martes, 22 de marzo de 2022

Historia da parroquia de Negros

 

Escola de Negros, anos 60. Mestra Dula Reboredo. Foto cedida por Jose Antonio Figueroa
Escola de Negros, anos 60. Mestra Dula Reboredo. Foto cedida por Jose Antonio Figueroa

3.000 a 1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html )


1.800 ao 60 a. C. (Idade de Bronce): Tamén no Monte Mirallo atopáronse machadas de bronce e petróglifos.


S. I a. C. (Idade de Ferro): Desta época é o Castro de Negros no monte Mirallo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html )


Mediados do S. XIII. Aparece citado como Nigris, en latín.


1293, 19 de marzo. Doazón das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arcebispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares, Señor de Saxamonde.


1587, censo: Negros aparece como freguesía de Redondela.


1608, 5 de outubro. Apeo (restitución) dos bens pertencentes ao arcebispado de Santiago de Compostela nas freguesías, entre outras, de Santa María de Reboreda, San Martín de Vilar de Infesta, San Esteban de Negros e San Mamed de Quintela.


1752 Catastro de Ensenada. Os seus límites son: “principiando por el N en el camino vereda Real, al sitio nominado de Frades, de allí al marco de Frean, de este a los Pazos del Río dos ¿Perino?, de allí a la fuente del Caño, de esta a la Cruz de Penide, de allí a la Pedra do Couto, desde ahí al Porto que dicen de sr. Domingo, de este al marco de división que se halla junto a la casa de Amaro de Amoedo, siguiendo al Riego de agua do Mangueiro, de allí al molino viejo de este río, abajo al Río da Señora, y de este a la vereda Real y sitio nominado de Frades primera demarcación”.

Recóllense 7 muíños en Negros. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html ) Na actualidade teño recollidos 11 muíños nesta parroquia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html )


1782, 14 de febreiro. O provisor eclesiástico tudense separa Negros e Quintela de Cedeira creando dúas novas parroquias.


1799. A parroquia San Esteban de Negros, anexo de Cedeira, ten 38 veciños.


1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella). Negros pasa a pertencer ao Concello de Redondela.


1823: Restauración do réxime señorial. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella volven a separarse de Redondela. Negros volve a depender de Cedeira.


1835: Abolición dos señoríos xurisdicionais. Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela definitivamente e Negros inclúese definitivamente no Concello de Redondela.


1842, 29 de decembro. Os pedáneos das parroquias de Saxamonde, Quintela, Negros, Cepeda e Nespereira solicitan a segregación dos dous concellos (Borbén e Redondela) para formaren as cinco un concello propio, ao ser Saxamonde un couto antigo e nun tempo cabeza de distrito das cinco parroquias. Aducen que teñen unha longa legua para chegar á cabeceira, mentres Saxamonde lles queda moi ben a todas, ao ser limítrofe.


Finais do S. XIX e principios do XX. Os gaiteiros de Negros, “Parada o Vello” e o seu fillo Parada “o Xoven” colaboran con Casto Sampedro na recollida de cantigas de Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/musica-e-baile-tradicional-historia.html )


1909, setembro. Apesares das medidas tomadas pola Xunta de Sanidade continúa a varíola en Cabeiro e Negros.


1918. Preséntase no Goberno Civil de Pontevedra, para a súa aprobación, o regulamento da sociedade agraria “La Salvadora”, de Negros. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/sociedades-agrarias.html )


1954-Abril: Inaugúrase o Aeroporto de Peinador en terreos de Redondela, Mos e Vigo. Os veciños de Vilar de Infesta, Negros, Saxamonde, Cabeiro e da contorna serán obrigados a traballar na construción das pistas, podendo quedar eximidos enviando a alguén no seu lugar ou pagando unha cantidade de cartos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/03/o-aeroporto-de-peinador.html )

 

1962. Os lobos causaron grandes prexuízos en Negros e Cedeira, matando a trinta ovellas e multitude de galiñas.


1967. Entra en funcionamento o novo trazado de ferrocarril para o que se construira o viaduto de Negros, anulando o viaduto de Ourense. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/os-viadutos.html )


1969. Obra de condución de auga desde a presa de Eiras (Calvos-Fornelos de Montes) ata Vigo. A tubaxe cruza 9 das 14 parroquias do Concello de Redondela, entre elas Negros.

1973, 4 de abril. Inauguración da traída da auga en San Estevo de Negros cun presuposto 1.377.415 pesetas.


Inauguración da traída da auga. Foto: Fotsca
Inauguración da traída da auga. Foto: Fotsca

1973, 27 de xuño. Inauguración do parque infantil e a pista polideportiva grazas á doazón de 30.000 pesetas da Caja de Ahorros Municipal de Vigo.


1974, 1 de febreiro. Inauguración da estrada que une a Volta da Neta co barrio de Fixón, grazas á subvención de 60.000 pesetas concedida polo Ministerio de Agricultura e o aporte de materiais por parte do Concello. A xunta parroquial para esta obra estaba formada por AlfredoFernández (presidente), José Álvarez, Carlos Parada e Álvaro Lago.


2007. A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redondela crea a Senda da Auga, seguindo o percorrido das tubaxes que abastecen de auga a Vigo desde a presa de Eiras. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/senda-da-auga.html )


2021. Dentro da colección Parroquias de Redondela, publícase Negros, por Xosé Couñago Ribeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/sendeirismo-por-negros.html )


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Catastro de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).

Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/):

Elementos da Prehistoria de Redondela. Xosé Couñago,Asociación Alén Nós.

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. F. Javier Costas Goberna

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro

Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses. Xosé Fariña Jamardo, 1996.

Arquivo da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela),...

Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI : con varios apéndices...... (1829) - González, Tomás (1780-1833). Madrid : en la Imprenta Real, 1829

España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.

El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas. Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016

1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto

1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia.

José Luís Lamigueiro©, fuente: Pedro de Barcelos http://www.xenealoxiasdoortegal.net/

https://foros.xenealoxia.org>Serba

Faro de Vigo

Aportes: Xurxo Constela (A Citania S. L.), Gonzalo Amoedo.

Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro

Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3

O que lembro do vivido. Andrés Couñago Laxe.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy

No hay comentarios:

Publicar un comentario