| 1935 Rande. Foto cedida por Chelo Lago Ct |
(Ver 1ª parte https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/02/historia-da-parroquia-de-cedeira-1-de-2.html )
1944. A Casa das do Ceo convértese en Albergue feminino para cumprir o chamado “Servicio Social de la Mujer”. Realizábase nos meses de verán e duraba dous anos. Entre as súas alumnas estivo a filla do ditador Carmencita Franco Polo, si ben é certo que ela se aloxaba na casa do Gobernador Civil, Ponce de León. No segundo ano veu acompañada da súa nai, Carmen Polo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/colectivos-e-asociacions-da-postguerra.html )
1944. Otto Gerdtzen Boyé, merca unha conserveira en Rande. Terá o o nome comercial de Conservas Boyé e será coñecida popularmente como a Fábrica do Alemán. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )
1954, finais. Unha disposición gobernamental dispón que se considere zona reservada para a caza os montes da parroquia de Cedeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/historias-de-caza.html )
1956. Fúndase Peña Los Dragones. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/as-penas.html )
1960. Iniciase en Rande a construción do Cargadoiro de mineral de “Minero-Siderúrgica de Ponferrada S. A.”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/cargadoiros-de-mineral.html )
1962. Os lobos causaron grandes prexuízos en Negros e Cedeira, matando a trinta ovellas e multitude de galiñas.
1969. Obra de condución de auga desde a presa de Eiras (Calvos-Fornelos de Montes) ata Vigo. A tubaxe cruza 9 das 14 parroquias do Concello de Redondela, entre elas Cedeira.
| 1970 Mercado de berberechos na Portela. Foto: Magar-Faro de Vigo |
1977, maio. O veciño de Cedeira, Clemente Fernández Sáa, atópase entre os detidos nunha mobilización en Santiago de obxectores de conciencia que se opoñen ao servizo militar. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/04/servizo-militar-obxeccion-e-insubmision.html )
1978, 20 de outubro. Tres nenos de Cedeira salvan a vida despois de caer desde o viaduto de Pontevedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/07/a-caida-desde-o-viaduto-de-pontevedra.html )
1980. Constrúese a escola.
Anos 80. Comeza a celebrarse a Marcha Ciclista organizada polo Centro Recreativo de Cedeira.
1981. É nomeado párroco de Cedeira e Trasmañó Waldo García Romero, cura progresista que se nega a confesar e que da as misas en galego. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/curas.html )
1981. Fúndase o club de fútbol e fútbol sala Casa Paco, que co tempo pasará a ser coñecido como Grupo C. P. 81.
1982. José Antonio Amoedo Barciela, convértese no primeiro redondelán en completar unha maratón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/atletismo.html )
1982. Celébrase o I Campionato de San Bernardo de Fútbol Sala na pista da escola.
1984. Os traballadores de Fernández Colmeiro péchanse nas súas instalacións reclamando os salarios endebedados. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/industrias-quimicas-e-metalurxicas.html )
1987. Jorge Javier Piñeiro Rodríguez proclámase campión galego cadete de ciclismo e foi seleccionado para participar no Mundial xuvenil.
| Rande. Foto: Joaquim Morelló i Nart-Arxiu Fotogràfic Centre Excursionista de Catalunya |
1988, 2 de xullo. Juan Freaza, veciño de Cedeira, é agraciado cun premio de 904 millóns de pesetas na lotería primitiva. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-boa-fortuna-redondela.html )
1989. Inaugúrase o Centro Social, Cultural e Recreativo de Cedeira.
Finais dos 80-principios dos 90. Créase a Rondalla de Cedeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/orfeons-corais-e-rondallas-historia-da.html )
1995. O Centro Cultural de Cedeira repartiu o terceiro premio da Lotería de Nadal en participacións de 250 ptas. pagadas a 600.000 ptas., sendo un total de 943.200.000 pesetas.
1998. Antón Amoedo Giménez proclámase camión galeo de Maratón, revalidaría o título en 2002 e 2003. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/atletismo.html )
Principios do S. XXI. Bibiana “Bibi” Amoedo Cabaleiro e Alba Elvira Araujo Otero xogan na División de Honra de balonmán co C.B. Porriño. (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/balonman.html )
2002, 23 de xuño. Celébrase a voda dunha descendente do Conde de Torrecedeira, asistindo moitos famosos da época. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-voda-do-ano.html )
2007. A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redondela crea a Senda da Auga, seguindo o percorrido das tubaxes que abastecen de auga a Vigo desde a presa de Eiras. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/senda-da-auga.html )
2008. a Asociación Cultural e Deportiva de Rande propón a Fábrica do Alemán para albergar un museo da batalla de Rande. Nace así o Meirande, centro de interpretación da Batalla de Rande.
2008. Un grupo de rapaces constrúen un circuíto de BMX en terreos cedidos pola comunidade de montes.
| Rande anos 30. Cromo da colección España y América Latina |
2010. Construción do Paseo da Portela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/paseo-da-marisma.html )
2012. Preséntase a Coral A Raíña, do Centro Cultural de Cedeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/orfeons-corais-e-rondallas-historia-da.html )
2012. O ciclista Francisco Barciela proclámase campión galego de fondo en categoría Master 40. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/ciclismo-en-redondela.html )
2013. Fabián Ubeira Vidal convértese no primeiro atleta redondelán en completar un Ironman. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/atletismo.html )
2015. Carlos Cabanas Parada completa por terceira vez un Ironman. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/atletismo.html )
2017. A colexiada de Rande, Elena Casal Fernández acadou o ascenso a pitar na Primeira Nacional feminina e na Terceira División masculina. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/futbol-dirixentes-corpo-tecnico-e.html )
2019. A escola taller municipal reforma a rotonda da estrada de Vigo, instalando as figuras de pedra do viaduto de Pontevedra e a Coca.
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Catastro de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).
Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/):
O Señorío da parroquia de Cedeira. X. Miguel González.
Elementos da Prehistoria de Redondela. Xosé Couñago,Asociación Alén Nós.
Os miliarios romanos de Redondela. Jose Antonio Orge Quinteiro
A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. F. Javier Costas Goberna
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro
SEREN
Nº2. Facendo camiño en Cedeira. Dolores Míguez Montes.
Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses. Xosé Fariña Jamardo, 1996.
Arquivo da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela),...
Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI : con varios apéndices...... (1829) - González, Tomás (1780-1833). Madrid : en la Imprenta Real, 1829
España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.
El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas. Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016
1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto
1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy
Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia.
José Luís Lamigueiro©, fuente: Pedro de Barcelos http://www.xenealoxiasdoortegal.net/
https://foros.xenealoxia.org>Serba
Faro de Vigo
Aportes: Xurxo Constela (A Citania S. L.), Gonzalo Amoedo.
Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro
Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3
En
Galiciana-Biblioteca
Digital de Galicia. Xunta de Galicia:
http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
=> Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy, Galicia Diario de Vigo
No hay comentarios:
Publicar un comentario