1966-67 Escola de Paulina. Foto cedida por Pilar Couñago Couñago |
1.800 ao 60 a. C. (Idade de Bronce): Nesta parroquia aparecen numerosos petróglifos, sendo moi relevantes as representacións de escenas de monta. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/ruta-das-pedras-e-petroglifos-de.html )
1497. Ventosela xa aparece coma un anexo de Reboreda.
1786, 11 de Novembro. O Bispo de Santiago de Compostela, Domingo Fernández Angulo, separa de Reboreda a capela de San Martiño de Ventosela xunto cos lugares de O Castiñeiro e Vilar do Mato, creando unha parroquia independente.
1799, 10 de setembro. Adxudícase a construción da igrexa de San Martiño de Ventosela a Manuel Solla, veciño de San Martiño de Burela para a que deberá aproveitar os materiais da capela precedente. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/igrexas.html )
1802, 27 de Marzo. Juan Manuel Pereira, señor de Reboreda e patrón do beneficio de Ventosela, solicita ao Bispo de Santiago a aprobación dos planos para a construción da casa parroquial.
1809. Guerra da Independencia dos Franceses. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1809-guerra-da-independencia-dos.html )
1845, Diccionario Madoz. Primeira referencia á existencia de muíños na parroquia pero sen especificar o número. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html ) Na actualidade teño recollidos 4 muíños. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html )
1901, xuño. Apróbase o regulamento da Asociación de Propietarios y Agricultores de Reboreda, Quintela y Ventosela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/sociedades-agrarias.html )
1909. Constrúese o cemiterio parroquial.
Anos 20-30. Os bolos celtas son moi populares na parroquia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/deporte-xogos-tradicionais.html )
1952. Toma posesión como mestra de Ventosela, Paulina Sánchez Otero, promotora de numerosas actividades como teatro, ballet, panxoliñas... (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mestres-as-ata-mediados-do-s-xx-m-z.html )
1956, 6 de xullo. O Gobernador Civil inaugura a escola de Ventosela. Logo Trasládase á Redondela onde fai o propio co edificio do Concello e a Praza de Abastos.
Inauguración da escola. El Pueblo Gallego |
1971: O Concello cede terreos en Ventosela á institución Aldeas Infantiles S. O. S. por iniciativa de Rita Regojo.
Anos 90. Comeza a celebrarse a Homenaxe a Led Zeppelin, primeiro festival de música rock na parroquia.
Festa en Ventosela, 1983. Foto: Félix Cal |
2002. Un camión golpea o Cruceiro do Lombo, a desidia polo noso patrimonio levaría á súa desaparición. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/cruceiros-desaparecidos.html )
2007. Juan Puertas Bouzón debuta na máxima categoría de fútbol sala co Leis de Pontevedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/futbol-sala.html )
2008. Organízase o I Festival Vento-Rock. En 2012 ampliaríase a oferta co I Concurso de Bandas Locais e posteriormente co Vento Folk.
2010. A Asociación de Veciños de Ventosela pon en valor a Ruta das Pedras. As sinalizacións son destruídas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/ruta-das-pedras-e-petroglifos-de.html )
2012. Gonzalo Figueroa Couñago e a súa cadela U-La acada o 3º posto no Campionato do Mundo de Obediencia FCI. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/deporte-con-animais.html )
2018. Deixa de celebrarse o Vento Rock.
2019. Colocación de nova sinalización na Ruta das Pedras realizada por A Citania S. L. con fondos do Concello de Redondela.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Catastro de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).
Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/):
O Señorío da parroquia de Cedeira. X. Miguel González.
Elementos da Prehistoria de Redondela. Xosé Couñago,Asociación Alén Nós.
Os miliarios romanos de Redondela. Jose Antonio Orge Quinteiro
A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. F. Javier Costas Goberna
SEREN
Nº2. Documentos sobre o templo de San Martiño de Ventosela (Redondela). Avelino Bouzón Gallego.
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro
Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses. Xosé Fariña Jamardo, 1996.
Arquivo da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela),...
Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI : con varios apéndices...... (1829) - González, Tomás (1780-1833). Madrid : en la Imprenta Real, 1829
España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.
El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas. Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016
1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto
1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia.
José Luís Lamigueiro©, fuente: Pedro de Barcelos http://www.xenealoxiasdoortegal.net/
https://foros.xenealoxia.org>Serba
Faro de Vigo
Aportes: Xurxo Constela (A Citania S. L.), Gonzalo Amoedo.
Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro
Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy
No hay comentarios:
Publicar un comentario