miércoles, 27 de enero de 2021

Redondela en portada.

 

Festas da Coca 1910. Vida Gallega
Festas da Coca. Vida Gallega

Praia de Arealonga (Chapela), 1926. ABC
Praia de Arealonga (Chapela). Foto: Pacheco. ABC

Estreito de Rande, 1927. Foto Pacheo. Céltiga
Estreito de Rande. Foto Pacheco. Céltiga

Praia de Rande, 1936. Vida Gallega.
Praia de Rande. Vida Gallega.

Praia de Arealonga (Chapela). Vida Gallega	 1937.
Praia de Arealonga (Chapela). Vida Gallega.

Brújula. A Portela (Cedeira)
Brújula. A Portela (Cedeira)

Autor: Juan Migueles









jueves, 21 de enero de 2021

Asolagamentos

 


1932. Fotos Pacheco. Ahora (Madrid)
1932. Fotos Pacheco. Ahora (Madrid)


         Despois de moito chover e coincidindo coa preamar o 16 de febreiro do 2016 desbordábase o Maceiras asolagando Vilavella. Apesares do excepcional do caso, pódese afirmar que esta é unha zona de risco pola mala urbanización nas marxes do río, que cada certo tempo sofre a inundación de garaxes. Ese mesmo día en Negros, as obras do túnel do tren de alta velocidade provocaron unha acumulación de augas no monte que rematou cun escorregadoiro que arrastrou terra, pedras e árbores, levando por diante muros e varios coches aparcados. 

 

1932, Rúa Alfonso XII. Foto: cedida por  Manuel Leirós

         A principios do presente século a praza da Constitución sufriu continuos asolagamentos, se ben é certo que nos derradeiros anos (2020) semella solucionado este problema. 

Praza Constitución. Foto Ansony Sotelino

 

         O outro punto negro é o paso baixo o "Scalextric" que dende a súa construción é frecuente que se encha de auga coincidindo coas mareas vivas.

         Se botamos a vista atrás, a peor época sería a década dos 70, con desbordamentos en 1969, 1970, 1972 e 1979.

 

O Funil (R. Padre Crespo). Cedida pola familia Fernández Otero

         Remontándonos no tempo, a peor inundación do século XX sería a de 1932, coa rotura de varias pontes. A situación foi tan grave que acudiron os bombeiros de Vigo a axudar no salvamento de persoa e das súas pertenzas. Ademais a destrución das colleitas deixaría nunha precaria situación a numerosas familias.


 

1932 Ponte de Xulián Peitudo.  Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.
 1932 Ponte de Xulián Peitudo.

Redondela. Crónica gráfica dun pasado recente. María A. Leboreiro Amaro.


         Outras riadas terían lugar en 1914 e 1918.

 

Crecida do río. 11-12-1914. Cedida pola familia Fernández Otero.

 

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

La Voz de Galicia

Galiciana => El Pueblo Gallego

Biblioteca Nacional de España => La Libertad

Apuntes da pesca de Casto Sampedro

 

Mar de Cesantes. Arquivo J. A. Xesteira
Mar de Cesantes. Arquivo J. A. Xesteira

        No arquivo Casto Sampedro (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sampedro-folgar-casto-antonio-redondela.html ) abundan as anotacións que este facía en calquera papel que tivera a man. A continuación reproduzo dúas notas sobre a pesca en Redondela. Algunhas partes son incomprensibles, cando menos para min, polo que aparecen ocos e palabras entre interrogantes.


Pesca, Redondela


Reparto ganancias

Parte do corpo o pescanal: id do Aparello, o y ¿do barco?

Hay as medias, cartón, medio cartón.

La mujer del patrón suele ser la Mestra o Maestra, llamada así acaso por su habilidad en la fabricación y conservación de las redes. Si no tiene las debidas condiciones hace de tal la mujer de un Companheiro.

Los fondos, producto del pescado y envido se guardan en un arca de tres llaves, una la guarda dicha Maestra, y otras dos dos mujeres de Companheiros.

Del dicho fondo común salen las partes del Patrón de los Pescadores, S. Juan, pero otras limosnas que salen de la Pesca común para el Cepillo de S. Antonio, Virgen de las Angustias, y de Reboreda, se recogen en la Plaza de la Rivera, antes frente a la puente que allí hay.

El reparto solía hacerse en sábado, la Mestra solía adelantar o toda o parte de su cuota al companheiro creemos toda.

A la viudas se les ( )



Redondela-Brujerías-Pescadores

La Bruja en cierto tiempo Benito, llevaba una parte del producto de la Pesca, fumaba riquísimos puros y con tal habano se imponía la proximidad y el movimiento del jarro y no eran agua.

También se recuerda a María ¿Vidueira? que echaba los demonios de los barcos en la playa de Chapela y otras.

Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Museo de Pontevedra-Casto Sampedro. Sampedro 65-20 Pesca y Mareantes

miércoles, 20 de enero de 2021

Figueiral Rivero, Gonzalo (Redondela)

 

Gonzalo Figueiral Rivero. Faro de Vigo
Gonzalo Figueiral Rivero. Faro de Vigo

         Empresario, propietario de dous cines en Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/os-cines-de-redondela.html ) En 1952 fundou unha firma co seu nome adicada á importación e exportación de útiles de pesca industrial, sendo un dos primeiros comerciantes do nailon. A empresa tiña a súa sede central na nave que construíu acaroada ao Convento de Vilavella. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/o-convento-de-vilavella.html )


 
          A mediados dos 80 dirixía un grupo de empresas tanto nacionais como estranxeiras que comercializaban en 26 países, con representación oficial en 11 deles. Contaba cunha carteira duns 8.000 clientes tan só en España e ofertaba uns 5.000 artigos agrícolas, pesqueiros, industriais , deportivos e de gran consumo. Tiña unhas 40 marcas propias, ademais das marcas internacionais que representaba.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego, La Noche

Faro de Vigo

Cabaleiro Durán, Alfonso (Chapela, 1957) _Xornalista

 

Alfonso Cabaleiro Durán. Xunta de Galicia
Alfonso Cabaleiro Durán. Xunta de Galicia

         Licenciado en Ciencias de la Información pola Universidade de Navarra. Entre outros cargos desempeñou a dirección de Informativos e da Radio Galega; foi director en Galicia de RTVE e da COPE Galicia e subdirector de informativos da TVG. Secretario xeneral de Medios da Xunta de Galicia (2003-2005/2009-2013). En abril de 2013 é nomeado xerente de Galicia Calidade, organismo dependente da Concellería de Economía e Industria.

        No ámbito xornalístico, foi redactor de El Correo Gallego e delegado en Santiago de Faro de Vigo e El Ideal Gallego. Tamén foi o primeiro director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

Xunta de Galicia

Galicia Calidade

El Correo Gallego

Francisco Crespo Rivas (N. Redondela / F. 29-4-1947)

 

Francisco Crespo Rivas. Vida Gallega
Francisco Crespo Rivas. Vida Gallega


Tío do Padre Crespo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/crespo-pozo-jose-santiago-padre-crespo.html)

Estivo emigrado na Arxentina na década de 1870, onde traballou como procurador e colaborou na prensa. Propietario da Imprenta de Vilavella. Xunto con Serafín Reboredo Blanco, foi fundador do xornal El Pueblo, do que foi director.

Aparece como secretario na confraría Hermandad del Señor, fundada en Vilavella en 1910.

Concelleiro e fiscal municipal (1920-1931) de Redondela.

Nos censos de actividade de 1910 e 1925 consta como agricultor. En 1915 promoveu un Sindicato Agrícola Católico e, en 1916, sería premiado nos Xogos Florais de Pontevedra por un traballo de carácter agrícola. Foi amigo e colaborador de Casto Sampedro Folgar, conservándose parte da correspondencia mantida entre ambos. Publicou 3 libros:

  • Tres cosas gallegas. 1º El ganado gallego. 2º La emigración gallega. 3º La agricultura gallega. Ponteareas, Imprenta Montero.

  • Defensa de la ganadería gallega.

  • Redondela : lo que fué, lo que es y lo que puede ser (1939)

Os seus restos descansan no cemiterio dos Eidos, onde a súa tumba é un dos mausoleos destacados.


Autor: Juan Migueles


BIBLIOGRAFÍA

A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Ed. Concello de Redondela. 2001.

(Casto Sampedro e a música do cantigueiro Galego. 2 Vol. Xavier González Groba, 2013).

Censo de actividades 1910 e 1925

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es=> El Pueblo Gallego, La Correspondencia Gallega, Vida Gallega, Diario de Pontevedra.

lunes, 18 de enero de 2021

Redondela. A película.

 

      

        No ano 1987 estrease a película “Redondela”, dirixida por Pedro Costa e protagonizada por Patrick Newell, Carlos Velat, Fernando Guillén e Carlos Larrañaga. Rodada principalmente en Vigo, pero con algunha escena en Redondela, rodándose no interior do convento de Vilavella.

         A película estaba baseada nun caso real, coñecido como”caso Reace” (Refinerías del Noroeste, Aceites y Grasas S.A). En 1972 desapareceron 4.052 toneladas de aceite de oliva en Guixar (Vigo). Isto provocou un escándalo no que estaba implicado Nicolás Franco, irmán do Generalísimo. Durante a instrución do sumario foron asasinados varios acusados e testemuñas do caso, un deles nunha cela do cárcere de Vigo. No xuízo tampouco puido comparecer o denunciante porque tamén falecera. Ao final nin o aceite apareceu nin caeu ningún alto cargo.

        ¿Que tiña que ver Redondela neste asunto? Pois practicamente nada, parece ser que a empresa fundouse nesta vila, pero no momento dos feitos a central estaba localizada en Guixar (moitas informacións sitúan Guixar en Redondela, cando en realidade pertence a Vigo). A parte disto, houbo rumores de que o aceite foi agochado no alto da Encarnación (Chapela) ou na nave coñecida como a Fedora na Portela, pero nunca se demostrou nada. No caso da Fedora a nave estaba alugada pero os depósitos nunca chegaron a encherse. 

 

Convocatoria de xunta de accionistas de REACE.


 

        O caso pasou a historia como Reace o aceite de Redondela, o que provocou as protestas, con pouco éxito, do alcalde de Redondela pola mala imaxe que daba do noso Concello.

        En canto á película tamén deu que falar coa misteriosa desaparición do actor protagonista, Patrick Newell, poucos días antes da proxección da mesma. Ao final todo pareceu ser un truco de marketing para unha película que pasaría sen pena nen gloria polas carteleiras españolas. 

 

Botella de aceite REACE de 1 litro. Foto: todocoleccion.net

 

 Autor: Juan Migueles

 

BIBLIOGRAFÍA.

ABC: http://www.abc.es/hemeroteca

La Vanguardia: www.lavanguardia.es/hemeroteca

El País

El Pueblo Gallego