jueves, 24 de marzo de 2022

Historia da parroquia de Vilar de Infesta

 

 

O Atlético Vilar diante do bar "Los Laureles", 1975. El Pueblo Gallego
O Atlético Vilar diante do bar "Los Laureles", 1975. El Pueblo Gallego

3.000 a 1.800 a. C. (Neolítico): No límite desta parroquia con Mos existe unha mámoa cortada polo peche do campo de fútbol de Guizán. Tamén existe algunha mámoa no límite con Cabeiro, continuando toda a área arqueolóxica do monte Penide (Mirallo). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/restos-arqueoloxicos-en-vilar-e.html ) No Museo de Pontevedra consérvanse varios restos arqueolóxicos desta época. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/alguns-achados-arqueoloxicos-en.html )


S. I - IV d. C.: Desta época consérvase un miliario romano no límite con Mos, sendo coñecido como O Miliario de Antas. É o único miliario conservado in situ en toda a provincia de Pontevedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/os-miliarios.html )


1239, 19 de marzo. Doazón das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arcebispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares, Señor de Saxamonde.


1587, censo: Villar aparece como freguesía de Redondela.


1608, 5 de outubro. Apeo (restitución) dos bens pertencentes ao arcebispado de Santiago de Compostela nas freguesías, entre outras, de Santa María de Reboreda, San Martín de Vilar de Infesta, San Esteban de Negros e San Mamed de Quintela.


1752 Catastro de Ensenada. Vilar e Cabeiro, si ben dependen de Redondela, no “político y concejil”, están sometidos ao partido de Mos. Os seus límites son: “principiando por el Norte en el marco da fonte da Presa, de allí va al sitio llamado da Trigueira, de allí al molino de Mangoeiro, de este a la Coutada de Tumbalobos, de allí a la Piedra nominada dos Picos, de allí a la fuente do Mouro, de allí a las Piedras de Gandaris, de allí a la Piedra Lodoso, de esta al marco do Outeiro llamado da Portuguesa, de allí al Castro de Guisan, de allí a la Coutada das Cartas, de allí al Monte de Formoso y marco de división que en él hay, y de este al ya nominado da fonte da Presa, primera demarcación”. Recóllense 4 muíños na parroquia de Vilar de Infesta. Actualmente en Vilar teño recollido a existencia de 7 muíños. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html )


1783. Debaixo do campanario da igrexa de Vilar lese “ESTA OBRA SE IZO DE 1783 S. ABAD E. GARCIA”. E xunto á porta principal aparece “1720”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/igrexas.html )


1799. Vilar de Infesta ten 40 veciños.


1809. Vilar é saqueada polos franceses. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1809-guerra-da-independencia-dos.html )


Finais do S. XIX. O gaiteiro de Vilar de Infesta, Joaquín Figueroa O Jaiteiro” colabora con Casto Sampedro na recollida de cantigas de Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/musica-e-baile-tradicional-historia.html )


1900, 31 de xullo. Falece un mozo da parroquia despois de ser golpeado cun pao na festa de Guizán (Mos). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/03/cronica-negra-de-redondela-1-1850-1910.html )


1912. Primeira referencia que atopo da Banda de Música de Vilar. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/bandas-de-musica.html )


Anos 20. A Sociedade Agraria de Vilar forma parte da Federación Agraria Municipal de Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/sociedades-agrarias.html )


1931, 5 de xullo. Anúnciase a creación da Escola Estatal Feminina de Vilar. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html )


1932, xullo. Celebración dun mitin galeguista en Vilar e Cabeiro, falando Álvarez Gallego, Martínez López, Paz Andrade e o deputado por Ourense, Otero Pedrayo.


1936. Vilar estréase como entidade local menor. Dous meses despois serán nomeados, interinamente, os seus primeiros rexedores: Perfecto Blanco Barciela, Juan Rodríguez Barciela e Manuel Blanco Camiña. O golpe militar do 18 de xullo, que supón o inicio da Guerra Civil, non lles deixaría moito tempo para desempeñar a súa xestión.


1934. Escisión da Banda de Música de Cabeiro, o irmán do director refunda a Banda de Música de Vilar.


1936, 18 de xullo. Golpe de estado militar. Inicio da Guerra Civil. Cando menos un veciño de Vilar foi dado por desaparecido en combate e varios son encarcerados na Illa de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/guerra-civil-e-represion-en-redondela.html )


1936. Incautación das sedes e pertenzas das sociedades agrarias de Cedeira, Cesantes, Chapela, Reboreda, Vilar e o Viso, ademais das do Partido Galeguista, Izquierda Republicana e a Casa del Pueblo, que albergaba os locais do Partido Comunista e a Agrupación Socialista.


1946. Primeira referencia que atopo dun equipo de fútbol, o Unión de Villar, que xoga na zona de Vigo e non conta con campo propio. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-equipos.html )


Mediados do S. XX. Cando menos desde esta época a Rondalla de Vilar de Enfesta acode a actuar a Redondela o día de Reis. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/orfeons-corais-e-rondallas-historia-da.html )


1954-Abril: Inaugúrase o Aeroporto de Peinador en terreos de Redondela, Mos e Vigo. Os veciños de Vilar e da contorna serán obrigados a traballar na construción das pistas podendo quedar eximidos enviando a alguén no seu lugar ou pagando unha cantidade de cartos. O recheo levará á desaparición do barrio chamado A Lata e de leiras como: O Pedre, Cobrada, Cerdeiras, A Martís... (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/03/o-aeroporto-de-peinador.html )

 

1955, 26 de febreiro. Un autobús da empresa de Pedepote sufriu un grave accidente en Cans (Porriño) no que faleceron 31 persoas e 8 resultaron feridas. Entre as vítimas había dúas veciñas de Vilar. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/cronicas-do-autobus.html )


1966. Construción do cemiterio.


1967, 17 de setembro. Celébrase a festa de “Los Laureles”, bar de Manuel Loureiro. Actuará o conxunto músico-vocal de Pontevedra e a orquestra “Los Capri”. No programa non faltan as cucañas e concursos de chave e brisca entre outros entretementos.


1968. Debut do grupo infantil de maxia “Los Magic Brothers”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/maxia.html )


1969. Fúndase o club de fútbol Atlético de Villar, con José Carlos Iglesias como primeiro presidente. O equipo xa viña competindo como xuvenil desde 1965. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-equipos.html )

1969, 6 de xullo. Inauguración do campo de fútbol de San Martiño, construído por un grupo de veciños. Celébranse competicións de atletismo, partido infantil e enfrontamento do Atlético de Villar co CD Choco. Actuación de “Los Condes”, de Vigo, e “Airiños da Terra”, de Ponteareas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/instalacions-deportivas.html )


1969. Obra de condución de auga desde a presa de Eiras (Calvos-Fornelos de Montes) ata Vigo. A tubaxe cruza 9 das 14 parroquias do Concello de Redondela, entre elas Vilar de Infesta.


1969. Uns veciños de Vilar de Infesta gañan o premio provincial de natalidade na modalidade “Hijos Vivos”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/campions-de-natalidade-e-porcos.html )


Principios dos anos 70. O mestre José Carlos Iglesias funda o C. D. Villar-Cabeiro con equipos de fútbol e balonmán en categorías inferiores. En 1973 organiza a I Olimpiada, torneo de verán de fútbol, balonmán e ciclismo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/balonman.html )


1971. Construción da escola de Porto Cabeiro. Acollerá alumnado de Vilar, Cabeiro e Negros.


Escola de Porto Cabeiro, 1971. Foto: Fotsca
Escola de Porto Cabeiro, 1971. Foto: Fotsca

2007. A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Redondela crea a Senda da Auga, seguindo o percorrido das tubaxes que abastecen de auga a Vigo desde a presa de Eiras. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/senda-da-auga.html )


2018. O ciclista de BTT Freestyle, Alex Martínez Rodríguez, vence no Campionato de España Junior na categoría Park.


2021. O CEIP Porto Cabeiro gaña o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 co traballo “Xela Arias e as palabras”.


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Catastro de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).

Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/):

Elementos da Prehistoria de Redondela. Xosé Couñago,Asociación Alén Nós.

Os miliarios romanos de Redondela. Jose Antonio Orge Quinteiro

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro

Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses. Xosé Fariña Jamardo, 1996.

Arquivo da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela),...

Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI : con varios apéndices...... (1829) - González, Tomás (1780-1833). Madrid : en la Imprenta Real, 1829

España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.

El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas. Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016

1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto

1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia.

José Luís Lamigueiro©, fuente: Pedro de Barcelos http://www.xenealoxiasdoortegal.net/

https://foros.xenealoxia.org>Serba

Faro de Vigo

Aportes: Xurxo Constela (A Citania S. L.), Gonzalo Amoedo.

Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro

Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario