![]() |
Petróglifos de Coto do Corno. Foto: J. Migueles |
Preto do castro e seguindo unha pista que enlaza coa subida ao área de lecer Poza da Lagoa atópanse os petróglifos do Coto do Corno, nos que se representan puntos e combinacións circulares, ademais de dous muíños naviculares e un cervo, que probablemente sexa o que da nome ao lugar.
Apesares de que Florentino López Cuevillas publicara As insculturas do Coto do Corno en 1929 e que posteriores traballos deran a voz de alarma polo mal estado destes gravados por mor dos traballos de cantería, aínda haberían de sufrir unha nova agresión co paso dunha liña de alta tensión. Ao depender dunha compañía eléctrica, que esnaquizou dúas mámoas nas inmediacións, a visita só é posible cando desbrozan.
Petróglifo Coto do Corno 1. Conxunto formado por dúas rochas:
Rocha 1. Pedra ao nivel do chan que contén 6 motivos:
Motivo 1. Círculo lixeiramente irregular de 50 cm. que contén cando menos 3 coviñas. En realidade non chega a ser un círculo completo porque nun extremo péchase mediante un apéndice a modo de rabo lembrando aos globos dos diálogos dos cómics. Ten un radio que sae do seu borde do que parte un pequeno círculo con coviña central, unha figura ovoide e unha liña. Sobre este motivo hai outro que lembra a un cadrado dividido por tres liñas que parten do centro.
Motivo 2. Espiral de 70 cm. con coviña central rodeadas de coviñas de menor tamaño. Ten varios radios incompletos. Por medio de liñas rectas e curvas únese a figuras ovoides con coviñas.
Motivo 3. Espiral que contén 9 coviñas unida por liñas curvas a unha figura ovoide con unha coviña.
Motivo 4. Coviña de gran tamaño.
Motivo 5. Círculo ovoide duns 25 cm. con coviñas.
Motivo 6. Varias coviñas, destacando unha delas pola súa profundidade e tamaño.
![]() |
Coto do Corno 1. Rocha 1. Foto: J. Migueles |
![]() |
Coto do Corno 1. Rocha 1. Calco. |
![]() |
Coto do Corno 1. Rocha 1. Foto: J. Migueles |
Rocha 2. Pedra que segue a pendente natural do terreo de 5’60 x 2’50 m.
Motivo 1. Semellan dous círculos concéntricos moi gastados con coviña central rodeada de puntos.
Motivo 2. Cérvido. Ata o de agora única representación dun cervo no concello de Redondela.
Motivo 3. Dous círculos concéntricos moi gastados con coviña central rodeada de puntos. Pode haber outra combinación circular moi preto desta, pero está tan gastada que custa distinguila ata na fotogrametría.
Motivo 4. Dous muíños naviculares. No medio deles dous círculos pequeno formando un “8”.
![]() |
Coto do Corno 1. Rocha 2. |
![]() |
Coto do Corno 1. Rocha 2. Muíño navicular. Foto: J. Migueles |
![]() |
Coto do Corno 1. Rocha 2. Cérvido. Foto: J. Migueles |
Petróglifo Coto do Corno 2. Conxunto formado por tres rochas:
Rocha 1. Sobresae uns 50 cm. do chan. A 5 m. da torre de alta tensión.
Motivo 1. Tres círculos concéntricos (máximo 29 cm.), estando o último incompleto, que contén 9 coviñas e cun apéndice exterior de 10 cm.
Motivo 2. Grupo de 7 coviñas formando un círculo duns 15 cm. A uns 60 cm. un rebaixe circular de 15 cm.
Rocha 2. Sobresae uns 80 cm. O gravado está cortado por traballos de cantería, sendo un círculo irregular duns 34 cm. cheo de coviñas e cun apéndice que se bifurca. Semella que hai outro círculo menor tamén cheo de coviñas.
Rocha 3. Tamén a uns 80 cm. sobre o chan. Un círculo duns 45 cm. cheo de coviñas tamén roto polos canteiros.
![]() |
Coto do Corno 2 |
![]() |
Coto do Corno 2. Foto: J. Migueles |
![]() |
Coto do Corno 2. Foto: J. Migueles |
![]() |
Coto do Corno 2. Foto: J. Migueles |
Rutas por Monte Mirallo por Xosé Couñago:
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/ruta-arqueoloxica-e-paisaxistica-de.html )
Monte Mirallo (Penide) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html )
1 Coto Fenteira (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-i-coto.html )
2 Poza da Lagoa (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-ii-poza-da.html )
3 Chan do Rato, Porteliñas e Coto da Rola (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iii-chan-do.html )
4 Chan da Cruz (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iv-chan-da.html )
5 Castro de Negros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html )
Mapa do Patrimonio Arqueolóxico de Redondela
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1H4p5MqFehMbWImfzqYxL5yz042_xedYd&usp=sharing
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Internovas. Historias de Redondela (Web desaparecida)
Elementos da prehistoria de Redondela. Xosé Couñago.
A lámina de sílex de Monte Penide. X. C. Abad Gallego.
A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. Fernando Javier Costas Goberna.
SEREN
Nº3. Redondela da Prehistoria á Romanización. Rafael Mª Rodríguez Martínez.
Anuario del Cuerpo Facultativo de Archiveros Bibliotecarios y Arqueólogos. 1934 nº 2: Los petroglifos de Monte Penide y los estudios sobre arte rupestre gallego-portugués. Fermín Bouza Brey.
Trisquel. Archivos del patrimonio histórico gallego. Julio Fernández Pintos.
Monte Mirallo (Redondela). Arqueoloxía e lendas deste espazo natural de Redondela. Xosé Couñago. https://montepenide.wordpress.com/
Petroglifos y asentamientos: El caso del Monte Penide (Redondela, Pontevedra). R. Fábregas Valcarce e outros.
Redondela arqueológico-etnográfica. Jose Manuel Hidalgo. http://redondelaarqueologica.blogspot.com/
Museo Virtual Monte Penide Prehistórico. A Citania S. L., Xurxo Constela. (Web desaparecida)
Plan Básico Autonómico.
As insculturas do Coto do Corno. López Cuevillas, Florentino. Ano XI, T. III (1929), n. 64 ; p. 60-63
No hay comentarios:
Publicar un comentario