lunes, 21 de abril de 2025

Monte Mirallo (Monte Penide) (IV). Chan da Cruz.

 

Petróglifos de Chan da Cruz. Foto: J. Migueles

Petróglifos de Chan da Cruz.

Gran afloramento granítico que podemos dividir en seis grandes rochas ou partes. Dotado de pasarelas e paneis informativos:

- ROCHA 1: Rocha plana situada a nivel do chan:

-Motivo nº1: Dous círculos concéntricos (o maior de 30 cm.) cunha cova central (8 cm.) rodeada por 6 ou 7 coviñas. Da cova central parte unha liña curva duns 25 cm.

-Motivo nº2: Óvalo de 20 x 13 cm. con 3-4 coviñas no seu interior de 1-2 cm.

-Motivo nº3: Combinación de 2 círculos concéntricos (o maior de 20 cm.) con, cando menos, 3 coviñas centrais. Incompleto pola rotura da pedra.

-Motivo nº4: Tres coviñas aliñadas e unha máis cun pequeno apéndice.

-Motivo nº5: Restos de unha figura cuadrangular.

-Motivo nº6: Círculo de aprox. 30 cm. cunha coviña central e un apéndice lonxitudinal exterior de 20 cm. 

 

Foto: J. Migueles


 

-ROCHA 2: Cando menos 9 pequenas cruces de 11 x 11 cm.).

 

Cruces. Foto: J. Migueles

-ROCHA 3: Unha gran cruz de 64 por 64 cm. cun ancho de 9-11 cm. e unha profundidade de 5 cm. Completa o conxunto unha cova de 10 cm. 

 

Cruz que da nome ao lugar. Foto: J. Migueles

 

-ROCHA 4: Plano vertical da roca anterior. Dous motivos circulares unidos por un apéndice lonxitudinal. O primeiro un círculo de aprox. 28 cm. de diámetro, atravesado por una diaclasa natural e o segundo, unha combinación circular formada por tres círculos concéntricos (aprox. 27 cm.). 

Combinacións circulares en plano vertical. Foto: J. Migueles

 

 

-ROCHA 5: Un gran semicírculo (duns 70 cm.) cheo de coviñas. A carón del un resalte da pedra ten unha liña circular con 6-8 coviñas no interior. A uns 65 cm. hai un “cruciforme antropomorfo" de 20 x 12 cm.

 

Figura antropomorfa. Foto: J. Migueles
 

-ROCHA 6: A uns 2.25 m. da gran cruz gravada:

- Motivo 1: Tres círculos duns 24 cm.

- Motivo 2: Grupos de coviñas aproveitando o resalte da rocha-

- Motivo 3: Grupo de tres círculos concéntricos de 24 cm.

- Motivo 4: Grupo dunhas cinco coviñas.

- Motivo 5: Coviña rodeada dun ancho suco.

 

Un dos paneis de Chan da Cruz. Foto: J. Migueles


Localización: 8.637714637 42.268093249


Petróglifo de Chan da Cruz 2.

Gran afloramento granítico (13,60 m x 18,70 m). Distínguense tres franxas en dirección N-S nas que se poden observar numerosas coviñas de diferentes tamaños, desde apenas 1 cm. de diámetro cata os 5 cm de diámetro e 1 cm de fondo. Tamén podemos observar unha cova de maiores dimensións (10 cm de diámetro e 4 cm de profundidade). Preto desta hai dous rebaixes, quizais naturais, que poderían ser muíños.

Localización: 42.268889, -8.638833

Chan da Cruz 2. Foto: J. Migueles

Chan da Cruz 2. Foto: J. Migueles

Chan da Cruz 2. Foto: J. Migueles




Mámoas de Chan da Cruz.

No Chan da Cruz hai contabilizadas 30 mámoas que terán continuidade pola parroquia de Cabeiro e polo monte Vixiador, con numerosas mámoas tamén na parroquia de Candeán (Vigo). Na parroquia de Chapela existiu tamén unha mámoa preto do campo de fútbol que foi destruída. Nela atopáronse numerosas puntas de frecha que se atopan en mans privadas.

 

Campo de mámoas de Chan da Cruz tralos traballos de tala de 2024. Foto: J. Migueles

 

Entre as mámoas de Chan da Cruz a máis destacada é a Mámoa do Rei, nome dado cando foi catalogada, antigamente era chamada Pedra do Couto, por ser empregada como linde parroquial, de feito, aínda podemos ver unha cruz nunha das súas pedras. A esta mámoa pódese chegar en coche e conta cun panel explicativo. Pode empregarse como punto de partida de numerosas rutas: cara o Castro de Negros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html ), cara a senda do río Fondón ou cara os petróglifos do monte Penide (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html ).


Mámoa do Rei. Foto: J. Migueles

Outra das mámoas de Chan da Cruz. Foto: J. Migueles

Cabalos na Mámoa do Rei. Foto: J. Migueles

Localización da Mámoa do Rei e mámoas máis próximas. A Citania S. L.



Rutas por Monte Mirallo Xosé Couñago:

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/ruta-arqueoloxica-e-paisaxistica-de.html )

Monte Mirallo (Penide) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html )

1 Coto Fenteira (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-i-coto.html )

2 Poza da Lagoa (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-ii-poza-da.html )

3 Chan do Rato, Porteliñas e Coto da Rola (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iii-chan-do.html )

4 Chan da Cruz (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iv-chan-da.html )

5 Castro de Negros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html )

6 Coto do Corno (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-vii-coto-do.html )


 

 


Mapa do Patrimonio Arqueolóxico de Redondela


https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1H4p5MqFehMbWImfzqYxL5yz042_xedYd&usp=sharing


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Internovas. Historias de Redondela (Web desaparecida)

Elementos da prehistoria de Redondela. Xosé Couñago.

A lámina de sílex de Monte Penide. X. C. Abad Gallego.

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. Fernando Javier Costas Goberna.

SEREN

Nº3. Redondela da Prehistoria á Romanización. Rafael Mª Rodríguez Martínez.

Anuario del Cuerpo Facultativo de Archiveros Bibliotecarios y Arqueólogos. 1934 nº 2: Los petroglifos de Monte Penide y los estudios sobre arte rupestre gallego-portugués. Fermín Bouza Brey.

Petroglifos y asentamientos el caso de Monte Penide. R. Fábregas Valcarce, con la colaboración de X. Carballo Arceo y V. Villoch Vázquez. Valladolid: Universidad. Área de Historia del Arte, Áreas de Prehistoria y Arqueología. 1998.

Trisquel. Archivos del patrimonio histórico gallego. Julio Fernández Pintos.

Monte Mirallo (Redondela). Arqueoloxía e lendas deste espazo natural de Redondela. Xosé Couñago. https://montepenide.wordpress.com/

Petroglifos y asentamientos: El caso del Monte Penide (Redondela, Pontevedra). R. Fábregas Valcarce e outros.

Redondela arqueológico-etnográfica. Jose Manuel Hidalgo. http://redondelaarqueologica.blogspot.com/

Museo Virtual Monte Penide Prehistórico. A Citania S. L., Xurxo Constela. (Web desaparecida)

Plan Básico Autonómico.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario