Foto de Martín Santos Yubero. Arquivo Comunidad de Madrid |
A historia da parroquia de Cesantes vai ligada á Historia da Illa de San Simón, que xa tratamos no seu propio apartado.
(Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-illa-de-san-simon.html )
3.000 a 1.800 a. C. (Neolítico): Como veremos máis adiante, nun documento de 1674 cítase o topónimo Monte da Mámoa, polo que seguramente existiu algún enterramento deste tipo na parroquia, pero polo de agora non hai ningunha catalogada.
1.800 ao VI a. C. (Idade de Bronce): Preto do mar atopouse unha machada de bronce con dúas anelas que se depositou no museo de Pontevedra. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/alguns-achados-arqueoloxicos-en.html )
S. I-IV d. C.: Desta época atopáronse dous miliarios romanos no lugar de Sobreiro (Outeiro da Penas). Un se conserva no Museo de Pontevedra e outro na Casa da Torre. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/os-miliarios.html )
569: Nun concilio celebrado en Lugo, aparece o nome de Celesantes. Trataríase dunha das primeiras colonias cristiás de Galicia.
1587, censo: Aparecen como freguesías de Redondela Ostras e Esjantes.
1670. Construción da Igrexa de Cesantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/igrexas.html )
1674. Demarcación realizada entre Cesantes e o Viso: “Desde el Reguero que se dice das Pereiriñas y la lage do Regueiro do Porto do Casal do Eido de riva (hoy conocido como fuente de los Tres Abades) que ha de venir derecho al marco de Folgosas que está en la heredad del mismo nombre que trae Fernando Bouzón de Vilar do Mato, el cual dicho marco tiene una cruz encima de la cabeza y está en la quiringosta de Folgosas (en el día desaparecido) y de allí le han de demarcar al derecho por junto y frente a la pila de San Pedro que está a la puerta de la casa de D. Francisco Carballido y vereda real siguiendo derecho a las piedras agudas y de allí derecho al marco de Portela da Pía y de allí todo al derecho al Outeiro dos Porros do Corbo por el monte da Mamoa. Y de allí derecho al marco de Fontán y de allí derecho a la mar”. Probablemente, o marco Piedras Agudas se corresponda coa actualmente chamada Pedra da Moura e Portela da Pía coa Bañeira da Moura. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-baneira-da-moura-e-pedra-da-moura-o.html )
Entre 1955 e 65. Praia de Cesantes. Arquivo Reino de Galicia |
1746: Despois de numerosas invasións a orde franciscana abandona a illa de San Simón, trasladándose ao lugar de Vista Real de Agrelo en Cesantes, doado polo duque de Soutomaior. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/o-convento-de-agrelo.html )
1750. Primeiro peirao documentado en Cesantes, o do Arco. Poucos anos despois, en 1785, cítase o “embarcadero al pie de la dehesa de la Coba de la Sierpe”.
1752 Catastro de Ensenada. Cesantes e O Viso se ben dependían nas cuestións de xustiza de Redondela, era o duque de Soutomaior o que nomeaba aos seus concelleiros. Os seus límites eran: “linda principiando por el N en el riego que se dice de Santa Mariña, siguiendo a la fuente llamada del Mouro de allí a la fuente de Jardón de esta en derechura al marco de la Revolta, de allí vía recta a la fuente Cova, circulando al marco nominado da Cansela, de allí a la fuente del Molino Viejo y de esta al marco de la Cancela de Folgozas, siguiendo el pilar que se nomina de San Pedro, de allí al marco de división llamado de la Mina, de este a la Portela y marco de división que en ella hay, y de allí al Pozo do Mouriño y de este al rego citado de Santa Mariña, primera demarcación”. Rexístranse en Cesantes 3 muíños. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html ) Actualmente teño rexistrados 7, 2 deles desaparecidos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html )
1799. San Pedro de Cesantes ten 250 veciños. A esta parroquia pertence a illa de San Simón, onde se atopaba o convento de Relixiosos Franciscanos, que se trasladou a Agrelo.
1807. Posible data da construción da Pantalla. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-marca-do-rei-vilavella-redondela.html )
1853. Colocación da Cruz de Aviso a súa Maxestade. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruz-de-aviso-sua-maxestade-cesantes.html )
2ª metade do S. XIX. Establécese en Vigo The Eastern Telegraph Company, compañía inglesa encargada da instalación do cable para a comunicación telegráfica. Nas seguintes décadas a meirande parte dos seus traballadores serán veciños de Cesantes, Rande, Chapela e Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )
1872. Establece a súa residencia en Cesantes o político vasco Manuel Uhagon. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/04/uhagon-y-hurgado-de-corcuera-manuel.html )
1885. É nomeado alcalde de Redondela o médico de Cesantes Juan Rodríguez Bouzón.
1886. Convértense as escolas incompletas mixtas de O Viso e Cesantes en completas, de nenos a de O Viso e de nenas a de Cesantes. Tralo falecemento da mestra titular de Cesantes, en 1888, volta a saír a concurso como incompleta mixta. (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html )
1897, marzo. Noméase un carteiro coa obriga de verificar o reparto nas parroquias de Cesantes e o Viso, sendo estas as primeiras parroquias, despois de Redondela, en desfrutar deste servizo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/cargos-publicos-correos-e-telegrafos.html )
Illa de San Simón, cara a 1925. Foto: Kasado |
1903. Quedan constituídas as Sociedades Agrarias de Cesantes e o Viso. (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/sociedades-agrarias.html )
1904. O Bispado fai un arranxo parroquial. A rúa de Santa Mariña, a súa capela e o Monte do Cuco todos eles de Cesantes agréganse a Redondela.
1916, 27 de setembro. Denúnciase que o Cabo do mar de Redondela, reside en Vigo. A falta de vixilancia da praia de Cesantes permite a extracción de carros de area e algas sen control algún. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/historias-do-mar-1-metade-do-s-xx.html )
Anos 20-30. Os bolos celtas son moi populares na parroquia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/deporte-xogos-tradicionais.html )
1925. Créase a escola de Outeiro das Penas. (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html )
1929. Iníciase a construción das Barras do Alvedosa para tentar solucionar os problemas de calado do peirao da Ribeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/instalacions-maritimas.html )
1930. Lorenzo Fernández, nado en Montevideo, fillo de Lorenzo Fernández, de Cesantes, gaña o Mundial de Fútbol con Uruguai. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/09/pedro-cea-e-lorenzo-fernandez-campions.html )
1930. Rafael López Ventín “Cabezo” ficha polo Atlético de Madrid, converténdose no primeiro futbolista redondelán en disputar a Primeira División española. O seu irmán Honorato “Cabezo II” non se quedaría atrás e unha década despois xogaría como porteiro en primeira co Zaragoza, Deportivo e Betis. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-os-precursores-futbolistas-da.html )
1968. Mariscando en Cesantes. Foto: Bene |
Anos 30. Conservas JOB de José Otero González “Mañas” constrúe a súa nave no antigo merendoiro de Borines cun pequeno peirao.
1932. Primeira referencia a un partido de fútbol. No campo de Cesantes, enfróntanse o Alvedosa de Reboreda e o Alegría F. C. de Cesantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/instalacions-deportivas.html )
1933, 15 de setembro. Dende hai tempo quéixanse os veciños de Cesantes de que se permite extraer area da praia. Ademais ao permitir o paso de carros pola praia coa baixamar destrúese a cría do marisco. A retirada de area permite o avance do mar, que vai tirando cos muros das fincas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/historias-do-mar-1-metade-do-s-xx.html )
1936. Valentín Pérez Martínez accede á presidencia do Real Betis Balompié. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/futbol-dirixentes-corpo-tecnico-e.html )
1936, 31 de maio. Folga dos mariñeiros da Ría de Vigo, secundada por algúns de Pontevedra, pola baixada dos prezos en lonxa provocada pola perda de mercado internacional das conserveiras. Os piquetes no paso a nivel da Pantalla (Cesantes) paran os camións que traen mercadorías para as conserveiras dende os portos da provincia de A Coruña. O peixe foi ciscado polo chan, agás unha parte que foi repartido entre os máis necesitados.
1936, 12 de outubro. Aparece morto a tiros en Soutoxuste José Bouzón Sobral. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/guerra-civil-e-represion-en-redondela.html )
1936. Incautación das sedes e pertenzas das sociedades agrarias de Cedeira, Cesantes, Chapela, Reboreda, Vilar e o Viso, ademais das do Partido Galeguista, Izquierda Republicana e a Casa del Pueblo, que albergaba os locais do Partido Comunista e a Agrupación Socialista. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/sociedades-agrarias.html )
1939. Deixan de empregarse as Telleiras. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/as-telleiras.html )
1946, agosto. Primeira noticia que atopo dunha traíña de Cesantes competindo nunha proba celebrada en Vigo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/trainas.html )
Foto: Martín Santos Yubero. Arquivo Comunidade Madrid |
1955, 26 de febreiro. Un autobús da empresa de Pedepote sufriu un grave accidente en Cans (Porriño) no que faleceron 31 persoas e 8 resultaron feridas. Varias de Cesantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/cronicas-do-autobus.html )
1955, abril. Naufraxio da lancha pesqueira «Florencia», de 42 toneladas, tripulada por 16 homes. Faleceron dous de Cesantes e un do Viso. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/historias-do-mar-2-metade-do-s-xx.html )
1955. María Fernanda Núñez Estévez “Tata” vence en 100 libres no Campionato Galego de natación, sendo a primeira de moitas vitorias. Sería a primeira deportista redondelá. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-muller-de-redondela-e-o-deporte.html )
1956. Apróbase a construción da Lonxa.
1956. Ródanse en Cesantes unhas escenas do documental “Rías Gallegas”. Sería a primeira de moitas películas que tiveron a Cesantes como escenario. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/peliculas-rodadas-en-redondela.html )
1956. Mobilizacións contra o proxecto dun viveiro de ostras na praia de Cesantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mar-libre.html )
1958, 24 de marzo. Adxudícase a construción do Peirao de Cesantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/instalacions-maritimas.html )
1960. Abre as súas portas o Cine San Simón no Alto de Cesantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/os-cines-de-redondela.html )
Anos 60. Luis Medal toca na “Orquesta Florida” e Joaquín “Llan” Migueles canta en “Los Chicos del Jazz”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/orquestras.html )
1962, 02 de maio. Dous mariñeiros de Cesantes falecen ao pescar con dinamita. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/historias-do-mar-2-metade-do-s-xx.html )
1963. Inaugúrase o Peirao de Cesantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/instalacions-maritimas.html )
1964. Iniciase a construción da lonxa.
1965. A Sociedade Atlética de Redondela (SAR) celebrou unha proba de remo en Cesantes na que debutou o seu equipo na embarcación “Negrita”.
Illa de San Simón. Foto: A. Blanco, 1931. |
1967. Solicítase a instalación dun depósito de combustible no peirao.
1967. Jaime Pérez Fiueroa, veciño de Cesantes gaña un piso nun sorteo da “Caja de Ahorros de Vigo”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-boa-fortuna-redondela.html )
1968. Fúndanse os equipos de fútbol C.D. Cesantes e Arenas de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbol-equipos.html )
Finais dos anos 60. Conservas JOB é vendida a Conservas Rodríguez Pascual. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html )
1970-71. O porteiro Miñán debuta en Copa co R. C. Celta ante o Barcelona. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbolistas-2-metade-do-s-xx-canteira.html )
1971. Construción do campo de fútbol do Arenas de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/instalacions-deportivas.html )
1976. A ampliación do cemiterio provoca o traslado de varios cruceiros. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html )
1976, 21de decembro. Colisión de dous autobuses no alto de Cesantes . Resultaron feridas 26 persoas, cinco delas graves. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/cronicas-do-autobus.html )
1978-79. O porteiro Hortas acada a titularidade co R. C. Celta en 1ª. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/07/futbolistas-2-metade-do-s-xx-canteira.html )
1980. Fúndase a coral Corazón Joven, dirixida por Jesús Salomón Alonso. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/orfeons-corais-e-rondallas-historia-da.html )
1983. Nace o Clube de Remo Cesantes, sendo presidente do Círculo D. C. de Cesantes, Fernando Monroy Sobral. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/trainas.html )
1985, 12 de outubro. Prodúcese un accidente de tráfico á altura do viaduto das Catro Pontes, en Chapela, no que falecen catro mozos de Cesantes.
1989. Pecha o estaleiro de Loureiro. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/instalacions-maritimas.html )
1993. Os veciños doan a Virxe do Carme para a que se construirá unha moderna capela na praia da Punta.
1978. Marisqueo en barco. El Pueblo Gallego |
1998. A piscina municipal de Redondela recibe o nome de José Bernardo Núñez Estévez “Colón”, quen fora vencedor de varios campionatos galegos e nacionais de natación e sub-campión de España de waterpolo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/natacion-e-waterpolo.html )
199? Agustín Lago “Tito” debuta na Liga Asobal de balonmán co S. D. Chapela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/balonman.html )
2004, 2 de xuño. Afundimento do Bahía. Faleceron os seus dez tripulantes, sendo recuperados tan só seis dos corpos. Na súa lembranza erixiríase un monumento no paseo da praia.
2004. Colocación do monumento ao Capitán Nemo na Praia da Punta. O motivo é que no seu libro 20.000 leguas de viaxe submarino Jules Verne relataba como os buzos do Nautilus, submarino do Capitán Nemo, buscaban os tesouros da Batalla de Rande na Enseada de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/esculturas.html )
2005, 11 de marzo. Nace o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, asociación que promove a recuperación da historia e patrimonio de Cesantes.
2005. A boxeadora Judith Barbosa acada o seu primeiro campionato de España ao que seguirán tres máis. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/boxeo.html )
2012. Celébrase a I Batalla de Rande, travesía a nado desde as Illas Cíes ata a Illa San Simón, vencendo o único nadador menor de idade, David Blanco Darriba, de Cesantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/natacion-e-waterpolo.html )
2013. Posta en valor da Ruta das Sete Fontes, entre a praia da Punta e Soutoxuste, realizada pola Asociación de Veciños de Cesantes á que se sumou o Colectivo Vox Populi. Primeiras visitas guiadas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/ruta-das-sete-fontes.html )
Autor: Juan Migueles
BIBLIOGRAFÍA
Catastro de Ensenada de Redondela (1752).
Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/):
Elementos da Prehistoria de Redondela. Xosé Couñago,Asociación Alén Nós.
Os miliarios romanos de Redondela. Jose Antonio Orge Quinteiro
A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. F. Javier Costas Goberna
Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro
Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses. Xosé Fariña Jamardo, 1996.
Arquivo da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela),...
Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI : con varios apéndices...... (1829) - González, Tomás (1780-1833). Madrid : en la Imprenta Real, 1829
España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.
El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas. Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016
1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto
1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy
Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro
Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3
En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia, Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy
Faro de Vigo
Aportes: Xurxo Constela (A Citania S. L.), Gonzalo Amoedo.
un grand plaisir de voir histoire de redondela merci
ResponderEliminar