Coto Fenteira, na parroquia de Cedeira, converteuse nun lugar moi visitado pola colocación do chamado "Mellor banco do Mundo", imitando ao colocado en Ortigueira e que daría pé á “moda” de colocares bancos nos montes. O seu principal atractivo son as súas vistas, dando a sensación de que podes caer na Ponte de Rande.
![]() |
Vistas desde Coto Fenteira. Foto: J. Migueles |
A recente instalación dun área de lecer con mesas por parte da Comunidade de Montes de Cedeira e a proximidade dos muíños do Rego das Cabras ou Río Maior (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html ) , que separa Cedeira de Trasmañó, son outros atractivos da zona. Como boa parte do Monte Mirallo (popularmente Penide), está inzado de restos arqueolóxicos como veremos a continuación:
Xacemento de Coto Fenteira.
No corte realizado para construír un campo de fútbol, que nunca chegaría a rematarse, atopáronse restos cerámicos. Isto demostra a existencia dun antigo asentamento. A diferencia dos castros, na que as vivendas eran construídas en pedra, aquí falaríamos de casas que probablemente serían de adobe (realizadas con barro e madeiras), polo que non existen restos das mesmas.
Mámoa Coto Fenteira: 42.278805705, -8.648388498
![]() |
Mámoa de Coto Fenteira á esquerda do camiño. Foto: J. Migueles |
Petróglifo Coto Fenteira 1: 42.279909194, -8.648473217
Motivo nº1: óvalo de 28 por 12 cm. unido a unha diaclasa natural, podería representar un machado con mango.
Motivo nº 2: figura sen forma concreta, tamaño aproximado de 55 por 45 cm.
Petróglifo Coto Fenteira 2: 42.278771168, -8.648188523
Círculo de 30 por 24 cm. de forma ovoide con 8-9 coviñas de 2 cm.
![]() |
Petróglifo Coto Fenteira 2. Foto: J. Migueles. |
![]() |
Petróglifo Coto Fenteira 2. Foto: J. Migueles. |
Petróglifo Coto Fenteira 3: 42.279191677, -8.649447444
Círculo de 20 cm. cun apéndice lonxitudinal duns 15 cm.
Petróglifo Coto Fenteira 4: 42.2783397447, -8.64930868149
Muíño navicular.
![]() |
Petróglifo Coto Fenteira 4. Foto: J. Migueles. |
![]() |
Petróglifo Coto Fenteira 4. Foto: J. Migueles. |
Outro achado sen catalogar:
Petróglifo A:
Rocha alongada cunha cova duns 5 cm. en cada estremo.
![]() |
Petróglifo Coto Fenteira A. Foto: J. Migueles. |
Patrimonio arqueolóxico
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1H4p5MqFehMbWImfzqYxL5yz042_xedYd&usp=sharing
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Internovas. Historias de Redondela
Elementos da prehistoria de Redondela. Xosé Couñago.
A lámina de sílex de Monte Penide. X. C. Abad Gallego.
A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. Fernando Javier Costas Goberna.
SEREN
Nº3. Redondela da Prehistoria á Romanización. Rafael Mª Rodríguez Martínez.
Anuario del Cuerpo Facultativo de Archiveros Bibliotecarios y Arqueólogos. 1934 nº 2: Los petroglifos de Monte Penide y los estudios sobre arte rupestre gallego-portugués. Fermín Bouza Brey.
Trisquel. Archivos del patrimonio histórico gallego. Julio Fernández Pintos.
Monte Penide (Redondela) Xosé Couñago.
Petroglifos y asentamientos: El caso del Monte Penide (Redondela, Pontevedra). R. Fábregas Valcarce e outros.
Redondela arqueológico-etnográfica. Jose Manuel Hidalgo.
Museo Virtual Monte Penide Prehistórico. A Citania S. L., Xurxo Constela.
Plan Básico Autonómico.
Os calcos dos petróglifos foron facilitados na ruta guiada celebrada o 12 de outubro do 2008, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte, e a do Medio Rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario