; pro-secretario, José Iglesias; tesoureiro, Venancio Díaz; pro-tesoureiro, Luciano Crespo; vocais: José Rodríguez, Eudoro Táboas, Camilo Fervenza (fillo), Manuel Crespo e Bernardino Domínguez. As reunións celébranse na casa cedida polo socio José Iglesias.


        Co nomeamento como presidente de Manuel Muíños, en abril de 1931, dáse por concluída a reorganización do Centro de Redondela y distrito. O 10 de xaneiro de 1932 este centro organiza unha festa campestre no recreo “Los Álamos”, sendo amenizada pola orquestra Apolo. O 29 de maio, baixo a presidencia da comisión de festas de Rafael Fontenla Camiña, celebran a Festa da Coca cun festival no que se presentou a revista da sociedade: “Redondela enxebre”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/teatro-en-redondela.html ). En xullo dese mesmo ano este centro doará ao Concello de Redondela 1.000 pesetas para material escolar, avisando que enviarán 2.000 máis. A finais de ano entra na presidiencia José García, que será reelixido ao ano seguinte. Seguiranlle no cargo Juan Queimaliños (1935-37), Álvaro García Hortas (1937-1939), Leodegario Bujones (1939-42), José Barcia (1942-43), Ruperto Táboas (1943-45), José Barcia (1945-46), José Rodríguez (1946-1948).



Rafael Fontenla Camiña. Vida Gallega
Rafael Fontenla Camiña. Vida Gallega


        En 1948 directiva estaría formada por: presidente Luciano Crespo; vicepresidente, Leodegario Bujones; secretario, Ramón Varela; pro-secretario, Francisco Míguez; tesoureiro, Seraafín Pérez; pro-tesoureiro, José Docampo. Vocais: Manuel Pérez, Santiago Barreras, Pinto Cal, Modesto Queimaliños, Jacinto Cal e Antonio Queimaliños. Suplentes: Manuel Míguez, Francisco verde, Carmelo Puga, Rogelio Santullo, Cándido Nieves e Rufino Méndez. Revisadores de contas: José Rodríguez, Serafín Corujeira e Juan Docampo.

        Ese mesmo ano a Comisión de Festas a compoñen: Presidente, Francisco Míguez; secretario, Jacinto Cal e tesoureiro, José da Cal. Colaboradores: Manuel Pérez, José Docampo, Fermín Puga, Manuel Míguez, Piato Cal, Francisco Verde, Santiago Barreras, Juan Cal e Jesús Cal. Comisión de señoritas: Gloria Cal, Carmen Varela, Benedicta Blanco, Rosa Crespo, Rosa Pérez, Manuela Queimaliños, Elisa Lago, Josefa Lago, Emilia Otero, Eulalia Lago, Chola Amoedo, Olga Amoedo, Josefina Villar, Amparo Pérez, María de los Ángeles Domínguez, Aida Puga e Rita Otero.

        Tamén en 1948 entrarían como novos socios: Cándido Prego, Emilia Otero, Carmen Varela, Benigno Varela, Laura Amoedo, Fermín Amoedo, Benedicta Blanco, Leodegario Barrera, Óscar Di Paoli, Tomás Alfaya, Vicente Crespo, Rita Otero, Constante Balado, José Míguez, Nieves Queimaliños, Ramona Míguez, Agustín Míguez, Américo Míguez, Alfonso Iglesias, Leonardo Viñas, Esteban Agulla e Rosa Pérez.


Directiva de 1948. Arquivo do Consello da Cultura Galega

        Outros emigrantes a Arxentina serían:

Francisco Alfaya Blanco. Emigrou cara a 1920.

Eugenio José Alfaya Pérez. Nado en Redondela en 1877. Emigrou a Buenos Aires.

Antonio Alonso Álvarez. En 1933 regresa de Buenos Aires con Francisco Pena, tamén veciño de Redondela, para pasar uns días cos seus parentes señores Álvarez-Blanco en Malvás (Tui).

Ángel e Jacinto Cal Paz: Emigrados en Buenos Aires, visitan Redondela en 1925.

Alfredo Camiña Martínez “Desenvaina”. Emigrou a Arxentina e regresou a Redondela onde se converteu en garda municipal, recibindo o alcuño por ameazar aos rapaces co sable.

Félix Casal Campo. Veciño da Rúa Ribero (actual Reveriano Soutullo). Emigrou a principios dos anos 30 a Arxentina. Apesares de que pertencera ao Grupo Galeguista, volveu para loitar no bando Nacional, acadando o grao de sarxento. Despois da guerra marchou a Uruguai e posteriormente volveu a Arxentina. Faleceu en General Roca (Arxentina), 1964, aos 47 anos.

Serafín Corujeira Fernández. Emigrou nos anos 20-30, seguindo o mesmo destino os seus irmáns: Francisco, Victoriano, Luis e Zoilo Corujeira Fernández.

Francisco Crespo Rivas. Estivo emigrado na Arxentina na década de 1870, onde traballou como procurador e colaborador na prensa. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/francisco-crespo-rivas-n-redondela-f-29.html )

Severo Crespo Rivas. Irmán do anterior. Faleceu en Buenos Aires en 1930. Naquela cidade desempeñou durante moitos anos o cargo de notario público.

J. Docampo. A finais dos 40 rexentaba cos seus fillos un almacén de comestibles e o Bar Warnes.

Santiago Docampo. Propietario, nos 40, dunha tenda de electricidade e radio.

Juan Domínguez. Perito agrónomo, embarcou para Buenos Aires en 1926.

ChiribíExrtremadouro. Fillo de Nicolás Extremadouro e Dolores “a Cacaracá”

José Fernández. Nos 40 en Belgrano vendía xeados e bebidas en Lunch La Marquesita.

Manuel Fernández. En Buenos Aires rexentaba nos 40 a confeitería e panadería La Condal.

Antonio Fernández Esteiro. Industrial establecido en Arxentina. A finais de 1931 casou en Redondela con Rosa Alfaya Docampo.

Faustino Fernández Esteiro. Residía en Buenos Aires en 1924, correspondente de Tramancazos.

Camilo Fervenza Orge. Nos 40 propietario da reloxería-xoiería Casa Orge.

Campio J. Fervenza. En 1948 anúnciase a empresa de transporte Sucesión de Campio J. Fervenza.

Juan Fuentes Pérez. Despois dunha tempada cos seus familiares en Buenos Aires é agasallado cunha cea no Hotel España en febreiro de 1930.

Álvaro García Hortas. Nos 40 tiña un bar e un almacén de comestibles.

Celedonio Gómez Figueroa. En 1927, este xove redondelán residente na Rep. Arxentina enviou once medallas de prata para que foran disputadas entre os equipos locais Betis e España, reforzados polo once do Redondela F. C. Vence o Betis 6-0.

Benigno F. González. Emigrante en Buenos Aires realizou grandes aportes económicos á súa parroquia natal. Trasmañó. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/gonzalez-benigno-f-trasmano-emigrante-e.html )

Manuel Lago Otero (Saxamonde). Cura catedrático do Seminario Conciliar de Tui ascendido ao Diaconado en 1886. En 1922 párroco de General Paz (Arxentina). Probablemente sexa o mesmo Manuel Lago que colabora con Casto Sampedro no Cancioneiro aportando composicións como: “Sajamonde. Antiguos reises” ou “Sajamonde. Aninovo.” . (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html )

Claudio López Lago (O Viso). Emigrou a Arxentina cara a 1905. En 1927 volve a visitar o Viso coa súa esposa e filla, embarcando pouco despois cara a Cuba.

José Manuel Loureiro Pérez “O Corviño”. Emigrou a Arxentina no 1928 deixando en Redondela á súa esposa, Genoveva González Tojeiro “dos Pé de Pote”, natural de Cesantes, embarazada e cun neno de 5 anos. A reunificación non se faría efectiva ata 1952 cando a familia marcha a Arxentina.

Carmen Martínez (Redondela). En abril de 1913 casou en Buenos Aires co comerciante Juan González.

Bernardino Míguez Blanco (Redondela). Capitán do primeiro equipo da vila, o Redondela Foot-ball Club, fundado en 1907, poucos meses despois tivo que emigrar a Arxentina. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-equipos.html )

Jose Manuel Míguez Blanco (Redondela). En 1929 volveu a visitar Redondela, sendo homenaxeado no salón que fora do Círculo Mercantíl. En 1933 faleceu en Buenos Aires por complicacións despois dunha operación de garganta.

José Manuel Míguez. Cara a 1909 emigra a Arxentina. En 1928 embarcará no vapor Sierra Ventana, para visitar Redondela despois de 19 anos de ausencia. Daquela era secretario do Club Español. NOTA: Cabe a posibilidade que sexa o mesmo que o anterior.

 

José Manuel Míguez. Céltiga
José Manuel Míguez. Céltiga


Navidad María Miguez Lopez (Cedeira). Emigrou a Arxentina con 14 anos, cara a 1904/1906. Era filla de José Miguez Domínguez e Serafina López. Curiosamente as súas irmás emigrarían a Brasil.

Manuel Míguez. Nos 40 en Buenos Aires tiña un negocio no que vendía libros, xoguetes e reparaba calzado.

José, María, Antonia e Manuel Miguez Novás. José naceu o 06.10.1891 e marchou á Arxentina entre 1917-1920.

Teodoro Orge Esteiro “Povedo”. Comerciante establecido en Buenos Aires visita Redondela coa súa familia en 1949.

José Otero Lamas. Comerciante en Pergamino (Buenos Aires) remitiu en 1926 ao alcalde de Redondela, Saturno Cal, 200 pesetas para a Asociación de Beneficencia.

Serafín Paradela. Socio fundador e varias veces membro da directiva de Hijos de Redondela y su distrito. Faleceu en Buenos Aires en 1948.

Plácido Paz Gómez. Comerciante establecido en Arxentina, que faleceu en Buenos Aires en 1940.

Emilio Pena Villasuso. A finais de 1906 regresa a Redondela falecendo uns meses despois.

Cándido Pérez Giménez. Nado en 1888 en Redondela, emigrou a Arxentina a principios do século XX. Fillo de Juan Perez e Ramona Giménez.

Ramón Pérez Soto. En 1917 aparece como socio da sociedade Unión Galaica que funciona en Buenos Aires cun capital social de 300 millóns de pesetas. Esta empresa é a primeira accionista nos ferrocarrís de Chile e Colombia, ademais de propietaria das minas de Copiapó nos Andes. Nese ano de 1917, adquiriu os planos do trazado da liña férrea de Ourense á fronteira portuguesa para continuar os traballos de construción.

Ángel Puga Martínez. Nos anos 40 era propietario dunha tenda de roupa en Arxentina.

 

Fillos de redondeláns en Arxentina en 1948. Consello da Cultura Galega

 

 

Segundo “Chicuelo” Puga Martínez. Moi novo emigrou a Buenos Aires, de onde regresou en 1923 para contraer matrimonio. Mestre e destacado deportista (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-os-precursores-futbolistas-da.html ), volvería a emigrar a Arxentina en 1949 acompañado pola súa familia. Pouco antes de xubilarse, en 1967, volvería a Redondela para solicitar unha escola, co fin de ter dereito a unha pensión, a cal non chegaría a desfrutar ao falecer pouco despois da súa chegada.

Caridad Queimaliños. Viúva de José Fernández, primeiro presidente de Hijos de Redondela y su distrito. Faleceu en Villa Ballester (Arxentina) en 1948, aos 80 anos.

Juan Queimaliños Castro. Secretario de Hijos de Redondela y su distrito en 1931. Dous anos antes celebrara un banquete en Redondela para celebrar a construción na Rabadeira da súa nova casa. En 1926 cedeu unha copa de prata para celebrar un campionato a dous partidos a celebrar nas festas da Coca, o xoves e o domingo, o Redondela FC e o Eiriña, de Pontevedra, contando con 3 reforzos cada un.

Agustín Rodríguez. En 1902 os lectores do xornal redondelán La Idea en Buenos Aires poden abonarlle a el a subscrición.

Prudencio Rodríguez Fernández. Natural de Redondela, en 1913 sería internado en un Asilo de alienados en Buenos Aires.

¿? Serín. Viúva emigrada en Buenos Aires en 1927, cando o seu fillo de 9 anos, Claudio Pintos Serín, faleceu ao ser atropelado por un coche na Ribeira.

Manuel Soto (O Viso). Violinista formado no conservatorio D'andrea, de Buenos Aires, que foi acompañado ao piano polo profesor de música do Colegio de P. P. Jesuítas, de Vigo, José Iglesias nunha actuación celebrada en 1925 durante unha velada teatral no local da Sociedade Agraria do Viso.

Soutullo. Varios membros desta familia emigraron a Arxentina.

Manuel Soutullo. Nos 40, propietario do almacén de comestibles El Océano.

Prudencio Suárez Míguez. Fillo de “Xan Xan”. Estableceuse en Arxentina onde casou con Corina Walter.

José Táboas Acuña (Cesantes).En xaneiro de 1924 aparece citado como concelleiro de Redondela e en novembro regresa de Arxentina polo que tan só debeu residir uns meses naquel país.

Justo S. Tojeiro. Propietario nos 40 en Belgrano da Casa Hylda, tenda de zapatos e téxtil.

Bienvenido Américo Ucha Puga. Estudante de Menciña, de 19 anos, faleceu en Buenos Aires en 1935. Era fillo de Bienvenido Ucha e Saladina Puga.


        Despois do golpe de estado militar que provocou o inicio da Guerra Civil, Arxentina volve a converterse nun dos principais destinos, neste caso para os exiliados, e nos anos 50 para outra ola de emigrantes en anos de fame e penurias.

        Desta época como curiosidade podemos citar a participación do redondelán Francisco Cayetano Martínez na fundación do equipo de fútbol Club Deportivo Español: https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/francisco-cayetano-martinez-un-dos.html



Grupo que bailaba a Danza das Espadas nas festas do Centro de Redondela y su Distrito. Anos 40. Consello da Cultura Galega.

Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

SEREN

Nº3. Os Eidos: “A vila dos mortos”. J. A. Orge Quinteiro.

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga. Manuel Puga. Ed. do Castro, 1992.

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.

As vilas de Redondela nos tempos do Catastro de Ensenada: Xoán Miguel González Fernández. Ed. Concello de Redondela.

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.

La Idea

O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, Nova Galicia, El Ideal Gallego, Diario de Galicia (Santiago), La correspondencia gallega, El Eco de Galicia, Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, El Correo de Galicia, La Idea, El Noticiero de Vigo, La Integridad, El Progreso, El Diario de Pontevedra, Gaceta de Galicia, El Heraldo Gallego, Céltiga, El Regional, La Integridad

Biblioteca Nacional de España www.hemerotecadigital.bne.es=> El Sol (Madrid), El Correo Militar, El Liberal, La Correspondencia de España.

Faro de Vigo

Gaceta de Madrid

ABC: http://www.abc.es/hemeroteca

http://www.csbg.net/ :

www.egu.es

https://www.geni.com/people/Jos%C3%A9-Antonio-Lagos-Lojo/6000000000462139377

https://www.genealogiafamiliar.net/getperson.php?personID=I182037&tree=BVCZ

http://geneanet.com

https://emigracion.xunta.gal/comunidade-ga/raiz/informacion-sobre-candido-perez-gimenez-redondela-pontevedra

Aportes: Celso Milleiro, Gonzalo Amoedo Diego Antonio Farto San José, Alfonso Calvo, Carmen María Fernández Núñez e Paola Arrojo.

La Idea

Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario