 |
| Rande a finais do XIX. Foto: Facebook Chapela |
3.000 a 1.800 a. C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide
(Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39
mámoas desta época. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/monte-penide-monte-mirallo.html
)
1.800
ao 60 a. C. (Idade de Bronce): Tamén no Monte
Mirallo atopáronse machadas de bronce e petróglifos.
S.
I-IV d. C.: Tense constancia dunha villae romana en
A Portela (Cedeira). (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/alguns-achados-arqueoloxicos-en.html
)
1562.
Primeiras referencias atopadas
de muíños en
Cedeira. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/10/os-muinos-de-redondela-ao-longo-da.html
) Na
actualidade teño recollidos 17 muíños nesta parroquia. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/muinos.html
)
1581.
O coto e freguesía de Cedeira
é
dominio do
Bispado de Tui, agás o Igrexario e Canabal que son dominio do
Convento de Santa Clara de Pontevedra.
1586.
Separación da xurisdición do
Coto do Bispado de Tui. Os
límites de Cedeira
son: Río
Maior, Lagoa dos seus Leiros (Lagoa de Zedreiros), as tres fontes de
Pinede, Cruz da laxe de Pinede, Fonte do Hursedo (ou Fonte de Fernán
Mallo), Fonte Adán, Fonte do Castro, Rego da fonte Adán, Río do
Castro, Porto das Perón, Río de Lamas, Río dos Peróns, Padrón de
Frian (Campo de Vasco González), marco da Rañada (na Vega da
Rañada), a porta de Juan de Galicia, Canto del Río do Prado do
Ameeiro (din
as Ameixiras), marco da Rabadeira, muíño
de Maria González de Ovello, marco de Canabal, fonte do Canabal,
fonte de Cascoña, a Acova do ouro do Outide, fonte de Riande, Area
de Rande e Fonte do Rial.
1587,
censo: Cedeira aparece como freguesía de Redondela.
1589 Por mor da desamortización de Felipe II, Cedeira,
ata daquela pertencente a Redondela, foi entregada co seu porto e 68
veciños ao asentista italiano Giacomo de Berdi, quen a vendeu por
1.100 ducados ao bacharel Álvaro Prego de Montaos. Despois pasaría
a mans do Alguacil Maior Lope Osorio; a Jerónimo Saravia, xudeu
portugués e rexedor de Vigo; aos Lopez Portillo e aos Pestaña,
fidalguía de servizo natural do Bierzo.
1681. O coto pertence a José
García de Portillo, quen acomete a construción da
Casa do
Corredor,
que cos anos pasará a ser coñecida como
Pazo de Torrecedeira.
 |
1928. Voda no Pazo de Torrecedeira. Vida Gallega
|
1697. O coto pertence a
Joseph Pestaña Lamas.
1702 Batalla de Rande. A
Casa do Corredor (actual Pazo de Torrecedeira) é incendiada
nos saqueos cometidos polos ingleses trala batalla. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1702-batalla-de-rande.html
)
1743:
Amplíase a Igrexa de Cedeira. O encargado da obra será o
arquitecto Fernando de Casas e Novoa, que nese momento estaba
construíndo a Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago.(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/igrexas.html
)
1750. Aparecen
citados os peiraos da Portela e de Rande.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/09/instalacions-maritimas.html
)
1752 Catastro de Ensenada. Cedeira é un señorío propiedade
de Blas Fernando Pestaña Lamas, fillo do anterior. Estaba baixo o
dominio do Bispado de Santiago, se ben é certo que a xustiza era
impartida polo xuíz de Redondela. Os seus límites eran:
“principiando en el marco de la Rañada, de allí al Patrón de
Frean, y sigue a las ¿mistas? de los ríos de las Lamas, hasta donde
que se junta el que viene del Puerto dos Perones, de allí va por la
orilla de dicho río a la fuente que viene del Castro, de esta otra
que se nombra de Fernán Mallo, de allí ala Cruz de Laje do Pinede,
de esta a las 3 fuentes que también se dicen do Pinede, y sigue a la
Laguna de los Ollera, y por el río mayor de abajo hasta llegar a la
arenta de Rande, de allí va por la orilla de la mar hasta la fuente
de dicho sitio de Rande, que por allí pasa, y de allí va a la Cueva
do Ouro, de esta a la fuente de Cascoña, y sigue a otra que la
llaman de Canaval, de esta va al marco de mismo nombre, de allí al
de Ravadeyra, siguiendo al Campo do Prado do Ameeyro todo por la
orilla del río da Mazeyra arriba hasta llegar al Campo da Lova, en
donde hace un rechazo y sigue al Campo de Muro Longo, y de allí a
dicho marco da Rañada donde principió”.
S. XVIII. Referencias das
ermidas desaparecidas de Santa Tareixa de Xesús e de Nosa Señora do
Socorro. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/01/capelas-desaparecidas.html
)
S. XVIII, segunda metade. O
señorío de Cedeira pertencía a Juan Francisco de
Pestaña y Chamucero, gobernador da provincia peruana de Tucumán
(1752). En 1757 pasa a presidir la Audiencia de Charcas (Alto Perú,
actual Bolivia). Faleceu nunha expedición polo Mato Grosso (Brasil),
cara ao ano 1770. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2025/01/juan-francisco-pestana-chamucero.html)
1782, 14 de febreiro. O provisor eclesiástico tudense separa
Negros e Quintela de Cedeira creando dúas novas
parroquias.
1799.
A parroquia de San Andrés de
Cedeira ten 170
veciños.
S.
XVIII. Fomentadores
cataláns constrúen
fábricas
de salgadura
na Portela, A Formiga e
Rande. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html
)
1809.
Guerra da Independencia dos Franceses. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1809-guerra-da-independencia-dos.html
)
1812:
Abolición
do réxime señorial e administración municipal do territorio.
Creación dos concellos de Redondela, Cedeira,
Reboreda, Saxamonde e Vilavella.
1822.
Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova
de Redondela e Vilavella).
1823.
Restauración do réxime señorial. Cedeira,
Reboreda, Saxamonde e Vilavella
volven a
separarse de Redondela.
1835.
Abolición dos señoríos xurisdicionais. Cedeira, Reboreda,
Saxamonde e Vilavella únense a Redondela
definitivamente.
 |
| A Formiga. Foto todocoleccion.net |
2ª
metade do S. XIX. Establécese
en Vigo
The
Eastern Telegraph Company,
compañía inglesa encargada da instalación do cable para a
comunicación telegráfica. Nas
seguintes décadas a
meirande parte dos
seus traballadores serán veciños de
Cesantes, Rande, Chapela e Redondela. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/empresas-do-mar.html
)
1880. Na Exposición
Rexional, Redondela expón granito de Cedeira. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/outras-empresas-desaparecidas.html
)
1888.
O
arquitecto francés Michel Pacewicz inicia
a reforma da Casa do Corredor (Pazo de Torrecedeira). (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/pazos.html
)
1890, cara a. Constrúese
a casa de Monterraso,
obra do arquitecto Michel
Pacewicz. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html
)
1891, 3 de xaneiro. Real Despacho polo que a Raíña
Rexente concédelle o título de Conde de Torrecedeira a
Manuel Bárcena y Franco.
1895. Prohíbense as fiadas do liño, que congregaban moita
xente, por mor das pelexas que se producían. O alcalde J. M. Otero
Milleiro multou ás donas das casas de Cedeira onde se seguían a
celebrar. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/sucesos-finais-do-s-xix.html
)
S. XIX, finais.
Instálase o primeiro teléfono no concello de Redondela.
Comunica o Pazo de Torrecedeira coa casa que o seu propietario ten en
Vigo, sen posibilidade de outras comunicacións.
1898. Construción do
Cruceiro da Raíña.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html
)
Principios do século XX. O párroco de Cedeira, José
Rodríguez Saavedra, fundou unha irmandade que construíu un novo
cemiterio (1901) e un quiosco de pedra. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/confrarias-e-outras-asociacions.html
)
1904. O Bispado fai un arranxo parroquial e pasa a pertencer a
Vilavella o lugar de Maceira, ata daquela pertencente a
Cedeira.
1906. Incendio
no monte comunal de Cedeira. Tardáronse cinco horas en apagalo,
sendo detido un veciño de Trasmañó como autor do mesmo. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/sucesos-1900-1929.html
)
1910, 27 de xuño. Celebrouse
en Cedeira un mitin societario
antiforal.
Serviría
de base para a constitución da Sociedade
Agraria La Unión de Cedeira e
a Sociedade Agraria
de Rande e Cotarelo.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/03/sociedades-agrarias.html
)
1912. Clausúrase a Escola Mixta de Cedeira
por atoparse preto do cemiterio e en malas condicións. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html
)
1914. Inicio
da Primeira Guerra
Mundial, dous
barcos alemáns e un
austríaco se refuxian na
Regasenda durante toda a
contenda. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1914-i-guerra-mundial.html
)
1917. Constrúese a Casa
Masiell, obra do arquitecto
Michel Pacewicz. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/02/casas-destacadas-de-cedeira.html
)
1919. Créanse
as escolas feminina e masculina
de Cedeira. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html
)
1920. Fúndase
a Electro Metalúrgica Gallega, empresa que se instala en Punta
Socorro (A Portela). Posteriormente trocaría o seu nome polos de
Fundición
Santa Elena e,
en 1946, Industria
Metalífera Española (IME S. A.).
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/industrias-quimicas-e-metalurxicas.html
)
 |
| Mariscando na IME Foto cedida por Manuela Rodríguez |
1921, maio. Entra en
funcionamento a empresa Vidriera Gallega.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/outras-empresas-desaparecidas.html
)
1922. O empresario José
de la Gándara Sestelo constrúe
a súa casa, hoxe en día (2022) adicada á hostalaría co nome
comercial de A Casona. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/05/gandara-sestelo-jose-manuel-marcelino.html
)
1923. Ródanse varias esceas
da película Maruxa na
casa coñecida como A
Chicharra.
Tres anos despois tamén se rodará nela Carmiña
flor de Galicia. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/01/peliculas-rodadas-en-redondela.html
)
1924, marzo. Concentración
do Celta en Cedeira, moita
xente acode a charlar cos xogadores.
1925, cara a. Inicia as súas
actividades a Compañía Azufrera del Noroeste.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/industrias-quimicas-e-metalurxicas.html
)
1925, xullo. Anúnciase a
creacións da Escola Mixta de Rande.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/escolas.html
)
1926. A uns veciños de
Cedeira que andaban de festa deulles por realizar varias bromas
pesadas. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/personaxes-1-metade-s-xx-2-os-bromistas.html
)
1934, febreiro. Atópanse na
Rabadeira as pegadas dun oso. Realízanse batidas pero nunca se atopa
ao animal. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/sucesos-1930-1949.html
)
1935, 03 de setembro. Por
mor da circulación de follas clandestinas alentando aos obreiros a
que entorpeceran a saída dos excursionistas de J. A. P. ao mitin de
Santiago establecéronse fortes medidas de seguridade en Vigo.
Apesares disto ás
cinco da madrugada estoupou
unha bomba á altura de A
Chicharra, levantando varios metros de vía. Preto do lugar do suceso
atopáronse máis artefactos que non estouparon e varios cartuchos de
dinamita. Practicáronse numerosas detencións. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/11/sucesos-1930-1949.html
)
1936, 18 de xullo. Golpe de estado militar. Inicio d
Guerra Civil. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/12/guerra-civil-e-represion-en-redondela.html
)
1936. Incautación das sedes e pertenzas das sociedades
agrarias de Cedeira, Cesantes, Chapela, Reboreda, Vilar e o Viso,
ademais das do Partido Galeguista, Izquierda Republicana e
a Casa del Pueblo, que
albergaba os locais do Partido Comunista e
a Agrupación Socialista.
1941. Segunda
Guerra Mundial. O
vigués Eduardo Martínez Alonso organiza
a saída de refuxiados cara a Portugal desde a Portela. (Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1941-ii-guerra-mundial-ii-o-schindler.html
)
1941. Segunda
Guerra Mundial. José Otero Sánchez,
despois de pasarse
ao bando
republicano e fuxir
a Francia e apresado polos
nazis sobrevivindo ao campo
de exterminio de Auschwitz.
(Ver
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/04/1941-ii-guerra-mundial-ivos-campos-de.html
)
1942. Fernando
de Haz,
natural de Vigo, convértese
en Campión Galego
de
tenis na modalidade de
dobres título
que revalidaría en
1943 e 1947. Adestraba
na pista de tenis da Casa de Gándara, que probablemente foi a
primeira do Concello de Redondela.
(Ver
2ª parte
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2022/02/historia-da-parroquia-de-cedeira-2-de-2.html
)