viernes, 4 de abril de 2025

Monte Mirallo (Monte Penide) (III). Chan do Rato, Porteliñas e Coto da Rola.

 

 

Vistas desde Chan do Rato. Foto: J. Migueles

 

        Se seguimos pola estrada desde a área de lecer Poza da Lagoa cara a Trasmañó chegamos a un miradoiro natural coñecido como Chan do Rato onde hai petróglifos (aínda que moitos lle chaman Coto da Águia, topónimo que da nome a un restaurante que hai moi preto de alí). Se subimos ao monte por un camiño da esquerda atopamos os petróglifos das Porteliñas, no que o máis visible son os muíños naviculares e un pouco máis lonxe os petróglifos do Coto da Rola. Este último nome é un erro, xa que ese coto está máis ao oeste, en realidade están no Coto da Cavada Nova.

        Seguindo sempre o mesmo sendeiro chegaremos a Chan da Cruz, onde veremos un gran afloramento rochoso inzado de petróglifos. Esta estación conta con pasarela e con paneis informativos, se ben é certo que os vellos calcos expostos só amosan unha parte dos gravados existentes.



Chan do Rato (Coto da Aguia)

Petróglifo Chan do Rato 1: -8.648690838 42.272273551

Desaparecido ao ser tapado pola estrada que da acceso a un restaurante.

-Motivo nº1: combinación de tres círculos concéntricos (posible espiral?) duns 45 cm. de diámetro y radio que sale en dirección W, superando apenas el círculo exterior.

-Motivo nº 2: Combinación moi desgastada de dous círculos concéntricos de aprox. 25 cm. de diámetro.

Entre os dous motivos hai unha coviña de 3 cm.

 

Chan do Rato 1. Calco publicado en Monte Penide Prehistórico

Chan do Rato 1. Foto: Monte Penide Prehistórico

 

Petróglifo Chan do Rato 2: -8.649795941 42.271845979

Motivo circular irregular (24 cm. de diámetro) con cinco coviñas de 3-4 cm. no interior.

Na mesma rocha hai grabadas unhas letras, de factura recente: "LA. . .M".


Chan do Rato 2. Foto: J. Migueles.

Cochos

        Por baixo destes petróglifos atopei un cocho. Pequena construción abovedada da que non se sabe a ciencia certa a súa utilidade. Construcións deste tipo poden ser acubillo de pastores, pero coido que neste caso o espazo é bastante reducido. 

 

Cocho. Foto: J. Migueles


        Moi preto, dentro do peche dunha casa, déronme conta dun segundo cocho, polo que un día haberá que preguntar aos donos a súa función.

 

Cocho. Foto: M. A.



As Porteliñas

Petróglifo As Porteliñas 1: -8.648325064 42.271733202

-Motivo nº 1: 9 coviñas de 3 cm. formando un círculo de 26 cm. diámetro.

-Motivo nº 2: Cruz latina de factura recente de 60 x 40 cm. cunha cova no centro de 6 cm. de diámetro.

 

Porteliñas 1. Foto: J. Migueles

 

Petróglifo As Porteliñas 2: -8.646795447 42.271972522

Gran rocha plana lixeiramente inclinada con numerosos motivos.

-Motivo nº1: Dúas covas de 6 e 4 cm. de diámetro separadas entre sí por 8 cm.

-Motivo nº2: Grupo de cinco coviñas.

-Motivo nº3: Grupo de once coviñas de aprox. 3 cm.

-Motivo nº4: Coviña rectangular ("naviforme") de 40 x 18 cm. con dúas coviñas semicirculares a carón dos lados menores.

-Motivo nº5: Dúas coviñas de 5 e 8 cm. de diámetro separadas entre sí por 10 cm.

-Motivo nº6: Coviña rectangular ("naviforme") de 30 x 20 cm. con 2 coviñas semicirculares a carón dos lados menores.

-Motivo nº7: Óvalo de 34 x 25 cm. cheo de coviñas.

-Motivo nº8: Coviña de 10 cm. de diámetro.

-Motivo nº9: Combinación de 2 círculos concéntricos (58 cm. de diámetro) con coviñas no interior; mal conservado.

-Motivo nº10: Dúas covas (de 9 e 12 cm.) separadas entre sí por 20 cm. e con moitas coviñas por medio; posiblemente enmarcadas nun círculo ou semicírculo moi gastado.

-Motivo nº11: Dous círculos tanxentes (de 23 e 25 cm.) cheos de coviñas e unidos, por una figura pseudotriangular duns 15 cm. tamén chea de coviñas.

-Motivo nº12: Cova de 10 cm. de diámetro rodeada por unha líña de coviñas; a carón dela outra figura indeterminada con más coviñas.

-Motivo nº13: Cova de 6 cm. de diámetro rodeada de coviñas.

-Motivo nº14: Cova de 11 cm. de diámetro rodeada dun círculo formado por coviñas moi erosionadas e dun segundo círculo lineal de aprox. 34 cm.

-Motivo nº15: Semicírculo de aprox. 18 cm. de diámetro cheo de coviñas.


Panel. Foto: J. Migueles

Porteliñas 2. Foto: J. Migueles.

Petróglifo As Porteliñas 3. 528989, 4680024

Nunha rocha a ras de chan de 70 x 40 cm. (eixos N-S e L-O respectivamente) atopamos un grupo de en torno a 50 cazoletas repartidas por toda a rocha.

A rocha está moi golpeada por estar nunha senda de acceso a unha mina de auga.

 

Porteliñas 3. Foto: J. Migueles

Porteliñas 3. Foto: J. Migueles


Petróglifo As Porteliñas 4. 529088, 4680039

Nunha rocha a ras de chan de 1.20 m. x 1 m. (eixos N-S e L-O respectivamente) na beira dereita do camiño que sube ata o Petróglifo 2 de Porteliñas, atopamos un grupo de en torno a 23 cazoletas repartidas formando un círculo.

 

Porteliñas 4. Foto: J. Migueles


Coto da Rola (Coto da Cavada Nova).

Petróglifo Coto da Rola 1: -8.643318623 42.269175774

Dúas rochas separadas por unha diaclasa.

- ROCHA 1: Tres círculos concéntricos (35 cm.) con 4 coviñas centrais (de 3 cm.). A poucos cm. do círculo exterior hai outra cova de 8 cm. que pode estar unido por unha liña moi desgastada.

- ROCHA 2: Grupo de 15 coviñas de entre 3-5 cm. que forman unha espiral pechada por unha das coviñas. O conxunto ronda os 50 cm. de diámetro.

 

Coto da Rola 1. Foto: J. Migueles

Coto da Rola 1. Foto: J. Migueles.

Coto da Rola 1. Monte Penide Prehistórico.


Petróglifo Coto da Rola 2: -8.642527558 42.269372927

Rocha solta por traballos de cantería con forma triangular. Círculo de 35 cm. que rodea ata 12 coviñas de 4 cm. Fóra do círculo hai 5 coviñas de maior tamaño (6 cm.).

 

Coto da Rola 2. A Citania


Petróglifo Coto da Rola 3:

 

Coto da Rola 3. A Citania


Petróglifo Coto da Rola 4: -8.643764 42.269652

Semicírculo (de 40 cm.) enmarcando 6 coviñas. Ten un círculo (de 15 cm.) cunha coviña central e 6 coviñas aliñadas formando un cadrado. Poden observarse más liñas rodeando o gravado.

 

Coto da Rola 4. A Citania.



Rutas por Monte Mirallo Xosé Couñago:

(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/ruta-arqueoloxica-e-paisaxistica-de.html )

Monte Mirallo (Penide) (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html )

1 Coto Fenteira (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-i-coto.html )

2 Poza da Lagoa (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-ii-poza-da.html )

3 Chan do Rato, Porteliñas e Coto da Rola (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iii-chan-do.html )

4 Chan da Cruz (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iv-chan-da.html )

5 Castro de Negros (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html )

6 Coto do Corno (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-vii-coto-do.html )


 


Mapa do Patrimonio arqueolóxico de Redondela

https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1H4p5MqFehMbWImfzqYxL5yz042_xedYd&usp=sharing


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Internovas. Historias de Redondela

Elementos da prehistoria de Redondela. Xosé Couñago.

A lámina de sílex de Monte Penide. X. C. Abad Gallego.

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. Fernando Javier Costas Goberna.

SEREN

Nº3. Redondela da Prehistoria á Romanización. Rafael Mª Rodríguez Martínez.

Anuario del Cuerpo Facultativo de Archiveros Bibliotecarios y Arqueólogos. 1934 nº 2: Los petroglifos de Monte Penide y los estudios sobre arte rupestre gallego-portugués. Fermín Bouza Brey.

Trisquel. Archivos del patrimonio histórico gallego. Julio Fernández Pintos.

Monte Penide (Redondela) Xosé Couñago.

Petroglifos y asentamientos: El caso del Monte Penide (Redondela, Pontevedra). R. Fábregas Valcarce e outros.

Redondela arqueológico-etnográfica. Jose Manuel Hidalgo.

Museo Virtual Monte Penide Prehistórico. A Citania S. L., Xurxo Constela. http://montepenideprehistorico.com/es/index.html

Plan Básico Autonómico.

O mapa e os calcos dos petróglifos foron facilitados na ruta guiada celebrada o 12 de outubro do 2008, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte, e a do Medio Rural.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario