domingo, 23 de enero de 2022

Historia da parroquia do Viso

 

Subida ao Viso 1916. Vida Gallega
Subida ao Viso 1916. Vida Gallega

1.800 ao 600 a. C. (Idade de Bronce): Os vestixios que nos dan constancia desta época son machadas de bronce (hoxe no museo de Pontevedra) e gravados rupestres ou petróglifos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/petroglifos-no-viso.html ) (Ver tamén https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/alguns-achados-arqueoloxicos-en.html )


S. VI ao I a. C. (Idade de Ferro): O Castro da Peneda (O Viso). (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-peneda.html )


S. I- IV d. C.: Tense constancia dunha villae romana en Soutoxuste (O Viso).


1477. O arcebispo de Santiago Alonso II de Fonseca manda construír a Fortaleza de Castrizán en A Peneda. A súa intención era vixiar de preto o castelo de Soutomaior, propiedade de Pedro Madruga que daquela se atopaba preso. Pouco tempo despois Pedro Madruga xa en liberdade destruíu esta fortaleza. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/s-xv-loitas-de-poder-entre-pedro.html )


1572-10-06. Poder outorgado polo arcebispo compostelán a Gonzalo de Aballe, xuíz da vila de Redondela, para que consinta que non se perturbe o uso e exercicio de xurisdición acumulativa a Dona Teresa de Sotomayor, na freguesía de Santa María do Viso e outras.


1587, censo: Viso aparece como freguesía de Redondela.


O Viso, 1916. Vida Gallega
O Viso, 1916. Vida Gallega


1648. Constitúese a Cofradía de Nuestra Señora de la Peneda (O Viso), que desaparecería en 1876. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/confrarias-e-outras-asociacions.html ). Unha mostra da devoción por esta virxe a vemos nas coplas que chegaron ata os nosos días. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/coplas-adicadas-peneda-e-sua-virxe.html )


1674. Demarcación realizada entre Cesantes e o Viso: Desde el Reguero que se dice das Pereiriñas y la lage do Regueiro do Porto do Casal do Eido de riva (hoy conocido como fuente de los Tres Abades (1850)) que ha de venir derecho al marco de Folgosas que está en la heredad del mismo nombre que trae Fernando Bouzón de Vilar do Mato, el cual dicho marco tiene una cruz encima de la cabeza y está en la quiringosta de Folgosas (en el día desaparecido(1850)) y de allí le han de demarcar al derecho por junto y frente a la pila de San Pedro que está a la puerta de la casa de D. Francisco Carballido y vereda real siguiendo derecho a las piedras agudas y de allí derecho al marco de Portela da Pía y de allí todo al derecho al Outeiro dos Porros do Corbo por el monte da Mamoa. Y de allí derecho al marco de Fontán y de allí derecho a la mar”. Entre estes marcos atopríanse os hoxe coñecidos como Pedra da Moura e Bañeira da Moura. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-baneira-da-moura-e-pedra-da-moura-o.html )


1709: Arcade (incluíndo Soutoxuste) se separa de O Viso.


1710. Remátase a construción da Igrexa de Santa María de O Viso, (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/igrexas.html ), o seu primeiro cura será Lucas Vicente Fidalgo. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/curas.html )


S. XVIII, 1ª metade. Constrúese no Viso a Ermida do Anxo Custodio, hoxe desaparecida como a Ermida de Santo Tomás de Aquino que por aquela época se atopaba no barrio de Alxán. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/capelas-desaparecidas.html )

 

1752 Catastro de Ensenada. Cesantes e O Viso se ben dependían nas cuestións de xustiza de Redondela, era o duque de Soutomaior o que nomeaba aos seus concelleiros. Os seus límites eran: “principiando por el N en el sitio que se dice da Roca, de allí va a la Portela de Ziguelos, de allí al Puntal, de allí al marco de la fuente dos Frades, de este sigue al monte do Cavaleiro, de allí al Outeiro dos Porros, de este al sitio da Mina, de allí a la Portela da Pía, de allí al marco do Loureiro, de este al marco de Folgosas, de allí al sitio do Lombo, de allí al campo dos Codorneiros, de este a la fuente Espiñeira, de allí a las Pedras Mouras, de allí al marco do Viso, de este a la Hermita de la Peneda, y de allí al sitio nominado da Roca primera demarcación”.

 

1785. Cítase no Viso o “embarcadero de Siete Fuentes”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/instalacions-maritimas.html )

 

1799. A parroquia do Viso ten 230 veciños. Ademais da igrexa conta coa Ermida de Nosa Sra. das Neves ou da Peneda.


Procesión baixando a Peneda. Vida Gallega, 1916.
Procesión baixando a Peneda. Vida Gallega, 1916.

1809. Os franceses saquean O Viso. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1809-guerra-da-independencia-dos.html )


S. XIX. San Vicente de Soutoxuste, pertencente a Reboreda, pasa a depender do Viso.

1853. O Viso segrégase de Redondela.

1854. O cirurxián do Viso Manuel Ocampo Martínez de Meneses descubre o primeiro caso de cólera no Concello de Redondela, tendo que enfrontarse ás Xuntas municipais de Redondela e Vigo que pretendían defender a eficacia do Lazareto de San Simón. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/sanidade.html )


1879. Primeiro muíño do que se ten constancia no Viso, propiedade de Francisco Fontán Portela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html ) Actualmente téñense contabilizado 12 muíños. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html )


1883. Construción do viaduto de Fontán no trazado da liña de ferrocarril Pontevedra-Redondela. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/os-viadutos.html )


Viaduto de Fontán 1929. Foto: Otto Wunderlich
Viaduto de Fontán 1929. Foto: Otto Wunderlich

1886. Convértense as escolas incompletas mixtas de O Viso e Cesantes en completas, de nenos a de O Viso e de nenas a de Cesantes. Tralo falecemento da mestra titular de Cesantes, en 1888, as dúas escolas volven a ser incompletas mixtas. (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html )


1897, marzo. Noméase un carteiro coa obriga de verificar o reparto nas parroquias de Cesantes e o Viso, sendo estas as primeiras parroquias, despois de Redondela, en desfrutar deste servizo.


Finais do S. XIX e principios do XX. Forte emigración cara a Arxentina e Brasil. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/01/emigracion-de-redondela-arxentina.html )


Finais do S. XIX e principios do XX. Os do Viso están entre os gaiteiros documentados máis antigos do Concello de Redondela. (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/musica-e-baile-tradicional-historia.html )


Finais do S. XIX e principios do XX. O canteiro Manuel Vidal “Daniña” deixa a súa pegada no cemiterio do Viso. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/03/reutilizando-nos-cemiterios.html )


A Peneda. Colección "Bellezas de Galicia"

1901, 04 de xuño. No cemiterio do Viso foron violadas varias sepulturas e desenterrados varios cadáveres. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/sucesos-1900-1929.html )


1903. Quedan constituídas as Sociedades Agrarias de Cesantes e o Viso. Xunto a Reboreda e Chapela, a do Viso sería unha das sociedades agrarias máis activas. (https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/sociedades-agrarias.html )


1910. Publícase en Vida Gallega unha foto de Constantino Sequeiros Da Riba, presidente do Casino de Río de Janeiro, e a súa dona. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sequeiros-da-riba-constantino-o-viso.html )


Anos 20-30. Os bolos celtas son moi populares na parroquia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/08/deporte-xogos-tradicionais.html )


1920. Vida Gallega publica unha reportaxe sobre a festa da Peneda.


1923. Casimiro Movilla Rodríguez, de O Viso, é nomeado alcalde de Redondela. Volvería a ocupar a Alcaldía en 1932. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/movilla-rodriguez-casimiro-o-viso.html )


1923. Na Sociedade Agraria do Viso créase un cadro de declamación que representará funcións teatrais nos seguintes anos. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/teatro-en-redondela.html )


1924. Constrúese o palco de música na Praza do Cruceiro. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/bandas-de-musica.html )


1925. Créase a escola mixta de Soutoxusto.


Soutoxuste 1929. Facebook Lito Fdez. Rguez.
Soutoxuste 1929. Facebook Lito Fdez. Rguez.

1925. No Nadal membros da Sociedade de Agricultores do Viso forman unha rondalla. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/06/orfeons-corais-e-rondallas-historia-da.html )

1926, abril. Homenaxe dos veciños a Claudio Sotelo Loureiro. Era mestre interino do Viso, cando menos dende 1923. Ocupou varias veces a presidencia da Sociedade Agraria de O Viso, onde dirixía o cadro de declamación xa citado. O 19-9-1927, despois de aprobar as oposicións en Santiago, foi trasladado á escola de Abeas (Pastoriza-Lugo), sendo despedido na estación polos membros da citada asociación. En 1930 volvería a Redondela como mestre de Saxamonde. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/mestres-as-ata-mediados-do-s-xx-m-z.html )


1928. Voda de Enrique Táboas Sotelino, rico comerciante establecido en Río de Janeiro, coa señorita Serafina Táboas. Tres anos máis tarde inaugurarían a súa casa na Estrada da Teixeira. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/sotelino-taboas-antonio-o-viso-emigrante.html )


1933. José R. Rivas, do Viso, atópase entre os fundadores da asociación “Lar Gallego” en León. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/redondelans-en-leon.html )


1934. A cencerrada a un veciño do Viso dura 9 días. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/tradicions-e-festas-desaparecidas-ou_5.html )


1936. Incautación das sedes e pertenzas das sociedades agrarias de Cedeira, Cesantes, Chapela, Reboreda, Vilar e o Viso, ademais das do Partido Galeguista, Izquierda Republicana e a Casa del Pueblo, que albergaba os locais do Partido Comunista e a Agrupación Socialista.

 

1955, 19 de abril. Naufraxio da lancha pesqueira “Florencia” no que faleceron Manuel Lago Barros, veciño da Nogueira (O Viso), Aquilino Pazos e Cándido Martínez Barreiro, estes dous de Cesantes. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/historias-do-mar-2-metade-do-s-xx.html )


1966. Conflito en Soutoxuste cun veciño alemán que cortou o acceso á praia. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/a-guerra-de-soutoxuste.html )


1980. Os veciños do Viso recuperan os montes veciñais mediante clasificación do Xurado Provincial de Montes. Isto da lugar a que en 1981 se constitúa a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso.

 

1986. O humorista Manuel Somoza chega á final do concurso O Millor na TVG. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/somoza-manuel-o-viso-humorista.html )


Vistas desde a Peneda, cara a 1970. Foto: Antonio Quintana
Vistas desde a Peneda, cara a 1970. Foto: Antonio Quintana

1987, 30 de setembro. Fúndase a Asociación Cultural Santa María do Viso, que co tempo pasaría a chamarse Sociedade Cultural do Viso, con sede no antigo edificio da Sociedade Agraria. Ligada a ela nacerá Terra Meiga, asociación que conta con grupos de baile, gaita e pandeiretas.


1997. Celébrase a primeira edición da Festa dos Fachos na Peneda, por iniciativa do colectivo Alén Nós en colaboración con varias asociacións do Viso.


1998 No barrio de Saramagoso fúndase o coro de rancho de reis Airiños da Peneda. No 2015 publicaron o seu primeiro CD. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/musica-e-baile-tradicional-actualidade.html )


2002. Primeira edición da Noite da Lúa Meiga, festival de música tradicional no monte Outeiro Grande.


2003. Publícase: O Viso. Cadernos da memoria Nº1. Concellería de participación cidadá. Concello de Redondela. Libro no que se recollen as lembranzas dos veciños de idade avanzada. Sería a única publicación dun proxecto que non tivo continuidade.

2013. Posta en valor da Ruta das Sete Fontes, entre a praia da Punta e Soutoxuste, realizada pola Asociación de Veciños de Cesantes á que se sumou o Colectivo Vox Populi. Primeiras visitas guiadas. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/ruta-das-sete-fontes.html )


2019, 27 de outubro. Na entrada do cemiterio do Viso colocouse unha placa coa lenda “O barrio de todos”. (Ver https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/placas-e-monolitos.html )


2020. Publícase: O Viso. A construción dunha paisaxe cultural. Xurxo Constela Doce, A Citania S. L. Sociedade Cultural do Viso. Libro no que se recolle a historia e o patrimonio da parroquia.


2021. A Sobreira da Peneda é incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.


A Sobreira da Peneda, 1973. Deputación de Pontevedra
A Sobreira da Peneda, 1973. Deputación de Pontevedra


Autor: Juan Migueles



BIBLIOGRAFÍA

Catastro de Ensenada de Redondela, Vigo e Cedeira (1752).

Internovas. Historias de Redondela (http://www.ipdca.com/internovas/):

Elementos da Prehistoria de Redondela. Xosé Couñago, Asociación Alén Nós.

Os miliarios romanos de Redondela. Jose Antonio Orge Quinteiro

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. F. Javier Costas Goberna

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro

Orixe, nacemento e evolución dos concellos pontevedreses. Xosé Fariña Jamardo, 1996.

Arquivo da Catedral de Santiago:(USC>Clero>Mitra1758> Mayordomía de Redondela),...

Censo de población de las provincias y partidos de la Corona de Castilla en el siglo XVI : con varios apéndices...... (1829) - González, Tomás (1780-1833). Madrid : en la Imprenta Real, 1829

España_sagrada_theatro_geographico-histórico de la Iglesia de España. Tomo 22 e 23. Enrique Flórez. Madrid 1767 e 1799.

El obispado de Tui en la Edad Media: sus iglesias románicas. Lorena Torrado Gándara. Tesis de doctorado UDC / 2016

1767 De la Iglesia de Tuy desde su origen hasta el siglo décimo sexto

1799 Continuación de las memorias de la Santa Iglesia de Tuy

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => ElCompostelano, El Pueblo Gallego, El Eco de Galicia.

José Luís Lamigueiro©, fuente: Pedro de Barcelos http://www.xenealoxiasdoortegal.net/

https://foros.xenealoxia.org>Serba

Faro de Vigo

Aportes: Xurxo Constela (A Citania S. L.), Gonzalo Amoedo e Xosé Covelo.

Deputación de Pontevedra. Fondo Casto Sampedro

Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3

O que lembro do vivido. Andrés Couñago Laxe.

En Galiciana-Biblioteca Digital de Galicia. Xunta de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy



No hay comentarios:

Publicar un comentario