martes, 25 de julio de 2023

Emigración: Redondeláns en varios países de América.

 

Agardando para embarcar, Vigo. Postal.

Como xa vimos, os principais destinos da emigración redondelá a América foron Brasil (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/emigracion-de-redondela-brasil.html ), Arxentina (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/emigracion-de-redondela-arxentina.html ) e Estados Unidos (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/06/redondelans-en-estados-unidos.html ), se ben este último nun período máis acoutado de tempo. Tamén falamos de Cuba (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2023/07/emigracion-redondelans-en-cuba.html ) e México (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/11/emigracion-de-redondela-mexico.html ), pero como veremos a continuación non foron estes os únicos países daquel continente ao que chegaron os nosos paisanos.


Bolivia

José Jiráldez Valdivieso. N. en Redondela B. 16-4-1656 en Redondela. Capitán. Secretario de Cámara de la Real Audiencia Charcas (actual Sucre (Bolivia)). Alí casou e tivo descendencia.



Chile

Gregorio González Blanco. Fillo de José González (Oubiña) Blanco (B. Red. 18-3-1657) casado en 1713 con Ana Pérez Alonso. En Santiago de Chile casou en 1750 con Margarita de los Alamos de Vieira y Acebedo. Foron bisavós de Domingo de Santa María González de los Alamos, presidente de la República de Chile (1881-1886).

Antonio Carballo (Redondela, Pontevedra, ?) Era xenro dun socialista de Vigo que foi tenente alcalde no ano 1936. Estivo exiliado preto de Valparaíso en Chile onde tiña un hostal.


Colombia

Pedro de Cerezo. Nado en Vilavella onde foi bautizado o 12-9-1733. Residente en Cartago en 1783.

Enrique Pereira Ibáñez. Doutor en Ciencias Químicas e industrial con residencia en Vigo. Como o seu pai foi encarcerado, neste caso en Pontevedra. En xuño de 1950 é posto en liberdade, tendo que acudir todos os meses a asinar ao xulgado ata que o 1-6-1956 causou baixa por traslado a Vigo. En 1960 saíu para Colombia para facerse cargo da dirección dunha empresa metalúrxica.


Guatemala

Juan Antonio Araújo, casado con Francisca de la Bamitma, eran veciños da cidade de Nova Guatemala no século XVIII. O seu fillo Carlos Araújo casou con Rosalía Núñez de Araújo e eran veciños de Vilavella. En Redondela nacería o seu fillo Carlos Jacinto Araújo Núñez en 1804.


Panamá
Juan Prego. En 1535 é autorizado a viaxar a Nombre de Dios (Colón-Panamá).


Paragüai

Juan Rodríguez Cotta. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/rodriguez-cotta-juan-vilavella.html )

Manuel González Táboas (Redondela, 1911). En 1928 era presidente do Casino Español de San Lorenzo de C. Grande (Paraguai).

Manuel González Táboas (N. Redondela cara a 1876). Fillo de Angel Gonzalez (N. Teis (Vigo)) e de Teresa Táboas “La Trona” (N. Redondela cara a 1850). Emigrou a Paraguai e os seus descendentes están repartidos por Paraguai e Argentina.


Puerto Rico

José Rivas Romero. Fillo de Francisco Rivas Chispas e Mª Tomasa Romero Figueroa. Gobernador de Mayagüez (Puerto Rico) na primeira metade do s. XIX.

Felipe Ramón Cordero Carrete (Redondela 4-3-1894). Con dous anos marchou a Puerto Rico, de onde era orixinario o seu pai, quen se licenciou en Menciña en Santiago, onde casou. Felipe Ramón foi membro do Seminario de Estudos Galegos, do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/cordero-carrete-felipe-ramon-redondela.html )


Santo Domingo

Juan Navarro, natural del Redondela, é autorizado en 1539 a residir en Isla Española (Santo Domingo).


Venezuela

A mediados do século XX había unha nutrida de redondeláns en Venezuela, realizando en 1958 un aporte colectivo de fondos para axudar á construción de melloras no campo de fútbol de Santa Mariña. Acadouse a cifra de 26.466 pesetas, colaborando: señorita Milagros Villasante Pérez, señorita Aurora Pazos, señorita Rogelia Villar Alonso, Manuel Pazos, Andrés Villasante, Jacinto González, José Figueroa, Manuel Figueroa de la Iglesia, Manuel Núñez Otero, Manuel Senra e Delfín, Luis e Jaime Dacosta de la Iglesia.

Outros redondeláns en Venezuela naqueles anos serían:

Domingo Tojeiro Esteiro Mingos Peixiño”. En 1956 volve a Caracas despois de visitar Redondela. Anteriormente estivo emigrado en Brasil.

Roberto Pérez González “Radar”. Industrial establecido en Venezuela nos anos 50-60.

Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Diccionario Hispano de Apellidos y Blasones. Tomo III

Biblioteca del Congreso Nacional de Chile. https://www.bcn.cl/historiapolitica/resenas_biograficas/wiki/Domingo_Santa_Mar%C3%ADa_Gonz%C3%A1lez

La formación del pueblo puertorriqueño Estela Cifre de Loubriel. Editorial de la Universidad de Puerto Rico, 1989. ISBN 084770887X, 9780847708871

Cuadernos de Estudios Gallegos. Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1972

O cemiterio dos Eidos da vila de Redondela. Xosé Manuel Moreira Docampo. Concello de Redondela, 2022.

Crónicas de la emigración. Gallegos en Cuba. Individualidades: su huella imborrable en una Nación. Mario Luis López Isla.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Vida Gallega, El Centinela de Galicia

La Opinión, El Compostelano, La Noche

Pares. Portal de Archivos Históricos de España.

Aportes Celso Milleiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario