 |
Petróglifos de Chan da Cruz. Foto: J. Migueles |
Petróglifos de Chan da Cruz.
Gran afloramento
granítico que podemos dividir en seis grandes rochas ou partes.
Dotado de pasarelas e paneis informativos:
- ROCHA 1: Rocha
plana situada a nivel do chan:
-Motivo nº1: Dous círculos concéntricos (o maior de 30 cm.) cunha
cova central (8 cm.) rodeada por 6 ou 7 coviñas. Da cova central
parte unha liña curva duns 25 cm.
-Motivo nº2: Óvalo de 20 x 13 cm. con 3-4 coviñas no seu interior
de 1-2 cm.
-Motivo nº3: Combinación de 2 círculos concéntricos (o maior de
20 cm.) con, cando menos, 3 coviñas centrais. Incompleto pola rotura
da pedra.
-Motivo nº4: Tres coviñas aliñadas e unha máis cun pequeno
apéndice.
-Motivo nº5: Restos de unha figura cuadrangular.
-Motivo nº6: Círculo de aprox. 30 cm. cunha coviña central e un
apéndice lonxitudinal exterior de 20 cm.
 |
Foto: J. Migueles |
-ROCHA 2: Cando
menos 9 pequenas cruces de 11 x 11 cm.).
 |
Cruces. Foto: J. Migueles |
-ROCHA 3: Unha gran
cruz de 64 por 64 cm. cun ancho de 9-11 cm. e unha profundidade de 5
cm. Completa o conxunto unha cova de 10 cm.
 |
Cruz que da nome ao lugar. Foto: J. Migueles |
-ROCHA 4: Plano
vertical da roca anterior. Dous motivos circulares unidos por un
apéndice lonxitudinal. O primeiro un círculo de aprox. 28 cm. de
diámetro, atravesado por una diaclasa natural e o segundo, unha
combinación circular formada por tres círculos concéntricos
(aprox. 27 cm.).
 |
Combinacións circulares en plano vertical. Foto: J. Migueles |
-ROCHA 5: Un gran semicírculo (duns 70 cm.) cheo de coviñas. A
carón del un resalte da pedra ten unha liña circular con 6-8
coviñas no interior. A uns 65 cm. hai un “cruciforme antropomorfo"
de 20 x 12 cm.
 |
Figura antropomorfa. Foto: J. Migueles |
-ROCHA 6: A uns 2.25
m. da gran cruz gravada:
- Motivo 1: Tres círculos duns 24 cm.
- Motivo 2: Grupos de coviñas aproveitando o resalte da rocha-
- Motivo 3: Grupo de tres círculos concéntricos de 24 cm.
- Motivo 4: Grupo dunhas cinco coviñas.
- Motivo 5: Coviña rodeada dun ancho suco.
 |
Un dos paneis de Chan da Cruz. Foto: J. Migueles |
Localización:
8.637714637 42.268093249
Petróglifo de Chan da Cruz 2.
Gran
afloramento granítico (13,60 m x 18,70 m). Distínguense
tres franxas en dirección N-S nas que se poden observar numerosas
coviñas de diferentes tamaños, desde apenas 1 cm. de diámetro
cata os
5 cm de diámetro e 1 cm de fondo. Tamén
podemos observar unha cova de maiores
dimensións
(10
cm de diámetro e 4 cm de profundidade). Preto
desta hai dous rebaixes, quizais naturais, que poderían ser muíños.
Localización:
42.268889, -8.638833
 |
Chan da Cruz 2. Foto: J. Migueles |
 |
Chan da Cruz 2. Foto: J. Migueles |
 |
Chan da Cruz 2. Foto: J. Migueles |
Mámoas de Chan
da Cruz.
No Chan da Cruz hai contabilizadas 30 mámoas que terán
continuidade pola parroquia de Cabeiro e polo monte Vixiador, con
numerosas mámoas tamén na parroquia de Candeán (Vigo). Na
parroquia de Chapela existiu tamén unha mámoa preto do campo de
fútbol que foi destruída. Nela atopáronse numerosas puntas de
frecha que se atopan en mans privadas.
 |
Campo de mámoas de Chan da Cruz tralos traballos de tala de 2024. Foto: J. Migueles |
Entre as mámoas de Chan da Cruz a máis destacada é a Mámoa do
Rei, nome dado cando foi catalogada, antigamente era chamada
Pedra do Couto, por ser
empregada como linde parroquial, de feito, aínda podemos ver unha
cruz nunha das súas pedras. A esta mámoa pódese chegar en
coche e conta cun panel explicativo. Pode empregarse como punto de
partida de numerosas rutas: cara o Castro de Negros (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html
), cara a senda do río Fondón ou cara os petróglifos
do monte Penide (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html
).
 |
Mámoa do Rei. Foto: J. Migueles |
 |
Outra das mámoas de Chan da Cruz. Foto: J. Migueles |
 |
Cabalos na Mámoa do Rei. Foto: J. Migueles |
 |
Localización da Mámoa do Rei e mámoas máis próximas. A Citania S. L. |
Rutas por Monte Mirallo Xosé Couñago:
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/05/ruta-arqueoloxica-e-paisaxistica-de.html
)
Monte Mirallo (Penide) (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html
)
1 Coto Fenteira (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-i-coto.html
)
2 Poza da Lagoa (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-ii-poza-da.html
)
3 Chan do Rato, Porteliñas e Coto da Rola (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iii-chan-do.html
)
4 Chan da Cruz (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-iv-chan-da.html
)
5 Castro de Negros (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html
)
6 Coto do Corno (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/04/monte-mirallo-monte-penide-vii-coto-do.html
)
Mapa do Patrimonio Arqueolóxico de
Redondela
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1H4p5MqFehMbWImfzqYxL5yz042_xedYd&usp=sharing
Autor:
Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Internovas. Historias de Redondela (Web desaparecida)
Elementos da prehistoria de Redondela. Xosé Couñago.
A lámina de sílex de Monte Penide. X. C. Abad Gallego.
A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela.
Fernando Javier Costas Goberna.
SEREN
Nº3. Redondela
da Prehistoria á Romanización. Rafael Mª Rodríguez Martínez.
Anuario del
Cuerpo Facultativo de Archiveros Bibliotecarios y Arqueólogos. 1934
nº 2: Los petroglifos de Monte Penide y los estudios sobre arte
rupestre gallego-portugués. Fermín Bouza Brey.
Petroglifos y
asentamientos el caso de Monte Penide. R. Fábregas Valcarce, con
la colaboración de X. Carballo Arceo y V. Villoch Vázquez.
Valladolid: Universidad. Área de Historia del Arte, Áreas de
Prehistoria y Arqueología. 1998.
Trisquel.
Archivos del patrimonio histórico gallego. Julio Fernández
Pintos.
Monte
Mirallo (Redondela). Arqueoloxía e lendas deste espazo natural de
Redondela.
Xosé Couñago.
https://montepenide.wordpress.com/
Petroglifos y
asentamientos: El caso del Monte Penide (Redondela, Pontevedra).
R. Fábregas Valcarce e outros.
Redondela
arqueológico-etnográfica. Jose
Manuel Hidalgo. http://redondelaarqueologica.blogspot.com/
Museo Virtual Monte
Penide Prehistórico. A Citania S. L., Xurxo Constela. (Web
desaparecida)
Plan Básico
Autonómico.