viernes, 11 de abril de 2025

Monte Mirallo (Monte Penide) (II). Poza da Lagoa

 

O Cocodrilo. Foto: J. Migueles.
     

    Nas inmediacións da área de lecer Poza da Lagoa entramos no camiño deixando as mesas á nosa esquerda. No primeiro cruce xiramos á dereita e atopamos unha mámoa e un pouco mais alá, un miradoiro natural á Ría de Vigo, coñecido popularmente como O Cocodrilo pola forma dunha rocha, na que existe unha cruz de termo

        Se houbéramos seguido o sendeiro de fronte, achegámonos á poza que da nome ao lugar e un pouco máis adiante os petróglifos da Poza da Lagoa, nos que destacan os antropomorfos e a representación de armas.

        Na estrada fronte á caseta forestal sae unha pista de terra. No seu inicio atopáronse restos cerámicos que dan conta da existencia dun asentamento prehistórico.

Poza que da nome ao lugar. Foto: J. Migueles
 

 

 Mámoa Poza da Lagoa:

        Sen sinalizar.


Mámoa da Poza da Lagoa. Foto: J. Migueles


Petróglifos Poza da Lagoa. Grazas a unha intervención por parte do Concello de Redondela contan con pasarelas e paneis explicativos.


Petro Poza da Lagoa 1: -8.646839659 42.273998927

Conxunto formado por 5 rochas.

 

Poza da Lagoa 1. Foto: J. migueles

 

ROCHA 1: Presenta dous conxuntos de motivos.

-Conjunto nº 1: circunferencia duns 50 cm. de diámetro con dúas coviñas no seu interior de 3 e 4 cm.

-Conjunto nº 2: conxunto de cinco coviñas con diámetros de: 4, 4, 5, 6 e 8 cm.

ROCHA 2:

-Motivo nº 1: cruciforme con base "pseudocircular" (22 por 10 cm.).

-Motivo nº 2: cruciforme con base triangular enmarcado por dúas liñas (20 por 8 cm.).

-Motivo nº 3: figura "pectiforme" con seis dentes (20 por 9 cm.).

Poza da Lagoa 1. Agresión, gravado marcado con xiz. Foto: J. Migueles

Panel Petróglifos da Poza da Lagoa 1. Foto: J. Migueles
 

ROCHA 3:

As referencias bibliográficas dan conta dun reticulado, trazos curvos e unha coviña, (de 8 cm. de diámetro) esta última é a única que pode verse con claridade.

ROCHA 4:

-Motivo nº 1: círculo de 33 cm. de diámetro con outro de menor tamaño (10 cm.) no seu interior (non exactamente centrada) do que parte un apéndice, en dirección NE, de 34 cm. Dentro do círculo grande tamén hai unhas cinco coviñas de 3 cm. de diámetro e no centro do círculo pequeno unha coviña do mesmo tamaño cas anteriores.

-Motivo nº 2: cadrado de esquinas redondeadas, de 22 por 18 cm., cunha coviña central de 2 cm. de diámetro.

ROCHA 5:

Liña curva, duns 50 cm. de lonxitude, na que se xuntan tres tres liñas cortas (de 17, 20 e

22 cm.) e outro elíptica con un suco recto no seu interior duns 18 cm.; o conxunto está situado entre varias diaclasas naturais.


Petro Poza da Lagoa 2: -8.647133822 42.274050986

Conxunto formado por tres pedras que forman parte do mesmo afloramento granítico.

 

 

Poza da Lagoa 2. Calco.

ROCHA 1:

Hai rexistrados doce motivos con representación de armas, sendo posible que existan máis:

-Motivo nº 1: coviña de 4 cm.

-Motivo nº 2: coviña de 7 cm.

-Motivo nº 3: puñal de forma triangular con empuñadura de 50 cm.; base do triángulo: 24 cm.

-Motivo nº 4: forma triangular incompleta (restos dunha alabarda?); lonxitude 20 cm.; base do triangulo: 17 cm.

-Motivo nº 5: alabarda (22 cm. x 17 cm.) con un mango de 64 cm.

-Motivo nº 6: sucos sen identificar.

-Motivo nº 7: alabarda (20 cm. x 16 cm.) con un mango de 42 cm. Remata noutra figura de forma oval de 25 por 12 cm. (posible machado)

-Motivo nº 8: puñal de folla lanceolada con empuñadura de 35 cm.

-Motivo nº 9: alabarda (long.: 20 cm.; base: 18 cm.) con un mango de 74 cm. (en realidad é unha diaclasa natural).

-Motivo nº 10: conxunto de sucos sen identificar.

-Motivo nº 11: sucos sen identificar (posible puñal).

-Motivo nº12: cazoleta oval de 8 por 6 cm.

- Motivo nº 13: sucos sin identificar con una cazoleta de 4 cm.



Alabardas e coitelos. Foto: J. Migueles.

 

ROCHA 2: s.

-Motivo nº1: conxunto de 8 coviñas (de 3-4 cm.) aliñadas en dúas filas de 3 e unha de 2.

-Motivo nº 2: cazoleta oval de 9 por 7 cm. Con un conxunto de sucos rectos e curvos nos que non se identifica ningunha figura concreta (60 x 80 cm.).

-Motivo nº 3: alabarda "dobre"; a primeira aproveita unha diaclasa natural (20 cm. x 10 cm.) cun posible mango duns 66 cm.; a segunda (24 x 10 cm.) cun mango duns 37 cm.

ROCHA 3:

-Motivo nº 1: coviña ovalada de 9 por 7 cm.

-Motivo nº 2: coviña de 6 cm.

-Motivo nº 3: espada ou puñal duns 60 cm. cunha anchura máxima de 17 cm.

-Motivo nº 4: espada ou puñal incompleto (só se distingue a folla duns 38 cm.

-Conxunto nº 5: Gran circunferencia de 2.60 m. de diámetro que no su interior ten outros sucos rectos formando segmentos e ángulos; polo tipo de suco parecen ser de factura más o menos recente.

 

Circunferencia e liñas. Foto: J. Migueles.


Petro Poza da Lagoa 3: -8.647283971 42.273904267

Cortada por traballos de cantería. Motivo circular de aprox. 36 cm. apenas visible, contendo trece cazoletas de 3-5 cm. diámetro.O sedimento de terra e musgo impide ver a totalidade da rocha.

A 3.50 m. al E, hai unha pena cunha cova de 15 cm. de diámetro.


Poza da Lagoa 3. Foto: J. Migueles.


Petro Poza da Lagoa 4: -8.647241631 42.273918074

Puñal de 53 cm. x 13 cm. de ancho. O mango de 8 cm. 

 

Poza da Lagoa 4. Calco.

Poza da Lagoa 4. Foto: J. Migueles

Petróglifos da Poza da Lagoa 2, 3 e 4


Xacemento Poza da Lagoa: -8.644444294 42.273108024

Xacemento prehistórico ao aire libre do que temos constancia do achado de fragmentos cerámicos bastante rodados e de pequeno tamaño, que parecen ser de época prehistórica (Edad del Bronce?). Xa foran localizados más restos cerámicos e líticos en traballos de prospección anteriores (FABREGAS-1997).


Rutas por Monte Mirallo Xosé Couñago:

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/ruta-arqueoloxica-e-paisaxistica-de.html )

Monte Mirallo (Penide) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html )

1 Coto Fenteira (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-i-coto.html )

2 Poza da Lagoa (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-ii-poza-da.html )

3 Chan do Rato, Porteliñas e Coto da Rola (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iii-chan-do.html )

4 Chan da Cruz (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iv-chan-da.html )

5 Castro de Negros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html )

6 Coto do Corno (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-vii-coto-do.html )




Mapa do Patrimonio Arqueolóxico de Redondela:

https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1H4p5MqFehMbWImfzqYxL5yz042_xedYd&usp=sharing


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Internovas. Historias de Redondela

Elementos da prehistoria de Redondela. Xosé Couñago.

A lámina de sílex de Monte Penide. X. C. Abad Gallego.

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. Fernando Javier Costas Goberna.

SEREN

Nº3. Redondela da Prehistoria á Romanización. Rafael Mª Rodríguez Martínez.

Anuario del Cuerpo Facultativo de Archiveros Bibliotecarios y Arqueólogos. 1934 nº 2: Los petroglifos de Monte Penide y los estudios sobre arte rupestre gallego-portugués. Fermín Bouza Brey.

Trisquel. Archivos del patrimonio histórico gallego. Julio Fernández Pintos.

Monte Penide (Redondela) Xosé Couñago.

Petroglifos y asentamientos: El caso del Monte Penide (Redondela, Pontevedra). R. Fábregas Valcarce e outros.

Redondela arqueológico-etnográfica. Jose Manuel Hidalgo.

Museo Virtual Monte Penide Prehistórico. A Citania S. L., Xurxo Constela. http://montepenideprehistorico.com/es/index.html

Plan Básico Autonómico.

Os calcos dos petróglifos foron facilitados na ruta guiada celebrada o 12 de outubro do 2008, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte, e a do Medio Rural, a excepción do calco da Poza da Lagoa no que aparecen formas humanas, recollida na páxina Internovas. 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario